Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041104 - Institucións políticas e movementos sociais (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencia Política e da Administración
  • Áreas: Ciencia Política e da Administración
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO RIVAS, JOSE LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    SOBRE A MATERIA DE ESTUDIO E DE EXAMEN.
    Este Programa determina os contidos e a pauta pedagóxica da asignatura de Institucións políticas e movementos sociais, correspondente ao grao de Comunicación Audiovisual.
    Dada a súa estructura –coas súas definicións temáticas e acotacións bibliográficas- o Programa constitue un instrumento esencial para o estudio e a preparación da asignatura levada a cabo polo alumno de forma persoal e responsable, sin que poida entenderse que as esixencias finais queden limitadas polo desenvolvemento efectivo das explicacións desenvolvidas nas clases presenciais.
    Lonxe de reducirse a unha mera transferencia de saberes, a formación universitaria implica unha actividade intelectual do propio alumno, que inclue o uso normal de libros ou obras fundamentais, a familiaridade con certos autores, a capacidade de programar o tempo de estudio e de salientar e sistematizar os contidos relevantes, así como a habilidade para expresar os coñecementos e relacionalos con feitos e circunstancias do propio entorno social.
    Por eso se entende que o alumno está obrigado a ordenar o seu traballo de tal forma que lle permita abranguer a totalidade dos contidos programados, considerando que o resultado final da súa formación depende, non somentes da actividade realizada nas aulas, senon tamén do estudio e da lectura que debe levar a cabo, sistemáticamente, ao longo do curso.
    Rematado o período lectivo correspondente a esta materia, o alumno debe ter nocios básicas sobre a historia das institucións, e estar familiarizado co concepto de institución e co seu uso e función na estructura da democracia e nos procesos de participación.
    Tamén debe estar familiarizado co concepto de acción social e coa conformación dos movementos sociais e políticos contemporáneos.

    Contidos
    TEMA I.

    A teoría institucional en Ciencia Política. Institucións internacionais e poder estatal. Enxeñería constitucional comparada. A acción social. Os grupos de acción social na moderna xestión pública. Os movementos políticos e sociais contemporáneos.

    TEMA II.

    A estructura territorial do Estado español: formulación constitucional, desenvolvemento político e propostas de revisión. A Unión Europea en proceso constituinte. O efecto da crise económica 2008-2012 no desenvolvemento normativo e institucional da UE. O papel da UE na construcción dun pluralismo e dun policentrismo internacional. A economía “euro” no contexto mundial.

    TEMA III.

    A democracia global: concepto e construcción. A crise da ONU a comezos do século XX: causas, consecuencias. A globalización: aspectos políticos, económicos e culturais. Os movimentos anti-globalización. A crise do sistema financeiro en 2008.

    TEMA IV.

    O fenómeno da guerra a comezos do século XXI: Aspectos técnicos, xurídicos e políticos. Un visión histórica da violencia bélica e das súas causas. O terrorismo entendido como “casus belli”. A reposición do dereito de guerra como fío conductor da política internacional. O rearme nuclear e a ruptura do equilibrio armado: India, Pakistán, Irán e Corea do Norte. Cara unha reconstrucción dos equilibrios estratégicos. A emerxencia do ecopacifismo como movemento político

    TEMA V.

    Os novos marcos teóricos da política: O feminismo e as súas diferentes manifestacións. A ecología como marco da acción política. O protocolo de Kyoto e as súas consecuencias. Os movementos migratorios. A inmigración na Unión Europea.

    TEMA VI.

    America Latina: radiografía dunha crise interminable. As guerras de baixa intensidade e os seus efectos sobre as sociedades modernas.

    TEMA VII.

    A influencia das relixións monoteístas na definición dos marcos políticos contemporáneos. A cuestión do fundamentalismo. As ideas do choque e da alianza de civilizacións: definición e alcance. Os movementos políticos e sociais no mundo islámico: Túnez, Libia, Exipto, Siria. O concepto de ética global e a súa relación co pluralismo religioso.

    TEMA VIII.

    O rexurdir económico do Extremo Oriente. Especial referencia a China.

    TEMA IX.

    O terceiro mundo. Os conflictos esvaídos. Os Estados invisibles. A fame, a dictadura, a violencia e a miseria no contexto político internacional: a crise mundial vista dende a outra orela.

    Bibliografía básica e complementaria
    Alcántara, M. (1999): Sistemas políticos de América Latina (2 vol.). Madrid: Tecnos.
    Bailey, P. J. (2002): China en el siglo XX. Barcelona: Ariel.
    Barber, B. R. (2004): El imperio del miedo. Guerra, terrorismo y democracia. Barcelona: Paidós.
    Barreiro Rivas, X. L. (2004-2ª ed.): A terra quere pobo. Vigo: Galaxia.
    Barreiro Rivas, X. L. (2006): As inxurias da guerra. O que Bush non sabía pero eu sí. Vigo: Xerais.
    Beck, U. (2004): Poder y contrapoder en la era global. Barcelona: Paidós.
    Campa Butrón, H. (1997): Cuba, los años duros. Barcelona: Plaza & Janés / Puebla: Mundo Color Gráfico.
    Cavarozzi, M. (1984): Autoritarismo y democracia (1955-1996): la transición del estado al mercado en la Argentina. Buenos Aires: Ariel.
    Dahrendorf, R. (1976): En defensa de la Unión Europea. Madrid: Tecnos.
    Ellacuría, I. (1991): Veinte años de historia en El Salvador (1969-1989): escritos políticos. San Salvador: UCA Editores.
    Gershman, C. (2000): El papel de Africa en el movimiento global por la democracia. En: Correspondencia, La. -- N. 6 (2º semestre 2000) ; p. 40-49.
    Gurtov, M. (1990): Política humanística global. Barcelona: Ediciones Pomares-Corredor.
    Habermas, J. (1989): El discurso filosófico de la modernidad. Madrid: Taurus.
    Held, D. (1997): La Democracia y el orden global: del Estado moderno al gobierno cosmopolita. Barcelona: Paidós.
    Higueras, G. (2003) China: la venganza del dragón. Barcelona: Atalaya (Península).
    Huntington, S. P. (2001): El choque de civilizaciones y la reconfiguración del orden mundial. Barcelona: Paidós.
    Huntington, S. P. (2004): ¿Quiénes somos? Los desafíos de la identidad nacional estadounidense. Barcelona: Piados.
    Inglehart, R. (1991): El cambio cultural en las sociedades industrializadas avanzadas. Madrid: CIS/Siglo XXI, nº 121.
    Kaldor, M. (2001): Las nuevas guerras. Violencia organizada en la era global. Barcelona: Tusquets Editores.
    Keating, M. (1996): Naciones contra el Estado. Barcelona: Ariel.
    Kennedy, P. (1994): Auge y caída de las grandes potencias. Barcelona: Plaza & Janés Editores.
    Kepel, G. (2002): La Yihad. Expansión y declive del islamismo. Barcelona: Península.
    Kroes, R. (2002): Europa frente a Norteamérica. Madrid: Cátedra
    Küng, H. (2000): Una ética mundial para la economía y la política. México: Fondo de Cultura Económica.
    Mann, M. (2004): El imperio incoherente. Estados Unidos y el nuevo orden internacional. Barcelona: Paidós.
    Medvedev, R. (2004): La Rusia post-soviética. Barcelona: Paidós.
    Ortega Carcelén, M. (2006): Cosmocracia: Política global para el siglo XXI. Madrid: Editorial Síntesis.
    Redorta, J. (2004): Cómo analizar los conflictos. La tipología de los conflictos como herramienta de mediación. Barcelona: Paidós.
    Rifkin, J. (2004): El sueño europeo. Cómo la visión europea del futuro está eclipsando el sueño americano. Barcelona: Paidós.
    Sartori, G. (1988): Teoría de la democracia (2 vol). Madrid: Alianza Editorial.
    Soros, G. (2002): Globalización. Barcelona: Planeta.
    Szulc, T. (1986): Cuba: de la utopía al desencanto. México: Universidad Autónoma del Estado de México.
    Touraine A. (1989): América Latina: política y sociedad. Madrid: Espasa.
    Walzer, M. (2004): Reflexiones sobre la guerra. Barcelona: Paidós.
    Wilheim, H. (1995): La opción por la democracia: democracia cristiana y desarrollo político en Chile 1994-1995. Santiago (Chile): Honrad Adenauer Stiftung.
    Yehya, N. (2004): Guerra y propaganda. Barcelona: Paidós.

    Competencias
    Os alumnos que cursen esta asignatura deberán ser competentes para analizar a realidade social con criterios técnicos e para expoñela -ou comunicala- mediante resumos de alta calidade expositiva auxiliada polas técnicas de comunicación audiovisual.
    Para eso celebraranse sesións de exposición práctica que permitirán unha avaliación continuada do proceso de formación.
    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento das clases presenciais adaptarase en todo ao modelo de evaluación escollido (ver apartado seguinte). Dita adaptación pode incluir o cambio de horas lectivas por actividades de estudio en grupo, a acumulación de clases para lograr espazos de exposición máis amplos, e mesmo a impartición das clases en lugares adecuados para a realización de tarefas relacionadas cos medios audiovisuais.
    As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeral da asignatura.
    As titorías e clases prácticas servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver a cuestións persoais que os alumnos necesiten plantexar.
    A asistencia ás clases é obrigatoria, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. O profesor fará controis de asistencia, diarios ou aleatorios, e aplicará os seus resultados á cualificación.
    Sistema de evaluación
    A base principal para a evaluación da asignatura será a realización e exposición dun traballo académico no que se valorará o coñecemento xeral da materia, os aspectos formales da súa presentación (bibliografía, estructura e índice, información gráfica, fontes e investigacións realizadas polo propio grupo), e a exposición pública en horario lectivo. Tamén se valorará a orixinalidade dos soportes utilizados para a exposición, e o enfoque xeral do mesmo.
    Os alumnos formarán grupos de traballo de acordo coas súas preferencias, para elaborar e presentar un estudio sobre cada tema dos propostos. No caso de que un grupo deséase abordar outro tema, ou adoptar outro enfoque, deberá consultalo co profesor.
    Os grupos terán unha composición entre un mínimo de 4 e un máximo de 7 persoas.
    Os traballos realizados serán expostos na clase, e serviránlle ao profesor como base para a docencia. A asistencia ás sesións de exposicións é obligatoria, e ten a mesma función evaluadora e os mesmos mecanismos de control que as clases maxistrais do profesor
    As exposicións deberán realizarse nun tempo máximo de 100 minutos.
    Compoñentes da avaliacióin:
    a) Asistencia ás clases: 40 % (ata 4 puntos). Cando a asistencia non alcance 1,5 puntos (as incidencias especias deben tratarse co profesor), non se poderá superar a materia.
    b) Realización e exposición de traballos: 40 % (ata 4 puntos)
    c) Examen final -se o houbera-: 20 % (ata 2 puntos). Se tódolos alumnos matriculados se incorporan aos grupos de traballo e culminan a súa exposición, ésta poderá substituir ao examen final, e acumular o seu valor (20 %) aos outros criterios de avaliación: un 10 % á asistencia (que pasaría a representar o 50 %), e outro 10 % ao traballo, que representará o restante 50 %.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis do traballo asignado en horas presenciais, titorías prácticas, o alumno precisará 80 horas de traballo persoal, que debe programar ao longo do cuadrimestre en consonancia co ritmo e as tarefas do ensino presencial.