G3041205 - Teorías e métodos da comunicación e da cultura (Análise dos discursos audiovisuais e dos seus efectos sociais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo fundamental da materia é expor as formas de comunicación nas sociedades modernas e estudar conceptos fundamentais das teorías da comunicación. Atenderase especialmente ás mensaxes audiovisuais. Estudaranse as distintas funcións comunicativas de información, persuasión e entretemento. Exporanse fundamentos dos procesos cognitivos e emocionais da comunicación social en contextos específicos.
ContidosEstudo das formas, procesos e estruturas da comunicación. Coñecemento do fenómeno audiovisual como representación, creación discursiva e produción simbólica nas sociedades modernas. Estudo dos métodos de investigación en comunicación. Evolución histórica.
1. A comunicación de masas e as disciplinas académicas.
Disciplinas que estudan a comunicación de masas. Definicións de comunicación de masas. A comunicación e o discurso social.
2. Comunicación, sociedade e “teorías dos medios”.
As sociedades orais. Os procesos de alfabetización. As sociedades orais modernas. As comunicacións electrónicas. A comunicación electrónica oral.
Joshua Meyrowitz e a noción de “interacción parasocial”. Comunicación e cambios de valores nas sociedades modernas: cuestións de utopía, dominio e desenvolvemento. Comunicación e comunidade segundo Kenneth Burke.
3. Masa, público e audiencia.
Multitude a masa. Público e racionalidade. O concepto de opinión pública.
Atracción da atención e organización grupal. Tipos de audiencias.
4. Modelos para o estudio da comunicación.
Conceptos fundamentais da teoría da comunicación. Comunicación e información. Canle, medio e códigos. Retroinformación.
O modelo de Shannon e Weaver. O paradigma de Lasswell. O modelo de Newcomb. O modelo de Westley e McLean. O modelo de Gerbrner. O modelo de Jakobson. O Modelo de Maletzke.
Modelos para o estudio da difusión gradual da información. O fluxo en dous banzos.
5. Evolución dos métodos de investigación.
A análise funcional da comunicación e as teorías de rango intermedio. Funcionalismo e investigacións sobre comunicación. Nocións de función e disfunón.
Estrutura e función segundo Lasswell. O desenvolvemento da análise funcional: P. F.
Lazarsfeld, R. K. Merton e Ch. Wright. A “conexión canadense”: do determinismo técnico á ironía nihilista: H. A. Innis e Marshall McLuhan.
A investigación sobre comunicacións en Europa. Os estudos de publicística e periodística. A escola de Francfort e a teoría crítica: discusión das análises funcionais. O concepto de “industria cultural”. A investigación despois da segunda guerra mundial. Os analistas pluridisciplinarios franceses. A escola semiótica italiana.
6. Medios e audiencias.
Relacións sociais e creación de significado. Investigacións sobre os efectos dos medios
de comunicación. Estudos sobre usos e gratificacións. As investigacións sobre “configuración de axendas”. A teoría da espiral de silencio. Fragmentación da audiencia e novas teorías da recepción. Teorías sobre os efectos culturais dos medios. Abraham Moles e o concepto de “cultura mosaico”. O concepto de “sociedade da información” e o novo discurso conservador estadouidense: Daniel Bell e a retórica das “contradicións culturais do capitalismo”. Medios de comunicación e cambio social.
7. Comunicación de masas e métodos de análise semiótica.
As tradicións do pensamento semiótico en Estados Unidos e Europa. Conceptos fundamentais da análise semiótica. As formacións significantes. Sintaxe, semántica e
pragmática. Denotación e connotación. Problemas do obxectivismo abstracto. Crítica
da concepción estática dos signos. O signo e o trazo.
8. Ideoloxía e significado.
Significado e grupos sociais. Definicións de ideoloxía. Suxeición, mediación cultural e ideoloxía. Raymond Williams e a noción de “estructuras do sentir”. A tradición
británica de análises culturais: Richard Hoggart e o CCCS, Raymond Williams e E. P. Thompson.
Evolución dos conceptos “cultura popular” e “cultura de masas”. Hall e Whannel e
o concepto de “artes populares”. Frederic Jameson e a crítica das imaxes. A análise feminista dos medios.
9. Métodos cuantitativos e cualitativos para o estudo da comunicación
Evolución dos métodos de análise de contido. Unidades de análise e "actores".Tópicos. Protocolos de codificación. Cunatificación de datos. Límites da análise de contido.
Métodos cualitativos de estudo da comunicación. Lingüística e pragmática. Os contextos da comunicación. A lingüística do texto. O procesamento da información segundo a psicoloxía cognitiva. O concepto de discurso. O acceso ó discruso. Estratexias de discursivas de información, persuasión e control.
10. Os fluxos da comunicación.
Comunicación e dominio. As raigañas imperialistas da comunicación global. As funcións das axencias internacionais e as estratexias de contención social. Exportación e importación de productos audiovisuais. O informe McBride. As directivas sobre comunicación da Comunidade Europea. Conglomerados multinacionais de información
e diversión. Comunicación e colonialismo.
O xornalismo e a Declaración universal dos dereitos humanos. A “Declaración dos dereitos e obrigas dos xornalistas” de Munich. Os xornalistas e a factura das noticias. Tres tópicos actuais: sociedade postindustrial, globalización e socidedade rede.
2.2 Contidos prácticos
É requisito escribir dous comentarios sobre dous textos da bibliografía básica e tamén un ensaio breve sobre algúns dos temas da materia. Cómpre participar nos coloquios e debates sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas.
Bibliografía básica e complementariaTema 1. Bennett, T. “Media, “reality” and signification” en T. Bennett et al., Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992; Bennett, T. “Teorías dos medios, teorías da sociedade”, versión galega de Bennet, T. “Theories of Media, Theories of Society” en Bennett et al., op. cit. Media, Culture and Society. Londres, Routledge, 1992; Dijk, T. A. van “Discurso, poder e acceso”, A trabe de Ouro, n. 16., 1993, pp. 11-34.
Tema 2. Innis, H. A. Limiar de Empire and Communications. Oxford, Oxford U. P., 1991; Horton, D. e Wohl, R. “The Concept of Para-Social Interaction”, Psychiatry, 1957;Burke, K. “Two Aspects of Speech” en Permanence and Change. An Anatomy of Purpose. Berkeley, University of Califormia Press, 1992, pp.
Tema 3. Otero Pedrayo, R. “A masa neutral e indefrente” en R. O. P., Prosa Miúda. Sada, Edicións do Castro, 1988, pp. 69-70;Price, V., La opinión pública. Barcelona, Paidós, 1996.
Tema 4. Escarpit, R. Teoría general de la información y la comunicación. Barcelona, Icaria, 1977, pp. 23-83; Rodrigo Alsina, M. Los modelos de la comunicación. Madrid, Tecnos, 1996, pp. 31-47 e 61-85.
Tema 5. Cmiel, K. “Sobre o cinismo o mal e a descoberta da comunicación na década dos corenta”, versión parcial de “On Cynicism, Evil and the Discovery of Communication in the 1940´s”, Journal of Communication, 46 (3), 1996;Lasswell, H. D. “Estructura y función de la comunicación pública” enMoragas, M. de (ed.) , Sociología de la comunicación de masas. Barcelona,Gustavo Gili, 1982, pp. 192-206;Lazarsfeld, P. F. e Merton, R. K. “Medios de comunicación de masas, gustos populares y acción social organizada” en Moragas, M. de (op. cit.), pp. 171-191; Wright, C,“El análisis funcional de la comunicación de masas” en Moragas, M. de. (ed.), op. cit., pp. 207-223; Adorno, T. W. “A teoría freudiana e o modelo da propaganda fascista”,A trabe de ouro, nº 34, pp. 11-28; Adorno, T. W. “Resumo sobre a industria culttural”, A trabe de ouro, nº34, pp. 63-68.
Tema 6. Berland, J. “Baile de anxos: as técnicas culturais e a producción doEspacio”, A trabe de ouro, nº 44, pp. 13- 31;Poster, M. “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o
Problema de retórica”, A trabe de ouro nº 31, pp. 33- 54: Blumler, J. G.. M. Gurevitch, "Media Change and Social Change: Linkages and Junctures" en J. Curran e M. Gurevitch, Mass media and Society. Londres, Arnold, 1996, pp. 120-137.
VER CONTINUACIÓN DE BIBLIOGRAFÍA BÁSICA NA SECCIÓN OBSERVACIÓNS
CompetenciasCoñecemento das funcións de comunicación, persuasión e entretemento dos medios de comunicación de masas. Coñecemento de investigacións recentes sobre as innovacións das técnias informativas . Coñecementos das principais características sociais e culturais dos medios de comunciación contemporáneos, por mor de capacitar para a comprensión e elaboración de estratexias efectivas de comunicación, persuasión e entretemento.
Metodoloxía da ensinanza A materia vai desenvolverse seguindo unha planificación secuencial. Na primeira fase, haberá aulas teóricas nas que se presentarán os tópicos fundamentais das teorías da comunicación, con especial atención a algúns textos das bibliografía básica, dos que se facilitarán traducións. Na segunda fase, combinaranse aulas explicativas con aulas de debate sobre algúns textos da bibliografía básica, por mor de facilita-la elaboración dos comentarios e ensaios que formarán parte da avaliación.
Sistema de evaluaciónA avaliación ha facerse segundo tres notas, correspondentes ó exame final, ós escritos do alumnado e á participación activa nos debates e discusións da aula.
O exame final achega o 50% dos puntos. Os traballos escritos -dous comentarios de breves de dous artigos da bibliografía básica e un ensaio de seis folios sobre un tema da materia- achegan o 40% da puntuación; a participación nos coloquios e discusións da aula achegan o 10% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoalVelaí a distribución de traballo persoal e traballo na aula:
Traballo na aula
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
Traballos con documentos: análises, sínteses e exposicións: 15 horas.
Exame final: 3 horas.
Total: 48 horas.
Traballo persoal
Estudo 60 horas.
Busca, rexistro e preparación de material de apoio 12 horas.
Tempo para as lecturas recomendadas 25 horas.
Preparación de presentacións orais e debates 5 horas.
Total: 102 horas.
Tempo total da materia: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materia É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos debates e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais
Para a escritura dos comentarios de artigos e do ensaio, convén examinar previamente tódolos materiais que se propoñen por mor de optar conscientemente por traballar sobre o tema e autores que se queiran comentar. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa sempre que acheguen información sobre o programa da materia. Na escritura de ensaios e comentarios non deben evitarse nin simplificarse cuestións contorvertidas.
ObservaciónsO contraste de interpretacións teóricas sobre cuestións sociais de actualidade e a argumentación ponderada sobre asuntos do noso tempo é un dos obxectivos principais da materia.
CONTINUCACIÓN DA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Tema 7. Worth, S. e L. Gross, "Symbolic Strategies" en S. Worth, Studying Visual Communication" Philadelphia, University of Pennsylvania, 1981, pp. 134-147; Worth, S., "Pictures Can´t Saý Ain´t" en S. Worth, Studying Visual Communication, op. cit,m pp. 162-184.
Tema 8. Williams, R. "Advertising: The Magic System" en Williams, R., Problems in Materialism and Culture. Londres, Verso, 1997; Jameson, F., "Transformacións da imaxe na postmodernidade", A trabe de ouro, nº 46, pp. 33-63; Federici, E., "Rederfini-la subxectividade feminina: novas figuracións da política de mobilidade", A trabe de ouro, nº 35, 1998, pp. 53-61.
Tema 9. Krippendrof, K., Content Analysis. Thousand Oaks (CA), Sage, 2002. (2ª ed, aumentada); Jensen, K. B. e N. W. Jankowski (eds.) Metodologías cualitativas de invetigación en comunicación de masas. Barcelona, Bosch, 1993; Dijk, T. A. van, "El análisis crítico del discurso" en T. A. van Dijk, Discurso y poder. Barcelona, Gedisa, 2009, pp. 149-179.
Tema 10.
McBride, S., Un sólo mundo, voces múltiples. Comunicación e información en nuestro tiempo. México, F. C. E. /UNESCOI, 1980.
O PRIMEITO DÍA DE CLASE ENTREGARASE O PROGRAMA CON BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA QUE NON SE PODE INCLUÍR NESTE ESPAZO ELECTRÓNICO POR RESTRICCIÓN DE COMPAXINACIÓN.