G3031441 - Infografía (Tecnoloxía informativa) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaXénese, función e aplicación da imaxe infográfica nos medios de comunicación. Elementos para a súa definición e significación (BOE).
Definir as liñas mestras, as características e os condicionantes da imaxe infográfica, entendida como unha nova forma de presentar a información.
Observar a distinción entre as perspectivas decorativa e informativa na preparación, presentación e función dos infográficos.
Indagar e establecer a relación entre infografía e o deseño gráfico, entre infografía e proposta estética, entre infografía e datos no camiño da estrutura da información e a súa visualización, así como a procura dunha síntese entre a percepción visual e a textual.
Identificar os elementos diferenciadores e cada fase do proceso de elaboración desde a ideación, a recollida de datos, o esquema narrativo e a produción.
Estudar os elementos e funcións do relato infográfico interactivo e multimedia
ContidosTema 1. A imaxe sintética: a infografía.
1.1 Introdución: o universo icónico e a infografía.
1.2 Definición e perspectivas.
1.3 Orixe e evolución
1.4 Aplicacións e usos
Tema 2. A infografía informativa.
2.1 Definición e relevancia nos medios
2.2. Características e funcións
2.3 Precursores do infografismo informativo
2.4 Situación actual
Tema 3. Tratamento gráfico da información
3.1 Infografía e deseño gráfico.
3.2 Características do texto e da imaxe
3.3 A concepción semántica e formal da infografía no proceso comunicativo.
3.4 Deseño da información. A imaxe e o texto na procura dun obxectivo informativo.
Tema 4. Os infogramas no xornalismo impreso.
4.1 Estrutura e elementos básicos dun infograma.
4.2 Tipos, técnicas e estilos.
4.3 Orientacións sobre o uso dos infográficos.
4.4 A ética e os infográficos
Tema 5. Xornalismo de datos e precisión
5.1 Datos, información e coñecemento
5.2 Significado e función
5.3 Recopilación, filtrado, contextualización e combinación
5.4 Presentación do relato infográfico
Tema 6. Visualización e texto infográfico
6.1 Definición e obxectivos
6.2 Breve percorrido histórico
6.3 Percepción e cognición
6.4 Dimensións do proceso de visualización. Ferramentas
Tema 7. A infografía interactiva
7.1 Características e usos da infografía na WWW
7.2 Posibilidades da imaxe infográfica nas redes.
7.3 Hipertexto, hipermedia, interactividade
7.4 A dixitalización entendida como infografía
Tema 8. Imaxe estadística
8.1 Definición e utilidade
8.2 Tipoloxías
8.3 Aspecto numérico e tratamento
8.4 Documentación e fontes
Tema 9. Imaxe cartográfica
9.1 Definición e utilidade
9.2 Tipoloxías
9.3 Aspecto cartográfico e tratamento
9.4 Documentación e fontes
Tema 10. A infografía nos soportes audiovisuais.
10.1 Características, usos e función
10.2 A infografía e a televisión
10.3 A infografía e o cine
10.4 A infografía e a publicidade
Tema 11. Infografía e especialización
11.1 Concepto e identificación
11.2 Rasgos e función
11.3 Evolución e divulgación
11.4 Grafismo funcional e didáctico
Tema 12. A infografía na estrutura dos medios
12.1 O departamento de infografía
12.2 Gráficos de axencia.
12.3 Proceso de traballo nun xornal e nunha axencia especializada
12.4 Perfil do infografista.
Tema 13. Eclosión da infografía en España.
13.1 Tecnoloxías da información e comunicación.
13.2 Ordenador e programas como instrumentos de traballo.
13.4 Guerra do Golfo e Xogos Olímpicos de Barcelona.
13.4 Sinxeleza e impacto na primeira etapa da infografía actual
2.2. Contidos prácticos
As prácticas contemplarán dous tipos de traballos.
- Un das prácticas centrarase na planificación de infográficos a partir de teletipos e noticias de axencias e xornais. Os traballos entregaranse cada día ao remate da clase, o que significa que ao longo do cuadrimestre cada persoa matriculada na disciplina acumulará ao redor de 16 prácticas.
- O outro apartado práctico dedicarase á elaboración de infográficos na sala de ordenadores multimedia utilizando programas de debuxo e ilustración, de tratameto de imaxes e de animación. O uso deses instrumentos requerirá, por parte do alumnado, uns coñecementos mínimos previos. Neste caso, o alumnado, ao remate do cuadrimestre, deberá ter entregado, partindo dos bosquexos realizados, sete infográficos, e un final cun asunto de actualidade elixido polo alumno; é dicir oito traballos publicables.
- Ademais poderá plantearse un traballo por grupos de análise de infográficos nos medios de comunicación có obxectivo de recoñecer o labor que están a desenvoler os profesionais da infografía e identificar as formas de plasmar a actualidade.
Bibliografía básica e complementaria3.1. Bibliografía Básica
Cairo, Alberto: El arte funcional. Infografía y visualización de información, Madrid, Alamut, 2010.
Cairo Alberto: Infografía 2.0, visualización interactiva de información en prensa, Madrid, Alamut, 2008.
Costa, Joan: Diseñar para los ojos, Barcelona, Costa Punto Com Editor, 2007.
Gray, Jonatha; Bounegru, Liliana; Chambers, Lucy (ed.). “Manual Periodismo de Datos”. lanacion.com.ar
Moles, Abraham y Joan Costa: La imagen didáctica, Barcelona, Editorial CEAC, 1991.
Peltzer, Gonzalo: Periodismo iconográfico, Madrid, Ediciones Rialp, 1991.
Valero Sancho, José Luis: La infografía. Técnicas, análisis y usos periodísticos, Valencia, Castelló de la Plana, Barcelona, Bellaterra, Universitat de València, Publicaciones de la Universitar Jaume I, Universitat Pompeu Fabra: Servei de Publicacions Universitat Autònoma de Barcelona, 2001.
3.2. Bibliografía Complementaria
Allen Paulos, John: Un matemático lee el periódico, Barcelona, Tusquets, 2002 (1995).
Aguilera, M de e Vivar, H (ed.): La infografía, las nuevas imágenes de la comunicación visual en España, Madrid, Fundesco, 1990.
Bertin, Jacques : Semiologie Graphique. Les diagrammes, les réseaux, les cartes, París, Gauthier-Villars, 1973.
La gráfica y el tratamiento gráfico de la información, Madrid, Taurus, 1988.
Contreras, Fernando R.: Nuevas fronteras de la infografía. Análisis de la imagen por ordenador, Sevilla, MERGABLUM, 2000.
Costa Joan: La esquemática Visualizar la información, Barcelona, Paidós, 1998
Dürsteler, Juan Carlos (2002). Visualización de la información: una visita guiada. Barcelona: Gestión 2000.
Franco Álvarez, Guillermina: La infografía periodística, Las Palmas de Gran Canaria, Anroart Ediciones, 2005.
Gombrich, E.H.: Los usos de las imágenes. Estudios sobre la función social del arte y la comunicación visual, Barcelona, Debate, 2003.
- Gubern, Romá: La imagen pornográfica y otras perversiones ópticas, Barcelona, Editorial Anagrama, 2005.
Gubern, Romá: Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto, Barcelona, Editorial Anagrama, 1996.
Guía de los números, La: The Economist, Madrid, Ediciones del Prado.
Jiménez Pelayo, Jesús; Monteagudo López-Menchero, Jesús Jesús y Bonachera Cano, Francisco José: La Documentación cartográfica: tratamiento, gestión y uso / editores, Huelva, Universidad de Huelva, Servicio de Publicaciones, 2001
Maeda, John: Las leyes de la simplicidad. Diseño, tecnología, negocios, vida, Barcelona, Gedisa, 2008.
Malofiej, Premios. Edición anual de trabajos de infografía
Martínez- Fresneda Osorio, Humberto (2004): “Las fuentes en el periodismo informativo”, en Cantaella, Juan y Serrano, Juan Francisco (coords.): Redacción para periodistas: informar e interpretar. Barcelona, Ariel, pp. 259-288.
Marín Fernández, Josefa: Métodos estadísticos en información y documentación, Murcia, DM, 1998.
Meyer, Philip: Periodismo de precisión. Nuevas fronteras para la investigación periodística, Barcelona, Bosch Comunicación, 1993.
Mijksenaar, Paul: Una introducción al Diseño de la información, Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
Moles, Abraham y Luc Janiszewski: Grafismo funcional, Barcelona, Editorial CEAC, 1990.
Pablos, José Manuel de: Infoperiodismo. El periodista como creador de infografía, Madrid, Editorial Síntesis, 1999.Riobóo Almanzor, José María y Carlos Pío del Oro Sáez: Representaciones gráficas de datos estadísticos, Madrid, Editorial AC, 2000.
Spence, Robert: Informati
CompetenciasDeseño da información de actualidade. Identificación, selección, narración e presentación da noticia a través do texto, imaxe, son, vídeo e animación en 2D. Coñecemento de estratexias e recursos xornalísticios e informáticos para contar historias visuais. Análise e creación de unidades infográficas de actualidade coas linguaxes periodístico, iconográfico e hipermedia. Coñecemento dos principios básicos da comunicación da mensaxe informativa a través da infografía. Deseño, ordenación e plasmación da actualidade a través de texto, imaxe, audio, vídeo e técnicas de animación en 2D. Tratamento e análise da información de actualidade a través da lenguae textual e audiovisual e interactividade. Análise, uso e producción de unidades infográficas. Definición dos procesos de investigación, selección, creación e realización da narrativa periodística iconográfica. Tratamento e realización de infografías informativas estáticas e dinámicas. Comprensión do proceso creativo e de construcción da mensaxe en infografía (BOE).
Capacitación para o desenvolvemento da organización e deseño dos elementos na infografía informativa.
Coñecemento da dimensión do impacto das ferramentas tecnolóxicas na construcción de infografías.
Coñecemento de estratexias e recursos xornalísticos e informáticos para contar historias visuais.
Saber os principios básicos da comunicación da mensaxe informativa a través da infografía.
Metodoloxía da ensinanza O programa comprende clases cunha carga teórica que se baseará en exposicións/debates, previa revisión de textos necesarios para situar o traballo infográfico, así como de clases prácticas que se desenvolverán en salas de ordenadores.
O alumnado deberá te unha participación activa no desenvolvemento das clases, así como nos espazos como blogs, wikis ou medios sociais que se creen para complementar o traballo nas clases.
No apartado teórico, iráselle facilitando a documentación básica que deberá revisar e ler para logo consultar dúbidas, formular ideas e debatir nas horas teóricas correspondientes. A tarefa do alumnado será a lectura da documentación, para despois expor interrogantes e críticas sobre os contidos da misma, aportar novos materiais que completen o recurso básico e, ó mesmo tempo, terá que elexir cuestións determinantes para debatir en clase. O seu traballo xirará en torno á lectura, exame crítico dos textos, ampliación deses textos con outras propostas e a asunción de debates puntuais que permitan facer un uso efectivo da información para a creación de coñecemento. O alumnado formará pequenos grupos para expor debates sobre aspectos relacionados co programa.
Cada quince días, os alumnos recollerán e presentarán na clase 3 infográficos, analizando e explicando a súa selección e a materialización. Tanto os debates, exposicións e a súa participación continuada incluiranse na avaliación da parte teórica da disciplina.
a avaliación das prácticas faráse de xeito continuo para poder solventar os problemas que poida xurdir no proceso de realización
Sistema de evaluaciónAta un 50 % da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos, e completaráse coa avaliación das prácticas.
A proba teórica consistirá en 10 preguntas curtas sobre os contidos do programa. Cada pregunta correcta será valorada cun punto. Se na resposta aparece algo incorrecto, será invalidada. Ou se podería optar por un cuestionario de reposta múltiple, cun total de 30 preguntas.
Á nota do exame, engadirase as avaliacións obtidas nos debates e nas explicacións dos infográficos recopilados ao longo do cuadrimestre.
A nota da parte práctica recollerá as puntuacións obtidas polo alumnado tanto nos guións/bosquexos dos infográficos como no propio infográfico xa elaborado no ordenador. Terase en conta a idea, a estrutura, a distribución dos elementos, a claridade expositiva, a falta de erros e a facilidade de uso.
A parte práctica e a parte teórica teñen que estar aprobadas para superar a materia.
As persoas que se presenten en xullo deberán realizar idéntico traballo práctico, polo que terán que elaborar guións/bosquexos de noticias e levalos ao ordenador, e en similar número que no cuadrimestre. O exame teórico tamén terá a mesma estrutura.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudos presencial do alumnado é de 51 horas
O tempo de traballo persoal é de 99 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaRevisión continuada dos relatos infográficos que se publican nos medios de comunicación e nas publicacións dixitais.
ObservaciónsO alumnado que curse esta materia deberá ter uns mínimos coñecementos de programas de ilustración, tratamento de imaxe e de animación.