Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041321 - Publicidade audiovisual (Análise dos discursos audiovisuais e dos seus efectos sociais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VAZQUEZ FERNANDEZ, MANUEL ALEJANDRO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 4OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Introdución teórica e práctica á publicidade e ás relacións públicas e ás súas estruturas organizativas no ámbito da comunicación audiovisual
    Contidos
    TEMA 1: A PUBLICIDADE NO CONTEXTO COMUNICATIVO CONTEMPORÁNEO
    1.1. A Publicidade como sistema o proceso de comunicación
    1.2. Elementos integrantes do proceso de comunicación persuasiva
    1.3. Publicidade e paradigmas comunicativos: modelos unilaterais e interactivos

    TEMA 2: O USO DA RETÓRICA NA PUBLICIDADE E AS RR.PP.
    2.1. Introdución ao estudo da retórica aplicada á Publicidade e ás RR.PP.
    2.2. Fases na elaboración dos discursos retórico e publicitario
    2.3. A Retórica Publicitaria como instrumento de persuasión

    TEMA 3: O DISEÑO DE ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN PERSUASIVA
    3.1. O método creativo publicitario: as estratexias publicitaria e creativa
    3.2. A ruptura da estratexia: da disciplina e a creatividade
    3.3. As estratexias de posicionamento

    TEMA 4: A ELABORACIÓN E XESTIÓN DA MENSAXE PUBLICITARIA
    4.1. A investigación en torno á eficacia da mensaxe publicitaria: Pretest e Postest
    4.2. A xestión material da mensaxe publicitaria: metodoloxías, ideas, conceptos, apelacións, tratamentos e etapas de produción
    4.3. Rutinas profesionais, estruturas empresariais e axentes implicados na elaboración e xestión da mensaxe publicitaria

    TEMA 5: A DIFUSIÓN DA MENSAXE PUBLICITARIA
    5.1. A Planificación de Medios: ¿O medio é a mensaxe?
    5.2. Os soportes impresos: prensa, medio exterior e publicidade directa
    5.3. O medio radiofónico: activar a imaxinación do receptor
    5.4. O medio audiovisual: os medios televisivo e cinematográfico
    5.5. A publicidade multimedia: á pescuda da interactividade
    5.6. As alternativas emerxentes aos medios e soportes tradicionais

    TEMA 6. PRINCIPALES REFERENTES NO DISEÑO E ELABORACIÓN DE ACCIÓNS PUBLICITARIAS
    6.1. Á pescuda da mellor publicidade
    6.2. A ruptura da linealidade e das regras creativas
    6.3. Autores, estratexias e campañas: análise de casos
    Bibliografía básica e complementaria
    3.1. Bibliografía básica:

    LINDSTROM, Martín (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
    HERNÁNDEZ MARTINEZ, Caridad (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
    SANAGUSTIN, Eva (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
    SOLANA, Daniel (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
    LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
    MOLINÉ, Marcal (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
    GURREA, Álvaro (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco. C


    3.2. Bibliografía complementaria:

    SALMON, Christian (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
    COSTA, Joan (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
    RICARTE, José M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
    MOLINÉ, Marçal (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
    SURMANEK, Jim (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
    GONZÁLEZ MARTÍN, Juan Antonio (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.

    Competencias
    - Coñecemento teórico e práctico da publicidade como sistema o proceso de comunicación e como ferramenta da mercadotecnia.
    - Coñecemento da bagaxe histórica e cultural da comunicación persuasiva.
    - O uso da retórica na publicidade como instrumento de persuasión.
    - Análise do proceso estratéxico, creativo, construtivo e de difusión e testificación das mensaxes publicitarias en diversos medios e soportes, identificando en cada fase os axentes participantes e as rutinas profesionais desenvolvidas.
    - Análise de casos: estratexias, campañas e mensaxes.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia nace cunha vocación pragmática e materialista. Elo implica, en primeiro lugar, unha consideración das estratexias e métodos publicitarios como ferramentas para a xeración e verificación do coñecemento persuasivo, e non como xeradores ‘per se’ de tales coñecementos.
    Por outra banda, la madurez e emancipación das ciencias da comunicación doutras áreas disciplinares esixen ao docente e ao discente unha anclaxe constante do abstracto sobre as prácticas informativas, persuasivas, argumentativas, etc., que definen o noso obxecto de estudo: a masiva produción mediática que conforma a nosa contemporaneidade.
    Sistema de evaluación
    O 50% da cualificación da materia avaliarase nun exame final, que inclúe tanto a valoración dos contidos teóricos impartidos como a lectura dos textos, mentres que o 50% restante avaliarase a partires das prácticas de laboratorio presenciais desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, no admitíndose ningún tipo de traballo alternativo ás prácticas presenciais. En todo caso, será conditio sine qua non para a ponderación anterior que o alumnado supere ambas as dúas partes (teórica y práctica) da materia. A vixencia da nota de prácticas quedará limitada ás convocatorias do ano académico en curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas 20
    Estudo autónomo individual ou en grupo 40
    Traballos con documentos: análise, síntese e discusión 4
    Lecturas recomendadas 12
    Prácticas 20
    Preparación de presentacións orais, debates, etc
    Titorías de traballos de curso 1,5
    Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica 50
    Actividades de avaliación 1,5
    Exame final 2
    Total horas de traballo presencial do alumno 51
    Total de horas traballo persoal do alumno 102

    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia aborda con rigor teórico e metodolóxico fenómenos publicitarios que forman parte da nosa cotidianidade. Por iso recoméndase un estudo igualmente cotián dos contidos da materia, aos efectos de anclar os conceptos e procesos de forma progresiva, salvando a sima que de xeito inxustificado adoita establecerse entre a aprendizaxe teórica e a práctica mediática.