G3031424 - Traballo Fin de Grao (Traballo de grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 194.00
- Horas de Titorías: 582.00
- Total: 776.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Común, Economía Aplicada, Filoloxía Galega, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Historia Contemporánea e de América , Economía Cuantitativa, Lingua Española, Ciencia Política e da Administración, Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Dereito Civil, Economía Aplicada, Filoloxías Galega e Portuguesa, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Historia Contemporánea, Economía Cuantitativa (propia da USC) , Lingua Española, Ciencia Política e da Administración, Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Seminario 1 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Titorizado 1 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO TFG consiste na capacidade de aplicar o coñecemento adquirido ao longo da carreira na planificación e o desenvolvemento dun proxecto concreto de comunicación audiovisual que abranga todas as posibilidades relacionadas coa comunicación informativa, dende as habilidades para a investigación e a comunicación informativa ata a capacidade na proxección dun proxecto empresarial.
ContidosAs ideas concretas das liñas de traballo de grao débense propoñer e aprobar cada curso, en función das tendencias informativas, comunicacionais e mediáticas dominantes en cada momento, motivo polo que os contidos dos TFG deberán axustarse ao que estableza a convocatoria anual de Traballos de Fin de Grao que publique a Facultade de Ciencias da Comunicación.
Os TFG deberán axustarse a algunha das seguintes modalidades:
- Modalidade Xeral: A Comisión do Título propón as liñas de traballo e o cupo correspondente para cada unha delas.
- Modalidade Específica: O alumnado propón unha liña específica de realización do TFG, distinta das ofrecidas na Modalidade Xeral. Estas propostas deberán vir acompañadas dunha proposta de director.
- TFG desenvolvidos no marco de convenios con empresas ou institucións. Neste caso, será necesario dispoñer dun Codirector, corresponsable na dirección do TFG, que deberá ser PDI con docencia na Titulación ou no Centro e experto no tema a desenvolver.
Bibliografía básica e complementariaSerá recomendada polo titor ao alumno, dependendo das necesidades específicas de cada proxecto.
CompetenciasCapacitar aos alumnos na planificación e o desenvolvemento dun proxecto concreto no ámbito da comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Será proposta por cada titor en función das necesidades específicas de cada proxecto.
Sistema de evaluaciónSegún o disposto no Regulamento do TFG do Grao en Xornalismo, os membros do tribunal realizarán un informe no que avaliarán de 0 a 10 os seguintes aspectos:
- Calidade do Traballo: cumprimento dos obxectivos propostos, fiabilidade e eficiencia, adecuación e desenvolvemento das conclusións aportadas,
- Documentación: presentación xeral (estruturación, completitude, redacción, ortografía, etc), corrección da documentación técnica, conclusións e posibles ampliacións propostas.
- Presentación: concisión, claridade, defensa do Traballo, etc.
A cualificación final outorgada por cada membro do tribunal ó TFG obterase de acordo á seguinte ponderación:
Calidade do Traballo (CT): 70%.
Documentación (D): 15%.
Presentación (P): 15%.
A cualificación final do TFG obterase como media aritmética das cualificacións outorgadas por todos os membros do tribunal.
Tempo de estudo e traballo persoalO TFG no Grao de Xornalismo require a superación de 12 créditos ECTS (300 horas). Para elo, o alumno deberá asumir a un total de 9 horas de traballo presencial nas correspondentes sesións de seminarios e titorías, e as 291 restantes corresponden ao traballo persoal do alumno na realización do proxecto.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase para un mellor seguemento do TFG consultar o Regulamento do Traballo Fin de Grao aprobado pola Xunta de Facultade e a convocatoria que publicará a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico.
ObservaciónsNon se especifican.