Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041341 - Cultura audiovisual contemporánea (Industrias culturais e movementos estéticos contemporáneos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 48.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Lopez Gomez, Antia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento e análise dos fenómenos emerxentes xurdidos no ámbito da comunicación audiovisual. Estudo das novas propostas audiovisuais, no seu aspecto formal e temático, en relación coas innovacións tecnolóxicas e a evolución social.
    Contidos
    Contidos teóricos:

    Tema I. Abordaxe disciplinar da cultura audiovisual:
    • Formalismo, semiótica e estruturalismo: Abordaxe da cultura audiovisual como feito da linguaxe.
    O Ready-made.
    • Teorías da comunicación audiovisual: Redución da cultura audiovisual a mensaxe.
    A efectividade da mensaxe audiovisual.
    • Estudos culturais: Abordaxe da cultura audiovisual a través do proceso de recepción.
    A intervención de factores sociolóxicos, estéticos e lingüísticos. A multiculturalidade. Estudos de diferenza: xénero e corpo.

    Tema II. Trazos da cultura audiovisual contemporánea:
    • A intermedialidade (propia) da cultura:
    • O concepto de arte total e o movemento happening.
    • O audiovisual integrado.
    • A era neobarroca, o supermanierismo, ou a caracterización bizantina.
    • Os conceptos de hibridaxe, bricolaxe e reciclaxe cultural.
    • A cultura da apropiación.
    • O recurso á intertextualidade.
    • Os procesos de autorreferencialidade.
    • Cultura do simulacro.
    • Fragmentación e transgresión na cultura audiovisual.

    Tema III. Estilos, tendencias e modas na cultura audiovisual contemporánea:
    • O efémero das dinámicas estilísticas.
    • A marca de autor.
    • Modos de representación transfigurativos: os modos de representación hipermedia.

    Tema IV. Categorías estéticas definitorias da cultura audiovisual contemporánea:
    • O exótico e o novidoso.
    • Kitsch e cultura camp.
    • O cómico e o caricaturesco.
    • O repulsivo e o abxecto.
    • Iconofilia, iconoclastia e violencia.

    Tema V. A cultura audiovisual no contexto da posmodernidade:
    • A evolución da comunicación ante a cultura de masas.
    • A transformación da realidade: velocidade e instantaneidade.
    • Ciberculturas e experiencias audiovisuais experimentais.
    • Subculturas audiovisuais.

    Contidos prácticos:

    Todas as cuestións abordadas na teoría estarán apoiadas por diversas manifestacións da cultura audiovisual contemporánea, nos seus múltiples soportes, e sobre as cales se aplicará una sistemática de análise que o alumno irá adquirindo paulatinamente.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    - Ardévol, E., Muntañola, N. (coords.) (2004). Representación y cultura audiovisual en la sociedad contemporánea. Barcelona: Editorial UOC.
    - Gómez Alonso, R. (2007). Cultura audiovisual. Itinerarios y rupturas. Madrid: Laberinto.
    - Guasch, A. (2000). El arte ultimo del siglo XX. Del positivismo a lo multicultural. Madrid: Alianza Forma.
    (2007). «Entre dos caídas: del multiculturalismo a la mundialización del arte» en Revista de Occidente nº 309. Madrid: Fundación José Ortega y Gasset.
    - Marchán, S. (comp.) (2006). Real / Virtual en la estética y la teoría de las artes. Barcelona: Paidós.
    - Mirzoeff, N. (2003). Una introducción ala cultura visual. Barcelona: Paidós.
    - Rampley, M. (ed.) (2005). Exploring Visual Culture. Definitions, concepts, contexts. Edimburgh University Press.
    - Walker, J. A., Chaplin, S. (2002). Una introducción a la cultura visual. Barcelona: Octaedro.

    Bibliografía complementaria:

    - Abril, G. (2003). Presunciones II. Ensayos sobre comunicación y cultura. Salamanca: Junta de Castilla y León.
    - Barker, Chris (2003). Televisión, globalización e identidades culturales. Barcelona: Paidós.
    - Bozal, Valeriano (ed.) (2006). Ejercicios de la violencia en el arte contemporáneo. Pamplona: Cátedra Jorge Oteiza / Universidad Pública de Navarra.
    - Cruz Sánchez, P., Hernández-Navarro, J. (eds.) (2004). Cartografías del cuerpo. La dimensión corporal en el arte contemporáneo. Murcia: Cendeac.
    - Darley, A. (2002). Cultura visual digital. Barcelona: Paidós.
    - García Canclini, N. (2004). Diferentes, desiguales y desconectados. Mapas de la interculturalidad. Barcelona: Gedisa.
    - García Cortés, J. M. (2006). Políticas del espacio. Arquitectura, género y control social. Barcelona: Iaac y Actar.
    - Greenberg, C. (2002). «Vanguardia y Kitsch» en Arte y cultura. Ensayos críticos. Barcelona: Paidós.
    - Hebdige, D. (2004). Subculturas. El significado del estilo. Barcelona: Paidós.
    - Home, S. (2002). El asalto a la cultura. Corrientes utópicas desde el Letrismo a Class War. Barcelona: Virus editorial.
    - Kristeva, J. (2004). Poderes de la perversión. Buenos Aires: Siglo XXI.
    - Latour, B., Weiber, P. (2002). Iconoclash. Londres: ZKM.
    - Lipovetsky, G. (2002). La era del vacío. Barcelona: Anagrama.
    - Martine, J. (2003). La interpretación de la imagen: entre memoria, estereotipo y seducción. Barcelona: Paidós.
    - Metz, Ch. (2001). El significante imaginario. Barcelona: Paidós.
    - Wajcman, G. (2007). El objeto del siglo. Buenos Aires: Amorrortu.
    - Zunzunegui, S. (2007). «Superando el medio: el espectáculo somos nosotros» en Revista de Occidente, nº 309. Madrid: Fundación José Ortega y Gasset.

    Competencias
    1. Análise en torno ao papel da cultura e a industria audiovisual na deriva social actual, a súa contribución ao coñecemento das novas realidades sociais e a súa capacidade de influencia neste ámbito.
    2. Recoñecer e situar no seu contexto socio-cultural aquelas creacións audiovisuais máis innovadoras, no temático e no formal, da arte contemporánea, do cinema, a televisión ou os novos medios.
    3. Capacidade para coñecer e analizar a sociedade contemporánea a través da súa posta en imaxes nos produtos audiovisuais xurdidos das últimas tendencias na comunicación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia abordarase mediante o desenrolo dos temas en que esta se organiza. Para cada un dos temas recomendarase, así mesmo, ao alumno a lectura dalgún texto breve. De tal xeito que se destinará unha sesión semanal a debater a cuestión ou cuestións máis relevantes proposta/s ao longo do tema en cuestión, para o cal a citada lectura será imprescindible.
    Sistema de evaluación
    Realización dun exame ao final do cuadrimestre.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno. Total horas: 48
    a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
    b. Traballos con documentos: análise, síntese e discusión: 15 horas.
    c. Exame final: 3 horas

    Traballo persoal do alumno. Total horas: 85
    d. Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
    e. Lecturas recomendadas: 25