Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031342 - Programación e Audiencias (Fundamentos e análise da información e da comunicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    En consonancia co papel que xoga a materia na titulación, o principal obxectivo é o estudio das políticas e técnicas de programación, e dos diversos tipos de audiencias, así como a análise dos fenómenos comunicativos desde o punto de vista da recepción, concepto de público e investigación de audiencias. Enténdense, pois, obxectivos de cara ao alumnado:
    a) Coñecemento dos públicos obxectivos e potenciais.
    b) Coñecemento das técnicas de análise e investigación das audiencias.
    c) Coñecemento das técnicas e dos modelos de programación
    d) Coñecemento das tendencias e a evolución dos contidos (oferta de formatos)
    a) Coñecemento das tendencias no deseño das ofertas programáticas.

    Contidos
    Aspectos técnicos e teóricos da función do programador/a en radio e televisión, con profundización e fixación de conceptos, revisión de estruturas e sistemas, interpretación e análise de grellas, así como da súa contextualización en función das cadeas e das estacións, de tipoloxías de mercados, de periodos programáticos, de definición de públicos obxectivos e potenciais, e de sistemas de deseño na aportación de contidos para a súa emisión. Análise de audiencias en prensa, radio, televisión e Internet.

    Tema 1: A audiencia. Punto de partida e de retorno das políticas da programación das cadeas de radio e de televisión
    - Definicións. Tipoloxías.
    - Evolución dos públicos: cara un espazo converxente.
    - Segmentación e estratificación dos públicos: os targets.

    Tema 2: A importancia do coñecemento cuantitativo e cualitativo dos públicos
    - Instrumentos de medición de audiencias en prensa, radio, Tv e Internet. Análise.
    - Interpretación cualitativa: máis aló das cifras.
    - O valor da medición: responsabilidade e calidade.

    Tema 3: Nocións básicas sobre a programación
    - O programador.
    - O programa como unidade básica da programación.
    - Concentración da oferta: do clúster dos tres macroxéneros aos xéneros marxinais.

    Tema 4: Convencionalismos e instrumentos para a confección da programación
    - A grella
    - A temporada
    - As franxas horárias
    - Os ámbitos ou territorios
    - Interpretación dos convencionalismos programáticos nun entorno converxente: do prime time ao my time.

    Tema 5: A fidelización e a continuidade na programación
    - Definición e características da programación.
    - A lóxica da programación.
    - O xogo das órbitas.

    Tema 6: Modelos e técnicas de programación
    - Modelos de programación.
    - As leises programáticas.
    - Técnicas e estratexias de programación: a “enxeñería da emisión”.

    Tema 7: O valor de mercado como referente programático.
    - Análise da programación e do consumo nas ofertas xeralistas e temáticas.
    - O interese informativo no conxunto da oferta programática: reflexións sobre a responsabilidade no tratamento informativo fronte ao peso das audiencias.
    - O novo esceario de converxencia mediática na política de programación. Participación e interactividade: as redes sociais e as comunidades virtuais.

    Práctica.- O temario teórico compleméntase coas sesións prácticas que servirán ós alumnos para a elaboración dos traballos relacionados cos contidos da materia.
    - Prácticas 1 e 2: relacionadas especialmente cos dous primeiros temas da asignatura, consisten na captación continuada dos datos de consumo dos productos e das cadeas necesarios para a elaboración dos correspondentes informes semanais, mensuais e final nos que se observará a evolución da capacidade analítica e interpretativa que os alumnos adquiran durante o curso. Compleméntanse coa elaboración dunha enquisa e dun focus group cos que se elaborarán as conclusións finais dos exercicios relacionados coa análise da recepción. Esta práctica relaciónase tamén cunha das opcións da práctica do tema 7.
    - Prácticas 3, 4, 5 e 6: directamente relacionadas coa programación audiovisual, realizaranse estudos de casos e análises específicas da oferta programática das distintas emisoras e cadeas –incorporando os soportes multimedia-, co fin de estudiar varios periodos e diferentes modelos según o material e as explicacións aportadas polo docente. Os alumnos trasladarán estas aprendizaxes ós distintos exercicios nos que deberán aplicar os seus coñecementos elaborando grellas, analizando as ofertas programáticas das cadeas, detectando e interpretando as técnicas de programación en franxas horarias e consumos VOD, facendo un seguemento das rutinas de programación das operadoras e elaborando novas propostas programáticas.
    - Práctica 7: o alumno terá que presentar un traballo final elexindo unha das tres opcións que se presentan no temario: análise sobre novas tendencias en formatos e programación, sobre a responsabilidade no tratamento informativo fronte ao peso das audiencias ou sobre a participación e a interactividade do espectador no novo esceario de converxencia mediática.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Arana, E., Estategias de programación televisiva. Síntesis. Madrid. 2011
    - Blanch, M., Cómo se miden las audiencias en radio, Cims, Barcelona, 1998.
    - Contreras, J.M.; Palacio, M., La programación de televisión, Síntesis, Madrid, 2001.
    - Huertas Bailén, A., La audiencia investigada, Gedisa, Barcelona, 2002.
    - Martí Martí, J. M., Modelos de programación radiofónica, Feed-back Ediciones, Barcelona, 1990.
    - Martínez-Costa, Mª Pilar; Moreno, Ela (coords.): Programación radiofónica. Arte y técnica del diálogo entre la radio y su audiencia. Ed. Ariel. Barcelona. 2004.
    - Vaca Berdayes, R., Quién manda en el mando. Comportamiento de los españoles ante la televisión, Ed. Visor, Madrid, 1997.

    Webs de consulta obrigada: formulatv.com, vertele.com, kantarmedia.es, aimc.es, ojdinteractiva.es
    Bibliografía complementaria:

    - Abruzzese, Alberto; Miconi, Andrea, Zapping. Sociología de la experiencia televisiva. Cátedra, Madrid, 2002
    - Aguilera Moyano, Miguel de; Meere, Marco (coord.): Una tele en el bolsillo. La televisión en el teléfono móvil: contenidos, formatos, audiencias. Círculo de Estudios Visuales Ad Hoc. Málaga. 2009.
    - Arnanz, Carlos M., Negocios de televisión. Transformaciones del valor en el modelo digital. Gedisa, Barcelona, 2002.
    - Bueno, Gustavo: Telebasura y democracia. Ediciones B. Barcelona. 2003.
    - Bustamante, E. (coord.): Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Gedisa. Barcelona. 2002
    - Bustamante, E. (coord.): Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación. Las industrias culturales en la era digital. Gedisa. Barcelona. 2003.
    - Callejo, J., Investigar las audiencias. Un análisis cualitativo, Paidós, Barcelona, 2001.
    - Cebrián Herreros, M., Modelos de televisión: Generalista, temática y convergente con Internet, Paidós, Barceona, 2004.
    - Cebrián Herreros, M.: La información en televisión. Obsesión mercantil y política. Gedisa. Barcelona. 2004
    - Cebrián Herreros, M.: Información radiofónica. Mediación técnica, tratamiento y programación. Síntesis. Madrid. 2001
    - Cebrián Herreros, M.: Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis. Madrid. 1998
    - Cubells, Mariola: ¿Quién cocina la televisión que comemos? La dieta televisiva y sus cocineros. Ed. Carroggio. Barcelona. 2006.
    - Cuesta, U., Psicología social de la comunicación, Cátedra, Madrid, 2000.
    - Dayan, D., En busca del público, Gedisa, Barcelona, 1997.
    - Elías Pérez, Carlos: Telebasura y periodismo. Ediciones Libertarias. Madrid. 2004.
    - García García, A.; Vinader Segura, R.; Galiano Sansegundo, R.: “Televisión personal: propuesta metodológica para una medición de audiencias adaptada a los nuevos formatos”. Trípodos Extra 2009, Nº 9. pp. 497-505. http://cicr.blanquerna.url.edu/conclusions/data/Ambit_3.pdf
    - Giordano, E.; Zeller, C., Políticas de televisión. La configuración del mercado audiovisual, Editorial Icaria, Barcelona, 1999.
    - Gómez-Escalonilla, G., Programa televisión. Análisis de los primeros cuarenta años de programación televisiva en España, Dykinson. Madrid. 2003.
    - Hartley, J., Los usos de la televisión, Paidós, Barcelona, 2000.
    - Pérez de Silva, J., La televisión ha muerto. La nueva producción audiovisual en la era de Internet: la tercera revolución industrial, Gedisa, Barcelona, 2000.
    - Vaca Berdayes, R.: El puzle de la audiencia televisiva. Fundación Ex Libris. 2009.
    Competencias
    - A materia de Programación e audiencias aproxima ao alumno/a a unhas técnicas de interpretación, avaliación e análise dos instrumentos que se empregan tanto na elaboración das programacións como no estudio dos resultados de audiencias e na fixación dos obxectivos previos de público.
    - Facilítalles a aprendizaxe no manexo de determinadas ferramentas profesionais e de prospección de gran utilidade tanto no ámbito laboral como na investigación.
    - Dinamiza a visión analítica e crítica dos fenómenos das programacións e das audiencias nos medios actuais.
    - Introdúceos nos novos camiños de futuro das dúas disciplinas nun entorno dixitalizado e multimedia.
    - Fomenta o emprego de técnicas de investigación evolutivas (“análise de longo alcance”).
    - Emprega as técnicas dos debates (focus group) e a estimulación intelectual do grupo e do alumno, especialmente nas clases prácticas que requiren dunha maior participación do alumnado.
    - Utiliza o traballo en grupo como instrumento para amplificar a comunicación interpersoal.
    - Potencia a constancia e rigurosidade no traballo mediante o emprego de técnicas de seguemento e análise crítica diaria de datos.
    - Fomenta o emprego de ferramentas informáticas, a consulta bibliográfica e hemerográfica, e a navegación por internet para combinar a procura de datos históricos e actuais que permitan obter unha visión evolutiva dos fenómenos da programación e do estudio das audiencias.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas para a explicación de conceptos en torno á programación, recepción e audiencias.
    - Sesións prácticas na aula destinadas á análise de programacións e productos audiovisuais, así como a resposta dos públicos ante a oferta programática en radio e televisión. Estas clases servirán de base para a realización dos traballos propostos.
    - Apoio do docente na elaboración por parte dos alumnos dos traballos requeridos para a superación da parte práctica da materia e que os alumnos deberán defender en público (exposición) nas últimas clases do curso.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación baséase na avaliación continua dos contidos teóricos e dos traballos prácticos. Os criterios xerais de avaliación contemplan, pois, un exame teórico (50% da nota final), presentación dos traballos propostos nas prácticas correspondentes e fixados no temario (40%) e asistencia e participación en clase (10%). Para poder acudir ao exame é obrigado ter presentados os traballos (o que non implica o aprobado da parte práctica que terá que someterse aos criterios de avaliación fixados polo docente), según as pautas estipuladas nas clases, e demostrado un seguemento continuado da materia a través, tamén, da asistencia a clase (en virtude do regulado na Normativa de Asistencia a Clase nas Ensinanzas adaptadas ao EEES aprobada en Consello de Goberno da USC o 25 de marzo de 2010). O docente só permitirá a realización de traballos con pautas distintas das marcadas na clase (tanto no que se refire aos contidos como a organización das prácticas en grupos ou individuais) en casos moi específicos e debidamente xustificados.

    En caso de non superar a materia, o alumno só deberá reforzar aqueles aspectos da avaliación que fosen deficitarios (teórica ou traballos prácticos, ou ámbalas dúas no caso de non ter superado nin o exame nin os exercicios), seguindo as recomendacións do docente segundo os criterios de avaliación fixados. Esta posibilidade só se contempla no caso da convocatoria correspondente á matrícula do curso académico en vigor (convocatorias de xuño e de xullo). De non superar a materia, nas seguintes convocatorias que correspondan a un novo curso académico o alumno deberá aprobar a totalidade dos contidos da materia de novo (teóricos e prácticos).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os alumnos deben realizar traballos de análise sobre modelos de programación e medición de audiencias, xunto coa asistencia ás clases e a lectura da bibliografía complementaria necesaria para a elaborar dos traballos prácticos. O tempo de traballo presencial do alumno é de 48 horas; o tempo de estudo e traballo persoal estimado por alumno –incluídos os aspectos mencionados- é de 102 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Analizando os tres requisitos básicos que conforman os criterios de avaliación da materia, e de cara a un mellor aproveitamento dos recursos e dos esforzos, recomendase ao alumnado:
    a) No caso dos conceptos teóricos da materia: plantexar tódalas dúbidas existentes ao docente durante as clases ou a través das titorías (presenciais ou por e-mail) e consultar a bibliografía recomendada en cada tema (especialmente aqueles materiais de apoio que, á marxe da bibliografía presentada, poida entregar directamente o docente debido ó seu interese para o mellor entendemento da materia). Tamén é aconsellable a asistencia e participación nos debates organizados na clase.
    b) Para a elaboración dos traballos prácticos: recomendase ao alumnado a asistencia ás clases prácticas na aula onde se presentarán as pautas e os materiais precisos para a posterior utilización nos traballos; a recolleita dos materiais de apoio que se porán a dispor do alumnado en distintos soportes e que, maioritariamente, correspóndense con instrumentos de traballo profesional que se deberán manexar e incorporar nas prácticas; e constante e rigurosa consulta e extracción de datos (logo reflexados nos traballos) das páxinas web que o docente recomende no curso. Tamén neste caso é recomendable plantexar ao docente tódalas dúbidas e suxestións que lle xurdan ao alumno co fin de mellora-lo resultado final.

    Observacións
    Non se precisan observacións específicas, agás do xa exposto.