G3031444 - Teoría e análise dos cibermedios (Fundamentos e análise da información e da comunicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento dos cibermedios e que entenda o papel da interactividade nas narrativas hipertextuais e multimedia.
O alumno analizará as características dos cibermedios. Teoría e Análise dos Cibermedios debe capacitar ao alumno para entender os fundamentos dos cibermedios e do ciberxornalismo, e debe introducilo na elaboración de contidos hipertextuais, multimedia e interactivos. O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Entender as características dos cibermedios e do ciberxornalismo.
b)Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c)Elaborar pequenas pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactivo.
d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
ContidosA sociedade da información e as redes telemáticas. Concepto, desenvolvemento e perspectivas dun novo medio de comunicación. Novas formas de entender a información.
2.1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre o ciberxornalismo e os cibermedios. Entender as características que deben reunir as pezas xornalísticas para os cibermedios.
2.2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de pezas informativas para os cibermedios. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
2.3.-Temas do programa
Tema 1: A sociedade da información e o ciberxornalismo. Panorama e perspectivas.
Tema 2: Os modelos de cibermedios
Tema 3: Os fundamentos teóricos do novo medio
Tema 4: Propostas innovadoras nos cibermedios e no ciberxornalismo
Tema 5: Debates actuais sobre os cibermedios e o ciberxornalismo
Bibliografía básica e complementaria3.1.-Bibliografía básica
CABRERA, Mª. A. -coord.- (2013): Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Fragua.
CASTELLS, M. (2001). La galaxia Internet. Barcelona: Plaza&Janes.
DÍAZ NOCI, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Bilbao: Universidad del País Vasco.
DÍAZ NOCI, J./SALAVERRRÍA, R. –Coods.-. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
FOUST, J.C. (2009). Online Journalism. Arizona: Holcomb Hathaway Publishers.
LÓPEZ, X./OTERO, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Sada (A Coruña): Netbiblo.
SALAVERRÍA, R. (2005): Cibermedios. El impacto de internet en los medios de comunicación en España. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
3.2.-Bibliografía complementaria
CABRERA, Mª. A. (2010): Evolución tecnológica y cibermedios. Sevilla-Zamora: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
FLORES VIVAR, J.M./ESTEVE RAMÍREZ, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Madrid: Fragua.
GARCÍA GALINDO, J.A./VASALLO, M.I./VERA BALANZA, M.T. –Coord.- (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
LÓPEZ, X./GAGO, M./PEREIRA, X. (2002). Novas tendencias do xornalismo electrónico. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LÓPEZ, X./PEREIRA, X. -coord.- (2010): Convergencia digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Compostela: Universidad de Santiago.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Fragua: Madrid.
CompetenciasCoñecer e comprender as características da produción e composición da información para as plataformas multimedia. Coñecer e estudar as novas técnicas de xestión da información. Coñecer os novos retos da información: produtores, usuarios e xestores.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de pezas para os cibermedios.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s
b. Prácticas realizadas durante as clases interactivas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.