G3031446 - Inglés para Xornalistas (Expresión oral e escrita para os medios de información) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
- Áreas: Filoloxía Inglesa
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaReforzar o estudo da gramática e vocabulario, compoñentes básicos para expresar contidos e ideas.
Acadar un nivel intermedio alto de lingua inglesa escrita na que se incluirá a configuración básica de textos conforme as convencións estilísticas e formato da lingua xornalística, así como tamén o correspondente léxico.
A implementación de glosarios de terminoloxía de xornalismo da lingua inglesa a L1 servirá como recurso de axuda para a tradución.
Obter un nivel aceptable da lingua inglesa para que resulte eficaz na realización de tarefas xornalísticas nun mundo globalizado, ben sexa na escrita ou en realización oral. Familiarizarse coas convencións lingüísticas do inglés propias dos medios de comunicación.
ContidosElaborar titulares de prensa.
Análise de artigos de prensa
A linguaxe dos titulares dos xornais
A lingua contextualizada
Uso dos conectores
Léxico:formación de palabras e ampliación
Nomes compostos.
Frases verbais
Xogos de palabras nos titulares dos xornais británicos
Vocabulario técnico de páxinas web
Uso de axetivos para realzar un texto
Recursos utilizados na linguaxe publicitaria
Uso do estilo directo e indirecto
.
****O programa está aberto a posibles temas de interese para o alumnado.
Bibliografía básica e complementariaAitchison,J and Lewis, D.H. New (2003) Media Language. UK. Routledge
Ceramella, N.and Lee, E.(2008 ). Cambridge English for the Media. C.U. P.
Essential English for Journalists. Editors and Writers. Pimlico
Wynford Hicks. English for Journalists.(edic. revisada 2006) Media Skills.
Sharma, P(2007).Reading the News. Thomson ELT (International Herald Tribune). Boston,
Hagreaves; I(2005). Journalism:A Very Short Introduction. Oxford:OUP.2005
Milan, M C A(2003). Practical Handbook for Writers of Research Papers. MLA.
Rowe, Jeff (2005). Broadcast News for Professionals. Marion Street Press.
Diccionarios:
Alcaraz Varó, E; Hughes, B, Campos, M.A. Diccionario de términos de marketing, publicidad y medios de comunicación. Barcelona:Ariel.1999
Xornais online
Outros recursos
CompetenciasAs habilidades específicas a adquirir serán as seguintes:
Técnicas de expresión escrita e oral nos medios de comunicación, dando prioridade á produción e creación da linguaxe xornalística.
Coñecemento dos estilos diferentes da lingua utilizada nos medios
Uso correcto e aceptable tanto da L1 como da L2.
De xeito similar, aspiraremos a unha mellora da nosa capacidade para utilizar correctamente a lingua inglesa que se emprega nos diversos eidos do xornalismo
Metodoloxía da ensinanza Coa presentación na aula exploraremos o material asignado coas pertinentes explicacións do/a profesor/a, pero tamén tendo presente a discusión na clase e o debate.
O enfoque da materia é principalmente práctico; polo tanto, a participación continua na clase será parte importante desta. Utilizaremos extractos de modelos diferentes de xornais, revistas e outros recursos dos medios de comunicación para apoiarnos no traballo da aula.
Ao longo do curso, os/as estudantes farán presentacións de traballos que servirán para amosar a evolución na materia despois de cubrir os temas mencionados no programa.
As clases interactivas están deseñadas para promover o desenvolvemento das competencias oral e escrita, especificamente relacionado coas tarefas que os profesionais de xornalismo periodismo terán que empregar.
Sistema de evaluaciónAvaliaranse as habilidades adquiridas nas clases expositivas conxuntamente coas interactivas.
A participación na aula formará parte da avaliación continua.
Ao longo do curso, nas sesións de clase trataranse temas específicos da profesión, comentarios, análises críticas e lingüísticas, creación de titulares na prensa escrita, preparación de entrevistas e temas que se refiran a calquera aspecto do contido do curso
As titorías servirán de orientación e de axuda para a resolución de problemas.
As presentacións na aula de dous temas elixidos polo/a estudante baixo a orientación do/a profesor/a. Avaliaranse os seguintes criterios: corrección no uso da lingua, cohesión, estilo, capacidade para análises prácticas, ideolóxicas e lingüísticas sobre produción xornalística.
Ademais de completar estas tarefas na aula, haberá un exame final escrito no que se incluirán os temas discutidos durante o curso.
Para poder asistir ao exame escrito a finais do semestre, é requisito previo a presentación de dous proxectos na aula
Presentacións dos traballos 30%.
Asistencia e participación activa 10%.
Exame final será un 60%.
Tempo de estudo e traballo persoalO necesario para acadar os obxectivos previamente mencionados. O esforzo requirido para superar a materia dependerá do nivel de dominio da lingua da cada estudante
Recomendacións para o estudo da materiaNon existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lingua extranxeira próximo ao nivel B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge).
Asistencia e participación activa nas sesións da clase.