Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041203 - Estatística aplicada á comunicación audiovisual (Organización e producción audiovisual e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PIS SANCHEZ, EDUARDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Seminario 2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Presentar ao estudantado os coñementos e as técnicas básicas estatísticas para a elaboración de informes e resumes numéricos e cualitativos (análise e resume descriptivo dos datos, relacións entre características, mostras, datos temporais, números índices, tasas de variacións, etc.) e o tratamento desta información nos medios e nas principais operacións estatísticas aplicadas á comunicación.
    Atender especialmente ás aplicacións prácticas da Estatística e aos medios de comunicación e soportes onde veñan recollidas.
    -Presentar datos nos medios emplear a linguaxe estatística
    -Calcular e resumir a información numérica e cualitativa
    -Analizar estatísticamente a información existente
    -Emplear software informático para a obtención de resultados estatísticos
    -Obter información estatística precisa e as súas fontes de información
    -Interpretar e aplicar a análise estatística nos medios de comunicación

    Contidos
    TEMA 1.-INTRODUCCIÓN
    1.1.-Introdución ó concepto de Estatística
    1.2.-Conceptos xerais de Estatística
    TEMA 2.-ANÁLISE DUNHA SERIE DE DATOS
    2.1.-Tabulación de variables e distribucións de frecuencias
    2.2.-Representacións gráficas
    2.3.-Medidas de posición
    2.4.-Medidas de dispersión
    2.5.-Medidas de forma
    TEMA 3.-NUMEROS ÍNDICES
    3.1.-Principais taxas de variación
    3.2.-Índices simples e compostos
    3.3.-Cambio de base
    3.4.-Índices de prezos, cantidades e valor
    3.5.-Deflactación
    3.6.-Índice de prezos de consumo. Outros indicadores.
    TEMA 4.-ANÁLISE DE MÁIS DUNHA SERIE DE DATOS. RELACIÓNS.
    4.1.-Distribucións bidimensionais. Tabulación
    4.2.-Representacións gráficas
    4.3.-Relacións entre características. Independencia.
    4.4.-Correlación e asociación
    TEMA 5.-SERIES TEMPORAIS
    5.1.-Modelización descriptiva dunha serie temporal
    5.2.-Compoñentes dunha serie temporal
    TEMA 6.-MOSTRAXE
    6.1.-Introdución á mostraxe
    6.2.-Principais técnicas de selección de mostras
    6.3.-Aplicacións. Principais enquisas.
    TEMA 7.-A ESTATÍSTICA E OS SOPORTES INFORMÁTICOS
    7.1.-Paquetes informáticos con aplicacións na Estatística
    7.2.-Fontes de información estatística nas redes (INE, IGE, Eurostat, etc)

    Bibliografía básica e complementaria
    BASICA:
    JAUSET, J. (2000) La investigación de audiencias en televisión. Fundamentos estadísticos.
    Edit. Paidós
    MARTIN-GUZMAN, P., MARTIN-PLIEGO, F.J. (1987) Curso básico de Estadística Económica. Edit. Ariel
    PULIDO SAN ROMAN, A. (1984) Estadística y técnicas de Investigación Social. Ediciones Pirámide S.A.
    RIOBOO, J.M., DEL ORO, C.P. (2000) Representaciones gráficas de datos estadísticos. Edit. AC, Madrid.
    COMPLEMENTARIA:
    FERNÁNDEZ CUESTA, C. FUENTES GARCÍA, F. (1995) Curso de Estadística Descriptiva. Teoría y práctica. Edit. Ariel, Barcelona
    GARCIA BARBANCHO, A. (1992) Estadística Elemental Moderna. Edit. Ariel, Barcelona
    MANZANO, V.G., ROJAS, A.J., FERNÁNDEZ, J.S. (1996) Manual para encuestadores. Edit. Ariel, S.A. Barcelona
    PARRA, I. (2001). Estadística empresarial con Microsoft Excel: Fórmulas, tablas y funciones. Editorial AC, Madrid.
    PÉREZ, C. (2002) Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
    PEREZ, R. et al.(1992) Análisis de Datos Económicos I: Métodos Descriptivos. Edit. Pirámide
    PORTILLA, I. (2004) Estadística descriptiva para comunicadores. EUNSA, Navarra
    SARRAMONA, J. Investigación y estadística aplicada a la educación. Madrid: Ceac, 1980
    SIERRA, R. Técnicas de investigación social. Madrid: Paraninfo, 1994
    TANUR, J.M. et al.(1992) La Estadística: Una guía a lo desconocido. Edit. Alianza Editorial

    Competencias
    XERAIS:
    -Formación en Ciencias Sociais, Humanidades e Ciencia e Tecnoloxía para proporcionar unha competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
    -Realización de traballos prácticos e de experimentación profesional e de innovación, xunto con unha introdución metodolóxica e análise aplicada á iniciación na investigación do campo informativo-comunicativo.

    ESPECIFICAS:
    Especialista en investigación e análise de fenómenos e procesos de comunicación, actuais ou prospectivos, capacitado para as tarefas de mediación, asesoría, consultoría e medición

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta cun total de 6 créditos, dos que a metade serán adicados a clases expositivas e o resto ás clases interactivas. A materia non contará con dúas partes totalmente diferenciadas en canto a teoría e práctica, desenvolvéndose ámbalas dúas partes de xeito conxunto durante o curso.

    Clases expositivas: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa dos estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: presentacion de contidos, debates,...

    Clases interactivas: Nelas organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiran unha participación activa dos estudantes: discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc.

    Titorías: Destinadas ao desenvolvemento de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicóns, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de prácticas ou problemas...

    Sistema de evaluación
    A avaliación dos estudantes realizarase do seguinte xeito:

    -Un exame final que representará o 70% da nota máxima posible.

    -Aqueles alumnos que teñan asistido, cando menos, ao 80% das actividades programadas, poderán complementar a nota do seu exame cos resultados de sondaxes e/ou traballos realizados ou encargados durante o curso así como coa súa participación activa durante as actividades académicas. Esta valoración suporá ata o 30% restante da cualificación máxima posible.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades:

    Estudio autónomo, individual ou en grupo: 60 horas
    Escritura de exercicios, conclusións e/ou outros traballos: 30 horas
    Lecturas, recomendacións, actividades en bibliotecas ou semellantes: 40 horas
    Preparación de presentacións orais, debates ou semellantes: 20 horas

    Total: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o estudante ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.

    O estudante ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.

    As expresións matemáticas non teñen que ser memorizadas polo estudante, son facilitadas no momento de empregarse. Téntase así que se adquiran destreza na análise e a interpretación dos resultados recollidos nos medios de información.