Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041224 - Comunicación e información xornalística (Tecnoloxías dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA OROSA, BERTA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Analizar criticamente as mensaxes periodísticas emitidas en diferentes soportes e contextos sociais.
    2. Coñecer a teoría e a técnica do tratamento da mensaxe xornalística.
    3.Producir textos informativos para os diferentes soportes de comunicación periodística.
    4.Coñecer os pasos previos á redacción do texto periodístico.
    5.Coñecer e analizar os distintos xéneros periodísticos, historia, características e usos.
    6.Coñecer e analizar técnicas e formas de expresión, o sistema informativo, o discurso e as variables de xénero e soporte nos medios de comunicación.
    Descritor: Fundamentos da comunicación periodística. A noticia como eixo da información. A trama entre información, interpretación e opinión. Os xéneros informativos. Teoría e análise da información nos medios audiovisuais. A produción de formatos informativos en medios audiovisuais.

    Contidos
    2.1.Teóricos. Os contidos teóricos da materia xorden do descritor da mesma e están recollidos no programa da materia.
    Tema 1. A mensaxe xornalística.
    1.1. Introdución aos contidos básicos da materia.
    1.2. Os acontecementos xornalísticos.
    1.3. Os valores noticia.
    1.4. Filtros na publicación.

    Tema 2. Os compoñentes da noticia.
    2.1. O proceso de semantización.
    2.2. Elementos da noticia.
    2.3. A estrutura da noticia.

    Tema 3. A titulación.
    3.1. Funciones do titular.
    3.2. Elementos da titulación.
    3.3. Tipos de titulación.
    3.4. Principais erros.

    Tema 4. As fontes informativas.
    4.1. Definición e a súa importancia na axenda mediática.
    4.2. Clasificación.
    4.3. A relación cos xornalistas.
    4.4. Identificación e atribución.
    4.5. Principais erros.

    Tema 5. Introdución aos xéneros.
    5.1. Definición e a súa relevancia.
    5.2. Os macroxéneros.
    5.3. Principais dificultades.

    Tema 6. Os xéneros.
    6.1. A reportaxe. Definición e estilo.
    6.2. A crónica. Definición e estilo.
    6.3. A entrevista. Definición e estilo.
    6.4. A opinión. Definición e estilo.

    Tema 7. A axenda mediática.
    7.1 Principais ferramentas de construción da axenda.
    7.2. Elementos para converterse en noticia.
    7.3. Os novos modelos na rede.


    2.2. Prácticos.
    Seguindo o descritor e os obxectivos da materia o alumno deberá realizar prácticas de análise, interpretación e elaboración dos principais conceptos traballados na mesma. Neste sentido, analizarase mediante textos escritos, audiovisuais e multimedia de actualidade os principais fundamentos da comunicación periodística e a elaboración de noticias. Tamén a través da análise realizaranse os contidos de diferenciación entre a información, a interpretación e os artigos de opinión.
    O alumno deberá realizar información para os medios escritos e audiovisuais a través da cobertura en directo e en diferido de diferentes acontecementos de actualidade da súa realidade máis próxima. As prácticas desta materia estarán vinculadas á actualidade política, económica, social e informativa e incluirán a cobertura de actos informativos programados de diferentes tipos e a elaboración de informacións propias.

    Bibliografía básica e complementaria
    3.1. Bibliografía básica.
    ARMENTIA, José Ignacio, Fundamentos de periodismo impreso, Barcelona, Ariel, 2003.
    DIEZHANDINO, María Pilar, El quehacer informativo. El “arte de escribir” un texto periodístico, Bilbao, Universidad del País Vasco, 1994.
    FONTCUBERTA, Mar de, La noticia. Pistas para percibir el mundo, Madrid, Paidós, 1993.
    LÓPEZ GARCÍA, Xosé; GARCÍA OROSA, Berta, Construíndo a realidade, Santiago de Compostela, Edicións Lea, 2009.
    RODRIGO ALSINA, Miquel, La construcción de la noticia, Madrid, Paidós, 2005.

    3.2. Bibliografía complementaria.
    AGUINAGA, Enrique de, “Nuevo concepto de Redacción Periodística”, Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 2000, nº 6, p. 307-325.
    ARMAÑANZAS, Emy; DÍAZ NOCI, Javier, Géneros de opinión, Bilbao, Servicio Editorial del País Vasco, 1996.
    BARDOEL, Jo, “Beyond journalism. A profesion between information society and civil society”, European Journal of Communication, volume 11, number 3, setember 1996, p. 283-302.
    BEASLEY, Berrin, “Journalists´ attitudes toward narrative writing”, Newspaper Research Journal, volume 19, nº 1, winter 1998, p 78-89.
    BORRAT, Héctor, “El debat entre professionaliste i comunicòlegs”, Annals del Periodismo Català, núm. 16, Barcelona, Col-legi de Periodistes de Catalunya, enero-junio, 1990, p. 54-63.
    CANTAVELLA, Juan.; SERRANO, José Francisco, Redacción para periodistas: informar e interpretar, Barcelona, Ariel, 2004, p. 51-76.
    CASTELLS, Manuel., Comunicación y poder, Madrid, Alianza Editorial, 2009.
    DONNELLY, Laura, “Proximity, not story format, improves news awareness among readers”, Newspaper Research Journal, volume 26, nº1, winter 2005, p. 59-65.
    FONTCUBERTA, Mar de, La noticia. Pistas para percibir el mundo, Madrid, Ediciones Paidós, 1993, p. 11-26; p. 77-91; 91-115.
    GARCÍA OROSA, Berta, Los altavoces de la actualidad, Editorial Netbiblo, A Coruña, 2009.
    GOMIS, Llorenç, Teoría del gèneres periodístics, Barcelona, Generalitat de Catalunya, 1989.
    HAGEN, LUTZ M., “Opportune witnesses: an análisis of balance in the selection of sources and arguments in the leading german newspapers´ coverage of the census issue”, European Journal of Communication, volume 8, number 3, september 1993, p. 317-343.
    LÓPEZ GARCÍA, Xosé, Informe da comunicación 2009, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2010, dispoñible en www.consellodacultura.org.
    LÓPEZ, Xosé.; GARCÍA OROSA, Berta, Construíndo a realidade, Santiago de Compostela, Edicións Lea, 2009. Sobre todo, do temas 1 ao 3.
    MCNAIR, Brian, “Journalism in the 21st century –evolution, not extinction”, Journalism, vo. 10(3), 2009, p. 347-349.
    REINEMANN, Carsten; SCHULZ, Winfried, “Introduction to the special issue: news decisions and news values”, Communications: The European Journal of Communication Research, volume 31, number 1, march, 2000, p. 1-4.
    SCHULZE SCHNEIDER, Ingrid, “Guerra y comunicación: una relación compleja”, en GÓMEZ MOMPART, Josep L.; MARÍN OTTO, Enric, Historia del periodismo universal, Madrid, Editorial Síntesis, 1999, p. 137-184.
    STEPHENS, Mitchell, “Beyond news”, Columbia Journalism Review (CJR), January-February, 2007 disponible en Stephenshttp: www.cjr.org/issues/2007/1/Stephens.asp.
    VILLARES, Ramón; BAHAMONDE, Angel, El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid, Taurus, 2001. Sobre todo, a terceira parte, que leva por título , p. 471-606.
    WESTERSTAHL, Jörgen; JOHANSSON, Folke, “Foreign news: news values and ideologies”, European Journal of Communication, volume 9, 1994, p. 71.

    Competencias
    1. Coñecemento dos fundamentos da comunicación xornalística.
    2. Comprensión dos valores informativos da comunicación audiovisual.
    3. Coñecemento da evolución da comunicación periodística.
    4. Coñecemento das técnicas para analizar e producir información para os medios
    audiovisuais.
    5. Coñecementos básicos das técnicas de produción e redacción de información.
    6. Coñecementos dos aspectos éticos e deontolóxicos da comunicación informativa.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plano de estudos do Grao de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
    A distribución das clases axústase á normativa vixente para a materia “Comunicación e información periodística”, cunha carga de 60 horas de traballo presencial dos alumnos e un total de 90 horas de traballo persoal do alumno.
    A distribución concreta do traballo presencial estará dividido en clases expositivas (presentación e explicación dos temas) cun total de 20 horas; busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc) cun total de 10 horas; traballos con textos: análise, síntese e discusión cun total de 4 horas; prácticas cun total de 20 horas; titorías de traballos de curso cun total de 2 horas; actividades de avaliación cun total de 2 horas e exame final con dúas horas.
    No caso do traballo persoal do alumno a distribución por horas e tarefas será a seguinte: estudio autónomo individual ou en grupo cun total de 40 horas; planificación e execución da práctica con 40 horas e lecturas recomendadas con 10 horas.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Será unha avaliación de carácter sumativo cos seguintes ítems:
    a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
    b. Capacidade para reflexionar criticamente sobre o concepto e o nacemento da mensaxe informativo
    c. Demostrar coñecementos sobre a orixe da mensaxe informativa e as rutinas produtivas.
    d. Capacidade de análise crítico das mensaxe informativas e das técnicas de escolma de información
    e. Capacidade de elaboración de noticias e demais xéneros informativos, interpretativos e de opinión.
    f. Capacidade de analizar criticamente o xornalismo actual e o papel do comunicador audiovisual.
    Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
    a. Exame/s teórico/s.
    b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
    c. Participación activa e positiva nos seminarios.
    d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.

    Será unha avaliación continua polo que se recomenda o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos senón tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo. Soamente o traballo continuado e progresivo poderá familiarizar ao alumno cos contidos do curso.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das aulas presenciais rexistradas no desenvolvemento da materia, o alumno deberá levar a cabo traballo non presencial. Neste caso do traballo persoal do alumno a distribución por horas e tarefas será a seguinte: estudio autónomo individual ou en grupo cun total de 40 horas; planificación e execución da práctica con 40 horas e lecturas recomendadas con 10 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas ás achegas da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
    Observacións
    É importante para o bo funcionamento da materia que o alumno asista ás aulas cun coñecemento da actualidade informativa do día.
    Na medida do posible, realizaranse saídas ao exterior como prácticas complementarias.