G3041323 - Industrias creativas e ideación (Procesos de ideación e narrativa audiovisual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudo dos procesos de converxencia entre as industrias culturais e o universo da creación artística. A emerxencia das denominadas industrias creativas nos actuais modelos da economía e a comunicación. Análise da figura da persoa autora, da autoría colectiva e do autor performativo nas estruturas organizativas. Comunicación, cultura e novas tecnoloxías.
Contidos1.- As industrias creativas no eixo da cultura e a comunicación. Conceptos e contextos das industrias creativas. As industrias culturais, da comunicación e creativas. Caracterización e clasificación das industrias creativas. As industrias creativas na sociedade da información e o coñecemento. Políticas públicas e gobernanza das industrias creativas. As industrias culturais na Axenda Europea 2020.
2.- A creatividade e a innovación como factores económicos, de desenvolvemento e sustentabilidade. Creatividade, emprendemento e innovación. A creatividade, a innovación e os ciclos económicos. A economía creativa como factor de desenvolvemento empresarial e territorial sustentable e ecolóxico. Fontes, estatísticas e indicadores de análise das industrias creativas. Mapas e observatorios das industrias creativas. Bens e servizos creativos.
3.- Modelos de organización e xestión da economía creativa. Redes de creatividade. innovación, eficiencia, mellora de resultados e de relacións cos clientes. As redes organizacionais dos stakeholders. Os cluster e as redes de xestión da innovación. Cidades e distritos creativos. As políticas públicas de creatividade e innovación para a investigación, o emprendimento e o turismo. Da marca país á marca cidade.
4.- As industrias creativas e a propiedade intelectual e industrial. A xestación e xestión dos procesos de creación e invención. Dereitos de autor, patentes, deseños industriais e marcas. A propiedade intelectual na sociedade dixital e os dereitos de autor en Internet. As licenzas dixitais europeas e as Creative Commons.
5.- As industrias creativas na punta dos novos perfís profesionais. As profesións creativas no novo ecosistema de valor da sociedade do coñecemento (de creación e xestión de contidos, de tecnoloxías habilitadoras e do interfaz dos usuarios).
6.- Os públicos, as audiencias, os consumos e os usos das prácticas e das industrias creativas. A interacción e a ciberparticipación. Cibercidadanía e novos movimentos sociais. Sistemas de avaliación da calidade e da confianza electrónica.
7.- Creatividade, novas formas de publicidade, marketing e comunicación comercial interactiva. Sistemas de análise e de xestión da comunicación e a conversación mediática. Buscadores de necesidades, lectores e analizadores de marketing, creadores e impulsores de comunicación on line.
8.- Arquitectura e artes plásticas. Decorados reais e virtuais. Localizacións de patrimonio, ambentes e paisaxes. Artes e antiguedades. Artesanías e artes manuais.
9.- Industrias creativas do deseño e a moda. Creatividade e estética. A moda e o deseño como tendencias sociais e representacións industriais. As principais industrias produtivas da moda e o deseño. Moda e estilismo. O estilo de época. Estilismo, perruquería e tendencias estéticas.
10.- Industrias creativas da representación, difusión, do audiovisual e a multimedia. Artes da representación e multimedia. A creatividade on line dos sistemas de publicación, cine, radio, fotografía, televisión, vídeo e multimedia. Novas formas e tendencias.
11.- A industria dos videoxogos. O concepto do lecer e a industria do entretemento. Creatividade, planificación e estratexia para a produción das distintas formas de videoxogos.
12.- A creación e a aplicación da industria do software na comunicación e nas industrias creativas. Sistemas de arquitectura e de hibridación das industrias creativas e da comunicación. Aplicación e xestión de sistemas de software e de intelixencia semántica ás industrias creativas e da comunicación.
Bibliografía básica e complementariaBustamante, Enrique (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa
Cebrian Herreros et al (ed). (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Correa, A. (2010): Ciudades, turismo y cultura. Nuevas perspectivas para el desarrollo equitativo de las ciudades. Buenos Aires: La Crujía
De Bono, E. (2010): Más allá de la competencia. La creación de nuevos valores y objetivos de la empresa. Barcelona: Paidós
Delgado Porras, A. (2009): Propiedad intelectual. Madrid: Civitas
Florida, R. (2009): Las ciudades creativas: por qué donde vives puede ser la decisión más importante de tu vida. Barcelona: Paidós Ibérica
Florida, R. (2010): La clase creativa: la transformación de la cultura, del trabajo y el ocio en el siglo XXI. Barcelona: Paidós Ibérica
Florida, R. (2011): Gran reset: nuevas formas de vivir y trabajar para impulsar la prosperidad. Barcelona: Paidós Ibérica
Howkins, J. (2001): The economy creative. N. York: Penguin Group USA
Howkins, J. (2009): Creative Ecologies. N. York: Transaction Pub.
Lara, P., Martínez Usero, J. A. (2007): La organización del conocimiento en Internet. Barcelona: UOC
Lessing, L (2007): Cultura libre. Cómo los grandes medios usan la tecnología y las leyes para encerrar la cultura y controlar la creatividad. Documento electrónico con traducción de Antonio Córdoba
Linde Paniagua, E., Vidal Beltrán, J.M., Medina González, S. (2011): Derecho audiovisual. Madrid: Colex
López García, X., coord. (2006): Sistemas digitales de información. Madrid: Pearson Prendice Hall
Miró, F. (2005): Internet y delitos contra la propiedad intelectual. Madrid: Fundación Autor
Ponti, F. (2009): La empresa creativa. Metodologías para el desarrollo de la innovación en las organizaciones. Buenos Aires: Granica
Rifkin, J. (2010): La civilización empática: la carrera hacia una conciencia global. En un mundo en crisis. Barcelona: Paidós Ibérica
Schlesinger, Ph. (2008): “El debate sobre las industrias creativas y el papel de la investigación académica”. Santiago de Compostela: Congreso fundacional AE-IC http://www.aeic2008santiago.org/POLITICAS_DE_COMUNICACION_Y_CULTURA_PHILIP_SHLESINGER.pdf
Schumpeter, J. A. (2002): Ciclos económicos: análisis teórico, histórico y estadístico del proceso capitalista. Zaragoza: Prensas Universitarias
UNCTAD (2010): Creative Economy. Report 2010. Nueva York: United Nations
Vogel, H (2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid. Fundación Autor
CompetenciasA partir do estudo dos diferentes escenarios e soportes nos que se materializa a produción de contidos, análise do papel da autoría na ideación, posta en valor e recepción. Elementos para discernir as relacións entre diferentes sectores que configuran o ámbito das industrias creativas: industrias culturais (cinema, televisión, disco), medios, arquitectura e deseño.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas que se establecen na materia divídense entre unha parte teórica e outra teórico-práctica. No apartado teórico a metodoloxía docente fundamentarase nas clases maxistrais (10%), análise de textos e a súa posterior reflexión pública (40%). No apartado teórico-práctico establecerase a metodoloxía do estudo de caso (25%) e a elaboración dunha proposta de deseño dunha iniciativa para unha industria creativa (25%). Con esta metodoloxía lograrase acadar as competencias propostas, xa que o alumno entenderá o papel das industrias creativas nas sociedades actuais e contará con capacidade para realizar propostas de actuación no campo das industrias creativas.
Sistema de evaluaciónO 50% da materia valorarase a partir dun exame final de preguntas breves, que comprenderá os coñecementos adquiridos a través das sesións expositivas, lecturas e actividades interactivas de fixación de conceptos. A outra parte do 50% corresponderá as prácticas de laboratorio e actividade productiva levada a cabo nas sesións interactivas e prácticas individuais e de grupo.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo presencial: Clases expositivas para presentación, explicación e interacción sobre os temas, 30 horas. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc), 5h. Traballos de análise, síntese e discusión, 10h. Exame, 3h. Total traballo, 48h. Estudo autónomo ou en grupo, 60h. Busca, rexistro e preparación de material de apoio, 12h. Lecturas recomendadas, 25h. Preparación de presentacións orais, debates, etc, 5h.
Recomendacións para o estudo da materiaA materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as industrias creativas e o seu papel na sociedade actual.