G3041102 - Fundamentos de economía da información (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar a o alumno de coñecementos básicos de economía , que calquera licenciado en CC. da Comunicación debería coñecer, incluso aqueles que, en principio, non pensan dedicarse a informar destes asuntos.
Contidos1. Introducción.
- ¿Qué é a Economía e de qué se ocupa?. Unha breve aproximación ao pensamento económico.
- Divisións da Economía.
- As cuestións económicas fundamentais.
2. A industria da comunicación audiovisual: aspectos microeconómicos básicos.
- A microeconomía: naturaleza e ámbito.
- Os axentes económicos.
- O comportamento do consumidor.
- A empresa e a producción.
- O funcionamento dos mercados.
3. A industria da comunicación audiovisual: aspectos macroeconómicos básicos.
- A Macroeconomía: obsectivos e instrumentos.
- As variables macroeconómicas. O PIB.
- Crecemento económico e desenvolvemento.
- O sector público.
- O sistema financeiro.
- O mercado de traballo.
- As relacións económicas co exterior.
4. A industria da comunicación audiovisual no contexto das economías actuais.
- Delimitación do sector.
- Os mercados de comunicación audiovisual: oferta e demanda.
- O sector en España e na UE.
- A intervención pública.
- A economía das empresas de comunicación audiovisual.
Bibliografía básica e complementaria(a) Básica.
González González, Manuel G. e outros. Introducción a la Economía. Pearson, 2009.
Vara Miguel, Alfonso. Economía básica para comunicadores. Eunsa, 2009 (3ª edición).
(b) Complementaria.
Alonso, José A. (director). Lecciones sobre economía mundial. Civitas. Edición 2011.
García Reche, Andrés. Elementos básicos de Economía (para no economistas). Tirant Lo Blanch. Valencia, 2003.
Gimeno , Juan e outros. Principios de Economía. McGraw-Hill. Edición 2008.
Mankiw, N.G. Principios de Economía. Thomson 2007.
VVAA. Lecciones básicas de Economía. Thomson, 2008.
Competencias- Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a nivel xeral.
- Coñecer a realidade económica internacional.
- Identificar, acceder e manexar fontes de información económica.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudios económicos.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia realizarase a través das seguintes actividades: clases teóricas, clases prácticas e titorías.
As clases teóricas corren a cargo do profesor e teñen como abxectivo a explicación dos aspectos básicos de cada tema incluído no programa, proporcionándolle ó alumno a información necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Estas exposicións irán acompañadas por un programa de clases prácticas, que permitan profundizar os conceptos e as técnicas de análisis empregadas nas distintas leccións.
Asemesmo, as titorías servirán para que os alumnos traballen en grupos reducidos, intentando resolver os problemas que o profesor pantexera e/ou plantexar dúbidas que a explicación do profesor lles suscitara.
Sistema de evaluaciónA evaluación levarase a cabo mediante a realización dun exame final. O exame consistirá nunha serie de preguntas obxectivas (preguntas test e/ou de resposta curta), sobre o temario desenvolto ó longo do curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoal(a) Traballo presencial do alumno.
– clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20.
– traballo con documentos: análises, síntesis e discusión: 5.
– seminario ou prácticas en clase: 15.
– titorías de traballos de curso: 2.
– actividades de evaluación: 3.
– exame final: 3.
– total horas traballo presencial: 48.
(b) Traballo persoal do alumno.
– estudio autónomo individual ou en grupo: 45.
– lecturas recomendadas: 15.
– preparación de presentacions orais, debates, etc: 10.
– planificación do seminario. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio: 20.
– total horas traballo persoal: 102.
– TOTAL HORAS: 150.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase ó alumno o seguimento continuado das clases presenciais, así como da bibliografia básica e complementaria sinalada pólo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera convinte consultar com frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas co obxectivo de familirizarse co uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade econômica obxecto de estúdio.
Por último, o uso das titorías debera suplir calquera tipo de problema que poda surxir ó longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.