Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031328 - Xestión da Empresa Informativa (Organización e producción informativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CAMPOS FREIRE, FRANCISCO MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Aproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistema mediático e da xestión da empresa informativa no contexto da súa relación coa industria cultural, da comunicación e creativa e cos procesos actuais de converxencia dixital.
    Contidos
    PROGRAMA

    TEMA 1. A xestión na sociedade da información, da comunicación e o coñecemento. O rol da xestión na sociedade actual da información e o coñecemento e nas industrias da comunicación. Conceptos e nocións xerais sobre xestión, economía, empresa, organización, estrutura, converxencia dixital, sistemas e ecosistemas tradicionais e dixitais. As economías da comunicación, do tempo, dos servizos, da atención, da afiliación, da colaboración e das redes. O mercado e o consumo. A economía social.

    TEMA 2. A importancia da planificación profesional e empresarial no ámbito da organización informativa. Concepto de planificación e a súa aplicación á carreira profesional e ás actividades empresariais. A sociedade e a empresa como sistemas de relacións. A planificación, elaboración e negociación do curriculum profesional dentro do sistema de relacións empresariais. A formación de competencias e a xestión da carreira profesional, a busca de emprego, os procesos de contacto e selección e a entrevista laboral.

    TEMA 3. A estrutura, caracterización e clasificación da actividade empresarial informativa e de comunicación. As empresas de comunicación segundo o seu capital (privadas e públicas) e a súa finalidade (fin de lucro/sen fin de lucro). Tipos de sociedades mercantís (colectivas, comanditarias, de responsabilidade limitada, de nova empresa, de sociedade anónima, cooperativas, de asociación laboral, sociedades de redactores, de agrupación económica e europea) e de institucións sen fin de lucro (asociacións, fundacións e de interés público). Clasificación das empresas informativas e de comunicación segundo a súa actividade, cobertura, tamaño, especialización, financiación e outros tipos. Corporacións, holding e grupos de empresas.

    TEMA 4. A idea empresarial, a súa materialización e constitución no ámbito da información e a comunicación. Da idea ao proxecto: a creatividade, a investigación e o desenvolvemento, a innovación e o emprendimento. A viabilidade da idea convertida en proxecto empresarial. O proceso de creación e constitución dunha empresa informativa e de comunicación. A empresa informativa e o seu empresario. A condición de editor e a responsabilidade editorial. A xestión da propiedade intelectual.

    TEMA 5. A planificación estratéxica e operativa. Análise do entorno da empresa informativa e de comunicación. O entorno xenérico e específico. O marco legal e da competencia da empresa de comunicación. Técnicas e sistemas de análise das estratexias e mercados da competencia. Procesos e dinámicas de crecimento, concentración, fragmentación, agregación, colaboración e asociación. Modelos e organismos de regulación e control da actividade informativa e de comunicación.

    TEMA 6. O plan da empresa e/ou do negocio da información e a comunicación. Presentación e descrición da idea e do grupo promotor. Descrición da actividade, producto ou servizo. Estudio do mercado ou mercados. Estudio da competencia. Localización da empresa. Legalización e forma xurídica. Imaxe da empresa e dos productos e/ou servizos. Política comercial e marketing. Organización da producción. Plan económico-financeiro.

    TEMA 7. A organización e dirección da empresa informativa. A misión, a visión, os principios editoriais, os valores e a cultura corporativa. Concepción da organización e das súas áreas estratéxicas e funcionais. A organización do proceso administrativo de toma de decisións e a súa xestión. Tipos de dirección, de liderato e de organigramas.

    TEMA 8. A xestión da producción e dos recursos humanos na empresa informativa. Planificación e organización das necesidades de producción. Proceso de selección, contratación, organización e retribución dos recursos humanos. Xestión das relacións laborais. Tipos de contratos e convenios colectivos. Sistemas e procesos de producción integrados ou secuenciados. Dos procesos de producción audiovisual secuenciados ás Redaccións multimedia integradas.

    TEMA 9. Marketing, comercialización e modelos de negocio de información e comunicación. Marketing estratéxico e marketing mix, de producto e de relacións. Características dos productos ou servizos informativos e dos sistemas de fixación de prezos. Funcións da comercialización. A promoción e a distribución dos productos e servizos informativos. Modelos de negocio e mercados da comunicación.

    TEMA 10. A xestión económico-financeira na empresa de comunicación. Modelos e tipos de financiación das empresas de comunicación. Intervención pública (axudas e incentivos) e fiscalidade das empresas informativas e de comunicación. Planificación económico-administrativa e contabilidade. Plan Xeral Contable e contas xerais das empresas de comunicación. Principais indicadores de xestión económica-financeira da empresa de comunicación. Sistemas de auditoría e control das empresas de comunicación.

    TEMA 11. A RSC como sistema de xestión integral. Cultura corporativa, valores, Responsabilidade Social Empresarial e calidade. Conceptos de gobernanza e Responsabilidade Social Empresarial. Códigos de gobernanza e marco normativo da RSE. A ISO 26000 de RSE. Normas de xestión, de avaliación e auditoría da calidade

    TEMA 12. Horizonte e tendencias das empresas informativas. A metamorfose das transformacións e mutacións mediáticas. Tendencias e prospectivas dos cambios nas empresas de información e comunicación.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Campos Freire, F., coord. (2010): El cambio mediático. Zamora-Sevilla: Comunicación Social
    Campos Freire, F., coord. (2011): El nuevo panorama mediático. Zamora-Sevilla: Comunicación Social
    Campos Freire, F., coord. (2011): Gobernanza y comunicación en Europa. Madrid: Universitas
    Campos Freire, Francisco (2013): Investigaciones sobre la estructura, gestión y políticas de comunicación. http://gceis.academia.edu/FranciscoCampos
    De Mateo Pérez, Bergés Saura, L. (2009): Los retos de las televisiones públicas. Financiación, servicio público y libre mercado. Zamora-Sevilla: Comunicación Social
    De Mateo Pérez, R., Bergés Saura, L., Sabater Casals, M. (2009): Gestión de empresas de comunicación. Zamora-Sevilla: Comunicación Social
    González Domínguez, F.J., Ganaza Vargas, J.D. (2007): Principios y fundamentos de gestión de empresas. Madrid: Pirámide

    Bibliografía complementaria
    Artero Muñoz, J. P. (2007): Modelos estratégicos de Telecinco (1990-2005). Madrid: Fragua
    Artero Muñoz, J. P. (2008): El mercado de la televisión en España: oligopolio. Barcelona: Deusto-Carat
    Becerra, M., Mastrini, G. (2009): Los dueños de la palabra. Acceso, estructura y concentración de los medios en la América Latina del siglo XXI. Buenos Aires: Prometeo
    Bustamante, E., coord.. (2004): Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona: Gedisa
    Carvajal Prieto, M. (2007): Líderes en prensa. La dirección estratégica de Vocento. Murcia: Diego Martín Librero Editor
    Cebrián Herreros, M., coordinador (2009): Sociedad de la información y del conocimiento en los países nórdicos. Semejanzas y divergencias con el caso español. Barcelona: Gedisa
    Comisión Europea (2010): Libro Verde Liberar el potencial de las industrias culturales y creativas. Documento en PDF accesible en línea (consulta realizada 8-05-2010).
    Cuervo García, A. dir. (2004): Introducción a la Administración de Empresas. Madrid: Thomson Civitas
    Davenport, Th. H. y Beck, J.C. (2002): La economía de la atención. El valor de los negocios. Barcelona: Paidós
    De Bono, E. (2010): Más allá de la competencia. La creación de nuevos valores y objetivos de la empresa. Barcelona: Paidós
    Delgado Porras, A. (2009): Propiedad intelectual. Madrid: Civitas
    Mattelart, A. (2007): Historia de la sociedad de la información. Barcelona: Paidós
    Medina Laverón, M. (2005): Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Pamplona: Eunsa
    Miguel de Bustos, J. C. (1993): Los grupos multimedia. Estructuras y estrategias en los medios europeos. Barcelona: Bosch
    Mintzberg, H. (1991): Mintzberg y la Dirección. Madrid: Díaz Santos
    Murciano, M. (2002): Estructura y dinámica de la comunicación internacional. Barcelona: Bosch
    Tallón, J. (1992): Lecciones de empresa informativa. Madrid: Ediciones de Ciencias Sociales
    Telefónica (2011): La sociedad de la información en España 2010. Madrid: Fundación Telefónica

    Competencias
    Coñecemento sobre as empresas informativas, a súa organización e financiamento. Coñecemento sobre os procesos de planificación, organización e xestión da empresa informativa.
    Capacidade e habilidade para a presentación e negociación do currículo profesional e de proxectos para as empresas informativas e de comunicación en xeral.
    Capacidade e habilidade para a creación, organización e xestión de proxectos empresariais informativos.
    Capacidade e habilidade para analizar e avaliar as estratexias das empresas informativas.
    Coñecemento e aplicación dos sistemas de xestión da calidade na empresa informativa.
    Capacidade para transformar os coñecementos nun proxecto de empresa informativa creativa, orixinal e viable


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas nas que, axudados por elementos gráficos e informáticos, se segue o programa a partir da introdución contextual dos asuntos de actualidade relacionados coa materia.
    Realización de prácticas de xestión individual relacionadas coa elaboración de curriculum, selección de ofertas de emprego, preparación e superación de entrevistas profesionais, manexo de bases de datos e fontes documentais profesionais ou sectoriais, resumo de lecturas e análises de leis ou documentos relacionados co seguimento dos temas do programa
    Realización de dous traballos de grupo, o primeiro deles sobre a ampliación dun tema relacionado coa materia do programa, e o segundo a realización dun proxecto de creación dunha empresa orixinal, creativa e viable. Neste segundo ofrécese a alternativa da realización dunha análise de caso dunha empresa informativa de actualidade ou a continuación do primeiro traballo como proxecto de investigación.

    Sistema de evaluación
    Proba de preguntas breves que supón o 50% da calificación, dous traballos o 30% e o 20% restante a realización das prácticas individuais, nas que se inclúe tamén a asistencia e participación produtiva nas clases. Na proba final, as preguntas en branco ou mal contestadas restarán puntuación a quenes non teñan realizado tódalas prácticas individuais, traballos de grupo e asistencia contiuada ás clases
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial: Clases expositivas para presentación, explicación e interacción sobre os temas, 30 horas. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, ect), 5 h. Traballos de análise, síntese e discusión, 10 h. Exame, 3h. Total traballo, 48h. Estudo autónomo ou en grupo, 60h. Busca, rexistro e preparación de material de apoio, 12h. Lecturas recomendadas, 25h. Preparación de presentacións orais, debates, ect., 5h.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Seguir os apuntamentos tomados nas clases espositivas, consultar os manuais recomendados na bibliografia básica e realizar as probas teórico-prácticas.