Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041106 - Dereitos da comunicación e da autoría (Estructura e políticas de comunicación audiovisual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
REQUEIXO SOUTO, XAIME MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Introducir ao estudante nos coñecementos xurídicos básicos sobre o dereito de autor, necesarios para o exercicio profesional no sector da comunicación audiovisual.
    - O estudante debe desenvolver a súa capacidade discursiva, crítica e de argumentación básica desde unha perspectiva xurídica.
    - O estudo en concreto de aspectos prácticos dos dereitos da comunicación e da autoría.


    Contidos
    A materia divídese en dous bloques. Os primeiro é instrumental (20% do contido) e o segundo contén a parte esencial da materia (80% do contido).

    No primeiro, dedicado ao estudo do dereito como fenómeno social, trátase de familiarizar ao alumno co feito xurídico. As catro primeiras leccións levan o mesmo fío condutor e dun xeito moi sinxelo proporcionan ferramentas de linguaxe e de técnica xurídica moi básicas para comprender o resto do programa. Xa a lección 5 entra de cheo nun dos temas que máis conflitos levou aos tribunais: os dereitos fundamentais.

    O segundo bloque presenta o contido esencial da materia: o fenómeno da autoría e a comunicación audiovisual. Nas sete leccións que o compoñen, trátase de achegar ao futuro Graduado en Comunicación audiovisual ao dereito de autor, para que poida manexar as potencialidades xurídicas do mesmo en canto autores de creacións audiovisuales ou produtores, xestores das mesmas.




    Parte I. APROXIMACIÓN AO ESTUDO DO DEREITO COMO FENÓMENO SOCIAL.

    Lección 1. A EXPERIENCIA XURÍDICA
    O Dereito como instrumento de control social. Dereito e poder.
    Dereito e Moral.
    Dereito e Xustiza.
    O Estado de Dereito.
    Dereito obxectivo e dereito subxectivo.

    Lección 2. O ORDENAMENTO XURÍDICO.
    A norma xurídica. Características e tipos de normas.
    A idea de sistema xurídico. O ordenamento como sistema.
    Dereito público e Dereito privado.
    Dereito estatal, Dereito autonómico, Dereito comunitario e Dereito internacional.

    Lección 3. A CREACIÓN DO DEREITO.
    A idea de fonte do Dereito.
    A estrutura territorial do Estado español. As Comunidades Autónomas.
    O Dereito legal. Os Parlamentos. A Constitución, os Estatutos de Autonomía e a Lei. O caso do Estatuto valenciano e do catalán.
    Dereito xudicial. O labor do Tribunal Constitucional como ente creador de normas.
    O Dereito comunitario.

    Lección 4. A INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN DO DEREITO.

    A interpretación das normas.
    O proceso de aplicación. A argumentación xurídica.
    Os tribunais de Xustiza. Estrutura e funcionamento.

    Lección 5. OS DEREITOS FUNDAMENTAIS E AS LIBERDADES PÚBLICAS.
    Os dereitos fundamentais na Constitución: estrutura, función, contido e protección.
    A liberdade de información e a liberdade de expresión.
    Os seus límites. A tutela civil do dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe. A protección penal: os delitos de calumnias e inxurias.
    A protección de datos de carácter persoal.
    O dereito de rectificación.
    Dereito de autor versus dereitos fundamentais.
    Caso Paquirri, caso Isabel Preysler, caso Urdaci.


    Parte 2 - DEREITOS DE AUTOR E AFÍNS NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

    Lección 6 - DEREITO DE AUTOR
    Orixe e características xerais.
    Suxeito: obras en colaboración, colectivas e compostas.
    Obxecto.
    O deseño industrial.
    Dereito de autor e marcas. O merchandising.

    Lección 7 - CONTIDO
    Os dereitos morais (caso Pablo Serrano, o caso Calatrava).
    Os dereitos patrimoniais.
    Outros dereitos.

    Lección 8 - TRANSMISIÓN
    Transmisión mortis causa.
    Transmisión ínter vivos: regras xerais.
    A contratación de dereitos. Especial referencia á contratación no contorno audiovisual.

    Lección 9 - AS OBRAS CINEMATOGRÁFICAS E AUDIOVISUAIS NA LEXISLACIÓN DE PROPIEDADE INTELECTUAL

    Lección 10. DEREITOS AFÍNS
    Artistas intérpretes ou executantes.
    Produtores de fonogramas.
    Produtores de grabaciones audiovisuales.
    Entidades de radiodifusión.
    Realizadores de meras fotografías.
    Editores de determinadas producións.
    Dereitos sui géneris sobre as bases de datos.

    Lección 11 . PROTECCIÓN DOS DEREITOS DE AUTOR E AFÍNS
    Accións civís e penais.
    O Rexistro da Propiedade Intelectual.
    Símbolos ou indicacións da reserva de dereitos.
    As entidades de xestión dos dereitos de autor.

    Lección 12. LEI DO CINEMA
    Características xerais.
    As obras audiovisuais: clases, nacionalidade e cualificación.
    Os autores: os creadores e outros intervintes.
    Produción, distribución e exhibición. A cota de pantalla.
    Medidas de fomento.
    Réxime sancionador.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    GARCÍA RUBIO, M.ª P., Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona, 2002
    ROGEL VIDE, C., e ESPÍN ALBA, I., Persona, Reus, Madrid, 2008
    ROGEL VIDE, C., e SERRANO GÓMEZ, E., Derecho de Autor, Reus, 2008
    VVAA, La Ley del Cine y el Derecho de Autor (coord. IGLESIAS REBOLLO, C.), Reus, Madrid, 2008


    Bibliografía complementaria

    SAIZ GARCÍA, C., Obras audiovisuales y derechos de autor, Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2002.
    VVAA, Comentarios a la Ley de Propiedad Intelectual (dir. RODRIGUEZ TAPIA), Thomson-Civitas, Cizur Menor (Navarra), 2007.
    Competencias
    - Comprensión e análise dos conflitos entre liberdade de creación audiovisual e dereitos subxetivos.
    - Coñecer o marco lexislativo no que se desenvolve a creación e a industria audiovisual.
    - Coñecemento da lexislación de propiedade intelectual e da Lei do Cinema, vista desde a perspectiva do autor e dos usuarios de creacións intelectuais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ás clases expositivas nas que se introducirá ao estudante nas cuestións básicas da materia, sumaranse as interactivas, nas que se incitará ao estudante a unha reflexión que vaia máis aló das ideas e conceptos percibidos oralmente.

    Como complemento, o sistema de titorías garante unha atención máis individualizada.

    A maiores, haberá que sumar o emprego da aula virtual como ferramenta complementaria e de reforzo (en ningún suposto como sustitutiva) de clases e titorías.

    Sistema de evaluación
    A nota final será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
    - Tarefas realizadas ao longo do curso: 20%
    - 2 exames tipo test: 80%

    Para superar a avaliación é necesario obter unha nota media mínima de 4 (sobre 8) nos exames tipo test.

    Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno

    Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 30 horas
    Traballos con documentos (análise, síntese e discusión): 8 horas
    Prácticas: 8 horas
    Exames: 2 horas
    Total horas de traballo presencial do alumno: 48

    Traballo persoal do alumno

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
    Procura, rexistro e preparación de material de apoio
    (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
    Lecturas recomendadas: 22 horas
    Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 8 horas
    Total de horas de traballo persoal do alumno: 102




    Recomendacións para o estudo da materia
    - A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis axeitado para o seguemento da asignatura.
    - O alumno debe de preparar a asignatura polos textos que indique o profesor. Non debe, en ningún caso, estudar polos apuntamentos elaborados por outros alumnos (soen conter erros conceptuais e ter un contido insuficiente).
    - O tempo do estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguemento semanal da materia.
    - Baixo ningún concepto se debe memorizar contido algún se non se comprendeu previamente.
    - Consultar e utilizar a aula virtual.
    Observacións
    Utilizarase a aula virtual para proporcionar material e xestionar as actividades propostas.