G3041204 - Industrias culturais (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Conceptualización da produción cultural como actividade industrial. Composición e estrutura dos distintos sectores que conforman as industrias da cultura, da comunicación e do coñecemento. Análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas. Subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización,
Capacitar o alumnado no coñecemento de procesos de produción e consumo das distintas industrias culturais. Sen entrar na elaboración de contidos, analizar e comprender a singualiaridade das indutrias de produtos simbólicos nos procesos de creación e as canles de comercialización que dan acceso a eles.
ContidosI. Contidos teóricos (temario)
1. Cultura, industria e artes
O concepto de industria cultural. As industrias creativas. Cultura de masas e niveis de cultura. Cultura, ideoloxía e bens de consumo. Cultura mediática. Cultura promocional. Anaálise dos conceptos de arte e cultura popular. Cultura, campo social e distinción, segundo Bourdieu. O populismo cultural, segundo Jim McGuigan.
2. Industrias culturais e esfera pública.
Técnicas culturais e creación de espazos. Produción de público e esferas públicas. Medios de comunicación e dispositivos promocionais. Promoción capilar, consumo e espazos virtuais.
3. Cultura e economía da atención
Economías de signos e espazos. Economías da atención. A produción cultural no capitalismos erodio. Produción de visibilidades. Crítica da economía política do signo.
4. Mediación e complexidade cultural.
Axentes da produción e distribución cultural. Medisoe mediacións. Contido, forma e distribución das fórmulas culturais. Ideoloxía e cultura moderna. A falacia do internalismo, segundo John B. Thompson.
5. Hábitos amnesia e reflexividade
Comunidades de consumo, segundo Scott Lash. Mercadería, serialidade e integración maquinal. Cultura, memoria social e arquivo. Produción simbólica e reificación. Simulacros e seducción. Ruídos socializadores.
II. Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algún tema da materia. Cómpre participar nos coloquios sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Tema 1. Adorno, T. W. "Resumo sobre a industria cultural", A trabe de ouro, nº 34.
Baudrillard, J. "La cultural mediática" en J. Baudrillard, La sociedad de consumo. Madrid, S. XXI, 2007.
Bustamante, E. "La cultura de la creatividad y la innovación. Un fantasma recorre Europa y se expande por el mundo" en M. Cebrián Herreros (dir.) Sociedad de la información y del conocimeinto en los países nórdicos. Madrid, Gedisa, 2009.
Tema 2. Berland, J. "Baile de anxos: as técnicas culturais e a produción de espazos", A trabe de oro, nº 44.
Negt, O. e Kluge, A. Public Opinion and Experience. Minnesota, Universit of Minneapolis, 1991.
Bauman, Z. "As seen in TV" en Society under Siege. Cambridge, Polity, 2002.
Tema 3. Baudrillard, J. Critique de la economie politique du signe. Paris, Gallimard, 1972.
Jameson,F. Postmodernism, or the Cultural Logic of Late Capitalism. Londres, Verso, 1991.
El postmodernismo revisitado. Madrid, Abada, 2012.
Lash, S. e Urry, J. Ecomomies of Signs and Space. Londres, Sage, 1994.
Tema 4. Hannerz, U., Cultura Complexity. N. York, Columbia University Press, 1992.
Thompson, J. B. (1990) Ideology and Modern Culture. Cambridge, Polity, 1995.
Tema 5. Derrida, J. e Stiegler, B. Échographies de la télévision. Paris, Galilée/I.N.A., 1996
Huyssen, A. En busca del futuro perdido. Cultura y memoria en tiempos de globalización. México, F. C. E., 2002.
Lash, S. "La comunidad y sus dobles" en Giddens, A., Beck, U. e Lash. S. Modernización reflexiva. Madrid, Alianza, 1997.
Osten, M. La memoria robada. Los sistemas digitales y la destrucción de la cultura del recuerdo, Madrid, Siruela, 2008.
Sartre, J.-P., Critique de la raison dialectique. Tome II (inachevé). L´intelligibilité de l´Histoire. Paris, Gallimard, 1985.
Sloterdijk, P. (2003) Experimentos con uno mismo. Valencia, Pre-Textos, 2003.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z. (2011) Culture in a Liquid, Modern World. Cambridge, Polity, 2011.
Giddens, A. (2010) Sociología. Madrid, Alianza.
Outeiriño, M. (comp.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Vigo, Galaxia, 2011.
CompetenciasConceptualización da producción cultural como actividade industrial, composición e estructura dos sectores culturais e da comunicación, análise e avaliación da súa importancia nas sociedades desenvolvidas, subsectores, concentración e fenómenos de transnacionalización.
Metodoloxía da ensinanza A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais sobre as industrias culturais, con especial atención a algúns textos da bibliografía básica. Combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Sistema de evaluaciónA avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos do alumnado e á participación activa nos debates e coloquios da aula.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos -dous comentarios breves de dous artigos da bibliografía básica e un ensaio de seis folios sobre un tema da materia- achegan un 40% da puntuación. A participación nos debates e coloquios da aula achegan o 10% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoal Velaí a distribución do traqbgallo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo: 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas: 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates: 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretaciósn atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materirais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumando poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios ecomentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións controvertidas.
Observacións O contraste de interpretacións teóricas sobre cuestións sociais de actualidade e a arguimentación ponderada sobre asuntos do noso tempo é un dos obxectivos principais da materia.