Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041105 - Documentación audiovisual (Tecnoloxías dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
OTERO LÓPEZ, MARÍA LUÍSA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Incidencia da documentación no proxecto audiovisual. Formas e ferramentas de acceso e uso das principais bases e fondos documentalei. Estudo e análise dos sistemas de documentación utilizados para a elaboración do guión e a construcción de personaxes (BOE).
    Saber e comprender o significado da documentación audiovisual tanto en soportes analóxicos como dixitais. Deseñar e pór en práctica mecanismos que permitan xestionar documentos útiles para a elaboración do proxecto audiovisual. Establecer fórmulas de contraste e valoración das fontes a través da recuperación de documentos.

    Contidos
    Tema 1. Introducción á documentación
    1.1 Concepto de documentación
    1.2 Orixe e desenvolvemento histórico
    1.3 Documento. Orixe e evolución
    1.4 Tipoloxía documental e soportes

    Tema 2. Documentación audiovisual
    2.1 Definición e características
    2.2 Documento audiovisual. Características
    2.3 Principios da documentación audiovisual
    2.4. Sistemas de documentación audiovisual

    Tema 3. A sociedade da información e do coñecemento
    3.1. Definición. Características. Instrumentos
    3.2. Internet y la World Wide Web. Evolución y significado
    2.3. Dato, información e coñecemento. Relacións e fins
    2.4. Funcións da documentación e dos documentalistas no novo contexto.

    Tema 4. Aproximación á investigación científica
    4.1. Obxecto da investigación
    4.2. Estrutura e fases do traballo
    4.3. Formas de citación das referencias bibliográficas
    4.4. Resultados da investigación e difusión

    Tema 5. As fontes documentais.
    5.1 Concepto de documento e fonte de información
    5.2 Clasificación e tipoloxía
    5.3 Funcións e proceso de selección de fontes. Avaliación
    5.4 Fontes audiovisuais. Xeralistas e especializadas

    Tema 6. A cadea documental e as súas fases.
    6.1 Sistemas de organización do coñecemento
    6.2 Identificación. Entrada
    6.3 Tratamento e análise documental
    6.4 Difusión e recuperación da información

    Tema 7. A documentación dixital
    7.1 Características da documentación multimedia
    7.2 Almacenamento e recuperación
    7.3 Soportes e formatos dixitais
    7.4 Produtos e servizos

    Tema 8.Documentación e recuperación de contidos na rede
    8.1 Ferramentas e a súa evolución
    8.2 Estratexias de busca, recuperación e selección
    8.3 Documentación especializada
    8.4 Internet invisible e formas de localización

    Tema 9. Tratamento de fontes na World Wide Web
    9.1 Clasificación e indización
    9.2 Métodos de avaliación dos recursos
    9.3 Criterios de avaliación do material dixital
    9.4 Dicotomía entre calidade e cantidade

    Tema 10. Documentación en televisión
    10.1 Caracterísiticas e significado
    10.2 Materiais documentais: escritos, sonoros e iconográficos
    10.3 Análises dos documentos
    10.4 Documentación informativa, ficción e especialización programática

    Tema 11. Centros de documentación audiovisual
    11.1 Organización, estrutura e función (arquivos)
    11.2 Necesidades e usuarios. Identificación das tarefas da análise documental
    11.3 Centros de documentación das empresas televisivas (nacionais, autonómicas, locais)
    11.4 Filmotecas e outros servizos

    Tema 12. Documentación gráfica e sonora
    12.1 Concepto e función
    12.2 Tipos e linguaxes
    12.3 Dixitalización e xestión
    12.4 Catalogación e indización iconográfica e sonora

    Tema 13. Documentación cinematográfica
    13.1 Definición, características e usos
    13.2 Cinema e evolución de soportes
    13.3 Formas e métodos documentais
    13.4 Criterios de busca e selección

    Tema 14. Documentación publicitaria
    14.1 Documento y documentación publicitaria.
    14.2 Organización del centro de documentación de agencia de publicidad.
    14.3 Empresas de documentación publicitaria
    14.4 Bases de datos y acceso de la documentación publicitaria en Internet

    2.2. Contidos prácticos
    Ao longo do cuadrimestre, o alumnado deberá realizar entre oito e dez traballos prácticos, relacionados có ámbito audiovisual e interactivo. O obxectivo xeral céntrase no uso da documentación e dos documentos para a construcción de distintas modalidades de relatos e para a análise de materiais diversos. En cada proposta, valorarase primordialmente a selección, avaliación, recuperación das fontes así como o uso e plasmación da información específica que se obtivo das mesmas. Ademais, ao establecerse uns criterios axeitados para cada práctica, teráse en conta a adecuación a esos criterios, as aportacións novidosas e mesmo a presentación formal.

    2.1 Ideación dunha curta de ficción
    2.2 Análise documental dunha tertulia televisiva ou radiofónica
    2.3 Ideación dunha reportaxe televisivo ou radiofónico
    2.4 Análise dos servizos das webs de televisións ou radios
    2.5 Ideación dun documental
    2.6 Análise documental dunha película
    2.7 Análise documental dun anuncio publicitario
    2.8 Análise documental de recursos fotográficos

    A estas propostas poderánse incorporar iniciativas do alumnado, sempre e cando haxa un acordo xeral e se adaptan aos obxectivos e competencias da materia.

    Bibliografía básica e complementaria
    3.1 Bibliografía básica
    Caridad Sebastián, Mercedes; Hernández Pérez, Tony; Rodríguez Mateos, David e Pérez Lorenzo, Belén: Documentación audiovisual. Nuevas tendencias en el entorno digital, Madrid, Síntesis, 2011.
    Giménez Rayo, Mabel: Documentación audiovisual de televisión: la selección del material, Gijon, Trea, 2007.
    López Hernández, Ángeles: Introducción a la documentación audiovisual, Sevilla (Tocina), S&C Ediciones, 2003.
    López Yepes, Alfonso (dir.): El cine en la era digital: aplicaciones de la documentación cinematográfica (1992-2005), Madrid, Fragua, 2006.
    Nuño Moral, María Victoria: Documentación en el medio radiofónico: hacia un entorno digital, Madrid, Síntesis, 2007.
    Valle Gastaminza, Félix del: Manual de documentación fotográfica, Madrid, Síntesis, 1999.

    3.2 Bibliografía complementaria
    Abad García, María Francisca: Evaluación de la calidad de los sistemas de información, Madrid, Síntesis, 2005
    Abadal Falgueras, Ernest: Sistemas y servicios de información digital, Gijón, Trea, Barcelona, Edicions de la Universitat de Barcelona, 2001
    Caldera Serrano, Jorge e Mª Victoria Nuño Moral: Diseño de una base de datos de imágenes, Gijón, Trea, 2004.
    Carrizo Sainero, Gloria; Irureta-Goyena Sánchez, Pilar y López de Quintana Sáenz, Eugenio: Manual de fuentes de información, Madrid, Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, 2000
    Cordón García, José Antonio [et al.]: Las nuevas fuentes de información: Información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0, Barcelona, Pirámide, 2010
    Iglesias Franch, David: La fotografía digital en los archivos: qué es y cómo se trata, Gijón: Trea, 2008
    López Yepes, Alfonso: Manual de documentación audiovisual, Pamplona, Eunsa, 1999.
    López Yepes, José: La sociedad de la documentación: seis calas en el ámbito de la Teoría de la Documentación, del documento y de las fuentes de información, Madrid, Fragua, 2011
    López Yepes, José (coord): Manual de Ciencias de la Documentación, Madrid, Pirámide, 2002.
    Marcos Recio, Juan Carlos (coord.): Gestión de la documentación en la publicidad y en las relaciones públicas, Madrid, Síntesis, 2004.
    Marcos Recio, Juan Carlos: La Documentación electrónica en los medios de comunicación, Madrid, Fragua, 1999
    Martín Vega, A.: Fuentes de información. Estudios teórico-prácticos, Madrid, Trea, 1996.
    Moreno Gallo, Miguel Ángel: Manual de documentación para la comunicación, Burgos, Universidad de Burgos, 2009
    Moreiro, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra, 2000.
    Palomares Perraut, Rocío y Gómez Camarero, Carmen: Fuentes de información de publicidad y comunicación audiovisual, Málaga, Universidad de Málaga, 2002
    Sánchez Vigil, Juan Miguel: El documento fotográfico: historia, usos y aplicaciones, Gijón, Trea, 2006
    Rubio Lacoba, María: Documentación informativa en el periodismo digital, Madrid, Síntesis, 2007.
    Torres Ramírez, I.: Las fuentes de información. Estudios teórico-prácticos, Madrid, Síntesis, 1998.
    Tramullas, Jesús (coord.): Tendencias en documentación digital, Gijón, Trea, 2006
    Tramullas Saz, Jesús y Mª Dolores Olvera Lobo: Recuperación de la información en Internet, Madrid, Ra-Ma, 2001.

    Competencias
    Deseñar e por en práctica mecanismos que permitan xestionar documentos útiles para a elaboración de calquera proxecto audiovisual e multimedia.
    Establecer fórmulas de contraste e valoración das fontes a través da recuperación de documentos.
    Manexo de internet como instrumento para acceder ás bases de datos documentais.
    Desenvolver aquelas habilidades que permitan eficacia na análise documental, selección, almacenamento e recuperación da información (BOE).
    Habilidades para deseñar e pór en marcha criterios, técnicas e mecanismos que permitan a xestión de documentos rigurosos e fiables para a elaboración de calquera proxecto audiovisual e multimedia.
    Desenvolvemento de habilidades e destrezas que proporcionen unha axeitada interpretación dos recursos e a súa significación.
    Capacidade para buscar, selecionar e sistematizar calquera tipo de documento audiovisual para o seu uso, empregando métodos e instrumentos dixitais, así como calquera outro soporte.
    Adquisición de coñecementos dos aspectos tecnolóxicos e de xestión relacionados con todos os servizos integrados na produción audiovisual e interactiva. Ademais de desenvolver actitudes como iniciativa, evolución, crítica, discernimento, toma de decisións, creatividade, indagación, síntese, valoración, asociación, coordinación, execución, rapidez, resolución e traballo en equipo



    Metodoloxía da ensinanza
    A parte teórica desenvolverase a través de explicacións orais que se basearán na lectura previa de documentos por parte do alumnado e, polo tanto, centraránse nas necesidades que o colectivo de estudiantes apunte na posta en común de cada asunto que contempla o programa. Trátase de que o alumnado interveña coas preguntas, comentarios, dúbidas e aportacións que lles suxiran os documentos que deben revisar e así abordar as ideas xerais do temario como un proceso de intercambio participativo grupal.
    A importancia da interacción verase tamén reflexada nos debates, que se convocarán, unha vez ao mes, sobre aspectos vencellados coa documentación e o entorno audiovisual. O alumnado prepara documentalmente os contidos para expoñelos e confrontalos nunha ou en dúas sesións
    Contémplase tamén a posibilidade de visitar algún centro de documentación relevante ou que representantes deses centros poidan compartir as súas experiencias na propia aula, buscando vías de colaboración entre os profesionais e o alumnado.
    O alumnado, individual e/ou por grupos, deberá manexar e xestionar bitácoras e/ou wikis, así como impulsar a creación de espazos nas redes sociais, que faciliten a comunicación, a colaboración e o intercambio de información entre todos os membros da clase.
    A carga práctica da materia desenvolveráse nunha aula equipada con ordenadores, como instrumento para plasmar os aspectos teóricos que se analicen previamente.
    Sempre se valorará a participación activa do alumnado, as aportacións críticas e argumentadas e as iniciativas persoais e suxestións continuadas. O obxectivo é que os aspectos analizados desde o ponto de vista teórico poidan ser aplicados de xeito concreto nos exercicios prácticos. A idea é que o alumnado ou equipo poida resolver un problema ou respostar unha pregunta que forme parte de situacións reais do entorno no que se move. Así, unha vez dispoña dos coñecementos teóricos axeitados que conforman o perfil da materia, o alumnado estea capacitado para realizar un diagnóstico e propor a resolución do problema ou ofrecer a resposta ó interrogante. Polo tanto, a análise de casos específicos, a realización de proxectos propios, de xeito individual ou en equipo, entre outros, integrarán as actividades prácticas de aprendizaxe.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación final concurrirán un exame teórico, lectura de textos e exercicios prácticos realizados en clase, de xeito individual e en equipo.
    Cada quince días, máis ou menos, o alumnado deberá presentar un traballo práctico. Os tempos pódense ampliar ou reducir, dependendo da complexidade de cada tarea proposta.
    Para presentarse ao exame final, o alumnado terá superadas todas as prácticas.
    Para poder superar a materia o alumnado terá que ter aprobadas tanto a parte teórica como a parte práctica. O exame constará de 10 preguntas curtas, que se valorará cun punto cada resposta correcta, ou un cuestionario de resposta múltiple, de 30 preguntas. O tempo dedicado a este apartado non superará os 90 minutos.
    Na avaliación sempre se valorará a participación activa do alumnado, as aportacións críticas e argumentadas, e as iniciativas persoais e suxestións frecuentes. Estar atento ó desenvolvemento do proceso de traballo, ter iniciativa e manter unha interacción activa e continuada.
    A parte práctica representa o 50 por cento da nota.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudos presencial do alumnado é de 51 horas
    O tempo de traballo persoal é de 99 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Sempre se valorará a participación activa do alumnado, as aportacións críticas e argumentadas e as iniciativas persoais e suxestións. Tamén se incluirá a interacción nos espazos como bitácoras, Wikis ou os medios sociais creados en torno a la asignatura. Estar atento ó desenvolvemento do proceso de traballo, realizar las tareas que se vayan proponiendo, ter iniciativa e manter unha participación activa.
    Importante que sempre pregunte, consulte e se informe antes de tomar unha decisión que non estivese contemplada na marcha do traballo. O alumnado ten que confirmar a información que necesita para a realización dos cometidos propostos.
    Deberá manexarse ben pola rede