Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041101 - Identidade cultural e sociedade da información (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OUTEIRIÑO GALLEGO, XOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 5OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer tópicos e debates contemporáneos sobre as funcións da comunicación de masas e os fluxos informativos na estruturación social e nas configuracións sociais contemporáneas.
    Analizar a preservación, diferencia, contacto e influencia entre culturas por medio da xeración, almacenamento e procesamento da información, nomeadamente de produtos audiovisuais.
    Contidos
    Estudo das relacións entre a sociedade da información e as culturas propias. Análise da preservación, da diferenza, influencia e contacto entre culturas por medio da xeración, almacenamento e procesamento da información, nomeadamente das Técnicas de Información e comunicación e, concretamente, no campo audiovisual. Deseño de estratexias para a colocación de produtos culturais nas redes da información.





    1ª parte.

    1. O concepto de sociedade da información.

    Sociedadade da información. Sociedade rede. Sociedade postindustrial.
    Cultura, medio e entorno técnico.


    2. A identidade cultural no proceso de globalización.

    Cultura e estrutura social. Cultura, comunidade e sociedade. Culturas territoriais e
    non territoriais. Cultura nacional e cosmopolitismo.
    Os conceptos de cultura de masas e industria cultural. Cultura de masas, consumo, compulsión e habitus. Cultura, estrutura e superestrutura.Cultura promocional. Clase, hexemonía e cultura transnacional.


    2ª parte.


    3. Identidade cultural e fluxos informativos.

    As nocións de centro e periferia. Crítica da nocións de centro e periferia na sociedade da información. As ideas de fluxo e policentrismo. Os espazos de fluxo e os espazos de lugares.
    A análise cultural segundo o modelo de fluxos. Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural. Crítica dos modelos de fluxos na análise cultural.


    4. Industria cultural e dominio político.

    Cultura, poder e emprazamento. Connectividade e actualidade. Memoria, acción e identidade. Temporalidade, reflexividade e identidade. Estrutura, comunidade e identidade.

    5. Información, actualidade e memoria


    As economías de signos e espazos. Emprazamento e cultura promocional.
    Campo social, dominación e violencia simbólica. Postmodernidade e tecnocultura.
    A noción de “artefactualidade” segundo Jacques Derrida. A tiranía do momento e os tempos sociais.

    6. A sociedade da información e os contactos culturais.

    Sincretismo cultural, hibridación e creoulización. Fomulariedade, serialidade e dominación compulsiva. Fluxos de comunicación unidireccionais e bidireccionais.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA Tema 1.
    Albrow, M.; Eade, J., Dürrschmidt, J. i Washbourne, N. (1997), “The impact of globalization on sociological concepts: community, culture and milieu” en Eade, J. (ed.) Living the Global City. Globalization as a local process. Londres, Routledge, pp. 20-36.
    Marcuse, P. (2003) “Despolitiza-la globalización: do neo-marxismo á sociedade rede de Manuel Castells”, A trabe de ouro, n. 56, pp. 33-57.
    Poster, M. (1997) “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o problema de retórica”, A trabe de ouro, n. 31 pp. 33-54.
    Tema 2.
    Adorno, T. W. (1998) “Resumo sobre a industria cultural”, A trabe de ouro, nº 34, pp. 63-68.
    Held, D. (2005) “National Culture, the Globalization of Communications, and the Bounded Political Community” a S. E. Bronner (ed.) Planetary Politics. Human Righs, Terror and Global Society, Oxford: Rowman and Littlefield.
    Kroeber, A. L. e Parsons, T.
    (1958) “The Concepts of Culture and Social System”, Sociological Review, n. 23, 1958, pp. 582-3.
    Schiller, H. I. (1991), “Not Yet the Post-Imperialist Era”, Critical Studies in Mass Communication, n. 8 (1), pp. 13-28.
    Tema 3
    Appadurai, A. (1990)“Disjuncture and difference in the global cultural economy”, Public Culture, 2 (2), pp. 1-24.
    Beynon, J. (2002) “Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural. Notas sobre a antropoloxía da cultura contemporánea”, A trabe de ouro, t. iii, a. xiii, nº 51, pp. 13-34.
    Hannerz, U. (1989) “Notes on the Global Ecumene”, Public Culture 1 (2), pp. 66-75.
    Outeiriño, M. (2002) “Medios de masas e homoxeneidade cultural”, A trabe de ouro, nº 51, pp. 35-67.
    Tema 4
    Ó Caollaí, M., “Dominación cultural en Europa: o caso de Irlanda”, A trabe de ouro, n. 71.
    Galimberti, U. (2006) “Cultura de masas e sentimento oceánico”, A trabe de ouro, nº 66, pp. 25-54.
    Giddens, A. (1991) Modernity and Self-Identity, Cambridge, Polity, pp. 1-9.
    (1994) “Living in a Post-Traditional Society” a Beck, U., Giddens, A. i Lash, S. Reflexive Modernization, Cambridge: Polity Press, pp. 56-109.
    Tema 5
    Beynon, J. (1999) “Globalización e postmodernismo”, A trabe de ouro, t. IV, a. X, nº 40, pp. 95-107.
    Jameson, F. (1984) “Postmodernism or the cultural logic of late capitalism”, New Left Review, n. 146, pp. 53-92.
    Huyssen, A. “Present Pasts: Media, Politics,Amnesia”, Public Culture vol. 12, n. 1, (2000), pp. 21-38.
    Williams, R. “Publicidade: o sistema máxico”, A trabe de ouro, n. 71.
    Tema 6
    Friedman, J. (1995) “Global System, Globalization and the Parameters of Modernity” a Featherstone, M., Lash, S. i Robertson, R. (eds.) Global Modernities, Londres: Sage, pp. 69-90.
    (1999) “The Hybridization of Roots and the Abhorrencce of the Bush” a Featherstone, M. i Lash, S., Spaces of Culture. City-Nation-World. Londres, Sage, 1999.
    Pieterse, J. Nederveen (1995) “Globalization as Hybridization” a Featherstone, M.; Lash, S. i Robertson, R. (eds.) Global Modernities, Londres: Sage.
    McBride, S. (1980) Un solo mundo, voces múltiples. Comunicación e información en nuestro tiempo, México: F.C. E./Paris, UNESCO.
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Giddens, A., Sociología. Madrid, Alianza, 2010.
    Outeiriño,M. (comp), Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.



    Competencias
    Coñecemento dos procesos económicos, políticos e comunicativos que inflúen no desenvolvemento das culturas a partir dos recursos da sociedade da información.
    Concepción de contextos amigables para a creación, producción e difusión de produtos audiovisuais nos mercados da sociedade da información. Estudo de estratexias, públicas e sectoriais, para o desenvolvemento da indentidade cultural na sociedade da información.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeria fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais sobre a sociedade da informaqción e a identidade cultural, con especial atención a algúns textos da bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
    Sistema de evaluación
    Haberá dúas notas: unha correspondente ós comentarios e ensaio e outra polo exame. A cualificación finbal obterase por media aritmética das dúas notas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    48 horas de traballo an aula (30 horas de aulas expositivas, 15 horas de debates e traballos condocumentos e 3 horas de exame final).
    102 horas de traballo persoal.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Convén ler canto antes a bibliografía básica dos dous temas primeiros, que constitúen o primeiro bloque, e consultar dúbidas e dificultades a tempo. Na fase de aulas de debate, é imprescidnidble a lectura regular dos artigos da bibliografía básica. Un bo recurso para optimizar a participación nos debates é elaborar resumos e esquemas dos contidos que se queiran cuestionar ou discutir na aula.