G3041223 - Realización audiovisual (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Desenvolver o concepto de realización ou dirección audiovisual.
• Introducir no análise dos produtos audiovisuais e a súa realización.
• Transmitir os coñecementos teóricos e prácticos que articulan o proceso da realización.
• Capacitar na elaboración de produtos audiovisuais: A súa planificación e execución, considerando parámetros narrativos, estéticos e técnicos.
• Fomentar o traballo en equipo e o establecemento de protocolos.
• Facilitar a adquisición dos procedementos e estratexias operativas conducentes á optimización da realización.
• Sentar as bases desta disciplina con independencia dos medios concretos onde se exercite, tendo en conta a constante evolución destes.
• Fomentar a creatividade individual e colectiva e incentivar o espírito crítico.
• Promover a asunción de responsabilidades por parte do alumno.
ContidosAproximación ós mecanismos de análise da realización audiovisual. Capacitación nas rutinas de posta en escena e realización de produtos audiovisuais informativos, de ficción, documental ou entretemento, para calquera tipo de fiestra de difusión e distribución. Coñecemento das necesidades técnicas e recursos humanos dos que dispón o realizador, tanto creativos como operativos, para levar a termo unha produción audiovisual, en función da súa tipoloxía, soporte e fiestra de difusión. Control estético, editorial e organizativo dun produto audiovisual desde a súa xestación ata a súa exhibición.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Tema 1- INTRODUCIÓN: O PRODUTO AUDIOVISUAL, ARTE E TECNOLOXÍA
• A orixe. O produto audiovisual como vehículo da comunicación.
• Os modelos comunicativos, os protagonistas e os soportes.
• O concepto de realización ou dirección.
• Sistemas avanzados de creación, difusión e consumo audiovisual.
• O futuro do audiovisual.
Tema 2- PROCESO DA REALIZACIÓN
• Proceso xeral de creación dunha obra audiovisual. O deseño de proxectos. A relación co produtor.
• Elementos materiais da produción.
• Elementos humanos da produción.
• A preprodución.
• A realización de eventos e espectáculos audiovisuais.
• A captación, creación e rexistro de imaxes e sons.
• A posprodución.
Tema 3- TÉCNICAS DE REALIZACIÓN
• Estratexias de realización. A posta en escena, en cadro e en serie.
• Modalidades de realización segundo a estrutura e o contido.
• Modalidades de realización segundo os medios e procedementos de produción e transmisión
.
Tema 4- REALIZACIÓN E DISCURSO AUDIOVISUAL
• Os recursos expresivos.
• Espazo e tempo reais, reconstruídos e integrados.
• Recursos para reconstruír o espazo.
• Recursos para a selección e alteración temporal.
• Relacións espazo-temporais no plano, entre planos ou entre secuencias.
• Percepción e asimilación por parte do receptor.
• A sintaxe audiovisual secuencial e non-secuencial.
• O relato clásico e o emerxente.
• A montaxe.
Tema 5- A CREACIÓN E A RECREACIÓN DA REALIDADE
• Reprodución, representación e transgresión.
• A continuidade, a fluidez e a harmonía.
• A imitación de fenómenos físicos en animacións e efectos especiais.
• Movementos interno e externo, factores. A captura de movementos.
• A dirección do movemento: Normas e estruturas. A zona do cadro. Os espazos tridimensionais.
• Eixe óptico. Eixes de acción, tipos. Lei do eixe ou do semicírculo.
• Principios mecánicos de continuidade con un ou varios personaxes ou obxectos. Establecemento de relacións entre eles.
• Casos particulares de continuidade.
• Continuidade óptica, de iluminación e de son. Coherencia cromática.
CONTIDOS PRÁCTICOS:
1. ANÁLISE AUDIOVISUAL
De distintos xéneros e formatos, para coñecer e comprender as diversas estratexias e recursos da Realización. O alumno entregará os seus estudos por escrito incluíndo plantas, guión técnico e aqueles datos, parámetros e consideracións que sexan relevantes.
2. PLANIFICACIÓN
O alumno deberá resolver guións literarios converténdoos en guións técnicos. Describirá os planos e os accesorios que necesita. Presentará gráficos que reflictan as accións, a disposición e movementos dos personaxes e cámaras, e un guión gráfico (story-board).
3. PROXECTO DE PRODUTO NOVEDOSO
O alumno deberá imaxinar e describir un produto ou formato audiovisual orixinal coa premisa de utilizaren as posibilidades das novas tecnoloxías (retroalimentación, interactividade, estereoscopia, hipermedia, integracións, realidade virtual ou aumentada, videoxogos...).
4. CREACIÓN DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS
Os produtos desenvolveranse en grupos de traballo coa seguinte composición:
• POR PARELLAS (a partires dunha película común a toda a clase)
4.1. Montaxe dun avance promocional (trailer) en edición non-lineal.
• POR SUBGRUPOS (cun mínimo de seis persoas):
4.2. Guión, produción e realización completa dun anuncio (spot), con un tema común, para a súa difusión pública (pantallas urbanas, dispositivos persoais, internet, teléfonos móbiles).
4.3. Produción e realización completa dunha obra curta de ficción.
(Valorarase, ademais da súa calidade técnica e artística, a boa presentación da mesma, a súa promoción e a participación en concursos, convocatorias de subvencións, etc. As curtas exhibiranse no festival anual dos alumnos da materia, FESTICURTA, inaugurada no 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Entregaranse dúas copias en DVD, unha delas para a mediateca da Universidade)
• POR GRUPOS (coincidentes cos da materia):
4.4. Produción, posta en escena, e realización dun directo de TV nun estudio da facultade.
Tras cada entrega haberá unha posta en común e unha discusión sobre os distintos traballos.
O alumno rotará nas súas funcións ó longo destas prácticas, de tal xeito que participará directamente en cada un dos sectores nos que se basea a organización do traballo: produción, realización e operacións.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• BORRÁS, Jesús y COLOMER, Antoni. El lenguaje básico del film. Ed. Nido, 1977.
• BORDWELL, David y THOMPSON, Kristin: El Arte Cinematográfico. Paidós, Barcelona. 1996.
• CASTILLO, José María: Televisión, realización y lenguaje audiovisual. Instituto RTVE. Madrid, 2009.
• KINDEM, Gorham y B. MUSBURGER, Robert: Manual de producción audiovisual digital. (3ª ed.)
Ediciones Omega. 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• ALBERS, Josef: La interacción del color, Alianza forma.
• ARIJON, Daniel: Gramática del lenguaje audiovisual. Escuela de Cine y Video. Andoain, 2003.
• BARROSO GARCÍA, Jaime: Lenguaje y realización en la televisión y el vídeo, Fundesco, Madrid, 1986.
• BROWN, Blain: Iluminación en cine y televisión.Escuela de Cine y Vídeo, Andoain, 1998.
• CAÑIZARES FERNÁNDEZ, Eugenio: El lenguaje del cine: semiología del discurso fílmico. Universidad Complutense, Madrid. 1993.
• CEBRIÁN HERREROS, M.: Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis, Madrid, 1998
• DONDIS, D.A.: La Sintaxis de la Imagen.Gustavo Gili, Barcelona. 2006.
• FERNÁNDEZ DÍEZ, Federico y MARTÍNEZ ABADÍA, José: Manual básico del lenguaje y narrativa audiovisual. Paidos, Barcelona. 2007.
• GALÁN CUBILLO, Esteban: Televisión en Virtual. IORTV, 2008.
• GOLDSTEIN, E. Bruce: Sensación y percepción. Paraninfo, 2005.
• HELLER, Eva: Psicología del color. Gustavo Gili, Barcelona, 2007.
• HUERTAS, F: Estética del discurso audiovisual. Mitre, Barcelona. 1986.
• MARTÍN, Marcel: El lenguaje del cine. Gedisa, Barcelona. 1999.
• MARTÍNEZ ABADÍA, José, PERE VILA I FUMÁS Y OTROS: Manual básico de tecnología audiovisual y técnicas de creación, emisión y difusión de contenidos. Ed. Paidós, Barcelona. 2004.
• MITRY, Jean: Estética y psicología del cine. Siglo XXI, Madrid. 1999.
• PAREJA CARRASCAL, Emilio: Tecnología actual de Televisión. IORTV, Madrid. 2005.
• PAREJA CARRASCAL, Emilio: Escenografía virtual. UD. 157, IORTV. Madrid, 1998
• PAZÓ FERNÁNDEZ, Edith: Diccionario Galego de TV. Xunta de Galicia. 2005.
• PÉREZ HUERTAS, Francisco José: Introducción a la multimedia: realización y producción de programas. IORTV, Madrid. 1998.
• PÉREZ y ZAMANILLO: Fundamentos de TV analógica y digital, Universidad de Cantabria. 2003.
• RABIGER, Michael: Dirección de cine y vídeo: técnica y estética. IORTV. 1993.
• REISZ, Karel: MILLAR, Gavin: Técnica del montaje cinematográfico. Taurus, Madrid. 1990.
• RODRÍGUEZ, Ángel: La dimensión sonora del lenguaje audiovisualPaidós. 1998.
• SÁNCHEZ, Rafael C.: El montaje cinematográfico, arte del movimiento. 3 Ed. Agnis. 1991.
• SCHILLER, Friedrich: Escritos breves sobre estética. Editorial doble J. 2002.
• STANISLAVSKIÏ, Konstantin Sergueevich: La construcción del personaje. Alianza Editorial. 1995.
• TORÁN, Enrique: Tecnología Audiovisual. Síntesis, Madrid. 1988.
• WRIGHT, Steve: Efectos digitales en cine y vídeo. Escuela de Cine y Vídeo, Andoain. 2003.
• ZÚÑIGA, Joseba: Realización en TV. Escuela de Cine y Vídeo. Andoain. 2006.
ENLACES:
- Páxina de cine e audiovisuais do Ministerio de Cultura
http://www.mcu.es/cine/
-Linguaxe cinematográfica
http://www.xtec.es/~xripoll/lengua.htm
-Base de datos de cine
http://www.imdb.es/
-Plugin para word con funcións de escritura de guión.
http://www.indelibleink.com/scriptstyles.html
-Comité Español de Iluminación.
http://www.ceisp.com/
-Consorcio internacional do color
Competencias• Capacidade para realizar ou dirixir produtos audiovisuais.
• Capacidade para a interpretación, a aplicación e o manexo da linguaxe audiovisual e o coñecemento e análise dos códigos da realización en distintos ámbitos produtivos.
• Capacidade para deseñar e executar proxectos audiovisuais en distintos medios ou asesorar sobre eles, considerando as súas particularidades.
• Capacitación nas técnicas de posta en escena, realización e masterización de produtos audiovisuais de calquera estilo e para calquera tipo de fiestra.
• Coñecemento básico da tecnoloxía e posibilidades dos sistemas dixitais audiovisuais actuais.
• Coñecemento dos recursos humanos, técnicos e artísticos necesarios e adecuados para cada tipo de produción, e capacidade para organizalos.
• Capacidade para artellar o traballo de equipos e establecer protocolos de actuación, rutinas e dinámicas de traballo.
• Investigar, desde a óptica da realización, sobre a conformación dos produtos audiovisuais en xeral e a xestación de novos formatos.
• Controlar a responsabilidade estética, editorial e organizativa que exerce o realizador dun produto audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza A parte teórica abarca as nocións básicas de realización audiovisual coa descrición dos seus procesos, técnicas e estratexias. Ademais de leccións maxistrais, requiriranse determinadas lecturas e visións e proporanse periodicamente exercicios individuais para resolver fóra da clase. Trala súa resolución poderanse debater na aula os aspectos máis interesantes e poñer en común os coñecementos adquiridos, as ideas e as opinións.
A ordenación dos temas e os seus contidos no programa non presupón a cronoloxía da súa exposición. Os estudantes terán que entrelazar os conceptos e reflectilos na feitura dos traballos prácticos ó longo do curso.
A parte práctica comeza cunha fase de análise e conclúe con outra de síntese. Outórgaselle igual importancia ó estudo ca á creación.
As destrezas obteranse a través da análise e posta en práctica das distintas fases do proceso de produción (preparación, obtención de imaxes e sons, e acabado), e tamén a través da aprendizaxe da linguaxe audiovisual e da súa materialización discursiva.
- Mediante a análise de pezas audiovisuais, ou fragmentos delas, preténdese que o alumno observe e entenda as técnicas da realización e os seus mecanismos. Con elo, nunha reversión do proceso, poderá forxar a súa propia bagaxe de recursos e solucións prácticas (o que permitiralle concibir, deseñar e planificar os seus propios produtos).
- A creación de guións técnicos permitiralle practicar e desenvolver a teoría, independentemente de que se produzan ou non as pezas creadas.
- A creación de produtos permitiralle xuntar e aplicar os coñecementos acumulados na primeira parte do grao e descubrir a necesidade ou conveniencia dos correspondentes á segunda.
Pretende ser un método eficaz baseado en libros, tratados, unidades didácticas, material audiovisual e na realidade da profesión.
Sistema de evaluaciónA avaliación farase de forma continuada. Haberá varias probas no cuadrimestre con preguntas (tipo test, de desenvolvemento ou mixtas) sobre aspectos teóricos, prácticos e operativos da materia, e isto inclúe os contidos das clases expositivas e interactivas e tamén os contidos das actividades académicas dirixidas. As persoas que aproben todas as probas parciais e demostren un seguimento continuado da materia estarán liberadas da presentación ao exame final do calendario oficial.
Proporanse exercicios individuais, para resolver na clase ou fora de ela, como análises audiovisuais e exercicios de resolución de secuencias.
Avaliaranse tamén as prácticas salientadas no epígrafe contidos prácticos. En elas, a cualificación dependerá da estimación do profesor, que terá en conta tanto a contribución persoal do alumno como a súa participación activa nos grupos.
Por mor de que a maior parte das prácticas efectúanse en grupos de traballo, é imprescindible a comparecencia de tódolos membros a elas, así como o cumprimento das tarefas que xurdan. A ausencia continuada e non xustificada de algún alumno ou o seu absentismo, causaralle baixa no devandito grupo e a suspensión das prácticas (e do curso).
A nota final obterase como a media das dúas partes: teórica e práctica (cada unha delas achegaría o 50% da cualificación). En calquera caso, será imprescindible ter ámbalas partes aprobadas para superar a materia. No caso de teren aprobada a parte práctica pero non a teórica na convocatoria de Xuño, manterase aquela ata a convocatoria de Xullo e computarase co mesmo criterio. A suspensión da parte práctica en Xuño imposibilita ó alumno para superar a materia dentro desa matrícula.
Tempo de estudo e traballo persoalO Estudante dedicará para a adquisición dos coñecementos, capacidades e destrezas correspondentes un total de 150 horas, incluíndo as de estudo e traballo persoal, das cales:
• Dedicará 51 horas a actividades lectivas con presencia do profesor:
- 24 horas de clase expositiva,
- 24 horas de clase interactiva,
- 3 horas de titorías
- exames e outras actividades
• Dedicará 99 horas a actividades académicas dirixidas:
- Traballos requiridos nas clases,
- Preparación de prácticas,
- Lecturas e Navegación web,
- Visións,
- Horas de estudo
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase o seguimento continuado das distintas actividades docentes, pois constitúen unha cadea de nocións e de aplicacións prácticas que se van complementando, enlazando ou xustificando unhas ás outras.
Convén co alumno, analice e xulgue todo tipo de produtos nos medios de comunicación na busca dos mecanismos que está a estudar. Ademais de axudarlle a entendelos, facilitaralle o ir forxando un criterio propio sobre a realización audiovisual.
Ha de reflexionar sobre a pertinencia e eficacia dos recursos utilizados polos diversos autores para lograr determinados fines, e valoralas. Deste xeito, poderá construír as súas propias opinións e imaxinar alternativas. Poderá formularse as súas propias solucións sintácticas e estilísticas, e experimentalas nos seus traballos.
Nas clases interactivas todos os alumnos porán en común e cotexarán as súas diferentes opinións, versións e métodos resolutivos, e enriqueceranse mutuamente.
Ó seu coñecemento progresará, ademais de pola teoría, pola posta en práctica da mesma. As tarefas concretas iranlle imprimindo capacidade creativa e habilidades executivas.
ObservaciónsO profesor facilitará un lugar en plataforma virtual da USC para desenvolver de forma interactiva todo o intercambio de materiais co alumnado.
Neste lugar haberá todo tipo de documentos: textuais, gráficos, sonoros, videográficos…