G3041103 - Historia da comunicación audiovisual (Teoría e Historia dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA comunicación audiovisual nos séculos XX e XXI. Antecedentes históricos. Coñecementos e comprensión da comunicación audiovisual no marco xeral da historia da comunicación. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación audiovisual, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica, como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica da comunicación audiovisual en Galicia.
ContidosTema I. A incorporación do cinema á historia das representacións visuais (i)
• Desenvolvemento de instrumentos ópticos
• O espectáculo de feira
• Os primeiros modelos de representación fílmica
Tema II. A incorporación do cinema á historia das representacións visuais (ii)
• A incorporación do cinema sonoro
• A incorporación da cor
• Pantalla ancha, tridimensionalidade e son estereofónico
• Os Estudios e a Vangarda. As escolas americana, europeas e xaponesa
• A animación
• A incorporación da estética do videoxogo e de entornos virtuais
Tema III. A irrupción da radiodifusión sonora no panorama mediático
• A Corporación de Radio Americana
• A Radio en Gran Bretaña
• O medio radiofónico como medio propagandístico nos períodos bélicos
• A diversificación dos sistemas radiofónicos
• Incorporación de innovacións tecnolóxicas e dixitalización
Tema IV: Os primeiros sistemas electrónicos: a chegada da televisión
• As emisións dende a BBC: os comezos
• A incorporación da cor
• A animación e a televisión
• A televisión independente
• As cadeas americanas e os índices de audiencias
Tema V: As incesantes incorporacións de innovacións tecnolóxicas
• A incorporación do vídeo doméstico
• A televisión por cable e por satélite: a multiplicación das vías de difusión
• A HDTV e a dixitalización do medio
Bibliografía básica e complementaria3.1. Bibliografía básica
- Gil, Fátima; Segado, Francisco (2011): Teoría e historia de la imagen, Madrid, Síntesis.
- Martín Arias, Luis (2009): En los orígenes del cine, Valladolid, Ediciones Castilla.
- Wyver John (1992): La imagen en movimiento. Aproximación a una historia de los medios audiovisuales, Valencia, Filmoteca de la Generalitat Valencia.
3.2. Bibliografía complementaria
- Albert, Pierre (1982): Historia de la radio y la televisión, México, Fondo de Cultura Económica.
- Balsebre, Armand (2002): Historia de la radio en España, Madrid, Cátedra.
- Cousins, Mark (2011): Historia del cine, Barcelona, Blume
- Faus, Ángel (1995): La era audiovisual: historia de los primeros cien años de la radio y la televisión, Barcelona, Ediciones Internacionales Universitarias.
- Gutiérrez Espada, Luis (1982): Historia de los medios audiovisuales, Madrid, Pirámide.
- Sala, Ramón (2007): Introducción a la historia de los medios: consideraciones teóricas básicas sobre la historia de los medios de comunicación de masas, Bellaterra, Universitat Autònoma de Barcelona.
Competencias• Identificación e coñecemento da imaxe e o son (e das súas combinacións posibles) tanto na súa perspectiva histórica como na construción simbólica das sociedades contemporáneas.
• Coñecemento e identificación das distintas etapas que configuran a comunicación audiovisual, sobre todo nas sociedades desenvolvidas de carácter postindustrial, no marco do que se denomina Sociedade da Información e o Coñecemento.
• Coñecemento e identificación dos principais momentos da historia da comunicación audiovisual, referida tanto ás distintas especializacións da mesma (información, formación, entretemento, propaganda, publicidade, multimedia, etc.) como no marco específico en que esta se desenvolve: Galicia, España, Europa, Occidente, globalización.
• Identificación dos grandes momentos, experiencias significativas, teorías, personalidades, formas organizativas e feitos relevantes para unha completa historia do fenómeno audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza A materia abordarase mediante o desenvolvemento dos temas en que esta se organiza. Para cada un dos temas recomendarase, así mesmo, ao alumno a lectura dalgún texto breve. De tal xeito que se destinará unha sesión semanal a debater a cuestión ou cuestións máis relevantes proposta/s ao longo do tema en cuestión, para o cal a citada lectura será imprescindible.
Sistema de evaluaciónRealización dun exame ao final do cuadrimestre.
Tempo de estudo e traballo persoal7.1. Traballo presencial do alumno. Total horas: 48
a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
b. Traballos con documentos: análise, síntese e discusión: 15 horas.
c. Exame final: 3 horas
7.2. Traballo persoal do alumno. Total horas: 102
d. Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
e. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
f. Lecturas recomendadas: 25 horas
g. Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 horas