Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3031447 - Fotografía Contemporánea (Información xornalística e comunicación dixital) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FRAGA PEREZ, ANDRES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 3OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Seminario 2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo da fotografía contemporánea. Coñecemento dos fundamentos dunha das disciplinas que, na actualidade, maior achega está a levar a cabo (na sociedade e na comunicación) desde os puntos de vista da publicidade, a arte, o xornalismo ou a ciencia. Fortalecemento dun tipo de visión que posibilite as actitudes críticas coas imaxes que a contemporaneidad xera, así como a posibilidade de adquisición de coñecemento dirixido a unha análise máis precisa da nosa contorna visual.
    Contidos
    Teoría

    1. Introducción a fotografía contemporánea: Linguaxe visual como medio de comunicación. Relación e diferencias entre fotografía e imagen
    2. Composición: Conceptos básicos da composición e elementos utilzados na linguaxe visual.
    3. Situación actual: Que se entende por fotografía hoxe en día. Importancia da fotografía na sociedade actual. Democratización da fotografía.
    4. Información: Importancia da imagen. A formulación dos xornais: as galerías de fotos e as fotonoticias. A importancia da Instantaneidade. Diversificación de fontes. Os retos da fotografía na comunicación. Foto ou vídeo?
    5. Traballo do fotógrafo: Situación da profesión. O caso do Fotoxornalista. Relación Fotógrafo / Editor / Redactor.
    6. Publicidade: Desaparición dos límites ente CGI e imagen real. Nova explosion creativa. Studium e Punctum
    7. Educación y Ciencia: A imagen como fonte de coñecemento. Ferramenta de estudo, cálculo e análise. Medio de difusión dos logros e avances da ciencia. Aplicacións tecnolóxicas e industriais.
    8. Relacións persoais: Álbums familiares e memoria colectiva. Redes sociais e comunicación a través de imagens. Concepto do público e o privado. Avatar e marca persoal.
    9. Ética e legalidade: Que se pode fotografar. Que se pode publicar. Que se debe publicar. Usos e abusos. Regulación do informador gráfico. Dereito á propia imagen. Propiedade intelectual. Creative Commons (CC).
    10. Imagen dixital: Definición. Formatos: Raw e JPG. Concepto de calidade e resolución. Medios de saída: impresión vs. Pantalla
    11. Tecnoloxías: Equipos fotográficos actuais: cámaras de fotos, móbiles e cámaras de vídeo. Transmisión: equipos e software de transmisión. Sistemas e métodos.
    12. Postprodución: Diferenciar entre postprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
    13. Edición: Saber escoller una imagen, contar unha historia. Importancia do formato de saída. Coñecer o contexto, historia e situación social na que convive a nosa fotografía.
    14. Revelado: Diferenciar entre postprodución e retoque. Revelado de arquivos Raw. Conceptos de temperatura de cor, luminosidade e contraste. Filtros de ruído e máscara de enfoque.
    15. Uso e arquivo: Medios de publicación de imagens, Calidade da imagen, arquivo e seguridade.

    Práctica

    1. Reportaxe: Realización dunha reportaxe fotográfica dalgunha das modalidades analizadas na clase: Informativa, publicitaria, documental, educativa ou científica. O alumno terá que deseñar e executar un proxecto fotográfico: escoller unha liña estética e argumental, realizar as fotografías, seleccionalas, editalas e xustificar as decisión tomadas.
    2. Edición: Sobre brutos de traballos, o alumno terá que tomar decisión sobre que imagen escoller para distintos contextos editoriais. Realizaranse diferentes exercicios nos que se simularán situación de edición reais.
    3. Postproducción: Utilizando unha serie de fotografías en formato Raw achegadas polo profesor, os alumnos terán que revelalas tendo en conta os diferentes usos desas imagens.
    4. Maquetación: Maquetarase unha selección de imagens para diferentes soportes, tanto impresos como dixitais.
    5. Difusión: Os materiais resultantes de todas as prácticas publicaranse en internet utilizando algunhas das múltiples plataformas gratuítas existentes.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica. Lecturas Obrigatorias
    - Caballo Ardilla, Diego (coord.) (2006): Fotoperiodismo y edición. Historia y límites jurídicos. Madrid, Universitas

    Bibliografía Complementaria. Lecturas Recomendadas
    - Ledo, M. (1998) Documentalismo Fotográfico Contemporáneo. Madrid, Cátedra.
    - Barthes, Roland (2009) La cámara lúcida. Barcelona, Editorial Paidós.
    - Foncuberta, Joan (2011) La cámara de Pandora. Barcelona, Editorial Gustavo Gill.
    - Ribalta, Jorge (ed.)( 2004) Efecto Real, debates posmodernos sobre fotografía. Barcelona, Editorial Gustavo Gill.
    - Foncuberta, Joan (2012) El beso de Judas, Fotografía y Verdad. Barcelona, Editorial Gustavo Gill.
    - Rosler, Martha (2007) Imágenes Públicas, la función política de la imagen. Barcelona, Editorial Gustavo Gill.
    - Baqué, Dominique (2003) La fotografía plástica. Barcelona, Editorial Gustavo Gill.
    - San Francisco Museum of Modern Art. Public Information (catálogo) (2007) Vitamin Ph: New Prespectives in Photography. Londres,Phaidon.
    - Webb, Jeremy. Diseño fotográfico (2011) Barcelona, Editorial Gustavo Gill.

    Competencias
    Capacitación do alumnado no manexo básico do instrumental fotográfico. Coñecemento das condicións que fixeron posible a ruptura fotográfica que xerou a aparición da contemporaneidad e o propio concepto de Fotografía Contemporánea. Revisión das diferentes correntes sobre as que a fotografía opera no momento presente, analizando os diferentes puntos de vista e formas que adopta.
    Metodoloxía da ensinanza
    Se ben a materia se divide en parte práctica e teórica, todos os puntos do temario terán unha compoñente práctica, xa que as referencias a exemplos e casos reais será continua durante toda a materia. Nas clases teóricas o alumno descubrirá o contido do temario a través de exemplos reais e un gran número de imagens. As fotografías estarán sempre presentes nas presentacións e o seu visionado e análise serán as base sobre a que se sustentará o labor didáctico.

    No caso dos seminarios, se ben segue a ser contido teórico, fomentarase de maneira moito máis activa a interacción do alumno coa exposición de problemáticas reais e reclamando a súa interacción na solución das mesmas.

    Nas prácticas en laboratorio os alumnos terán que enfrontarse persoalmente á toma de decisións que implica o uso profesional de fotografías na comunicación, sendo a figura do profesor de mero guía.

    Así, mentres que no apartado teórico búscase que o alumno comprenda a situación actual da fotografía e o seu uso nos diferentes medios de expresión nos que está presente, nos seminarios a materia céntrase en explicar as pautas básicas da linguaxe visual na fotografía, capacitando aos estudantes na futura toma de decisións que envolve o uso de fotografías nas comunicación.

    Nas horas de laboratorio o alumno aprenderá os aspectos técnicos que lle permitan desenvolver e adaptar a súas decisións sobre a imagen.

    Sistema de evaluación
    O alumno terá que demostrar as súas aptitudes na materia, tanto teórica como práctica da seguinte maneira:
    - Exame teórico
    Con preguntas baseadas no impartido nas clases de teoría (salvo que se indique o contrario na aula) e mailos contido do libros de lectura obrigatoria. Representa o 40% da nota final.
    - Traballos prácticos
    Realizaranse catro exercicios diferentes que engloben todo o aprendido nas horas de seminario e de laboratorio. Representan o 40% da nota.
    - Exercicios semanais
    20% da nota obtense realizando en tempo todos os breves exercicios semanias que se encargarán o alumno.

    Tempo de estudo e traballo persoal

    ACTIVIDADES ................ PRESENCIAL
    Clases Teóricas ..................24h
    Prácticas na Aula ................12h
    Prácticas no Laboratorio .......12h
    Exames ......................... 2h
    TOTAL ............................. 50h

    ACTIVIDADES ................ AUTÓNOMO
    ....................................... 100h

    TOTAL ..............................150h

    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno debe ter en conta que na materia é moi importante a asistencia a clase e a continuidade a hora de presentar os exercicios que semanalmente se encargarán.
    Durante a asignatura o alumno creará unha conta nun servicio de blogs específico e entregará todo o material a través de ese sistema.
    Non é preciso contar cunha cámara reflex para a asignatura.