Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041421 - Políticas europeas do audiovisual (Estructura e políticas de comunicación audiovisual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Lopez Gomez, Antia Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Seminario 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer e valorar a importancia que ten para a comunicación audiovisual o establecemento dun espazo e dun marco regulamentario de políticas de comunicación específicas.
    Contidos
    1. Tema 1. A noción de políticas de comunicación e o campo semántico que a define: A política audiovisual e os sectores que lle compete ordenar.

    2. Tema 2. Xénese do concepto de políticas de comunicación: A posta en marcha das políticas de comunicación. O reparto oligopólico da información. O papel da comunicación na estrutura económica internacional.

    3. Tema 3. Os axentes das políticas de comunicación: A crise do político e a crise do público. A reorganización político-administrativa do espazo. O reparto das institucións.

    4. Tema 4. O contexto económico actual das políticas audiovisuais: globalización, estado e políticas de comunicación. A política de liberalización comunitaria. O proceso de privatización en España. A integración dos medios de comunicación.

    5. Tema 5. A política audiovisual como estratexias de política industrial: O fenómeno da concentración. Libre circulación. Converxencia. A iniciativa tecnolóxica europea e o desenvolvemento da produción audiovisual.

    6. Tema 6. Tendencias das políticas audiovisuais: A crise dos servizos públicos radiotelevisivos en Europa. Redefinición das tarefas de regulación. A descentralización dos sistemas de comunicación. A política anticoncentración.

    7. Tema 7. Políticas audiovisuais comunitarias e españolas: Sector cinematográfico. O papel do medio cinematográfico como elemento identitario. Principais accións comunitarias/españolas dende os anos 80. Incidencias da transnacionalización no sector. A sostibilidade da protección á industria cinematográfica. A política cinematográfica da Administración Autonómica Galega.

    8. Tema 8. Políticas audiovisuais comunitarias e españolas: Sector televisivo. A reestruturación comunitaria do sector dende os 80. Desenvolvemento do sistema público de televisión e incorporación da televisión privada en España. A implantación da televisión local, por satélite, cabo e T.D.T. en España. Política televisiva da A. A. G.

    9. Políticas audiovisuais comunitarias e españolas: Sector radiofónico. O fomento de estándares técnicos europeos para a radiodifusión sonora. O panorama radiofónico español dende a promulgación da L.O.T. A política radiofónica da A. A. G.

    10. Tema 10. Política audiovisual e materialización dunha Sociedade da Información Global: A promoción da S. I. e desenvolvemento das telecomunicacións. A proposta da Infraestrutura Europea da Información. Accións específicas para a implantación da S. I. en España. O enfoque rexional da UE na construción da S. da I. e política autonómica galega ao respecto.


    Bibliografía básica e complementaria
    3.1. Bibliografía básica

    • ADDA, Jacques, La Globalización de la economía: orígenes y desafíos, Sequitur, Madrid, 1999.
    • BUSTAMANTE RAMÍREZ, Enrique, “La industria audiovisual: entre la economía y la cultura, entre lo global y lo local” en Miguel de Aguilera et al., Identitades regionales y locales en la era de la comunicación transnacional, Servicio de publicaciones de la Universidad de Málaga, 1998.
    • LÓPEZ GÓMEZ, Antía, Políticas de comunicación e identidad cultural: estrategias gubernamentales sobre la comunicación social, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2007.
    • SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Mariano, Bases de la política de información y comunicación de la Comunidad Europea, CIS, Madrid, 199.

    3.2. Bibliografía complementaria

    • ÁLVAREZ, J.M. (coord.), La industria cinematográfica en España, Ministerio de Cultura/Fundesco, Madrid, 1992.
    • BRIONES ALONSO, Juan; FOLGUERA, Jaime; FONT, Andrés e NAVARRO, Edurne, El control de concentraciones en la UE: la práctica de la Comisión Europea y las novedades introdicudas en el reglamento (CEE) 4064/89 por el reglamento (CE) 1310/97, Marcial Pons, Madrid, 1999.
    • GIORDANO, Eduardo e ZELLER, Carlos, Políticas de televisión. La configuración del mercado audiovisual, Icaria, Barcelona, 1999.
    • MÉNDEZ RODRÍGUEZ, Eva Mª, “Globalización de la información” en Mercedes Caridad Sebastián (dir.), La Sociedad de la Información: política, tecnología e industria de los contenidos, Centro de Estudios Ramón Areces, Madrid, 1999b.
    • McQuail, Denis, La Acción de los medios: los medios de comunicación y el interés público, Amorrortu, Bos Aires, 1998 (e.o.: 1992).
    • RIGHTER, Rosemary, El control de la información: política, prensa y Tercer Mundo, Pirámide, Madrid, 1982.
    • VENCE DEZA, Xavier, “A empresa pública como instrumento de política industrial: o falso dilema entre eficiencia e cohesión social e territorial” en Trabe de ouro, nº 28, oct.-dece., pp. 11-33, 1996.
    • ZALLO, Ramón, El mercado de la cultura. Estructura económica y política de la comunicación, Tercera Prensa, Donostia, 1992.


    Competencias
    • Contextualización das políticas de comunicación actuais na Europa comunitaria nun marco económico determinante de tales estratexias.
    • Revisión pormenorizada das accións políticas relativas aos sectores cinematográficos, televisivos e radiofónicos que se enmarcan nun proxecto de sociedade da información baseado na integración mediática.
    • Coñecemento das institucións comunitarias creadas e enmarcadas dentro das políticas audiovisuais europeas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ademais das sesión teóricas, semanalmente abordarase unha lectura que permita manexar algunhas das cuestións nucleares desenvolvidas na teoría, os resultados da citada lectura desenvolveranse igualmente ó longo da semana en cuestión.


    Sistema de evaluación
    A cualificación final virá dada pola realización dun exame teórico ao remate do cuadrimestre.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    7.1. Traballo presencial do alumno. Total horas: 48
    a. Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas.
    b. Traballos con documentos: análise, síntese e discusión: 15 horas.
    c. Exame final: 3 horas

    7.2. Traballo persoal do alumno. Total horas: 102
    d. Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
    e. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
    f. Lecturas recomendadas: 25
    g. Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 horas