Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041201 - Lingua galega (Escritura e expresión oral. Adecuación do seu uso aos medios de comunicación sonoros e audiovisuais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
HERMIDA GULIAS, MARIA DO CARME.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A) Lograr o dominio dos trazos orais e escritos pertinentes na lingua galega e no seu estándar (fonético, gramatical, léxico e semántico).

    B) Conseguir unha expresión oral e escrita espontánea, fluída e correcta.

    C) Coñecer as variedades do galego, estudar as súas características e reflexionar sobre a pertinencia do seu uso nos medios de comunicación.

    D) Analizar os modelos de lingua de uso común nos medios de comunicación.

    Contidos
    1. A LINGUAXE E AS LINGUAS. A lingua, medio de comunicación humano.
    2. VARIACIÓN LINGÜÍSTICA. Diversidade lingüística. Variación lingüística: diacrónica (histórica), diatópica (xeográfica), diastrática (social) e diafásica (contextual). Diversidade lingüística vs. Homoxeneidade: a lingua estándar.
    3. LINGUA ESCRITA E LINGUA ORAL. Delimitación. Características da comunicación oral e da comunicación escrita. Desenvolvemento da lingua e da cultura escrita. Aspectos pragmáticos, textuais e gramaticais da comunicación oral.
    4. A LINGUA ESTÁNDAR. Formación dos estándares lingüísticos europeos. Formación do estándar lingüístico galego. Estándar escrito e estándar oral.
    5. A LINGUA ORAL. NIVEL SEGMENTAL. Fonética e fonoloxía. Descrición articulatoria dos sons lingüísticos do galego. Vogais. Semivogais. Consoantes. Estrutura fonemática da lingua galega. Subsistema vocálico. Vocalismo tónico. Vocalismo átono. As vogais medias tónicas e pretónicas nos préstamos e cultismos.
    6. A LINGUA ORAL. PROSODIA. A cadea falada. A fonética sintáctica. A entoación. As distintass curvas de entoación. A focalización das palabras
    7. A LINGUA ESCRITA. Aspectos máis relevantes da ortografía e da puntuación. Principais erros detectados nos medios de comunicación.
    8. A MORFOLOXÍA. Aspectos máis relevantes dos usos errados da morfoloxía nos medios de comunicación.
    9. A SINTAXE. Aspectos máis relevantes dos usos errados da sintaxe nos medios de comunicación.
    10. O LÉXICO. Aspectos máis relevantes dos usos errados do léxico nos medios de comunicación.
    11. A SEMÁNTICA. Aspectos máis relevantes dos usos errados da semántica nos medios de comunicación.
    12. A LINGUA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Características específicas dos textos mediáticos. Modelos lingüísticos nos medios de comunicación galegos.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    ÁLVAREZ, R. / X. XOVE (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    CARBALLEIRA ANLLO, X. M. (coord.) (2010): Gran diccionario Xerais da lingua, Vigo: Xerais.
    CGONZÁLEZ REI, B. (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
    HERMIDA GULÍAS, C. (1999): “Un modelo de lingua para os medios de comunicación de masas”,
    HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
    REGUEIRA, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. ILG/RAG.
    REGUEIRA FERNÁNDEZ, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Edicións Xerais.

    Bibliografía complementaria.

    CASTRO, L.: Diccionario Xerais de sinónimos. Vigo: Xerais.
    DOSIL, B./ X. RIVEIRO (1996): Diccionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Fontel edicións.
    FEIXÓ CIF, X. (coord.): Dicionario fraseolóxico século 21 castelán-galego e de correspondencias galego-castelán. Vigo: Cumio / Xerais.
    FERNÁNDEZ SALGADO, B. (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    FERNÁNDEZ REI, F. / HERMIDA GULÍAS, C. (2004): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago: Consello da Cultura Galega. Dous CDs + un libro.González González, M. e A. S
    FREIXEIRO MATO, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: Edicións A Nosa Terra.
    FREIXEIRO MATO, X. R. 2009): Lingua de calidade. Vigo: Xerais.
    GONZÁLEZ MONTAÑÉS, A.: "Algunhas cuestións con respecto ó uso do idioma nos medios de comunicación", en Cadernos de Lingua, 5 (1992), 5-26.
    en R. Álvarez / D. Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Alonso Montero. Santiago: Universidade, vol. 1, pp. 501-518.
    HERMIDA GULÍAS, C. (2002): Ortografía práctica. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    LÓPEZ TABOADA, M. C. / M. R. Soto Arias (1997): Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova.
    MARTÍNEZ CELDRÁN, E. (2002): Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia.Martínez Seixo, R. A. (20100): Dicionario fraseolóxico galego. Vigo: Xerais
    NAVAZA BLANCO, G. (coord.) (2007): Diccionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos. Vigo: Xerais, 1990.
    PENA, X. A. (2001): Diccionario Cumio de expresións e frases feitas: castelán-galego. Vigo: Edicións do Cumio.
    PENA, X. A. (dir.) (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio.
    RAG (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG. .(http://www.edu.xunta.es/diccionarios).
    REGUEIRA, X. L. (2005): “Estándar oral”, en R Álvarez & H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación.
    REGUEIRA, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Crouña: ILG/RAG.
    SANTAMARINA, A. / GONZÁLEZ, M. (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG.
    XOVE FERREIRO, X. (coord.) (2005): Novo dicionario da lingua galega. Vigo: Obradoiro.

    Competencias
    Ó rematar o curso o alumnado deberá poder redactar un texto en lingua galega, de calquera tema e en calquera formato, con total corrección e adecuación léxica, gramatical e ortográfica e deberá poder producir un texto oral en lingua galega, de calquera tema e en calquera formato, con total corrección e adecuación fonética, prosódica, léxica e gramatical.
    Ofrécese a seguir unha listaxe de competencias máis específicas, algunhas das cales participan das competencias xerais que se acaban de indicar:

    1. Identificar o sociolecto ou o rexistro ao que pertence un determinado texto.
    2. Saber se un texto pode encaixarse dentro da variedade modelo e, no seu caso, sinalar as causas que impiden esta consideración.
    3. Identificar as principais repercusións no galego que se derivan da marxinalidade e contacto lingüístico.
    4. Saber empregar con aproveitamento ferramentas útiles na elaboración de textos orais e escritos galegos.
    5. Empregar correctamente a sintaxe galega.
    6. Empregar a morfoloxía do código normativo galego.
    7. Empregar o sistema vocálico, o sistema consonántico e a prosodia do galego.
    8. Empregar un léxico máis rico e correcto desde o punto de vista do código normativo.
    9. Empregar a ortografía do código normativo galego.
    10. Construír textos coherentes e ben cohesionados.

    Metodoloxía da ensinanza
    PARTE TEÓRICA
    A exposición inicial do profesor é continuada con lectura e interpretación de extractos de textos da bibliografía internacional (polo que poden estar en linguas diferentes do galego), así como coa audición e análise de textos orais (gravacións e vídeos) e de textos escritos de diferentes variedades da lingua galega, especialmente dos medios de comunicación.

    PARTE PRÁCTICA
    As aulas consistirán fundamentalmente na realización de exercicios que demostren a capacidade do alumnado na expresión oral e escrita do galego, na detección de erros e na súa corrección.

    Sistema de evaluación
    Para cualificar o aproveitamento da materia seguirase un sistema mixto de avaliación. Ó longo do curso faranse exposicións orais e traballos escritos que serán puntuados e devoltos ó alumnado. A cualificación da parte práctica resultará da media da nota obtida nestes traballos. Esta cualificación será o 50% da nota final.
    A parte teórica valorarase a través dunha proba final sobre os contidos explicados. Esta cualificación será o 50% da nota final.
    A boa calidade das intervencións do alumnado da aula serán tidas en conta para redondear a nota final.
    O alumnado que non acuda á clase será avaliado do mesmo xeito có que asista ás aulas, non sendo na parte correspondente ás notas da aula, tendo que realizar para esta avaliación os traballos escritos, que suporán o 50% da nota, e a proba teórica final, que achegará o 50% restante.
    Na segunda oportunidade o alumnado deberá entregar novamente os traballos prácticos que se pediron ó longo do curso (50% de valor) e realizar unha nova proba escrita de carácter teórico (50% de valor).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de dedicación estimado para a materia (asistencia ás aulas, lecturas, prácticas de redacción, prácticas de pronuncia, preparación do exame final):
    Clases teórico-prácticas: 50 HP, 50 HNP (Total: 100)
    Traballos: 50 HNP
    TOTAL de horas de dedicación á materia: 150

    HP: Horas presenciais
    HNP: Horas non-presenciais
    Recomendacións para o estudo da materia
    PARTE TEÓRICA
    Recoméndase a asistencia ás clases e a participación nas actividades que nelas se desenvolveren. O alumnado que teña pouca competencia pasiva (recoñecemento) en galego debería procurar traballar conxuntamente con outro que teña unha competencia elevada en galego.

    PARTE PRÁCTICA
    Recoméndase o uso do manual Os sons da lingua (vid. Bibliografía), onde se poden atopar exercicios para a práctica da pronuncia de todos os sons, así como dous CDs que conteñen os modelos de pronuncia. Este material permitiralle ao alumnado facer prácticas de pronuncia pola súa conta.
    Así mesmo, tamén é conveniente que os alumnos graven as súas realizacións para as compararen cos modelos que aparecen no libro mencionado ou noutro material que se fornece na bibliografía (vid. Fernández/Hermida 2004, por exemplo).

    Na realización dos traballos escritos recoméndaselle ó alumnado o emprego dun corrector ortográfico que limpe os textos deste tipo de erros e o libro Gramática Práctica (vid. Bibliografía).
    Observacións
    Este non é un curso de gramática nin de capacitación léxica. De todos os xeitos, unha expresión oral correcta implica a utilización dunhas estruturas gramaticais e dun léxico correctos. Aquelas persoas que teñan dificultades con calquera destes aspectos deberán esforzarse por superalas, de quereren optar a unha cualificación positiva.