G3041422 - Xestión e estrutura da empresa audiovisual (Organización e producción audiovisual e multimedia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAproximación conceptual e práctica ao coñecemento da estrutura do sistemas audiovisual e da xestión das empresas e organizacións prestadoras de servizos de comunicación audiovisual no contexto da súa relación coa industria cultural e creativa e cos procesos de converxencia dixital
Contidos1. A xestión na sociedade da información, da comunicación e do coñecemento. O rol da xestión na sociedade actual da información e o coñecemento e nas industrias da comunicación audiovisual e multimedia. Conceptos e nocións xerais sobre xestión, economía, empresa, organización, estrutura, converxencia dixital, sistemas e ecosistemas tradicionais e dixitais. As economías da comunicación, do tempo, dos servizos, da atención, da afiliación, da colaboración e das redes. O mercado e o consumo. A economía social. A comunicación audiovisual, tipos, estruturas e institucións.
2. A importancia da planificación profesional e empresarial. Concepto de planificación e a súa aplicación á carreira profesional e ás actividades empresariais dentro da comunicación audiovisual. A sociedade e a empresa como sistemas de relacións. A planificación, elaboración e negociación do curriculum profesional dentro do sistema de relacións profesionais e empresariais. A formación de competencias e a xestión da carreira profesional, a busca de emprego, os procesos de contacto e selección e a entrevista laboral.
3. O emprendemento, a súa materialización e constitución empresarial. Da idea ao proxecto: a creatividade, a investigación e o desenvolvemento, a innovación e o emprendimento. A viabilidade da idea convertida en proxecto empresarial. O proceso de creación e constitución dunha empresa de comunicación audiovisual. A empresa audiovisual e o seu empresario. A condición de promotor, editor, productor, distribuidor, difusor e infomediario. A xestión da propiedade intelectual na empresa audiovisual.
4. O plan da empresa e/ou do negocio da comunicación audiovisual. Presentación e descrición da idea e do grupo promotor. Descrición da actividade, produto ou servizo audiovisual. Estudio do mercado e mercados audiovisuais. Estudio da competencia. Localización da empresa. Legalización e forma xurídica. Imaxe da empresa e dos produtos e/ou servizos. Política comercial e marketing. Organización da produción. Plan económico-financeiro. A presentación e negociación dos proxectos da empresa
5. A estrutura, caracterización e clasificación da actividade empresarial da comunicación audiovisual. As empresas de comunicación audiovisual segundo o seu capital (privadas e públicas) e a súa finalidade. Tipos de sociedades mercantís (colectivas, comanditarias, de responsabilidade limitada, de nova empresa, de sociedade anónima, cooperativas, de asociación laboral, sociedades de redactores, de agrupación económica e europea) e de institucións sen fin de lucro (asociacións, fundacións e de intrés público). Clasificación das empresas de comunicación audiovisual segundo a súa actividade, cobertura, tamaño, especialización, financiación e outros tipos. Corporacións, holding e grupos de empresas. Os principais grupos audiovisuais españois, europeos e do resto do mundo
6. Análise do entorno da empresa de comunicación audiovisual. Entorno xenérico e específico. O marco legal e da competencia da empresa. Técnicas e sistemas de análise das estratexias e mercados da competencia. Procesos e dinámicas de crecemento, concentración, fragmentación, agregación, colaboración e asociación. As cadeas de valor dos distintos segmentos da industria audiovisual. Cadro de mando integral e radar de xestión.
7. A organización e dirección da empresa audiovisual. A misión, a visión, os principios editoriais, os valores e a cultura corporativa. Concepción da organización e das súas áreas estratéxicas e funcionais. A organización do proceso administrativo de toma de decisións e a súa xestión. Tipos de dirección, de liderado e de organigramas. A planificación estratéxica e operativa.
8. A xestión da produción e dos recursos humanos nas organizacións audiovisuais. Planificación e organización das necesidades de produción. Proceso de seleción, contratación, organización e retribución dos recursos humanos. Xestión das relacións laborais. Tipos de contratos e convenios colectivos. Sistemas e procesos de produción integrados ou secuenciados. Dos procesos de produción audiovisual secuenciados aos sistemas de execución por fases, clúster, redes e agrupacións colaborativas.
9. Marketing, comercialización e modelos de negocio. Marketing estratéxico e marketing mix, de produto e de relacións. Características dos produtos e servizos audiovisuais e dos sistemas de fixación de prezos. Funcións da comercialización. A promoción e a distribución dos produtos e servizos audiovisuais. Modelos de negocio e mercados audiovisuais.
10. A xestión económico-financeira na empresa audiovisual. Modelos e tipos de financiación das empresas de comunicación audiovisual. Intervención pública (axudas e incentivos) e fiscalidade das empresas audiovisuais. Planificación económico-administrativa e contabilidade. Plan Xeral Contable e contas xerais das empresas de comunicación. Principais indicadores de xestión económica-financeira da empresa de comunicación. Sistemas de auditoría e control das empresas de comunicación.
11. Modelos de regulación, corregulación, autorregulación e gobernanza. Modelos e organismos internos e externos de regulación da comunicación audiovisual. A xestión da calidade e da Responsabilidade Social Corporativa na comunicación audiovisual. Cultura corporativa, valores, Responsabilidade Social Empresarial e calidade. Conceptos de gobernanza e Responsabilidade Social Empresarial. Códigos de gobernanza e marco normativo da RSE. A ISO 26000 de RSE. Normas de xestión, de avaliación e auditoría da calidade
12. Horizonte e tendencias das empresas audiovisuais. A metamorfose das transformacións e mutacións mediáticas. Tendencias e prospectivas dos cambios nas empresas de comunicación audiovisual. O panorama actual dos medios e empresas audiovisuais en Galicia, en España e no resto do mundo.
13. Estudio e análise de caso das principais estruturas e organizacións de producción, distribución, difusión, intermediación e auxiliares da actividade audiovisual de Galicia, España, resto de Europa e do mundo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
Bibliografía obrigatoria:
Augros, J (2002). El Dinero de Hollywood: financiación, producción, distribución y nuevos mercados. Paidós, Barcelona.
Bustamante, E. (coord) (2002), Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España, Gedisa, Barcelona.
Bustamante, E. et al. (2008): Alternativas en los medios de comunicación digitales. Televisión, radio, prensa, revistas culturales y calidad de la democracia. Gedisa, Barcelona.
Bustamante, E. (2013): Historia de la Radio y la Televisión en España. Una asignatura pendiente de la democracia. Barcelona: Paidós
Bustamante, E. (2013): Historia de la Radio y la Televisión en España. Una asignatura pendiente de la democracia. Barcelona: Paidós
Campos, Francisco (2010): El cambio mediático. Comunicación Social. Zamora.
Campos, Francisco (2013): Investigaciones sobre la estructura, gestión y políticas de comunicación. http://gceis.academia.edu/FranciscoCampos
Bibliografía recomendada:
- Álvarez Monzoncillo, J. M. e Iwens, J.M., El futuro del audiovisual en España, Fundesco-Ministerio de cultura, Madrid, 1992.
- Bustamante, E. (dir.), Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital, Gedisa, Barcelona, 2003.
- Castells, M., La Galaxia Internet. Reflexiones sobre Internet, Empresa y Sociedad, Random House Mondadori S.A., Barcelona, 2001.
-CEBRIÁN, M. (2004): Modelos de televisión: generalista, temática y convergente con internet. Paidós, Barcelona
- CEBRIÁN, M. (2007): Modelos de radio, desarrollos e innovaciones. Del diálogo y participación a la interactividad. Editorial Fragua, Madrid
- ECIJA BERNAL, H. (2000), Libro Blanco del Audiovisual. Como producir, distribuir y financiar una obra audiovisual, Ecija&Asociados Abogados, Madrid
- ECIJA BERNAL, H. (2005), Libro Blanco del Audiovisual. Hacia una nueva política audiovisual. Modelos de televisión, regulación de contenidos y consejos audiovisuales en España, Europa y EEUU, Ecija&Asociados Abogados, Madrid
- Fidler, R., Mediamorfosis. Comprender los nuevos medios, Ediciones Granica, Buenos Aires, 1998.
- Giordano, E. e Zeller, C., Políticas de televisión: la configuración del mercado audiovisual, Icaria, Barcelona, 1999.
- Lacroix J. G. e Tremblay, G.,The Information Society and Cultural Industries Theory, Sage, Toronto (Canadá), 1999.
- Ledo Andión, M. (coord.), Catálogo do Audiovisual Galego 1997-1998, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2000.
- Ledo Andión, M., Televisión e interculturalidade en Bretaña, Galicia e País de Gales, Tórculo Artes Gráficas, Santiago de Compostela, 1998.
- Mattelart, A., Historia de la sociedad de la información, Paidós, Bos Aires, 2002.
- Richeri, G., La transición de la televisión, Barcelona, Bosch, 1994.
- VV.AA. Libro branco de cinematografía e artes visuais en Galicia. CCG, Santiago, 2005.
- Xunta de Galicia. Audiovisual galego 2003. Xunta de Galicia, 2004.
CompetenciasCoñecementos básicos, teóricos e prácticos sobre a estrutura do sector audiovisual e o impacto dos procesos de converxencia dixital, así como sobre as organizaciones e empresas, sistemas e modelos de xestión, organización e financiamento
Teoría e práctica sobre a xestión, planificación, dirección e organización empresarial e sobre os sistemas de xestión da calidade e da responsabilidade social corporativa na empresa audiovisual.
Análise dos elementos fundamentais do mercado da información e do entretemento e das industrias culturais e creativas relacionadas coa xestión da empresa audiovisual.
Coñecemento sobre o emprendemento e creación de empresas audiovisuais e análise para a súa imprantación e desenvolvemento
Metodoloxía da ensinanza Desenvolvemento de clases expositivas, traballos individuais e de grupo, lecturas de textos recomendados relacionados coa materia, análise de casos de xestión e discusión dos mesmos nas sesións prácticas
Sistema de evaluaciónOs traballos individuais e prácticos, xuntamente coa asistencia e participación nas sesións expositivas e prácticas sobre presentación de traballos e casos prácticos suporán o 50%. O outro 50% será os exames de final de curso de preguntas breves e desenvolvemento de temas, segundo corresponda
Tempo de estudo e traballo persoalA adicación presencial será de 48 horas e o traballo persoal do alumno de 102 horas