G3041324 - Guión e adaptación (Procesos de ideación e narrativa audiovisual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAchegamento teórico e sobre todo práctico á arte e oficio da escritura de guións.
Coñecemento dalgunhas das regras e convencións na escritura de guións e a súa aplicación práctica, guiar o alumno no proceso creativo e proporcionarlle a confianza e o coñecemento para escribir e reescribir o seu propio guión.
ContidosEscritura de guións cinematográficos. Análise estética, histórica e
narratolóxica de guións cinematográficos.
Parte teórica:
TEMA 1. QUE É UN GUIÓN?
1.1. Definición
1.2. Labor do guionista
1.3. Formas de guión: longametraxe/curtametraxe
1.4. O nacemento da idea. O conflicto.
1.5. A estructura clásica: o paradigma
1.6. Creación de personaxes
1.7. Fases do guión. Tratamento. Escaleta. Diálogos
1.8. A reescritura
TEMA 2. O GUIÓN ADAPTADO
2.1. A traslación da linguaxe literaria á linguaxe audiovisual
2.2. A adaptación fiel e a adaptación libre.
2.3. A adaptación da novela
2.4. A adaptación do relato curto
2.5. A adaptación da obra teatral
2.6. Estrutura do texto / estrutura do guión
TEMA 3. O GUIÓN PARA TELEVISIÓN
3.1. As series: por que facer unha serie e que serie facer
3.2. Clases de series
3.3. As fases da escritura de series. Biblia. Mapa de tramas. Piloto.
3.4. Levar unha serie ao cine
3.5. As tv movies
3.6. Os programas de televisión
Parte práctica:
Escritura (e reescritura) do guión dunha curta (estrutura e diálogos)
Comparación e análise dunha novela e a súa posterior adaptación a película ou serie de ficción.
Elaboración de escaletas e diálogo de secuencias.
Bibliografía básica e complementariaBásica
Edgard-Hunt, R., Marland, John, e Richards, James. Bases del Cine: Guión. Parramón. Barcelona. (2010)
McKee, R. El Guión. Alba. Barcelona. (2002)
Sánchez Noriega, José Luis. De la literatura al cine. Paidós. Barcelona. (2000)
Complementaria
Cooper, Pat e Daneyger, Ken. El guión de cortometraje. IORTV. Madrid. (1998)
Davis, Rib. Escribir guiones. Desarrollo de personajes. Paidós. Barcelona. (2004)
Field, Syd. Cómo mejorar un guión: guía práctica para identificar y solucionar problemas de guión. Plot Ediciones. (2002)
Golman, William. Las aventuras de un guionista en Hollywood. Plot ediciones. Madrid. (2002)
Mamet, David. Bambi contra Godzilla. Finalidad, práctica y naturaleza de la industria del cine. Alba. Barcelona. (2006)
Toledano, Gonzalo e Verde, Nuria. Cómo crear una serie de televisión. T&B Editores. Madrid.
Tubau, Daniel. Las paradojas del guionista. Alba. Barcelona. (2007)
CompetenciasAproximación teórica ao guión (conceptos, formatos e transformacións históricas). Coñecer as distintas fases de elaboración do guión (sinopse, argumento, escaleta, tratamento e guión).
Comprender e aplicar métodos de análise do guión a partir do estudo de filmes relevantes.
Aproximación aos métodos formais para a construción de personaxe (tipoloxías, evolución dramática, achega da psicanálise, personaxe e conflito, personaxe e actor) e escenas (escena e conflito, subtextos, técnicas de diálogo).
Coñecemento das razóns e os mecanismos da reescritura do guión (erros comúns, etc.)
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica.
Clases prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos e para fomentar a creatividade e as aptitudes de escritura do alumno.
Estudo e análise de guións.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación contempla un exame teórico que representará a metade da nota.
A outra metade da nota dependerá dos exercicios prácticos de carácter obrigatorio que o docente propoña durante o curso sobre a escritura e a análise de guións. Sen esta parte a materia non se considerará superada. O alumno deberá ter tódolos traballos entregados para poder realizar o exame teórico.
Para poder facer media entre a parte teórica e a práctica, o alumno deberá ter aprobadas as dúas partes de xeito individual.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo presencial do alumno ocupará un total de 48 horas, máis 102 de traballo persoal para o estudo autónomo; lecturas recomendadas; busca, rexistro e preparación de material de apoio, e planificación e execución da práctica.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia ás clases teóricas e prácticas, plantexarlle ao docente tódalas dúbidas que poidan xurdir sobre os conceptos tratados, e tamén as dificultades que aparezan á hora de realizar os traballos prácticos.
Consultar a bibliografía recomendada e, ante todo, ver moito cine e moita televisión, facendo un visionado analítico centrado especialmente no guión.
Realizar os traballos propostos.