G3041328 - Tratamento do son e estilos musicais (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCapacitar ós alumnos no coñecemento dos diferentes procesos da producción sonora.
Analizar os roles e competencias dos recursos humanos necesarios para a realización de producións sonoras en cine, televisión e medios audiovisuais en xeral.
Estudiar as rutinas productivas precisas e necesarias para a conformación de produtos sonoros en función da súa tipoloxía.
Profundizar nos procesos loxísticos para un efectivo deseño sonoro das producións audiovisuais.
Revisar os coñocementos tecnolóxicos relacionados coa utilización do equipamiento operativo de producción sonora, necesarios para a realización de produtos audiovisuais, tanto en exteriores como en estudio.
Coñecer as principais aplicacións informáticas destinadas á produción sonora.
Realizar productos sonoros de diferentes tipoloxías e para distintos medios.
Afondar nas características do produto sonoro desde o punto de vista filosófico, técnico, artístico e conceptual.
Analizar as peculiaridades da banda sonora cinematográfica e os seus compoñentes.
Profundizar nos estilos musicais en referencia ás manifestacións tanto da música clásica como popular.
Indagar nos ingredientes básicos da música, así como nos distintos procesos relacionados coa articulación sonora.
ContidosTratamento dos elementos que integran a mensaxe sonora. Aplicación aos medios audiovisuais. Posprodución sonora. Análise da música e dos estilos musicais con vistas ao seu tratamento e aplicación nos medios audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
1. ESPACIO CONCEPTUAL
1 DESEÑO E ARTE SONORA
2 PRODUCIÓN SONORA CINEMATOGRÁFICA3 INGREDIENTES BÁSICOS DA MÚSICA
4 PRODUCIÓN MUSICAL
2. ÁMBITO TECNOLÓXICO/OPERATIVO
1 PROPAGACIÓN E CARACTERÍSTICAS DO SON
2 WORKFLOW E RUTINAS
3 CAPTACIÓN E REXISTRO
4 MEZCLA E DISTRIBUCIÓN
5 PROCESADO DO SON
6 SINTETIZADORES
7 RECINTOS E ENTORNOS ACÚSTICOS
8 A DAW
3. ESTILOS MUSICAIS
1- SERIOUS MUSIC
2- POPULAR MUSIC
Bibliografía básica e complementariaAlten, Stanley R. El sonido en los medios audiovisuales. Andoain : Escuela de Cine y Vídeo, 2008.
Beltrán Moner, Rafael. La Ambientación musical en radio y televisión: selección, montaje y sonorización. Madrid : Instituto Oficial de Radio y Televisión, 2006
Bennett, Roy. Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal, 2001
Bartlett, Bruce. Grabando música en vivo. Andoain. Escuela de Cine y Video 2007
Huber, David Miles y Robert E. Runstein. Técnicas de grabación modernas. Barcelona: Omega, 2007.
Rumsey, Francis. Sonido y grabación: introducción a las técnicas sonoras. Barcelona: Omega, 2008.
Yewdall, David Lewis. Uso práctico del sonido en el cine. Andoain: Escuela de cine y video, 2008
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bianciotto, Jordi. Guía universal del rock : de 1990 hasta hoy. Barcelona : Ma non troppo, 2008
Chion, Michel. La Música en el cine. Barcelona: Paidós, 1997.
Dearing. James. Making Money making music. Ohio: Mark Garvey, 1990
Frith ,Simon y Straw, Will y Street, John. La Otra historia del rock : aspectos clave del desarrollo de la música popular : desde las nuevas tecnologías hata la política y la globalización. Barcelona : Ma non troppo, 2006
Gillett, Charlie. Historia del rock : el sonido de la ciudad. Barcelona : Ma Non Troppo, 2003
Labrada, Jerónimo. El Sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Barcelona : Alba, 2009
Martínez Ruiz, Jesús. Límites jurídicos de las grabaciones de la imagen y el sonido. Barcelona: Bosch, 2004
Purcell, John. Dialogue Editing for Motion Pictures: A Guide to the Invisible Art. Oxford: Focal Press, 2007
Rodríguez Bravo, Angel. La Dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona : Paidós, 2001.
Rose, Jay. Producing Great Sound for Film and Video. Oxford: Focal Press, 2008
Schwartz, Lara. Making Music Videos. NewYork: Billboard, 2007
Wyatt, Hilary. Audio postproduction for television and film: an introduction to technology and techniques. Oxford: Focal Press, 2005.
Borwick, John. Micrófonos. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 1996
Alten, Stankey. El manual de audio en los medios de comunicaicón. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 1995
Watkinson, John. Introducción al audio digital. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 2003
Katz, Bob. La masterización de audio. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 2003
Wyatt, Hilary y Amyes, Tim. Postproducción de Audio para TV. y CINE. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 2006
Bartlett, Bruce y Bartlett, Jenny. Grabando música en vivo. Andoain: Escuela de Cine y Televisión, 2007
CompetenciasCapacitar na análise e no tratamento dos produtos sonoros no contexto da linguaxe audiovisual e nos distintos soportes e formatos. A importancia da linguaxe musical nos medios e nos produtos audiovisuais. As bandas sonoras. A creación musical. A influencia das novas tecnoloxías na expresión sonora.
COÑECEMENTOS E HABILIDADES
Coñecemento das rutinas de traballo para a elaboración de productos sonoros destinados a cualquera ventana de difusión.
Capacitación para a utilización das aplicacións informáticas destinadas á xestión técnica, loxística e operativa das producións sonoras.
Realización de productos sonoros atendendo ás fases polas que transita un proxecto: desenvolvemento, preprodución, produción e distribución.
Preparación para realizar producións sonoras en función da especificidade tipolóxica e xenérica de cada producto.
Estudio dos roles, competencias e funcións dos recursos humanos e técnicos implicados nunha producción sonora.
Análise do perfil do deseñador de son como responsable inicial e final dunha producción sonora cinematográfica.
Capacitación para recoñecer as cualidades do produtor musical no mercado discográfico.
Amplo coñecemento das características específicas do sector da producción musical e sonora nos ámbitos cinematográfico, musical e escenográfico.
Aplicación precisa dos coñecementos en torno á conformación, técnica e loxística nos diferentes procesos da producción sonora.
Actitude crítica e analítica para abordar con éxito a producción sonora de pezas e programas de cualquera índole para cine, música, televisión ou multimedia.
Posibilidade de pilotar e realizar cualquera tipoloxía de producción sonora desde a etapa de desenvolvemento ata a súa difusión.
VALORES E ACTITUDES
Fomento do traballo en grupo á vez que se desenvolven as capacidades personais.
Promover as relacións éticas solidarias cos compañeiros, sexa cal sexa o nivel xerárquico da cadea de produción na que se atopen.
Actitude positiva e proactiva para fomentar unha dinámica de traballo tanto nas clases de contido teórico, como nas prácticas e na vida profesional.
Respeto o traballo de cada un dos membros do equipo involucrado na producción.
Trato exquisito ós colaboradores, participantes e invitados ás grabaciones.
Capacidade crítica e analítica e respecto ás opinións diferentes.
Cortesía, tino e templanza nos momentos máis complicados durante a relación laboral.
Valorar a responsabilidade frente a terceiros cando se toman decisións clave que afectan ós distintos niveis da producción.
Prevención de riscos e problemas inherentes á producción tanto no referente ós recursos humanos, como ós técnicos ou os derivados da propia loxística do produto a realizar.
Metodoloxía da ensinanza TEORÍA
Clases de aula con intensivo uso de materiais TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, podcast, visionados, traballo con elementos específicos da produción audiovisual…
Utilización de aplicacións informáticas con relación específica coa loxística da producción sonora.
Conformación de grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico dos traballos.
Fomento da discusión crítica e conformación dos puntos de vista respecto ós temas a tratar.
Utilización da plataforma virtual da USC como instrumento central de soporte textual para ós alumnos (textos, vídeos, gráficos, podcast…), dos contidos teóricos e prácticos da materia, así como para a presentación dos traballos e proxectos propostos.
Seguimento constante do alumno mediante titorías personalizadas durante as vintecatro horas por medio da plataforma virtual, ademais das titorías físicas e presenciais no despacho do profesor.
PRÁCTICA
Conformación de diferentes grupos de traballo para acometer a realización das actividades prácticas elaborando os seguientes procesos:
Utilización das aplicacións informáticas específicas utilizadas na produción sonora.
Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa producción sonora para diferentes ventanas, soportes e escenarios.
Uso dos equipos tecnolóxicos para a produción sonora tanto en exteriores e interiores naturales como en estudio.
Rexistro, produción e masterización de productos sonoros cinematográficos, televisivos e musicais.
Conformación dos proxectos desde a fase de creación ata a presentación final do produto masterizado.
As prácticas estarán organizadas do seguinte modo:
TIPOLOXÍA DOS GRUPOS:
● Todos os alumnos matriculados (40)
● Grandes: De 20 alumnos: A/B
● Pequenos: de 10 alumnos: 1AB/1CD/2AB/2CD
● Reducidos: de 5 alumnos: 1A/1B/1C/1D - 2A/2B/2C/2D
TRABALLO DE CLASE INTERACTIVA NOS ESTUDIOS DE PRODUCIÓN SONORA E RADIOFÓNICA: GRUPOS A/B
(Programación de prácticas semanais de cada grupo nas clases interactivas da materia)
A - Estudio de Produción Sonora: Manejo da DAW e Workflow da sala
B - Estudio de Radio: Manejo do Mak4Win e Workflow da sala
1 - Procesos de gravación de voces e instrumentos
2 - Dobraxe
3 – Foley
4 - Ficción dramática
5 - Rexistro dunha formación musical
6 – Banda sonora dun material de ficción
7 – Gravación dun grupo musical
8 - Mezcla e Masterización
9 - Programa de radio con conexión ó estudio de producción e streaming do sinal
PRÁCTICAS DE SAÍDA DE CAMPO - GRUPOS PEQUENOS: 1AB/1CD/2AB/2CD
Saídas de gravación semanais:
Realización de Videoclip para edición multicámara e sincronía
Gravación de efectos sonoros
Gravación de secuencias de ficción
Gravación de música na rúa con referencia sincrónica
PRÁCTICA DE PRODUCIÓN MUSICAL EN DIRECTO: DOC&ROLL
Producción quincenal de proxección pública dun documental relacionado co son e a música e actuación en directo dun grupo musical con sonorización propia, realización multicámara e emisión por streaming desde o exterior ou o Auditorio da facultade.
Grupos dobles 1AB/1CD/2AB/2CD
Ocupando puestos de: Producción - Técnica . Comunicación
PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE ESTILOS MUSICAIS EN CLASE EXPOSITIVA: GRUPOS REDUCIDOS 1A/1B/1C/1D - 2A/2B/2C/2D
SERIOUS MUSIC
ROCK & POP
BLUES & JAZZ
LATIN MUSIC
FOLK & COUNTRY
FILM MUSIC & SOUND TRACK
WORLD MUSIC
ELECTRONIC MUSIC
TRABALLOS INDIVIDUAIS
a) Realización de sonorizacións multipista: Trailer – Secuencia de Ficción
c) Memoria da estratexia para o deseño sonoro dun proxecto televisivo, cinematográfico ou para unha produción en directo.
ACTIVIDADES ESPECIAIS
SAÍDAS DE CAMPO (Tutorías especiais)
• Visita o estudio de produción sonora cinematográfica: CINEMAR
• Visita o estudio de produción musical: CASA DE TOLOS
(Gravación dun tema preparado previamente pola clase)
Sistema de evaluaciónA avaliación final terá en conta de forma positiva ou negativa, ademais dos resultados das probas, as actitudes e o compromiso presentado por cada alumno, tanto nas clases prácticas como nas teóricas.
As avaliacións están en función da media das calificacións resultantes da teoría, practica e actitude, mediante os seguintes porcentaxes:
o 40% Teoría
o 50% Práctica
o 10% Actitude
Para a superación da asignatura é necesario ter aprobadas de forma independente, tanto a parte teórica como a práctica.
A actitude proactiva e a participación do alumno será avaliada tanto pola súa participación nas clases teóricas e prácticas, como no referente á integración e colaboración no grupo de traballo asignado.
A calificación de aprobado para a asignatura es de 5 sobre 10.
TEORÍA
A avaliación realizarase de forma continuada, para isto, na primeira semana de cada mes, os alumnos participarán nunha prueba con preguntas ben prácticas, de tipo test, de desenvolvemento ou mixtas.
As preguntas poden conter tanto elementos e referencias teóricas, así como ás rutinas e os procesos prácticos estudiados.
As persoas que aproben todas as probas parciais estarán liberadas da presentación ó examen final do calendario oficial e a súa evaluación farase en función dos resultados parciais obtenidos e as prácticas realizadas.
A persoa que non teña asistido ó 80% das prácticas non poderá aprobar a asignatura.
Na data oficial de exámes haberá unha proba na que se poden presentar as persoas que teñan asistido ó 80% das prácticas pero que non teñan superadas as pruebas parciais que se realizan cada mes na avaliación continua.
PRÁCTICA
A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
É obrigatoria a xustificación das faltas de asistencia.
Sólo está permitida unha falta do 20% das clases prácticas durante todo o curso.
Para aprobar a asignatura o alumno ten que ter asistido como mínimo ó 80% das prácticas.
Os exercicios prácticos serán avaliados o final de cada unha das prácticas programadas, tendo en conta parámetros tales como: a programación previa, o desenvolvemento e preparación e da propia práctica e o seu resultado.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO CO PROFESOR
Asistencia a clases teóricas (todos)…………......24
Asistencia a clases prácticas (2 grupos)..….....24
Asistencia a titorías, seminarios (4 grupos)......3
TOTAL TRABALLO PRESENCIAL PROFESOR ....51 HORAS
TRABALLO DO ALUMNO
Estudio de preparación de clases de teoría…....20
Estudio de preparación de clases prácticas……..30
Estudio de preparación de probas parciais.......30
Realización de probas parciais…..…………..…......10
Salidas de campo e outras actividades……….......9
TOTAL TRABALLO DO ALUMNO………………...………99 HORAS
TOTAL TRABALLO CO PROFESOR+TRABALLO DO ALUMNO…………150 HORAS
Recomendacións para o estudo da materiaDado que a avaliación de coñecementos da materia vaise a efectuar de forma progresiva, os alumnos necesitan levar unha preparación sistemática para abordar con éxito cada uhna destas probas.
Este nivel progresivo permitirá que o alumno vaia comprendiendo a materia á vez que recibe a formación teórica e práctica, non tendo que deixar para un único examen final a fixación de todos os coñecementos adquiridos durante o cuadrimestre.
Neste sentido recomiéndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atope en cada tema, de forma que non se deixe para o final a modo dun proceso acumulativo, que soe obrar de forma negativa na fijación dos coñecementos.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto ós textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables, así mesmo, todos os procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que porán ser avaliados.
Cada tema tratado, terá unha lectura complementaria coa intención de dar, se cabe, maior profundidade a ós conceptos explicados.