G3041226 - Edición audiovisual (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEnsinar a evolución da montaxe e a composición desde os sistemas de edición lineal ata os non-lineais, e o avance que supuxo a dixitalización.
• Describir os roles e competencias dos recursos humanos relacionados con todos os aspectos da montaxe, edición e posprodución desde as súas orixes ata a actualidade.
• Capacitar ao alumno na execución de todas as fases da montaxe e posprodución audiovisual, e nas dinámicas do traballo en equipo.
• Establecer os criterios de linguaxe audiovisual e narrativos útiles para que a montaxe contribúa ó relato cos seus recursos expresivos e as súas estratexias comunicativas, e evite terxiversalo ou desvirtualo, respectando así a intencionalidade do guión.
• Ensinar as técnicas e procesos de integración e compaxinación de elementos gráficos, visuais e sonoros que conflúen na edición, as de corrección de cor (etalonado) e a conformación das pistas sonoras.
• Transmitir a necesidade de un acabado profesional nos procesos de finalización e masterización do produto editado.
• Fomentar o estudo e análise de diferentes produtos, tanto cinematográficos, videográficos, televisivos, como das novas xanelas de difusión, co fin de desenvolver no alumno unha actitude crítica que lle axude a forxar o seu propio estilo e a xerar as súas propias formulacións estéticas e formais ás propostas que se lle presenten.
ContidosAnálise das escolas estilísticas e estéticas relacionadas coas principais técnicas de edición e montaxe audiovisual. Instrución para a conformación de produtos audiovisuais, a partir da sutura de imaxes e sons, en función dos canons narrativos de cada xénero ou estilo. Capacitación no uso das aplicacións que habilitan en distintas técnicas de edición, posprodución, composición e etalonado, destinadas á realización de produtos audiovisuais en función, tanto da súa tipoloxía, como da xanela de difusión.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Tema 1 - INTRODUCIÓN: A EDICIÓN AUDIOVISUAL
• O concepto de montaxe e edición audiovisual. O deseño e a planificación da edición entendidos como realización. A edición na produción e na posprodución
• Evolución da tecnoloxía da edición, desde os seus inicios á actualidade
• Os estándares do son, da luz e da cor na produción, posprodución e reprodución
• O proxecto, os documentos do editor, os fluxos de traballo
• A edición nos distintos ámbitos do sector audiovisual. A edición segundo formatos, soportes e plataformas. A edición en tempo real
• Dimensións multimedia da edición audiovisual.
• Principais escolas e movementos relacionados coa edición audiovisual. Os xéneros
Tema 2 - FUNDAMENTOS DA EDICIÓN AV
• Semántica, sintáctica. Posibilidades expresivas, estéticas e creativas da montaxe
• A montaxe sincrónica e a diacrónica. A montaxe continua, a descontinua e a ideolóxica..
• O espazo e o tempo. Elipsis, analepsis e prolepsis
• A compaxinación previa á montaxe: O guión técnico, o guión gráfico e a rodaxe
• O raccord: Continuidade visual e sonora. A fluidez e a claridade expositiva.
• Ritmo interno e externo
• Recursos narrativos
• Montaxe sonora e ambientación musical
Tema 3 - A EDICIÓN NON LINEAL
• Características.
• Deseño, configuración e adecuación do proxecto
• Preparación, captura e organización dos materiais
• Edición: Transicións e efectos
• A liña de tempos, a sincronía
• Ferramentas de transformación e axuste
• Estratexia na edición de diferentes produtos en función da súa tipoloxía
• Procesamento, masterización e empaquetado do produto para a difusión e distribución
Tema 4 - A POSPRODUCIÓN E A COMPOSICIÓN
• O proceso da posprodución.
• Principais aplicacións e entornos de traballo.
• A composición. Concepto de capa. Axustes
• Animación e fotogramas chave. Os seguimentos (tracking)
• Métodos de incrustación de elementos gráficos e visuais
• Fluxos de traballo entre distintas aplicacións da posprodución, Os metadatos, os formatos enriquecidos
• O grafismo. A identidade visual
Tema 5 - O TRATAMENTO DA COR
• Sistemas ou modelos e espazos da cor
• O traballo de etalonado
• Elementos e parámetros de axuste. Rodas de cor e curvas de luminosidade
• Límites técnicos da corrección de cor. A legalidade da cor
• Correccións primarias e secundarias
• Adecuación do cromatismo da peza aos intereses estéticos ou narrativos da produción
• Filtros e efectos
Tema 6 - O TRATAMENTO DO AUDIO
• Arquivos de audio
• Aplicacións específicas para a posprodución de audio
• A posprodución de audio na plataforma de vídeo
• Conformación das pistas
• Keyframes, axustes puntuais e globais
• Filtros e efectos
• Conformación da banda sonora en función do seu destino
Tema 7 - OUTROS ÁMBITOS NA POSPRODUCIÓN AUDIOVISUAL
• As paletas gráficas. A rotoscopia
• Técnicas de Motion Graphics: Stop Motion, animación de interpolación, cell animation, collage, pastiche
• Os efectos especiais dixitais
• Ferramentas: Sistemas de partículas, rutas de cámara, capturas de movemento
• Animación 2D e 3D
CONTIDOS PRÁCTICOS:
1 - XENERALIDADES
• Proceso de axuste do monitorado
• Conceptos prácticos básicos da imaxe e o son dixitais
• A captura
• Ficheiros audiovisuais, compatibilidades, conversións
• Sistemas de almacenaxe dixital
2 - O ENTORNO DE COMPOSICIÓN E POSPRODUCIÓN ADOBE AFTER EFFECTS
• Axustes de proxecto e de composición. A interface de usuario
• Importación e administración de elementos de material de arquivo
• Creación, disposición e composición de capas. Incrustacións, fusións
• Modificación e animación das propiedades de capa. Estilos de capa
• Cor, debuxo, pintura e trazado. Retoque de imaxes e gráficos en Adobe Photoshop
• Incorporación de efectos e modificación das súas propiedades
• Secuencias de comandos, expresións
• Etalonado e tratamento da cor
• Tratamento das pistas de audio
• Previsualización
• Procesamento e exportación
3 - EDICIÓN DOS SEGUINTES PROXECTOS:
• Gráfico animado
• Cabeceira e lufadas dun programa
• Promoción dun programa: “a total” e para sobreimpresión
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• BORRÁS, Jesús y COLOMER, Antoni. El lenguaje básico del film. Ed. Nido, 1977.
• FERNÁNDEZ CASADO, José Luis. Posprodución digital : cine y vídeo no lineal. San Sebastián : Escuela de Cine y Vídeo, 1999
• FERNÁNDEZ DÍEZ, F. y MARTÍNEZ ABADÍA, J. Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Paidós. Barcelona 1999
• MCGRATH, D., Montaje & posprodución, Océano, Barcelona 2001
• SÁNCHEZ, Rafael C. El Montaje cinematográfico arte de movimiento. Buenos Aires: La Crujia, 2008.
• SÁNCHEZ-BIOSCA, V., El Montaje cinematográfico: teoría y análisis, Paidós, Barcelona 1996
• OHANIAN, T.A, Edición digital no lineal, IORTVE, Madrid 1996
• REISZ, Karel. Técnica del montaje cinematográfico. Madrid : Plot 2003
• THOMPSON, Roy. Manual de montaje : gramática del montaje cinematográfico. Madrid : Plot, 2001.
• VILLAIN, Dominique: El montaje. Cátedra, Madrid, 1994
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• ARIJÓN, D., Gramática del lenguaje audiovisual, Escuela de cine y video. San Sebastián 1988
• BROWN, Blain. Cinematografía. Teoría y Práctica. Omega. Barcelona 2008
• BROWNE, Steven E. Posprodución en Alta Definición : edición y finalización del vídeo en HD. Andoáin: Escuela de Cine y Vídeo, 2008
• BURROWS, Thomas. Produción de Vídeo. Disciplinas y técnicas. Mc Graw Hill. México 2003
• CEBRIAN HERREROS, M. Información audiovisual. Concepto, técnica, expresión y aplicaciones. Síntesis, Madrid, 1995
• DEL REY DEL VAL, Pedro. Montaje, una profesión de cine. Barcelona : Ariel, 2002
• EISENSTEIN, Serguei M, Hacia una teoría del montaje. Barcelona : Paidós 2001
• JONES, Chris. The guerilla film makers movie blueprint. Continuum. London, 2003
• JONES, S., Corrección de color para edición de vídeo no lineal : guía paso a paso. Escuela de Cine y Video, Guipúzcoa 2003
• KELLER, Teresa. Television news: a handbook for writing, reporting, shooting, and editing. Scottsdale (Arizona) : Holcomb Hathaway, 2005
• MILLERSON, G., Realización y Produción en televisión, Instituto oficial de Radio y Televisión, Madrid 2001
• MORENO, R., Vídeo Digital, Anaya Multimedia, Madrid 2009
• MORENO, R., Avid: Edición de vídeo, Anaya Multimedia, Madrid 2009
• MURCH, Walter. En el momento del parpadeo : un punto de vista sobre el montaje cinematográfico. Ocho y Medio, Madrid 2003.
• NOHALES ESCRIBANO, Tirso. Proceso digital de imágenes. Escuela de Cine y Vídeo Andoáin, Guipúzcoa 2009
• PERKINS, Todd. Flash CS3 Professional : curso práctico. Madrid: Anaya Multimedia, 2008
• SOLER, Llorenc. La realización de documentales y reportajes para televisión. CIMS. Barcelona 1998
• SHUFFLEBOTTOM, Roger. Edición de video con Avid : Media Composer, Symphony, Xpress. Andoain, Guipúzcoa : Escuela de Cine y Vídeo, 2005
• TORRADO MORALES, Susana. Manual teórico-práctico para la realización de noticias y reportajes en televisión. Murcia : DM, 2007
• ÚBEDA I CARULLA, Joan. Reportaje en TV : el modelo Americano. Barcelona : Ixia, 1993
• WATKINSON, John, Compresión en vídeo y audio , Instituto Oficial de Radio Televisión Española, Madrid 1996
• WRIGHT, Steve: Efectos digitales en cine y vídeo. Escuela de Cine y Vídeo, Andoain. 2003
• WOOTTON, C., Compresión de audio y video, Anaya Multimedia, Madrid 2006
• YORKE, Ivor. Principios básicos del reportaje televisivo. Madrid : IORTV. 1991
Competencias• Coñecemento das rutinas de traballo na edición e posprodución de produtos. audiovisuais, e das funcións do realizador, guionista ou editor de textos, editor de vídeo, editor de audio, deseñador gráfico e etalonador .
• Capacidade para a realización de edicións audiovisuais mediante a utilización de distintas técnicas narrativas e plataformas de edición.
• Competencia para elaborar edicións audiovisuais de calquera tipoloxía para difusión e distribución, en calquera xanela e cumprindo estándares de calidade.
• Control dos informes e materiais fonte que nutren a fase de posprodución dun produto audiovisual, e dos recursos necesarios desde o inicio ata a conformación do master.
• Control total da sala de posprodución para estar en disposición de contribuír técnica e artisticamente ó proxecto, co fin de lograr que o produto teña os máximos parámetros de excelencia na súa conformación.
• Coñecemento de novas tendencias así como espazos alternativos para traballos de edición e posprodución audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas tratarán exhaustivamente os conceptos, regras, teorías e técnicas nas que se sustenta a edición audiovisual.
Ademais de clases maxistrais haberá visionados, debates, postas en común e, en paralelo, iranse aplicando os coñecementos nas clases interactivas a través das prácticas, con apoio docente. Proporanse exercicios individuais, para resolver na clase ou fora de ela.
O alumno editará persoalmente os seus produtos a través de aplicacións informáticas da facultade relacionadas especificamente coa edición, composición e posprodución. Ademais conformaranse grupos de traballo co fin de gravar imaxes que serán necesarias para algunhas das prácticas planificadas no presente programa.
Utilizaráse a plataforma virtual da USC como instrumento central de soporte dos grupos, para o intercambio (textos, vídeos, gráficos) dos contidos teóricos e prácticos da materia, así como para a presentación dos traballos e proxectos propostos.
Preténdese un seguimento constante do alumno e da súa evolución na materia.
PRÁCTICAS
• Conformación de dous grandes grupos de traballo con entre tres e catro subgrupos cada un para acometer a realización das actividades prácticas nas que levarán a cabo os seguintes procesos:
• Utilización das aplicacións informáticas específicas para a edición, retoque de imaxes, composición e posprodución
• Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa edición
• Utilización das técnicas e programas auxiliares necesarios para a conformación dos materiais co fin de adaptalos ao proxecto de traballo.
• Finalización do produto, adaptado para a súa distribución en soportes e formatos homologados pola industria audiovisual.
Sistema de evaluaciónA avaliación farase de forma continuada. Haberá varias probas, por escrito, no cuadrimestre con preguntas (tipo test, de desenvolvemento ou mixtas) sobre aspectos teóricos, prácticos e operativos da materia, e isto inclúe os contidos das clases expositivas e interactivas e tamén os contidos das actividades académicas dirixidas. As persoas que aproben todas as probas parciais e teñan feito un seguimento continuado da materia estarán liberadas da presentación ao exame final do calendario oficial.
Avaliaranse tamén as prácticas salientadas no epígrafe contidos prácticos. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. Nas prácticas que implican traballo en grupo, é imprescindible a comparecencia de tódolos membros, así como o cumprimento das tarefas que xurdan.
A nota final obterase como a media das dúas partes: teórica e práctica (cada unha delas achegaría o 50% da cualificación). En calquera caso, será imprescindible ter ámbalas partes aprobadas para superar a materia. No caso de teren aprobada a parte práctica pero non a teórica na convocatoria de Xuño, manterase aquela ata a convocatoria de Xullo e computarase co mesmo criterio. A suspensión da parte práctica en Xuño imposibilita ó alumno para superar a materia dentro desa matrícula.
Tempo de estudo e traballo persoalO Estudante dedicará para a adquisición dos coñecementos, capacidades e destrezas correspondentes un total de 150 horas, incluíndo as de estudo e traballo persoal, das cales:
• Dedicará 51 horas a actividades lectivas con presencia do profesor:
- 24 horas de clase expositiva
- 24 horas de clase interactiva
- 3 horas de titorías
- exames e outras actividades
• Dedicará 99 horas a actividades académicas dirixidas:
- Traballos requiridos nas clases
- Preparación de prácticas
- Lecturas e Navegación web
- visións
- Horas de estudo
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase o seguimento continuado das distintas actividades docentes, pois constitúen unha cadea de nocións e de aplicacións prácticas que se van complementando, enlazando ou xustificando unhas ás outras.
Por outra banda, convén co alumno, analice e xulgue todo tipo de produtos nos medios de comunicación na busca dos mecanismos que está a estudar. Ademais de axudarlle a entendelos, facilitaralle o ir forxando un criterio propio sobre a edición audiovisual.
Ha de reflexionar sobre a pertinencia e eficacia dos recursos utilizados polos diversos directores e editores para lograr determinados fines, e valoralas. Deste xeito, poderá construír as súas propias opinións e imaxinar alternativas. Poderá formularse as súas propias solucións técnicas e estilísticas, e experimentalas nos seus traballos.
Nas clases interactivas todos os alumnos deben por en común e cotexar as súas diferentes opinións, versións e métodos resolutivos, para enriquecerse mutuamente.
O seu coñecemento progresará, ademais de pola acumulación de teoría, pola posta en práctica da mesma. As tarefas concretas iranlle imprimindo capacidade creativa e habilidades executivas.
ObservaciónsO profesor facilitará un lugar en plataforma virtual da USC para desenvolver de forma interactiva todo o intercambio de materiais co alumnado.
Neste lugar haberá todo tipo de documentos: textuais, gráficos, sonoros, videográficos…
O intercambio de traballos dos alumnos poderase realizar sempre a través da platarforma virtual.