G3031327 - Xornalismo Especializado (Xornalismo especializado) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Reflexionar sobre a función social dos medios na sociedade da información, afrontando o fenómeno da comunicación de masas en relación co mundo dos coñecementos especializados.
2. Revalorizar os factores que sustantivan a ideoloxía e a cultural do xornalismo, contribuíndo desde a especialización de contidos á democratización informativa.
3. Desenvolver a metodoloxía de investigación e as técnicas que poden optimizar o proceso de comunicación entre os especialistas e a sociedade, ao tempo que sirven para redefinir a función dos xornalistas nun tempo especialmente marcado polas novas tecnoloxías, os avances científicos e a saturación de información.
4. Coñecer, comprender e poñer en práctica os criterios de selección de contidos, a cualificación de fontes, a estrutura e a linguaxe do relato xornalístico especializado en prensa, radio, TV e Internet, asi como os da opinión especializada.
ContidosDescritor da materia:
Procesos, teoría e técnicas de información periodística especializada, desde os ámbitos máis próximos ao especialista ata a comunicación colectiva en prensa, radio, televisión e Internet.
TEMA 1. A especialización xornalística na sociedade do coñecemento
1.1. A sociedade da información e do coñecemento. Cambios e transformacións na
estrutura social e no ámbito da comunicación.
1.2. Efectos e consecuencias sobre a cultura e a ideoloxía xornalística. Tiranías e falacias.
1.3. A produción de actualidade: modelos xornalísticos, medios e información, en crise.
1.4. A especialización xornalística como estrutura interpretativa do coñecemento complexo.
1.5. O Xornalismo Especializado ou a integración dos modelos non convencionais de
xornalismo. Evolución histórica.
TEMA 2. Xornalismo Especializado: o circuito do ‘facer saber’
2.1. Obxetivos e obxeto de estudo do Xornalismo Especializado. O enfoque sistémico.
2.2. O circuito do ‘facer saber’ e a dotación de sentido. Revalidación do xornalismo
como modo de coñecemento.
2.3. Redefinición dos principios de obxetividade, verdade e veracidade.
2.4. A especialización por audiencias, medios e contidos. Factores determinantes dos
contidos especializados.
TEMA 3. Metodoloxía e técnicas do xornalismo especializado
3.1. A investigación científica como modelo.
3.2. Modalidades operativas: da investigación á precisión.
3.3. Estratexia global para a produción de contidos especializados: procesos e fases.
3.4. Aplicación á prensa escrita e electrónica, á radio e á televisión.
3.5. As cuestións éticas nos procesos de investigación.
TEMA 4. O xornalista especializado
4.1. Responsabilidade social e formación do xornalista especializado.
4.2. Características diferenciadoras. O novo gatekeeper, experto e líder de opinión.
4.3. Revalidación política da profesión xornalística nos procesos de mediación.
4.4. Profesionalidade versus profesionalismo.
4.4. O estatuto profesional do xornalista ou a garantía do dereito da cidadanía a unha
información veraz e de calidade.
TEMA 5. As fontes e o proceso de negociación
5.1. Natureza, tipoloxía e criterios de cualificación das fontes.
5.2. Fontes especializadas, expertas e de precisión por contraposición coas convencionais.
5.3. A relación negociadora do xornalista coas fontes. Estratexias e técnicas.
5.4. Internet como sistema de fontes: a súa utilidade na estratexia operativa da especialización.
Buscadores, webs sociais, bases de datos, etc.
TEMA 6. O relato especializado: estrutura, xéneros e estratexia retórica
6.1. O xornalista especializado como autor de relatos.
6.2. Condicionantes do relato especializado: a natureza e os intereses dos medios
(audiovisuais, escritos, na rede).
6.3. A estrutura interna do relato: elementos e finalidade.
6.4. A estrutura externa: os xéneros da especialización para a información e a opinión (en
prensa, radio, televisión e novos medios).
6.5. Xéneros emerxentes: a infografía e o documental informativo para TV.
6.6. A estrutura narrativa ou textual, estilo e linguaxe. A estratexia retórica.
TEMA 7. Áreas e límites mutables
7.1 Niveis de especialización xornalística. Novas estruturas organizativas ao servizo da línea
editorial dos medios.
7.2 As áreas de especialización, na estratexia da democratización informativa.
7.3 Parámetros conceptuais e trazos diferenciais. Macroáreas, áreas, subáreas e bloques de
especialización.
7.4 Ámbitos temáticos novos: áreas e límites mutables.
7.5 O feito diferencial e o local como instancias e factores de especialización xornalística.
Bibliografía básica e complementaria1. Básica
AA.VV., Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia, Fundación Univ. San Pablo CEU, 1997.
ALVAREZ POUSA, L., A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na sociedade da información. Vigo, Xerais, 1999.
BERGARA CONDE, Mª Rosa, Periodismo Especializado. Pamplona. Ediciones Internacionales Universitarias, 2005.
BLANCO CASTILLA, E. e ESTEVE RAMÍREZ, F. (Editores), Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2010.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e FERNÁNDEZ DEL MORAL, J, Áreas de especialización Periodística. Madrid, Editorial Fragua, 1999.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e MONCHOLI, M.A. (Coord.), Teoría y Técnicas del Periodismo Especializado. Madrid, Editorial Fragua, 2007.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (Coord.), Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel, 2004.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. e ESTEVE RAMÍREZ, F., Fundamentos de la Información Periodística Especializada. Madrid: Síntesis, 1993.
LOSADA VÁZQUEZ, A. - ESTEVE RAMÍREZ, F. (Editores), El Periodismo de Fuente. Salamanca: Universidad Pontificia, 2003.
LLANO, R., La especialización periodística. Madrid, Tecnos, 2008.
QUESADA, M., Periodismo Especializado. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias, 1998.
SEIJAS CANDELAS, L., Estructura y fundamentos del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Universitas, 2003.
2. Complementaria
A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros e artigos- relacionados coas temáticas do programa de fundamentos da especialización, dacordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidade.
Competencias- Entender o xornalismo como modo de coñecemento (para interrelacionar e comunicar saberes, para facilitar a comunicación entre especialistas).
- Facer xornalísticos fenómenos da realidade social que non veñen sendo considerados como tales, ampliando así o concepto de actualidade xornalística.
- Revalidar a mediación política do xornalista, cuestionando as teorías interesadas que poñen en risco a cultura e a ideoloxía do xornalismo.
- Frear o proceso de apropiación externa das funcións que, á marxe de cal sexa o soporte mediático, viñeron conformando a natureza do xornalismo, analizando e reflexionando en concreto sobre os denominados "xornalismo de fonte" e "xornalismo dos cidadáns".
- Manexar os métodos e as técnicas axeitadas para: a) conseguir unha infiltración na realidade o suficientemente intensa e profesional como para desafiar a explosión ou superabundancia informativa, desorganizada e caótica, que caracteriza o tempo da globalización; b) estruturar e construír contidos xornalísticos especializados.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, sempre buscando a implicación directa dos alumnos/as no proceso de formación ao que pretenden contribuir os coñecementos aportados por esta materia.
Máis en concreto:
. clases maxistrais e seminarios de Teoría
. clases e seminarios prácticos
. traballos individuais, en grupo e de laboratorio titorizados
. estudo de casos
Sistema de evaluaciónUtilizarase un sistema de avaliación contínua, que obriga a un seguimento constante dos coñecementos adquiridos polos alumnos/as durante o segundo cuatrimestre do curso.
Para abrobar a materia, os alumnos/as terán que superar, por separado, a parte teórica e a parte práctica. Cada unha delas equivalerá ao 50% da nota global definitiva.
Máis en concreto:
a) Polo que respecta á parte de Teoría, o 50% sairá de:
- cando menos tres Test nos que os alumnos/as demostren o grao de comprensión e asimilación dos conceptos e coñecementos básicos que identifican os Fundamentos da especialización xornalística. O resultado dos test aportará ata un 20% da nota de Teoría.
- un exame final no que os alumnos/as demostren, fuxindo do puramente memorístico, a capacidade para interrelacionar coñecementos adquiridos a través das clases maxistrais e da bibliografía -libros, capítulos de libros, artigos...- recomendada e/ou utilizada nelas. O resultado deste exame aportará outro 20% á nota de Teoría.
- un traballo titorizado e realizado en equipo sobre cuestións que polemizan o momento de crise polo que pasan actualmente o xornalismo e o xornalista, sempre na perspectiva de constatar a alternativa que comporta a especialización, asi como a capacidade deste último para ser o gatekeper por excelencia. O resultado do traballo aportará o restante 10% á nota global de Teoría.
b) Polo que respecta á parte de Prácticas (o outro 50%):
- avaliación dos traballos -individuais, en grupo e de laboratorio- que se realicen durante todo o cuatrimestre.
- participación nos seminarios e debates relacionados coa produción de contidos especializados, de calidade, a partir das análises que se realizan sobre a cobertura que da actualidade fan os diferentes medios de comunicación -os tradicionais e os novos medios- e dos fenómenos da comunicación que afectan á práctica do xornalismo.
. Os alumnos/as que non realicen as prácticas programadas non poderán presentarse ao exame de Teoría nin en Maio nin en Xullo.
Para a realización e avaliación das prácticas é imprescindible que os alumnos/as teñan adquirido os coñecementos teóricos previamente impartidos nas clases maxistrais.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia equivale a 6 créditos ECTS, e correspóndese cunha carga de traballo para os alumnos/as de 150 horas.
Delas, 51 horas están estipuladas para o traballo presencial e as restantes 99 para o traballo de preparación e realización das actividades programadas.
Recomendacións para o estudo da materiaPor se tratar dunha materia que ten unha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que os/as alumnos/as tenten afianzar e asentar a súa vocación intelectual –e conseguintemente, a súa vocación social e profesional– tomando contacto coas ideas coas que diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización e da información.
A lectura de obras especializadas en comunicación social, e máis especificamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, da nova sociedade, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas neste tempo.
Só así poderán chegar á conclusión de que única vía social e profesionalmente eficaz é aquela que responde nos procesos de produción informativa a este dobre obxectivo: a) o da democratización informativa (dependerá de factores ligados á metodoloxía e ás técnicas profesionais que superen as rutinas produtivas ordinarias e busquen unha cualificación); b) o de cualificar os niveis de mediación (baseándose na función de medios e xornalistas como instrumentos integradores de coñecementos, conscientes de que procesan información para a sociedade do coñecemento).
É imprescindible que os alumnos/as sigan no día a día a actualidade a través de diferentes medios de comunicación (escritos, audiovisuais, na rede).