G3031341 - Teoría da comunicación visual (Fundamentos e análise da información e da comunicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo e análise das unidades que definen a mensaxe icónica e das variables que fundamentan os códigos da linguaxe visual nos diferentes soportes, segundo os diferentes métodos e escolas.
ContidosTema 1.- Realidade, imaxinario, representación
1.1.- Comunicar coas imaxes: analoxía e convención
1.2.- Recordar coas imaxes: experiencia e memoria
1.3.- Pensar coas imaxes: expresión e coñecemento
Tema 2.- Mecanismos da percepción
2.1.- Entender o acto de ver: lectura e apredizaxe
2.2.- Achegas teóricas: Rudolph Arnheim, Ernest H. Gombrich
2.3.- Suxeito e mirada: pulsión escópica e visiónica
Tema 3. Cartografía do universo visual
3.1.- Niveis de iconicidade. Criterios para unha clasificación das imaxes
3.2.- Da imaxe manual á imaxe técnica. Da imaxe única á imaxe múltiple
3.3.- A funcionalidade como criterio e como fin: marcas, logos, sinais
Tema 4.- Espazo e tempo na representación visual
4.1.- Punto de vista: ver e dar a ver
4.2.- A imaxe enmarcada: campo e fóra de campo
4.3.- A inscrición da temporalidade: instante, duración e devir
Tema 5.- Morfoloxía da imaxe visual
5.1.- Elementos básicos na configuración da imaxe visual
5.2.- Dispositivos formais da linguaxe visual
5.3.- Principios de sintaxe visual: ordenación e composición
Tema 6.- A produción visual na historia
6.1.- Para qué se empregaron as imaxes. Usos e funcións
6.2.- O lugar do espectador (I): a invención da perspectiva e a súa conversión en sistema dominante de representación
6.3.- O lugar do espectador (II): a configuración do observador como suxeito da percepción
Tema 7.- A irrupción da imaxe no século XX (I)
7.1.- A imaxe publicada: a foto na prensa e a fotomontaxe
7.2.- A imaxe no espazo público e no mercado cultural: cartel e comic
7.3.- A revolución da vangarda: Construtivismo, Bauhaus.
Tema 8.- A irrupción da imaxe no século XX (II)
8.1.- A imaxe cinematográfica
8.2.- A imaxe electrónica: o discurso televisivo
Tema 9.- A comunicación visual no universo dixital
9.1.- Imaxe dixital e representación do real
9.2.- Elementos comunicativos do escenario virtual
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Aparici, Roberto; Fernández Baena, Jenaro; García Matilla, Agustín; Osuna Acedo, Sara, La imagen. Análisis y representación de la realidad, Barcelona, Gedisa, 2006.
Aumont, Jacques La imagen, Barcelona, Paidós, 1992.
Aumont, Jacques, El ojo interminable. Cine y pintura, Barcelona, Paidós, 1997.
Català, Josep María, La Imagen compleja: la fenomenología de las imágenes en la era de la cultura visual, Barcelona, Universitat Autònoma de Barcelona, Servei de Publicacions, 2005.
Gubern, Román, Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto, Barcelona, Anagrama, 1996
Puyal, Alfonso, Teoría de la comunicación audiovisual, Madrid, Fragua, 1996
Quintana, Angel, Fábulas de lo visible. El cine como creador de realidades, Barcelona, El Acantilado, 2003.
Bibliografía complementaria
Acaso, María, El lenguaje visual, Barcelona, Paidós, 2007.
Ades, Dawn, Fotomontaje, Barcelona, GG, 2002.
Arnheim, Rudolf, El pensamiento visual, Barcelona, Paidós, 1998.
Arnheim, Rudolf, El poder del centro: estudio sobre la composición en las artes, Madrid, Akal, 2001.
Berger, John, Modos de ver, Barcelona, Gustavo Gili, 2002.
Bordieu, Pierre, Sobre la televisión, Barcelona, Anagrama, 2007.
Bordwell, David, e Thompson, Kristim, El arte cinematográfico. Una introducción, Barcelona, Paidós, 1995.
Brunetta, Gian Piero, El largo viaje del iconauta, Valencia, Episteme, 1985.
Casetti, Francesco, Teorías del cine: 1945-1990, Madrid : Cátedra, 1994.
Català Domènech, Josep M., La violación de la mirada: la imagen entre el ojo y el espejo, Madrid, Fundesco, 1993.
Català Domènech, Josep M., Formas de lo real. Introducción a los estudios visuales, Barcelona, Editorial UOC, 2008.
Catalá Domenech, Josep M. La imagen interfaz. Representación audiovisual y conocimiento en la era de la complejidad, Bilbao, Universidad del País Vasco, 2010.
Debray, Regis, Vida y muerte de las imágenes. Historia de la mirada en Occidente, Barcelona, Paidós, 1994.
Domínguez, Vicente (ed.), Pantallas depredadoras. El cine ante la cultura visual digital, Gijón, Festival Internacional de Gijón/ Universisdad de Oviedo, 2007.
Crary, Jonathan, Las técnicas del observador. Visión y modernidad en el siglo XIX, Murcia, CENDEAC, 2008.
Dondis, D. A., La sintaxis de la imagen. Introducción al alfabeto visual, Barcelona, Gustavo Gili, 1998.
Frutiger, A., Signos, símbolos, marcas y señales, Barcelona, GG, 1976.
Gombrich, E. H., La imagen y el ojo, Madrid, Alianza Forma, 1987.
González Requena, Jesús, El discurso televisivo, espectáculo de la postmodernidad, Cátedra, 1988.
Gubern, Román, Medios icónicos de masas, Madrid, Historia16, 1997.
Joly, Martínez, Introducción al análisis de la imagen, Buenos Aires, La Marca Editora, 1999.
Ledo Andión, M., Documentalismo fotográfico, Madrid, Cátedra, 1998.
Manovich, Lev, El lenguaje de los nuevos medios de comunicación, Paidós, Barcelona, 2005.
Panofsky, Erwin, La perspectiva como forma simbólica, Barcelona, Tusquets, 1999.
Ramirez, J.A., Medios de Masas e Historia del Arte, Madrid, Cátedra, 1988.
Sobrino Manzanares, M.L., O cartelismo en Galicia, Sada-A Coruña, Do Castro, 1992.
Sontag, Susan, Olhando o Sofrimento dos Outros, Gótica, Lisboa, 2003.
Torregrosa Puig, Marta (coord.), Imaginar la realidad, Sevilla, Comunicación Social, 2010.
Villafañe, Justo, e Mínguez, Norberto, Principios de Teoría General de la Imagen, Madrid, Pirámide, 1996.
Virilo, Paul, La máquina de visión, Madrid, Cátedra, Signo e Imagen,
CompetenciasA adquisición de coñecementos vai estar dirixida, principalmente, a unha aprendizaxe reflexiva arredor da imaxes como compoñente esencial dos medios na actualidade, por mor de conquerir un uso máis rendible e eficaz das ferramentas da comunicación visual no desempeño profesional futuro. De igual xeito, incluímos no ámbito das competencias a educación da mirada tanto dende a adquisición dunha cultura visual como dende a atención posta nas conexións que o audiovisual establece coa nosa contemporaneidade.
En relación cos obxectivos expostos, os contidos que se van impartir estarán orientados a comprender a comunicación visual como un proceso polo que os individuos e as sociedades constrúen (e se representan), a través de diversos dispositivos tecnolóxicos, unha imaxe do mundo. O alumno chegará a comprender a construción do real como construción visual, como produto dunha mirada que dá lugar á representación, que elabora un discurso e que achega unha certa información da realidade á que remite.
Expresamos a continuación, dun xeito esquemático, as habilidades que se propón fomentar esta asignatura, e que son as que informan dun completo exercicio da reflexión crítica arredor da comunicación visual:
- Estudar cómo as imaxes crean e comunican aos públicos os seus significados.
- Comprender o acto de ver. A percepción como proceso para a interpretación do entorno óptico e como ferramenta primeira de acceso ao coñecemento do real.
- Analizar aqueles trazos invariantes que comparten todos os medios co fin de entender o funcionamento do entorno audiovisual no tanto que proceso comunicativo.
- Aprender a ler e interpretar os textos visuais no contexto social no que se producen.
- Comprender os usos sociais e as funcións que as imaxes teñen desenvolvido ao longo da historia.
Metodoloxía da ensinanza Co propósito de inculcar nos alumnos a curiosidade intelectual polos fenómenos propios da construción dos produtos visuais e polos mecanismos discursivos e retóricos empregados para o tratamento das imaxes, as exposicións teóricas acompáñanse do visionado atento, o debate e a análise de determinadas mostras extraídas da historia das artes visuais e audiovisuais, trátese de pintura, fotografía, fragmentos de filmes ou películas completas. Como ferramenta de apoio, tamén se recurrirá á bibliografía máis acaída en cada caso coa intención, por un lado, de reforzar os contidos abordados en clase e, sobre todo, de familiarizar ao alumno coa lectura de textos teóricos e ensaísticos que desperten o seu interese pola reflexión arredor dun ámbito que, como éste obxecto do noso estudo, se atopa especialmente sometido ao cambio, o dinamismo e a evolución constante. Á súa vez, eventualmente, organizaranse sesións de debate e posta en común, ben en grupo ou ben individualmente, co gallo de exposicións de artes visuais que poidan visitarse na cidade de Santiago.
Sistema de evaluaciónA avaliación consta dunha proba teórica única ao remate do período de aprendizaxe, que computará para o 80 % da nota final. O 20 % restante será o resultado das cualificacións obtidas en senllos traballos de recensión argumentada e comentada de dous libros de lectura obrigatoria, cuxos títulos se indicarán ao principio de curso. O primeiro dos traballos entregarase, na data que se indique, superada a primeira metade do semestre e o segundo deberá estar listo o día do exame. A non realización de un dos traballos suporá o suspenso automático. No exame da convocatoria de xullo gardarase a nota obtida nos dous traballos e computarán, de novo, para o 20 % da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumno:
Clases expositivas:48 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Exame final: 1 hora
Total: 52 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo: 78 horas
Realización práctica individual (lectura libros obrigatorios): 20 horas
Total: 98 horas
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián dos contidos da asignatura a medida que vai sendo abordada en cada unha das sesións. Recoméndase tamén a participación activa no desenvolvemento das clases, así como a asistencia continuada e a lectura de, á parte dos textos obrigatorios, algúns dos libros recomendados na bibliografía para facilitar así o proceso da aprendizaxe.