Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041343 - Cine de autor (Teoría e Historia dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LEDO ANDION, MARGARITA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo dos principais directores-autores europeos de cine.
    Características e contexto do autor cinematográfico. Propostas
    intelectuais, concepción estética, crítica de arte e debate social.

    O principal obxectivo da materia é facer pensar no filme como responsabilidade dun cineasta, na súa evolución e usos da linguaxe cinematográfica e a súa representación en imaxes da época na que foi creador ou creadora. En relación con isto último, un segundo obxectivo céntrase na análise do cinema como aparato ideolóxico, como industria e como cultura que representa o estado-nación e as distintas culturas que comparten o territorio. Fillmes de diferentes correntes cinematográficas asociadas ao concepto de autor, imprescindible para a súa realización, serán tamén obxecto de análise exhaustiva, tendo en conta a súa representatividade.
    Contidos
    2.- Contidos
    Os contidos da materia estarán artellados nun dobre eixe teórico-práctico, de xeito que cada sesión expositiva teña unha clase interactiva na que se exemplifiquen os contidos. O sentido da experimentalidade ten que ver coa idea de establecermos unha reflexión sobre como moita da teoría desenvolvida no eido cinematográfico tivo o seu correlato en imaxes.

    2.1.- Contidos teóricos
    1. A Política de autores, evolución e actualidade. O cinema como proceso industrial, aparato ideolóxico e operador cultural.
    2. Linguaxe, atmosfera, realidade e clase. A anticipación no pensamento de Jean Epstein. A atmosfera no cinema moderno.
    3. O cinema coma arte moderna: o inacabado. O cinema clásico e as súas fendas
    4. A xeración Cahiers: da ‘caméra-stylo’ á desaparición do autor. Subxectividade, compromiso e a relación coa verdade. Manifestos no cinema.
    5. A representación do real e as súas figuras. O ‘natural’ e o ‘cultural’. A posta en escena.
    6. A imaxe-tempo e a imaxe-movemento. O invisible como outro xeito de ollar.
    7. O dispositivo cinematográfico como forma ideolóxica. Cinema experimental e a procura dos límites da linguaxe cinematográfica.
    8. Os pequenos cinemas da Europa. Os terceiros cinemas e o proceso poscolonial. Cinema de mulleres, mulleres no cinema.

    2.2.- Contidos prácticos
    1. Traballo co libro La política de los autores, lectura e debate. Visionado e análise de La régle du jeu de Jean Renoir
    2. Lectura e debate do pensamento de Jean Epstein. Visionado e análise da atmosfera en La chute de la maison Usher de Jean Epstein
    3. Visionado e análise de Torero de Carlos Velo.
    4. Visionado e análise de Les quatre cents coups de François Truffaut.
    5. Visionado e análise da posta en escena de Rear window de Alfred Hitchcock.
    6. Visionado e análise de Un condamné à mort s'est échappé de Robert Bresson e My Winnipeg de Guy Maddin.
    7. Visionado e análise de Maya Deren.
    8. Visionado e análise de Le Havre de AKï Kaurismakï e de India song de Marguerite Duras.

    Bibliografía básica e complementaria
    3.- Bibliografía
    3.1.- Bibliografía básica
    Aumont, Jacques.- Las Teorías de los Cineastas, Paidós, Barcelona, 2002
    Baecque, Antoine de (comp.).- La política de los autores, Paidós, Barcelona, 2003
    Balázs, Bela.- El Film. Evolución y esencia de un arte nuevo, GG, Barcelona, 1978
    Ledo Andión, Margarita.- Cine de fotógrafos, GG, Barcelona, 2005
    Magny, Joël.- Vocabularios del Cine, Paidós, barcelona, 2005
    Quintana, Àngel .- Fábulas de lo Visible, Acantilado, Barcelona, 2003

    3.2.- Bibliografía complementaria
    AA.VV.- La Nouvelle Vague, Paidós, Barcelona, 2004
    Arnheim, Rudolf.- A arte do cinema, Ediçoes 70, Lisboa, 1989
    El cine como arte, Paidós, Barcelona, 1992
    Baecque, A. y Tesón, Ch.- Una cinefilia a contracorriente, Paidós, Barcelona, 2003
    Belloir, Raymond.- L’Entre-Images, La Différence, París, 2002
    Bresson, Robert.- Notas sobre o Cinematógrafo, Positivas, Santiago, 1993
    Bresson, Robert et alt.- La política de los autores, Paidós, Barcelona, 2003
    Bordwell, David.- El significado del Filme, Paidós, Barcelona, 1005
    Bordwell et alt.- El cine clásico de Hollywood, Paidós, Barcelona, 1997
    Comolli et alt.- Les années pop, Centre Georges Pompidou, París, 2001
    Chion, Michel.- Technique et création au cinéma, ESEC, París, 2002
    Collas, Gérald.- Le défi de la réalité, Festival Tous Courts, 1997
    El desafio de la realidad, Festival Internacional de Cine de Valladolid,
    1997
    Deleuze, Gilles.- La imagen-tiempo, Paidós, Barcelona, 1994
    La imagen-movimiento, Paidós, Barcelona, 1994
    Epstein, Jean.- Écrits sur le cinéma, 1 et 2, Seghers, parís, 1975
    Ledo Andión, Margarita.- Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004
    Magny, Joël.- Le Point de vue, Cahiers de Cinéma, París, 2001
    Mulvey, Laura.- Placer visual y cine narrativo, Centro de Semiótica y Teoría del Espectáculo, Valencia, 1988
    Pagan, Alberto.- Introdución aos clásicos do cinema experimental (1945-1990), CGAI, Compostela, 1999
    Rancière, Jacques.- La Fábula Cinematográfica, Paidós, Barcelona, 2005
    Rees, A.L.- A History of experimental Film and Video, BFI, Londres, 1986
    Ropars-Wuilleumier, M-C.- Le texte divisé, PUF, París, 1981
    Stam, Robert, et alt.- Nuevos conceptos de la teoría del cine, Paidós, Barcelona, 1999
    Stevenson, Jack.- Lars von Trier, Paidós, Barcelona, 2005
    Tudor, Andrew.- Teorías do Cinema, Ediçoes 70, Lisboa, 1985
    Zunzunegui, Santos.- Robert Bresson, Cátedra, Madrid, 201

    Competencias
    Coñecemento xeral da noción de “autoría” na obra cinematográfica e a súa relación coa creación cultural en cada época e coas políticas cinematográficas contemporáneas.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas compleméntanse coas sesión interactivas de xeito que a teoría fica ilustrada cun exemplo cinematográfico. A escolla dos filmes para analizar é, neste sentido, a procura de textos significativos das marcas da autoría e dos conceptos que se abordan en cada tema. Ao tempo, como parte do método de aprendizaxe, o alumnado terá que traballar con textos emblemáticos da teoría cinematográfica e aplicar os seus contidos a visionados e exercicios.
    Tanto nas clases teóricas coma nas experimentais o traballo do alumnado na aula é fundamental, na medida en que se esixirá unha actividade crítica e analítica con respecto do material presentado. A implicación do alumnado como espectadores activos suporá parte da cualificación final.

    Sistema de evaluación
    Na avaliación da materia terase en conta a asistencia, participación e a entrega puntual dos traballos encargados ao alumnado que formarán parte da cualificación final. Neste sentido, o profesorado da materia fará asignacións semanais, correspondentes a cada tema impartido, xunto con dous traballos finais. Un deles consistirá nunha presentación nas aulas interactivas dun determinado autor ou aspecto relacionado coa materia. O outro será un ensaio breve sobre un tema a escoller dos contidos da materia. Este traballo terá que servir como exercicio de reflexión sobre aspectos do temario, así como un exercicio de relación do visto como espectadores e o aprendido na aula.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 51
    Horas destinadas á realización de traballos asignados na aula, lecturas e preparación do exame final (se é precisa a proba): 99


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia sistemática ás sesións expositivas, interactivas e titorías da materia. Así mesmo, desenvolver unha actividade constante e activa como espectadores, tanto nas salas de cinema convencional coma en ciclos organizados por distintas institucións culturais, así como a participación nas sesión do Cineclube Compostela. Lectura de publicacións especializadas.