Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031421 - Áreas de Especialización Xornalística (Xornalismo especializado) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ POUSA, LUIS.SI
Neira Cruz, Xose Antonio.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 4OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 5OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Seminario 2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Seminario 3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 6OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 7OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 8OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 9OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Reflexionar sobre a función social dos medios na sociedade da información, afrontando o fenómeno da comunicación de masas en relación co mundo dos coñecementos especializados.
    Revalorizar os factores que sustantivan a ideoloxía e a cultura do xornalismo, contribuindo desde a especialización de contidos á democratización informativa.
    Revalidar as áreas de especialización na súa instrumentación operativa -tanto organizativa como construtiva-, redimensionándoas nesa outra dimensión democartizadora, pois que ao tempo que permiten contextualizar de maneira óptima a actualidade, facilitan niveis cualificados de mediación.
    Coñecer, comprender e poñer en práctica procesos de produción informativa e de análise que validen a estratexia operativa da que se sirve o xornalismo para a especialización de contidos, tendo en conta agora as características de cada ámbito temático, co que non só optimiza a súa capacidade prospectiva senón tamén a súa capacidade para a produción de coñecemento.




    Contidos
    Descritor da materia:
    Coñecementos sobre as diversas áreas de especialización da información xornalística, analizando as súas características, antecedentes históricos, funcións, disfuncións, fontes e perfís profesionais, desde a análise máis teórica á práctica profesional.


    TEMA 1. Ámbito de información política

    1.1. A política: a súa complexidade e dinámica na práctica social.
    1.2. Política, medios e información. Funcións da información política en democracia.
    1.3. Raíz e evolución histórica do xornalismo político.
    1.4. A produción de actualidade política. Relación entre a política, os políticos e os xornalistas. Perfil profesional: competencias, actitudes e habilidades.
    1.5. O discurso e as fontes do xornalismo político. O comentario político.

    TEMA 2. Escenarios políticos: información internacional

    2.1. Información sobre política internacional: estrutura e desequilibrios. O rol das axencias de noticias.
    2.2. Evolución histórica do xornalismo internacional. Cambios producidos por factores tecnolóxicos, mediáticos e xeopolíticos.
    2.3. Conflitos internacionais: o poder das fontes e o poder dos medios.
    2.4. Fontes institucionais e fontes propias. Gabinetes de prensa e partidos políticos.
    2.5. As figuras profesionais do correspondente, do enviado especial e do analista.

    TEMA 3. Escenarios políticos: información de interés nacional

    3.1. A política das institucións da UE e a información. Ámbitos, fontes e figuras profesionais.
    3.2. Política de Estado, política autonómica e información.
    3.3. O xornalismo político en Galicia: evolución histórica, ámbitos, fontes e figuras profesionais.
    3.4. O Parlamento e a información nun sistema democrático. A figura do cronista parlamentario.
    3.5. Política local e información. Cobertura profesional.

    TEMA 4. Ámbito de información económica

    4.1. A expansión da información económica. A nova economía e os fluxos económicos nun mundo globalizado. Medios, xornalismo e crise económica.
    4.2. A economía, unha macroárea: proposta vertebradora. Subáreas emerxentes: información financeira, a Bolsa, o consumoe o turismo.
    4.3. A produción de información económica: funcións e disfuncións.
    4.4. Fontes económicas, atendendo aos diversos ámbitos de aplicación.
    4.5. Xornalistas e receptores de información económica: principios e reglas prácticas.
    4.6. Galicia: información agraria e marítima. Fontes e xéneros.

    TEMA 5. Ámbito de información social

    5.1. Macroárea social: eixes temáticos vertebradores e de contextualización. Subáreas emerxentes: educación, sanidade, nutrición, dietética, relixión, ocio e informática.
    5.2. Xornalismo social: temario, obxetivos e funcións. Pautas e actitudes profesionais.
    5.3. Tratamento xornalístico da información relacionada con minorías sociales, minorías étnicas e grupos de risco. Cooperación, voluntariado e desenvolvemento sostible.
    5.4. Muller, xénero e sexismo: informar desde a perspectiva de xénero.
    5.5. Os sucesos e a súa tipoloxía.. Maneiras de informar sobre catástrofes, sucesos económicos e sucesos terroristas.
    5.6. A información de Tribunais.

    TEMA 6.- Ámbito de información científica

    6.1. Comunicación científica, xornalismo científico e popularización da ciencia. Niveis de divulgación.
    6.2. Xornalismo científico: orixe, obxetivos e funcións.
    6.3. Contidos da información científico/técnica.
    6.4. Contidos, fontes e funcións da información sobre os ámbitos científicos da saúde, o medioambiente e a innovación tecnolóxica .
    6.5. Relación entre xornalistas e científicos. Maneiras de informar.

    TEMA 7.- Ámbito de información cultural

    7.1. Comunicar cultura. Ámbitos de referencia temática.
    7.2. Actualidade e contextualización cultural. A produción de actualidade cultural nos medios escritos, nos audiovisuais e nos novos medios.
    7.3. Da cultura ao espectáculo. Proposta metodolóxica común para as distintas artes.
    7.4. Xornalismo cultural e xornalismo literario. Fontes, xéneros e linguaxe. A crítica cultural.
    7.5. O xornalista cultural e a cultura do xornalista.
    7.6. Evolución do xornalismo cultural nos medios. Suplementos e outros formatos audiovisuais e na rede.

    TEMA 8.- Ámbito de información deportiva

    8.1. O deporte como educación e como espectáculo para o ocio.
    8.2. A información de grandes eventos e de deportes minoritarios.
    8.3. Fontes e xéneros. Estrutura da crónica deportiva.
    8.4. As retransmisións deportivas como xénero xornalístico.
    8.5. Linguaxe da información deportiva: características e usos actuais.
    8.6. Evolución do xornalismo deportivo nos medios.


    Bibliografía básica e complementaria
    1. Básica

    BLANCO CASTILLA, E. y ESTEVE RAMIREZ, F. (Editores), Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2010.
    DE RAMÓN, M. (Coord.), Diez lecciones de Periodismo Especializado. Madrid, Fragua, 2003.
    EL-MIR AMADO, J. y VALBUENA DE LA FUENTE, F. (Compiladores), Manual de Periodismo. Las Palmas, Universidad de Las Palmas y Prensa Ibérica, 1995.
    ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J., Áreas de especialización periodística. Madrid, Editorial Fragua, 1999.
    ESTEVE RAMÍREZ, F. y MONCHOLI, M.A. (Coord.), Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid, Editorial Fragua, 2007.
    FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (Coord.), Periodismo Especializado. Barcelona, Ariel, 2004.
    LLANO, R., La especialización periodística. Madrid, Tecnos, 2008.

    2. Complementaria

    A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros e artigos- relacionados con cada un dos ámbitos de información temática que compoñen o programa, dacordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidade.

    Competencias
    . Coñecer os efectos que tanto a evolución tecnocientífica como a conseguinte especialización de áreas de coñecemento nas ciencias sociais producen nos procesos de produción xornalística, enfrontándose por elo os medios e os profesionais á necesidade de experimentar modelos de comunicación especializada adaptados a cada unha das grandes áreas do saber.
    . Coñecer como desde unha perspectiva sistémica ese acoplamento ás novas demandas de contidos especializados ten en cinco grandes áreas de coñecemento –sociedade, política, ciencia e tecnoloxía, cultura e economía, y noutras que acadan cada vez máis relevancia e presencia nos medios, como a medioambiental, a saúde, a educación, minorías sociais, deporte e ocio- o seu campo teórico/práctico.
    . Aplicación específica dos diversos medios de comunicación a cada unha das principais áreas de especialización xornalística.
    . Procesos de produción xornalística mediante a aplicación da metodoloxía do xornalismo especializado a cada unha das áreas, tendo en conta as características que as singularizan.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, sempre buscando a implicación directa dos alumnos/as no proceso de formación ao que tentan contribuir os coñecementos aportados por esta materia.
    Más en concreto:
    . clases maxistrais
    . clases e seminarios prácticos
    . traballos individuais, en grupo e de laboratorio titorizados
    . estudo e debate de casos

    Sistema de evaluación
    Utilizarase un sistema de avaliación contínua, que obriga a un seguimento constante dos coñecementos acadados polos alumnos/as durante o primeiro semestre do curso.
    Para aprobar a materia, os alumnos/as terán que superar, por separado, a parte teórica e a parte práctica. Cada unha delas equivalerá ao 50 por cento da nota global definitiva.
    Máis en concreto:
    a) Polo que se refire á parte de Teoría, o 50 por ciento sairá de:
    - Cando menos tres Test nos que os alumnos/as demostren o grao de comprensión e asimilación dos conceptos e coñécementos básicos que identifican a todas e cada unha das Áreas de especialización xornalística. Faranse sen previo aviso, seguindo a cadencia das leccións explicadas. O resultado dos test aportará ata o 25 por cento da nota de Teoría.
    - Cantos/as superen os Test –e conste a súa presencia e participación continuada nas clases teóricas- poderán superar o 25 por cento restante da nota mediante a elaboración dun traballo en equipo sobre aquela área de especialización que houberan elixido no comezo de curso.
    - Cantos/as non superasen os Test, pero conste igualmente a súa presencia e participación continuada nas clases, poderán seguir tomando parte cos alumnos/as do seu equipo na elaboración do citado traballo, tendo sen embargo que resuperar a nota dos test na data do exame que está marcada oficialmente.
    b) Polo que se refire á parte práctica, o 50 por cento sairá de:
    - Avaliación dos traballos –individuais, de grupo e/ou laboratorio- que se realicen durante o semestre. De maneira singular: 1) Investigación xornalística sobre un tema de actualidad, poñendo en práctica a execución dun proxecto previamente planificado dacordo coa metodoloxía de investigación. 2) Creación, deseño e elaboración dun suplemento para a prensa escrita, dun programa de radio e dun programa de TV - periódicos e monotemáticos-, con contidos relacionados coa área de especialización seleccionada no comezo do curso.
    - Participación nos seminarios e debates relacionados cos modelos de produción xornalística especializada por áreas, tendo en conta a actualidade e a súa correspondente cobertura polos medios de comunicación –os tradicionais e os novos medios-.

    - Os alumnos/as que non realicen as prácticas programadas non poderán presentarse ao exame de Teoría en ningunha das convocatorias.

    - Para a realización e avaliación das prácticas é imprescindible que os alumnos/as teñan acadado os coñecementos teóricos previamente impartidos nas clases maxistrais.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia equivale a 6 créditos ECTS, e correspóndese cunha carga de traballo para os alumnos/as de 150 horas.
    Delas, 51 horas están estipuladas para o traballo presencial e as restantes 99 para o traballo de preparación e realización das actividades programadas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Por tratarse dunha materia que ten un ha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que os alumnos/as se esforcen en afianzar e asentar a súa vocación intelectual- e conseguintemente, a súa vocación social e profesional- tomando contacto coas ideas coas que os diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización, da información e do coñecemento.
    A lectuura de obras especializadas en comunicación social, e máis específicamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, dos novos e emerxentes colectivos sociais, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas nun tempo de extremosa complexidade.
    Todo elo, por ser imprescindible para cualificar –especializar- os niveles de mediación aos que se deben medios e xornalistas.

    Os alumnos/as teránm que seguir no día a día a actualidade que se produce en todos e cada un dos seus máis diversos ámbitos temáticos a través dos diferentes medios de comunicación (escritos, audiovisuais, na rede).