Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041342 - Teoría e análise da televisión (Teoría e Historia dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Lopez Gomez, Antia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo das aproximacións críticas ao fenómeno televisivo. Interpretación dos programas contemporáneos da televisión. Análise da produción nacional e internacional de programas televisivos.
    Contidos
    Contidos teóricos:

    Tema I. Abordaxe teórica e metodolóxica do dispositivo televisivo:
    • A televisión e os seus métodos.
    • Televisión e paradigma informativo.
    • Sobre o estatuto da televisión como medio de comunicación de masas.

    Tema II. Modelos de televisión:
    • Do monopolio da televisión pública ao triunfo da televisión privada.
    • Televisión xeralista vs. Televisión especializada. Televisión xeneralizada vs. Televisión fragmentada.
    • A quimera da televisión cultural.
    • A televisión sen fronteiras: televisión, identidade e nacionalismo.

    Tema III. Análise de xéneros e formatos:
    • As series televisivas: unha tipoloxía.
    • A telenovela: aleatoriedade e ausencia de clausura.
    • Os formatos do real televisivo.

    Tema IV. As marcas identitarias do relato electrónico:
    • Mascarada e finximento.
    • Reiteración e ausencia de representación.
    • O imperio do look e do light.

    Tema V. O suxeito e o vínculo mediático:
    • A interpelación televisiva.
    • A redisposición do espazo íntimo.
    • O ofrecemento dunha experiencia vicaria.


    Contidos prácticos:

    Todas as cuestións abordadas na teoría estarán apoiadas por diversas unidades programáticas, sobre as cales se aplicará unha sistemática de análise que o alumno irá adquirindo paulatinamente. Estas análises reservaranse para as clases de carácter práctico, ás que o alumno acudirá coa lectura feita dun breve texto recomendado en cada caso.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    - Bourdieu, P. (1998). Sobre la televisión. Barcelona: Anagrama.
    - Casetti, F., Di Chio, F. (1999). Análisis de la televisión: instrumentos, métodos y prácticas de investigación. Barcelona: Paidós.
    - Jiménez Losantos, E., Sánchez-Biosca, V. (1989). El relato electrónico. Valencia: Filmoteca de la Generalitat Valenciana.
    - Wolton, D. (1995). Elogio del gran público. Barcelona: Gedisa.


    Bibliografía complementaria:

    - Carlón, M. (2004). Sobre lo televisivo. Dispositivos, discursos y sujetos. Buenos Aires: La Crujía Ediciones.
    - Cascajosa, C. (2007). La caja lista: Televisión norteamericana de culto. Barcelona: Laertes.
    - Casetti, F. (1988). «El pacto comunicativo en la neotelevisión». Eutopías. Vol. 5. Valencia: Centro de Semiótica y Teoría del Espectáculo.
    - Castelló, E. (2004). La producción mediática de la realidad. Madrid: Laberinto.
    - Fernández García, F. (2003). Así son las cosas… Análisis del discurso informativo en televisión. Jaén: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Jaén.
    - López Gómez, A. (ed.) (2009). Estrategias de la transparencia. Imposturas de la comunicación mediática. Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
    - Murolo, N. (2011). «Post-Zapping: Transmite tú mismo. Youtube como la televisión posmoderna». Razón y Palabra. Nº 71. México.
    - Palao, J.A. (2009). Cuando la televisión lo podía todo. Quien sabe donde en la cumbre del Modelo de Difusión. Madrid: Biblioteca Nueva.
    - Kellner, D. (1991). «Televisión y postmodernidad». Barcelona: Archipiélago. Nº. 8. Cuadernos de crítica de la cultura.
    - Virilio, P. (1995). «Life Show». Eutopías. Vol. 41. Valencia: Centro de Semiótica y Teoría del Espectáculo.

    Competencias
    Estudo e análise das emisións televisivas. Estudo da evolución histórica da televisión e análise dos diferentes modelos. O concepto de servizo público e a evolución dos programas informativos. Análise do discurso televisivo. A influencia da televisión na sociedade.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia abordarase mediante o desenrolo dos temas en que esta se organiza. Así mesmo, durante as sesións prácticas, acometerase a análise dalgunha/s unidade/s programática/s que evidencie/n cuestións tratadas inmediatamente antes no temario. Ás sesións prácticas, os alumnos deberán acudir coa lectura feita dun breve texto que permitirá realizar a citada análise en condicións óptimas.
    Sistema de evaluación
    Realización dun exame ao final do cuadrimestre.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    I. Traballo presencial do alumno: 48 horas.
    a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 h.
    b. Traballos con documentos: análise, síntese e discusión: 15 h.
    c. Exame final: 3 h.

    II.Traballo persoal do alumno: 102 horas
    e. Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 h.
    f. Busca, rexistros e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12
    g. Lecturas recomendadas: 25 h.
    h. Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 h.