Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041327 - Dirección de fotografía e iluminación (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REGUEIRA REY, JUAN CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Análise formal e conceptual da "escritura" visual que a dirección de fotografía aporta ás producións audiovisuais e coñecemento dos fundamentos prácticos que condicionan a súa execución.
    Contidos
    1. Fundamentos físicos da luz. Percepción humana da luz e a cor. Antropomorfismo dos sistema de rexistro e transmisión audiovisual.

    2. O rexistro da imaxe en movemento. Soportes fotoquímicos. Sensores ópticos. Cámaras de vídeo, cine e DSLR. O fluxo de traballo segundo o tipo de rexistro. Colorización na fase de posprodución. Etalonaxe.

    3. A iluminación natural. A iluminación con luz continua. A dimensión artística da iluminación. Tridimensisonalidade, atmósfera, textura e ton. Parámetros técnicos da iluminación. Valor de exposición. Temperatura de cor. Relación de contraste. Profundidade de campo. Latitude. Filtros e efectos. Fotometría. Termocolorimetría.

    4. Relación entre produción e dirección de fotografía. Converxencia cine / televisión. Rutinas ENG. Rutinas cine, series e documentais. CCU na televisión. Dirección de fotografía en imaxe de síntese (CGI). Terminoloxía internacional.

    5. Tratamento visual. Expresividade e psicoloxía. Claves para unha mirada propia. Relación entre dirección artística e dirección de fotografía.


    Bibliografía básica e complementaria
    A. BÁSICA

    BROWN, B. (2008). Cinematografía, teoría y práctica. Barcelona: Omega. Barcelona.
    Nobel, P. S., Gloman, C., & LeTourneau, T. (2005, February 7). Placing shadows: lighting techniques for video production. Focal Press.

    B. COMPLEMENTARIA

    Bazin, A. ¿Qué es el cine?. Madrid, Rialp, 2001
    Bazin, A. Orson Welles. Barcelona, Paidós, 2002
    Bordwell, D. & Thompson, K.El arte cinematográfico. Barcelona, Paidós, 2002
    Brown, B. (1996). Motion picture and video lighting. Focal Press
    Clerc, L. P. Fotografía. Teoría y práctica. Barcelona, Omega, 1975
    Hedgecoe, John. Nuevo manual de fotografía. Barcelona, Ceac, 1999
    Martínez Abadía, J. e Serra Fores, J. Manual básico de técnica cinematográfica y dirección de fotografía. Barcelona, Paidós, 2000
    Marzal, Jose Javier. David Wark Griffith. Madrid, Cátedra, 1998
    Millerson, Gerald. Iluminación para televisión y cine. Madrid, Instituto Oficial de RadioTelevisión Española 1994
    Sanchez Biosca, V. Sombras de Weimar. Contribucion a la historia de cine aleman 1918-1933, Madrid, Verdoux, 1990
    Competencias
    Capacitación do alumnado para a análise do discurso audiovisual e o deseño dun tratamento visual acorde cos diferentes tipos de producións audiovisuais.
    Coñecemento dos elementos técnicos esenciais necesarios para executar a supervisión da dirección de fotografía do produto audiovisual.
    Metodoloxía da ensinanza
    As horas das que consta a asignatura repartiranse entre a exposición teórica dos aspectos fundamentais que teñen a ver coa materia, a proxección de segmentos audiovisuais, o debate das obras visionadas e as prácticas precisas para coñecer os fundamentos profesionais da materia.
    Sistema de evaluación
    Haberá unha proba teórica e exercicios prácticos avaliables. A parte teórica fará media ao 50% coa práctica. Será necesario ter aprobadas ambas partes da materia para poder superala.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e de traballo persoal que debe adicar o alumno para a superación desta materia é de 51 horas presenciais e 99 de traballo propio do estudante.
    Recomendacións para o estudo da materia
    -
    Observacións
    A materia disporá dunha plataforma online que recopila enlaces relacionados coa materia para ampliar os contidos da docencia e garantir a permanente actualización da formación impartida.