G3041221 - Expresión sonora e visual (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo e análise do son e da imaxe como elementos esenciais do discurso audiovisual.
ContidosTema 1. A expresión audiovisual. Fundamentos e conceptos.
1.1.- As imaxes fronte ao real: percepción e representación
1.2.- Espazo e tempo na representación visual
1.3.- Pensar e recordar coas imaxes: memoria, experiencia e coñecemento
Tema 2. A articulación imaxe / son na configuración do discurso audiovisual
2.1.- Aproximación ao concepto de audiovisión
2.2.- Imitación e artificio na expresión sonora
2.3.- Unha ollada á historia: panorama breve da transición do silente ao sonoro no cinema
Tema 3. Descrición e análise do fenómeno acústico
3.1.- Fundamentos do son e propiedades acústicas
3.2.- Percepción sonora: umbral, distancia, e intensidade na captación subxectiva da información sonora
3.3.- Mecanismos de escoita no proceso de aprendizaxe perceptiva
Tema 4. Paisaxe sonora e espazo sonoro: construción e funcións expresivas
4.1.- Localización dos sons nas representacións audiovisuais
4.2.- O son na cadea audiovisual
4.3.- A acusmatización e as súas posibilidades expresivas
Tema 5.-As materias da expresión sonora (I). Son analóxico e silencio
5.1.- O feito audiovisual como feito de linguaxe. Configuracións significantes
5.2.- Os sons da realidade. Ruído ou son analóxico
5.3.- Silencio: usos, funcións e significados
Tema 6.-As materias da expresión sonora (II). Voz
6.1.- Vococentrismo e verbocentrismo: a voz humana
6.2.- As voces narradoras
6.3.- Distancia, memoria e reflexión da voz over
Tema 7.-As materias da expresión sonora (III). Música
7.1.- A inscrición da música no discurso audiovisual.
7.2.- A música no tempo e no espazo fílmicos
7.3.- Funcións expresivas da música de cine
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Chion, Michael, La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido, Barcelona, Paidós, 1993.
Chion, Michael, La voz en el cine, Madrid, Cátedra, Signo e Imagen, 2003.
Jullier, Laurent, El sonido en el cine, Barcelona, Paidós / Los pequeños cuadernos de “Cahiers du Cinéma”, 2007.
Puyal, Alfonso, Teoría de la comunicación audiovisual, Madrid, Fragua, 1996
Rodríguez Bravo, Ángel, La dimensión sonora del lenguaje audiovisual, Barcelona, Paidós, Papeles de Comunicación, 2001.
Bibliografía complementaria
Abril, Gonzalo, Análisis crítico de textos visuales. Mirar lo que nos mira, Madrid, Síntesis, 2007.
Ardévol, Elisenda, e Muntañola, Nora (coordinadoras), Representación y cultura
audiovisual en la sociedad contemporánea, Barcelona, Editorial UOC, 2004.
Aumont, Jacques La imagen, Barcelona, Paidós, 1992.
Aumont, Jacques, El ojo interminable. Cine y pintura, Barcelona, Paidós, 1997.
Bettetini, Gianfranco, La conversación audiovisual: problemas de la enunciación fílmica y televisiva, Madrid, Cátedra, 1986.
Bordwell, David, e Thompson, Kristim, El arte cinematográfico. Una introducción, Barcelona, Paidós, 1995.
Català Domènech, Josep María, La forma de lo real. Introducción a los estudios visuales, Barcelona, Editorial UOC, 2008.
Català Domènech, Josep María, El murmullo de las imágenes. Imaginación, documental y silencio, Santander, Shangrila, 2012.
Casetti, Francesco, El film y su espectador, Madrid, Cátedra, 1989.
Casetti, Francesco e di Chio, Federico, Cómo analizar un film, Barcelona, Paidós, 2007.
Colón Perales, Carlos, Infante del Rosal, Fernando e Lombardo Ortega, Manuel, Historia y teoría de la música en el cine. Presencias afectivas, Sevilla, Alfar, 1997.
Chion, Michael, La música en el cine, Barcelona, Paidós, 1997.
Chion, Michael, El sonido: música, cine, literatura, Barcelona, Paidós, 1999.
Gardies, René, Comprender o cinema e as imagens, Lisboa, Texto Grafia, 2007.
Gombrich, E. H., La imagen y el ojo, Madrid, Alianza Forma, 1987.
Gubern, Román, Del bisonte a la realidad virtual. La escena y el laberinto, Barcelona, Anagrama, 1996.
Kosloff, Sarah, Invisible Storytellers, Los Angeles,University of California, 1998.
VV. AA., La Transición del mudo al sonoro. Historia General del Cine, Volume VI, coordinado por Manuel Palacio e Pedro Santos, Madrid, Cátedra, 1995.
Villafañe, Justo, e Mínguez, Norberto, Principios de teoría general de la imagen,
Madrid, Pirámide, 1996.
Zunzunegui, Santos, Pensar la imagen, Cátedra / Universidad del País Vasco, 1992.
CompetenciasO son e a imaxe como como elementos básicos do discurso audiovisual. A construción de espazos sonoros. Tipoloxía da imaxe. Características e aplicacións. Tipoloxía do son. Características e aplicacións.
Vaise procurar a adquisición dun coñecemento reflexivo do son e a imaxe como elementos básicos do discurso audiovisual, por mor de conquerir un uso e aplicación máis rendibles de ditos elementos. Tralo estudo de aspectos xerais referidos á teoría da representación e da percepción, abordarase a construción de espazos sonoros e a expresión sonora, non como un fenómeno illado senón, pola contra, en relación, sempre, coa imaxe, como interactúa con ela e qué contribución fai, en definitiva, á articulación audiovisual. Ocuparémonos, daquela, do rendemento expresivo dos diferentes elementos sonoros, a súa capacidade para expresar e xerar significados e a súa particular maneira de representar o real a través do discurso audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos que figuran neste temario serán abordados polo profesor nas clases expositivas previstas na distribución da carga lectiva deseñada para esta asignatura. As sesións interactivas van estar dedicadas, maioritariamente, ao visionado e análise de pezas audiovisuais que servan para capacitar ao alumno no recoñecemento e interpretación dos elementos sonoros e visuais alí incorporados, con obxecto de aprender a percibir crítica e razonadamente a presenza do sonido nos filmes, o lugar que alí ocupan e as funcións que cumpren.
Os alumnos realizarán unha práctica individual de análise fílmica centrada no estudo da dimensión sonora dunha secuencia. Ademais, será obrigatoria a realización dun traballo de recensión e interpretación crítica do libro de Michael Chion, La voz en el cine, aínda que en cada curso pode proporse un título distinto. O exame teórico pode incluír unha pregunta de verificación da lectura en cuestión.
A asistencia ás clases é obrigatoria. A acumulación de máis de tres faltas sen xustificar suporá o suspenso para a convocatoria en curso.
Sistema de evaluaciónExame teórico final: 80 % da nota final
Traballo análise fílmica: 10 % da nota final
Lectura obrigatoria: 10 % da nota final. Entregarase o día do exame final.
Será condición indispensable para superar a materia ter realizadas as dúas prácticas propostas. Na segunda edición desta convocatoria de exame manterase a mesma ponderación para o cálculo da nota final e caberá a posibilidade de repetir algún dos traballos prácticos se o alumno desexa mellorar as súas cualificacións.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumno:
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Exame final: 1 hora
Total: 52 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo: 58 horas
Realización prácticas: 10 horas
Total: 88 horas
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián da materia da asignatura a medida que vai sendo abordada en cada unha das sesións. Recoméndase tamén a participación activa no desenvolvemento das clases, así como a asistencia continuada e a lectura de, alomenos, algúns dos textos recomendados na bibliografía para facilitar así o proceso da aprendizaxe.
.