G3031445 - Novos formatos e Productos para a Rede (Organización e producción informativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos arredor dos novos formatos e produtos para a rede e que entenda o papel e as características da construción das pezas informativas para os cibermedios.
O alumno analizará as características dos cibermedios. Novos Formatos e Produtos para a Rede debe capacitar ao alumno para entender os ámbitos de experimentación e produción de pezas innovadoras para a rede, e debe introducilo na elaboración desas pezas, que teñen que ser hipertextuais, multimedia e interactivos. O noso obxectivo, polo tanto, inclúe:
a)Entender as características dos novos formatos e produtos para a rede.
b)Analizar modelos e formatos de cibermedios.
c)Elaborar pezas informativas con linguaxe hipertextual, multimedia e interactivo.
d)Explorar as posibilidades das novas modalidades expresivas na construción de mensaxes xornalísticas.
ContidosEstudo e análise dos novos formatos audiovisuais e en internet xurdidos como consecuencia da evolución dos medios. Estudo e análise dos novos produtos derivados dos novos formatos
Tipoloxías de webs informativas, publicitarias, de entretemento, de aplicacións web e comunidades de usuarios.
Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre o ciberxornalismo e os cibermedios e os seus novos formatos. Entender as características que deben reunir as pezas xornalísticas para os cibermedios.
Contidos prácticos
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de pezas informativas para os cibermedios. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
Temas do programa
Tema 1: Orixe e evolución dos formatos e produtos para a rede
1.1. Características xerais da estrutura dos produtos na rede
1.2.Nacemento dos formatos e produtos para a rede
1.3. A evolución e a etapa de consolidación dos formatos e produtos xornalísticos para a rede.
Tema 2: A multiplicación de canles, formatos e produtos
2.1.Marco tecnolóxico da multiplicación de canles.
2.2.A innovación nos formatos
2.3.A renovación de produtos e formatos xornalísticos para novas canles.
Tema 3: Da converxencia á autonomía das redaccións: innovación e desenvolvemento en cibermedios
3.1. Os resultados da converxencia no campo xornalístico.
3.2. As novas perspectivas e liñas de traballo para o xornalismo
3.3. Novos modelos de redaccións integradas
3.4. Da imitación ao desenvolvemento de modelos propios
3.5.Innovación descentralizada: o xurdimento de novos formatos fóra da cultura xornalística.
3.6. Cibermedios e cultura 'hacker': estratexias e actitudes procedentes do contexto cultural de Internet (por exemplo, Huftington Post).
3.7.- Novos modelos híbridos: da información á confluencia co software.
3.8.- Transmedia como estratexia editorial.
Tema 4: A participación cidadán nos novos produtos xornalísticos
4.1. A participación e a información bidireccional
4.2. O aproveitamento do talento colectivo
4.3. O marco preceptivo e ético para o novo xornalismo
Tema 5: Canles, formatos e produtos actuais
5.1. A multiplicidade de canles, formatos e produtos actuais.
5.2. A complexidade dos novos produtos.
5.3. Cibermedios xeralistas, cibermedios temáticos e magazines diarios
5.4.-Aplicacións informativas para móbiles (tablets e móbiles). Versións de cibermedios.
5.5.Produtos específicos e personalizables (como Flipboard).
5.6. Aplicacións de información de servizos e produtos de infoentremento (Foursquare)
5.7. Newsgaming. Newsgaming, o xornalismo como xogo?
5.8.Microformatos (Twitter, Tumblr…)
5.9.Conversacionais e comunitarios (Twitter, Facebook, Linkedin, Eskup, TimesWire)
5.10. Canles especializadas en formatos de contido (Youtube, Flickr).
5.11. Desafíos xornalísticos para os novos formatos e produtos
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
BOU BOUZÁ, G. (2003): El guión multimedia. Madrid: Anaya.
DÍAZ NOCI, J. (2001). La escritura digital. Hipertexto y construcción del discurso informativo en el periodismo electrónico. Bilbao: Universidad del País Vasco.
LYNCH, P./HORTON, S. (2000): Principios de diseño básicos para la creación de sitios web. Barcelona: Gustavo Gili.
LÓPEZ, X./PEREIRA, X. (2010): Convergencia digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
Bibliografía complementaria
FLORES VIVAR, J.M./ESTEVE RAMÍREZ, F. -Editores- (2009): Periodismo Web 2.0. Madrid: Fragua.
GARCÍA GALINDO, J.A./VASALLO, M.I./VERA BALANZA, M.T. –Coord.- (2009). Construir la Sociedad de la Comunicación. Madrid: Tecnos.
LÓPEZ, X./GAGO, M./PEREIRA, X. (2002). Novas tendencias do xornalismo electrónico. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
LÓPEZ, X./OTERO, M.L. (2005). Las herramientas tecnológicas de la nueva información periodística. Sada (A Coruña): Netbiblo.
MORENO, I. (2002). Musas y nuevas tecnologías. Relato hipermedia. Barcelona: Paidós.
CompetenciasCoñecer as características dos novos formatos e dos novos produtos audiovisuais. As novas pantallas de televisión. A televisión por Internet e por teléfono móbil. Os novos produtos derivados dos novos soportes. A televisión e a radio dixital e os novos formatos. O papel da tecnoloxía no xurdimento de novas propostas. Os formatos audiovisuais e os contidos: influencias recíprocas. O nacemento de novos circuítos de distribución e as novas situacións de recepción: a súa influencia nas propostas de produtos.
Xestionar e preparar contidos en diferentes formatos multimedia para a web. Xestionar os diferentes fluxos de contido dos produtos actuais en Internet, tanto internos como producidos polos usuarios.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de pezas con diferentes formatos para os cibermedios e os diferentes dispositivos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma virtual da USC.