Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031329 - Deseño e composición visual (Tecnoloxía informativa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GALOCHA LOPEZ, ANTON.SI
GALOCHA LOPEZ, ANTON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Introducir o alumno na cultura da imaxe gráfica e na súa evolución histórica, así como nas influencias que desde esa cultura determinan cambios no aspecto formal do periódico. Preténdese, tamén, estudar a evolución do periódico, desde a súa aparición ata hoxe e mesmo as súas perspectivas de futuro, sempre no seu aspecto formal.
    Contidos
    Estudo das técnicas e procesos de materialización da información en soportes e medios de comunicación. Estudo e análise do deseño xornalístico, especialmente no seu aspecto formal. Tipoloxías e modelos.

    1. Deseño e composición visual na prensa. Introducción:
    A imaxe da prensa actual.
    O papel do deseño no organigrama do periódico.
    O periodista-deseñador

    2. As artes gráficas.
    Antecedentes da imprenta.
    A imprenta de tipos móbiles: invención e difusión en Asia e Europa.
    O deseño gráfico na primeira imprenta de tipos móbiles.
    Sistemas de composición. Evolución histórica. A autoedición.
    Sistemas de impresión: a imprenta de Gutemberg. A rotativa tipográfica. O ocogravado. A litografía offset.

    3. A tipografía.
    Historia, movementos e aplicacións.
    O tipo móbil. Sistemas métricos tipográficos.
    A tipografía clásica.
    A tipografía moderna.
    Tendencias tipográficas actuais.

    4. A forma gráfica.
    Estilo tradicional de deseño.
    Estilo moderno de deseño.

    5. A cultura do deseño. Historia do deseño na prensa
    Revolución Industrial, deseño e sociedade.
    Deseño e cambio político. Teorías do deseño
    O movemento moderno. O deseño na segunda metade do século XX.

    7. O deseño da prensa diaria. A portada. Forma e estrutura da prensa escrita. O sistema modular. Constantes gráficas no periódico

    8. Os modelos da prensa escrita. Os modelos clásicos: informativo-interpretativo e popular-sensacionalista. Novos modelos: o diario postelevisivo. O diario de servizos. Populares limpos. Diarios especializados: deportivos e económicos. Os gratuítos
    O diario-revista.

    Bibliografía básica e complementaria
    Blackwell, Lewis: La tipografía del siglo XX. GG. Barcelona, 1993.
    García, Mario: Diseño y remodelación de periódicos. Eunsa. Pamplona.
    Evans, Harold: Diseño y compaginación de la prensa diaria. GG.
    Ledo Andión, Margarita: O diario postelevisivo. Edicións Lea. Santiago de Compostela, 1993.
    Lookwood, Robert: El diseño de la noticia. Ediciones B. Barcelona.
    Owen, William: Diseño de revistas. GG. Baarcelona.
    Satué, Enric: Historia del diseño. Alianza Universidad, Madrid, 1988.
    Satué, Enric: Diseño gráfico en España. Alianza Universidad, Madrid, 1997
    Martín Aguado, José A y Armentia, José I: Tecnología de la información escrita. Síntesis, Madrid, 1995.
    Cairo, Alberto: Infografía 2.0. Visualización interactiva de información en
    prensa. Alamut. Madrid, 2008
    Gäde, Renhard: Diseño de periódicos. Sistema y método. Gustavo Gili.
    Barcelona, 2002.
    García Martínez, Antonio; Parra Valcarce, David; Rojo Villada, Pedro: Tecnologías de la información en la producción periodística. Universitas. Madrid, 2007.
    Zappaterra, Yolanda: Diseño editorial: revistas y periódicos. Gustavo Gili.
    Barcelona, 2008.
    Competencias
    A formación que se propón permitirá un desenvolvemento da cultura visual do alumno, útil nos distintos ámbitos do xornalismo moderno en prensa escrita. O alumno aprenderá a coñecer o aspecto visual da noticia, como debe ser estructurada e como debe ser contada para que resulte atractiva para o lector. Poderá analizar as necesidades e as posibilidades da información en base a eses criterios visuais.
    A formación visual permitiralle ó alumno afrontar con maior éxito o seu labor futuro na redacción do periódico tanto na tarefa de escrita como visual, como deseñador do periódico ou como xornalista infografista.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas nas que se imparte a materia segundo o programa exposto, coa axuda de imaxes fixas e vídeo correspondentes aos casos obxecto de estudo.
    - Clases prácticas que se realizan en grupos limitados nunha aula informatizada, na que se aplican á práctica os coñecementos teóricos, con obxecto de familiarizar os alumnos co ámbito gráfico profesional dos periódicos. Na aula informática dispoñen de programas InDesign, de uso habitual nas redaccións dos periódicos. Nas clases prácticas elabórase parcialmente un diario no seu aspecto formal para analizar formatos e postas en páxina da prensa diaria actual.
    Paralelamente, prográmanse traballos teóricos que estimulan o contacto dos estudantes cos departamentos de deseño dos periódicos da comunidade e o estudo da evolución máis recente do aspecto formal deses diarios.

    Sistema de evaluación
    Exame da materia teórica, cualificación dos traballos de estudo teórico e cualificación dos traballos realizados nas clases prácticas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao pé das 150 horas, incluíndos os tempos de traballo presenciais e persoais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O contacto permanente cos periódicos diarios, con especial observación dos cambios que se producen neles na súa parte formal.
    O coñecemento previo do funcionamento do programa InDesign é imprescindible para un aproveitamento óptimo das clases prácticas.