Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041124 - Producción enTV (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FANDIÑO ALONSO, JAIME FRANCISCO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Capacitar ós alumos no coñecemento dos diferentes xéneros e formatos televisivos
    Analizar os roles e competencias dos recursos humanos necesarios para a realización de productos para a televisión
    Estudiar as rutinas productivas precisas e necesarias para a conformación de productos televisivos en función da súa tipoloxía
    Profundizar nos procesos de loxísticos, estratéxicos e de xestión económica das producións para televisión.
    Revisar os coñecementos tecnolóxicos relacionados coa utilización do equipamiento operativo e de producción necesario para a realización de pezas televisivas, tanto en exteriores como en estudio
    Coñecer as principáis aplicacións informáticas destinadas á xestión técnica, loxística, funcional e operativa de productos audiovisuais para a televisión
    Realizar productos audiovisuais para a televisión atendendo as fases de desenvolvemento, preprodución, produción, posprodución e comercialización/distribución.
    Conceptualizar o perfil do productor executivo como responsable final da vida dun producto audiovisual
    Aprender a conformar proxectos e formatos para a televisión coa finalidade de seren presentados, por medio de un pitch ou dossier, tanto as cadeas e productoras, como nos mercados internacionais de referencia.
    Desenvolver as loxísticas propias da xestión da producción tales como a contratación, financiación, permisos e autorizacións e xestión dos dereitos das obras audiovisuais para a súa emisión pola televisión.
    Afondar nas características dos productos audiovisuais realizados polas cadeas, relacionados coa propia autopromoción e identidade visual e corporativa.



    Contidos
    Estudo das rutinas de traballo necesarias para levar a cabo a xestión das fases de: desenvolvemento, produción, posprodución e distribución na realización de obras, programas ou pezas audiovisuais, destinadas á exhibición a través de cualquera fiestra de difusión. Análise da produción executiva e posta en valor de todos os axentes involucrados no proceso de produción audiovisual. Capacitación na utilización de recursos específicos: operativos, gráficos e informáticos, destinados ó control e á xestión da produción. Técnicas e estratexias para a explotación de productos audiovisuais desde a óptica da produción.


    CONTIDOS TEÓRICOS
    1 O OBXECTO
    1 INDUSTRIA, MERCADOS E EMPRESA TV
    2 FIGURA DO PRODUCTOR EN TV
    3 MODELOS DE PRODUCIÓN
    4 RECURSOS TÉCNICOS E HUMANOS
    5 LEXISLACIÓN E TV

    2 O DESENVOLVEMENTO
    1 XÉNEROS E FORMATOS
    2 TELEVISIÓN E NOVOS MEDIOS
    3 O GUIÓN E A PRODUCIÓN
    4 O DESGLOSE (MOVIEMAGIC SCHEDULLING)
    5 PRESENTACIÓN DE PROXECTOS

    3 A PREPRODUCIÓN
    1 FINANCIAMENTO
    2 ORZAMENTO
    3 CASTING
    4 LOCALIZACIÓN
    5 EQUIPO HUMANO
    6 NECESIDADES TÉCNICAS

    4 PRODUCIÓN
    1 ESTUDIO vs. EXTERIORES
    2 MONOCÁMARA vs. MULTICÁMARA
    3 PROGRAMÁTICA vs, ESPECIAL
    4 DIRECTO vs, DIFERIDO

    5 POSPRODUCIÓN
    1 EDICIÓN vs. COMPOSICIÓN
    2 BLOQUES vs. ELEMENTOS CORPORATIVOS
    3 PROGRAMA vs. SEGMENTO
    4 PROMOS vs AUTOPROMOS
    5 AUDIO vs. VÍDEO
    6 MASTERIZACIÓN

    6 DISTRIBUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN
    1 CADENAS
    2 MERCADOS
    3 NOVOS MEDIOS E SOPORTES


    CONTIDOS PRÁCTICOS

    TRABALLOS INDIVIDUAIS PARA REALIZAR O LONGO DO CUATRIMESTRE
    1 DESGLOSE DE VARIOS CAPÍTULOS CONTIGUOS DUNHA SERIE DE TELEVISIÓN COMERCIAL
    • Formateo do guión
    • Marcado do guión
    • Desglose en MovieMagic
    • Plan de traballo en MovieMagic

    2 PRESENTACIÓN ÁS AXUDAS O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO PROPIO DE FORMATO OU PROGRAMA DE TELEVISIÓN
    • Elaboración do Concepto-Propuesta
    • Pitch do proxecto

    EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS EN GRUPO DURANTE O CUATRIMESTRE
    A) 12X 5 - PRODUCIÓN DUN SEGMENTO EDITADO EN CÁMARA (GRUPOS DE 5 MIEMBROS)
    B) GRAVACIÓN, EDICIÓN E EMISIÓN DUNHA PEZA INFORMATIVA REAL (GRUPOS DE 5 MEMBROS)

    TRABALLOS EN GRUPO
    C) PRODUCCIÓN DE CATRO EDICIÓNS DUN MAGACÍN TEMÁTICO DE TELEVISIÓN (GRUPOS DE 10 PERSOAS).
    Para elo se desenvolverán os seguintes contenidos o longo do curso:
    Contidos de exteriores: Docusoap - Ficción 3 minutos - Spot
    Gravación por bloques en estudio: Presentaciones, Entrevista, Grupo musical
    Edición de elementos corporativos: Cabeceras, Ráfagas, Roll, Printers...

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    Blumenthal, Howard J. This business of television. The standard guide to the television industry. Billboard Books. New York, 2006
    Cappé, Yvonne. Broadcast Basic. Marion Street Press. USA 2006
    Cury, Ivan, Directing and producing for television : a format approach. Focal Press, 2007.
    Kellison, Cathrine. Producing for TV and video : a real-world approach. Boston. Focal Press, 2006
    Millerson, Gerald. Realización y producción en televisión. Madrid, IORTV 2008
    Patz, Deborah. Film Production Management 101. Michael Wise. California. 2002

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    AA.VV. Libro Blanco del Audiovisual: Cómo producir, distribuir y financiar una obra audiovisual. Madrid: Grupo Exportfilm, 2000
    AAVV. Derecho del entretenimiento : factbook. Cizur Menor (Navarra) : Aranzadi, 2003
    Arnanz, Carlos M. Negocios de televisión : transformaciones del valor en el modelo digital. Barcelona, Gedisa 2002
    Bellot Rosado, Coral. El guión: Presentación de proyectos. IORTV, Madrid 2002
    Burrows, Thomas. Producción de Vídeo. Disciplinas y técnicas. Mc Graw Hill. México 2003
    Bustamante, Enrique. La televisión económica. Gedisa. Barcelona. 1999
    Clemente Mediavilla, Jorge. Introducción al software de gestión en la producción audiovisual. Madrid, Fragua 2004
    Fandiño, Xaime. Introducción á producción publicitaria en medios audiovisuais. Universidade de Vigo, Servicio de Publicacións, 2003
    Fandiño, Xaime. La Producción del ciclismo en TV. Santiago : Tórculo, D.L. 2002
    Gawlinski, Mark. Producción de televisión interactiva. Andoáin: Escuela de Cine y Vídeo.
    González Requena, Jesús. El discurso televisivo: espectáculo de la posmodernidad. Cátedra, Madrid 1988
    Hart, Colin. Television program making : everything you need to know to get started. Oxford: Focal Press, 1999
    Keller, Teresa. Television news: a handbook for writing, reporting, shooting, and editing. Scottsdale (Arizona) : Holcomb Hathaway, 2005
    Lacalle Charo. El espectador televisivo. Los programas de entretenimiento. Gedisa. Barcelona 2001
    Medina Laverón, Mercedes. Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Pamplona : Eunsa, 2005
    Miller, Pat P. La supervision del guión. IORTV: Madrid, 1997
    Sáinz, Miguel. El productor audiovisual. Madrid, Síntesis 2002
    Saló, Gloria. Que es eso del formato. Gedisa. Barcelona 2003
    Simon, Deke. Film & Video Budgets. Michael Wise. California. 2001
    Singleton, Ralphf. Film Scheduling. Lone Eagle. Hollywood 2001
    Warshawski, Morrie. Shaking the money tree : how to get grants and donations for film and video projects. California: Michael Wiese Productions, 2003
    White, Ted. Broadcast news: writing, reporting, and producing. Focal Press, 2005
    Zettl, Hebert. Manual de producción de televisión. Thompson. México 2000

    Competencias
    Coñecer as rutinas de traballo para a elaboración de produtos audiovisuais destinados a cualquera ventana de difusión.
    Capacitar para a utilización das aplicacións informáticas destinadas á xestión técnica e humana, así como loxística e operativa dunha produción audiovisual.
    Realizar produtos audiovisuais atendendo a todas as fases polas que transita unha obra audiovisual: desanvovemento preprodución, produción e distribución.
    Estudiar os roles, competencias e funcións dos recursos humanos e técnicos implicados nunha produción audiovisual.
    Analizar o perfil do produtor executivo como responsable inicial e final dun produto audiovisual.
    Capacitar para levar a cabo o desenvolvemento, a producción e a colocación no mercado de cualquera produto audiovisual, tendo en conta sua propia tipoloxía así como a ventana de difusión pola que será presentado á audiencia.

    COÑECEMENTOS E HABILIDADES
    Coñecemento das rutinas de traballo para a elaboración de productos audiovisuais destinados a calquera ventana de difusión.
    Capacitación para a utilización das aplicacións informáticas destinadas á xestión técnica e humana, así como loxística e operativa dunha producción audiovisual.
    Realización de productos audiovisuais atendendo a tódalas fases polas que transita unha obra audiovisual: desenvolvemento, preproducción, producción, e distribución.
    Utilización segura e protocolaria dos procesos de producción en función da especificidade tipolóxica e xenérica de cada producto.
    Análise da figura do productor en todas as súas acepcións dentro da producción televisiva.
    Estudio dos roles, competencias e funcións dos recursos humanos e técnicos implicados nunha producción audiovisual.
    Análise do perfil do productor executivo como responsable inicial e final dun producto audiovisual.
    Capacitación para levar a termo o desenvolvemento, a producción e a colocación no mercado de calquera producto audiovisual, tendo en conta a súa tipoloxía así como a ventana de difusión pola que será presentado á audiencia.
    Amplio coñecemento do sector audiovisual así como dos actores e recursos técnicos que forman parte da industria da producción e da realización de contidos específicos para a televisión.
    Aplicación precisa dos coñecementos en torno a conformación, xestión e loxística dos diferentes procesos da producción televisiva.
    Competencia para a elaboración e adecuación loxística e orzamentaria dos productos para a televisión.
    Actitude crítica e analítica para abordar con éxito a producción de pezas e programas de calquera índole para a televisión.
    Capacidade de liderazgo nas relacións humanas como corresponde á figura dun Director/Xefe de producción ou Productor Executivo.
    Posibilidade realizar calquera formato para televisión desde a etapa de desenvolvemento ata a súa difusión.

    VALORES E ACTITUDES
    Fomento do traballo en grupo á vez que se desenvolven as capacidades personais e de liderazgo
    Promover as relacións éticas solidarias cos compañeiros sexa cal sexa o nivel xerárquico da cadea de producción na que se atopen.
    Actitude positiva e proactiva para fomentar unha dinámica de traballo tanto nas clases de contido teórico, como nas prácticas e na vida profesional
    Respeto o traballo de cada un dos membros do equipo involucrado na producción
    Trato exquisito ós colaboradores, participantes e invitados ós programas de televisión
    Capacidade crítica e analítica e respeto ás opinións diferentes
    Cortesía, tino e templanza nos momentos máis complicados durante a relación de laboral
    Valorar a responsabilidade frente a terceiros cando se toman decisións clave que afectan á distintos niveis da producción
    Prevención de riscos e problemas inherentes á producción tanto no referente os recursos humanos como ós técnicos ou os derivados da propia loxística do programa, evento ou gravación.


    Metodoloxía da ensinanza
    TEORÍA
    Clases de aula con intensivo uso de materiales TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, podcast, visionados, traballo con elementos específicos da producción audiovisual…
    Utilización de aplicacións informáticas con relación específica coa loxística da producción para a televisión: desgloses, minutados, planes de traballo, orzamentos, contratos…
    Conformación de grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico do traballo de producción en mesa.
    Fomento da discusión crítica e conformación dos puntos de vista repecto os temas a tratar
    Utilización da plataforma virtual da USC como instrumento central de soporte textual para os alumnos (textos, vídeos, gráficos, podcast…), dos contidos teóricos e prácticos da materia así como para a presentación de traballos e proxectos propostos.
    Seguimento constante do alumno mediante titorías personalizadas durante as vintecatro horas por medio da plataforma virtual, ademais das titorías físicas e presenciais no despacho do profesor.

    PRÁCTICAS
    Conformación de catro grupos de traballo para acometer a realización das actividades prácticas que elaborarán os seguintes procesos:
    Utilización das aplicacións informáticas específicas de producción para a realización das fases da producción: Desenvolvemento, Preproducción, Producción, Postproducción, Difusión e Comercialización.
    Elaboración de tódalas rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa producción de pezas e programas para a televisión
    Uso dos equipos tecnolóxicos da producción en exteriores e interiores para a realización dunha serie de productos audiovisuais relacionados co programa da materia
    Conformación de proxectos desde a fase de creación e pitching das ideas, ata a presentación dun dossier completo con tódolos elementos que fan referencia ó producto audiovisual.
    • As prácticas son como a continuación se indican:
    Produción de piezas informativas
    Produción de Informativo en estudio
    Produción de un magacín con gravación en estudio de entrevistas, música e presentacións
    Producción de pezas: spot, reportaxe, ficción
    Realización de pezas corporativas e promocionais
    Desenvolvemento de ideas
    Elaboración dun Concepto-Proposta
    Defensa dun proxecto personal (Pitch)
    Conformación dun Desglose e o seu Plan de Traballo



    Sistema de evaluación
    A avaliación final terá en conta de forma positiva ou negativa, demais dos resultados das probas, as actitudes e compromiso presentado por cada alumno tanto nas clases prácticas como nas teóricas.O sistema de avaliación consiste en:
    a) Un examen teórico que representará o 40 % da nota.

    b) O traballos prácticos de carácter obligatorio sinalados no programa, tanto individuais como en grupo supondrán o 50% da cualificación. Sen esta parte a materia non se considerará superada. O alumno/a deberá ter todos os traballos entregados para poder realizar o examen teórico.
    Para poder facer promedio entre a parte teórica e a práctica, o alumno/a deberá ter aprobadas as duas partes de manera individual.

    c) O 10% restante contémplase para a valoración de aspectos individuais en torno á materia como: actitud, asistencia, puntualidade na entrega dos traballos...

    A actitude proactiva e a participación do alumno será avalíada tanto pola súa participación nas clases teóricas e prácticas, como no referente á integración e colaboración no grupo de traballo asignado.

    A cualificación de aprobado para a asignatura é de 5 sobre 10


    TEORÍA
    A avaliación realizarase de forma continuada, para esto, cada na primeira semana de cada mes os alumnos participarán nunha proba con preguntas tipo test, de desenvolvemento ou mixtas.
    As preguntas contendrán tanto elementos e referencias teóricas así como as rutinas e os procesos prácticos estudiados
    As persoas que aproben todas as probas parciais estarán liberadas da presentación ó examen final do calendario oficial
    A persoa que non teña asistido ó 80% das prácticas non poderá aprobar a asignatura.
    Na data oficial de exames haberá unha proba na se poden presentar as persoas que teñana asistido ó 80% das prácticas pero non teñan superadas as probas parciais que se realizan cada mes na avaliación continua.

    PRÁCTICA
    A asistencia as clases prácticas é obrigatoria
    E obrigatoria a xustificación das faltas da asistencia
    Sólo está permitida unha falta ó 20% das clases prácticas durante todo o curso
    Para aprobar a asignatura o alumno ten que ter asistido como mínimo ó 80% das prácticas
    Os exercicios prácticos serán avaliados o final de cada unha das prácticas programadas tendo en conta parámetros tales como: a programación previa, o desenvolvemento e preparación e da práctica e execución da práctica co seu resultado.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    MTRABALLO CÓ PROFESOR
    Asistencia a clases teóricas (grupo grande)……….........24
    Asistencia a clases prácticas (2 grup. pequeños)..…....24
    Asistencia a titorías, seminarios (4 grup. reducidos).....3
    TOTAL TRABALLO PRESENCIAL PROFESOR ..………………….….. 51 HORAS

    TRABALLO DO ALUMNO
    Estudio de preparación de clases de teoría………........20
    Estudio de preparación de clases prácticas………........30
    Estudio de preparación de probas parciais.……..........30
    Realización de probas parciais...………………...............10
    Saídas de campo d outras actividades………….............9

    TOTAL TRABALLO DO ALUMNO…..……….……….…………….........99 HORAS

    TOTAL TRABALLO CÓ PROFESOR + TRABAJO DEL ALUMNO………150 HORAS



    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que a avaliación de coñecementos da materia se efectuará de xeito progresivo (cada mes) os alumnos necesitan levar unha preparación sistemática para abordar con éxito cada unha destas probas.
    Este nivel progresivo permitirá que o alumno vaia comprendendo a materia á vez que recibe a formación teórica e práctica, non tendo que deixar para o exame final a fixación de tódolos coñecementos adquiridos durante o cuadrimestre.
    Neste senso recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atopa en cada tema de xeito que non se deixen para o final este proceso acumulativo que adoitan obrar de forma negativa na fixación dos coñecementos.
    A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basarán os contidos teóricos avaliables, así mesmo, tódolos procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán seren avaliados.
    Cada tema tratado tendrá una lectura complementaria con la intención de dar, si cabe, mayor profundidad a los conceptos explicados.

    Observacións
    O profesor facilitará un lugar na plataforma virtual da USC para desenvolver todo o intercambio de materiais co alumnado de forma interactiva.
    Neste lugar haberá todo tipo de documentos: textuais, gráficos, sonoros, videográficos…
    O intercambio de traballos dos alumnos farase sempre a través da platarforma virtual.
    A dirección electrónica do profesor é: xaime.fandino@usc.es