G3041326 - Dirección cinematográfica e interpretación (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Achegamento teórico e sobre todo práctico á dirección de actores e á interpretación nos medios audiovisuais.
- Coñecemento das principais teorías e técnicas interpretativas e súa posta en práctica.
- Familiarización diante das cámaras; técnica das expresións oral, facial, xestual e corporal.
ContidosUtilización dos recursos estéticos e técnicos de que dispón o director cinematográfico. Análise e valoración razoada da posta en escena dun filme. Aproximación ao mundo da interpretación audiovisual dende o punto de vista actoral e da dirección de actores, e a súa posta en escena. A relación entre a cámara e o intérprete, e entre este e os diversos axentes que interveñen no proceso de creación dunha obra audiovisual.
Temario da asignatura
1- A construción do personaxe
Epígrafes do tema.
Construción de personaxes: métodos.
“O método”: Constantin Stanslavski
Unha alternativa ó “método”: Don Richardson.
Carácter do personaxe: definición, lugar e participación na escena.
O personaxe fronte ó seu conflito: as emocións.
Actor e personaxe: expresar ou sentir.
Estado emotivo do personaxe. Dominio mental.
A axilidade emotiva. Emocións opostas.
Cambios de rexistro: factores condicionantes.
Caracterización psíquica, física e sociolóxica do personaxe.
2- Técnicas de interpretación
Epígrafes do tema.
A interpretación verbal como base do traballo actoral.
A palabra como finalidade da actuación.
A pausa.
A variación tonal.
O ton único.
O tempo na escena.
Improvisación creativa.
Concentración e relaxación.
Coherencia interpretativa
3- A Linguaxe audiovisual. Posibilidades expresivas
Epígrafes do tema.
Linguaxe audiovisual: do Plano Xeral ao Primeiro Plano
Planificación, movementos de cámara e interpretación
Interpretación e realismo.Distancias, marcas e iluminación.
Diferencias entre cámara única e multicámara.
Rodaxe ou gravación sen orde de continuidade. Os campos de luz.
Plano e contraplano. A réplica
O pase de texto ou “Italiana”. Os ensaios mecánicos e de cámara.
4- A Dirección actoral
Epígrafes do tema
A dirección actoral: Composición e ritmo
Relación director-intérprete.Selección ou “casting”, ensaios e gravación.
A tarefa unificadora do director e a liberdade creadora do intérprete.
O texto: posta en común.
Director e intérprete : estímulos e imposicions
Prácticas
As clases prácticas dividiranse básicamente en tres partes:
-Asimilación, comprensión e posta en común dos textos ou diálogos a través dos distintos pases de texto ou “italianas”
-Proceso de ensaios: ensaios mecánicos, de movementos e ensaios previos á gravación ou rodaxe.
-Gravación ou rodaxe establecendo as diferencias entre a gravación con multicámara e a gravación con cámara única e a rodaxe por campos de luz.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Barr, Tony (2002), Actuando para la cámara, Madrid, Plot.
Caine, Michael (2003), Actuando para el cine, Madrid, Plot.
Richardson Don (1999), Interpretar sin dolor, Madrid, ADEE,
Bibliografía complementaria:
Cole, Toby (comp.), 1955: Actuación. Un manual del método de Stanislavski., Diana, México. (En especial, os seguintes artigos: "Dirección y actuación" de Stanislavski, "El trabajo del actor" de Rapoport, "Actuación cinematográfica" de Pudovkin, "Principios de dirección" de Stanislavski).
Stanislawski, Constantin , La construcción del personaje, Madrid, Alianza.
Lumet, Sidney (2004), Así se hacen las películas, Madrid, Rialp.
Grobel, Lawrence (2007), Conversaciones con Al Pacino, Barcelona, Belacqua.
CompetenciasOs alumnos deberán coñecer os diferentes métodos e estilos interpretativos e saber orientar os actores na súa posta en práctica.
Metodoloxía da ensinanza - Clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica.
- Elaboración de proxectos colectivos a fin de que o alumnado aplique os coñecementos teóricos e se adestre de maneira crítica e creativa.
- Visionados de secuencias de cine e televisión con especial atención ás produccións galegas
Sistema de evaluaciónLevaranse a cabo exercicios de carácter obrigatorio consistentes no ensaio e gravación de secuencias onde o alumno deberá participar como intérprete en alomenos unha secuencia durante o curso. Sen esta práctica a materia non se considerará superada. Valorarase cun máximo de 5 puntos e será condición inexcusable para a realización da proba teórica referida aos contidos do programa e valorada nos restantes 5 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial do alumno:
Clases expositivas 24 horas
Prácticas 24 horas
Titorías de traballo 3 horas
Total horas de traballo presencial 51 horas
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo 40 horas
Lecturas recomendadas 9 horas
Planificación e execución da práctica 50 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a espectáculos audiovisuais de interese artístico. Visionado analítico daqueles dos que existan gravacións en vídeo ou DVD dispoñibles. O seu comentario en pequenos grupos de alumnos, centrándose na interpretación e dirección actoral.
Realización dos exercicios propostos na aula.