G3041441 - Dirección de arte (Procesos de ideación e narrativa audiovisual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs obxectivos desta materia consisten en capacitar os alumnos no estudo das
composicións visuais e estéticas dos produtos audiovisuais. Achegas da linguaxe da comunicación audiovisual e das tecnoloxías á obra audiovisual.
Estudo e análise de interiorismo, escenografía e decoración en cine, TV e
publicidade, nos diferentes formatos e instalacións artísticas. Aplicacións prácticas
dos conceptos teóricos.
ContidosTEMA 1
Estudo dos elementos do deseño de cine e tv.
1.1 Sentido estético, simbólico e expresivo da imaxe.
1.2 Signo visual. Ícono, índice e símbolo.
1.3 O desenvolvemento da idea e a percepción.
1.4 Brainstorming ou tormenta de ideas e outros métodos disparadores da creatividade
1.5 Guión e proposta estética
1.6 A función dramática, diegética e estética na creación dun estilo visual determinado.
1.7 O deseño de decorados de diferentes xéneros, estilos e épocas.
1.8 Utilización de fontes de investigación e estudo que sirvan de base histórica.
1.9 Indagación persoal sobre gustos, temáticas, épocas, modas e estéticas.
1.10 Visualización e formulación a través do story-boarding.
1.11 Do guión á posta an escea.
TEMA 2
Escenografía e decorados de cine e tv.
2.1 Introdución ás especificidades da escenografía.
2.2 A escenografía en cine e en televisión.
2.3 O Director de Arte como deseñador da proposta escenográfica en estudo.
2.4 O signo escenográfico.
2.5 Do guión técnico á posta en escena.
2.6 Bosquexo e a planificación bosquexada
2.7 Espazo pictórico, fílmico-arquitectónico e da representación.
2.8 O espazo virtual.
2.9 O valor da luz na creación de espazos.
2.10 O contraste de cor.
2.11 A paleta limitada.
2.12 Métodos de construción escenográfica.
2.13 Definición, tipología e requisitos da escenografía virtual.
TEMA 3
Vestiario e caracterización.
3.1 A Dirección de arte e casting.
3.2 Análise dos personaxes.
3.3 Dinámica visual dos personaxes.
3.4 Personaxe, texto e contexto.
3.5 Fisonomía do actor.
3.6 O Vestiario.
3.7 O accesorio e a utilería de vestiario.
3.8 Deseño de vestiario de diferentes xéneros, estilos e épocas.
3.9 Caracterización, maquillaxe e peiteado.
3.10 Deseño e caracterización de personaxes de diferentes xéneros, estilos e épocas.
3.11 O maquillaxe e caracterización.
3.12 Os materiáis.
3.13 Material gráfico.
3.14 A toma de decisión estética segundo a historia, época, xénero e estilo do programa de
televisión ou cine.
TEMA 4
A posta en escea.
4.1 A configuración da paisaxe e os elementos naturais.
4.2 Scouting e selección de locacións.
4.3 Diferentes artistas, directores, regisseurs e directores de arte e as súas estéticas e estilos particulares.
4.4 Os alcances da realización.
4.5 A investigación documental, a consulta de fontes.
4.6 A linguaxe cinematográfica e a linguaxe televisiva.
4.7 A mirada do Director de Arte e a proposta ao Director.
4.8 A posta de cámara en relación ao espazo.
4.9 O equipo de traballo: roles e responsabilidades.
4.10 A relación Director de Arte/ Escenógrafo/ Ambientador/ Montador / Encargado dos útiles.
4.11 O deseño escenográfico do espazo para ser filmado.
4.12 Arquitectura da escena en cine e televisión.
4.13 Montaxe de decorados.
4.14 A perspectiva.
4.15 A pintura escenográfica, o pano pintado.
4.16 Bosquexos, plano, planta escenográfica, maquetas; planta lumínica.
4.17 Guión técnico á posta en escena.
4.18 Construción de decorados
4.19 Tapóns e espazos neutros.
4.20 Os efectos especiais físicos e visuais.
4.21 A utilería.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica.
Pinteau, Pascal: Special effects, Abrams, 2004.
Nieva, Francisco Tratado de Escenografía, Ed. Fundamentos.2000.
Artaud , A. Le théâtre et son double, Paris, Gallimard, 1964.
Bentley, E. La vida del drama, Barcelona, Paidós.
Bettetini, G.F. Produción significante y puesta en escena. Barcelona, 1977.
Germén Gelpi, Horacio Esquivel La Escenografia,Centro Editor de América Latina, 1977
Guereñu, Javier López de Decorado y Tramoya. Ñaque, 1999
Catalá, J.M. La puesta en imágenes, conceptos de dirección cinematográfica. Barcelona, Paidós,2001.
Bibliografía complementaria.
Hubert C. Heffner, Samuel Selden, Hunton L. D. Sellman, traducción de Leal Rey, revisión de Saulo Benavente, Técnica teatral moderna, Colección Eudeba Manuales. 1988.
Vincent J-R Kehoe La técnica del artista del maquillaje profesional para Cine, Televisión y Teatro; Madrid, RTVE,
Hormigón, J. A. Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. Madrid, Volumen I, Publicaciones
de la Asociación de Directores de Escena de España, 2002.
Villa, Santiago La Escenografía: Cine y Arquitectura, Cátedra 1997.
Mazzucato, T. El arte de la puesta en escena. Vigo, Academia de la puesta en
escena,2010.
Nogueira, C. La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada. Valencia, Institució Alfonso el Magnànim, 2001
Wilkie, Bernard Efectos Especiales Para Televisión, IORTV, 1992.
CompetenciasEstudo e análise da escenografía, vestiario e ambientación, de acordo cun guión ou
con a idea dun produto audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza O programa da asignatura de Dirección de Arte conta cunha metodoloxía didáctica específica, na que se diferencian tres bloques principais:
- Linguaxe audiovisual.
- Técnicas de representación.
- Proxecto de dirección artística.
Á súa vez, incorporase un bloque transversal, de carácter excepcional e multidisciplinar, que integra conferencias e clases maxistrais , entre outros métodos formativos. Deste xeito, o alumno vivirá unha experiencia formativa completa, fomentando a relación con outras disciplinas, aproveitando o intercambio de coñecementos, ideas, opinións e experiencias como parte dunha formación estimulante e enriquecedora para a súa posterior proxección profesional. A materia central, Dirección Artística, presenta unha actividade práctica e irá recollendo os coñecementos adquiridos no resto de materias do programa. Está dividida en varios exercicios que incrementarán progresivamente a súa complexidade, facilitando así ao alumno a súa incorporación no mundo da dirección artística. Perseguirase en todo momento un ensino baseado principalmente na participación directa do estudante. Os obxectivos do estudante deberán identificarse plenamente cos do profesor.
Moitas das explicacións teóricas terán por forza que ser apoiadas con casos prácticos. Así pois, como paso previo ás prácticas de laboratorio con cámaras, decorados, escenografía e demáis recursos escénicos que compoñen o proceso de realización dunha obra audiovisual, efectuaranse visionados de importantes produtos audiovisuais (documentais sobre os elementos da dirección de arte) que logo dos oportunos análises servirán ós estudantes como punto de partida para as súas prácticas.
As clases teóricas estruturaranse en función do seguinte esquema:
- Introdución. Presentación a modo de guión-resume e relación, se a houbese, con outros temas.
- Desenvolvemento. Contido informativo do tema.
- Visionados. Referencias profesionáis dos temas abordados.
- Conclusións. Reforzo das principais ideas teóricas e a súa relación coas sesións prácticas de aula ou laboratorio.
Analizaranse distintos traballos de dirección de arte (principalmente verbal) de diversos proxectos audiovisuais, provocando o debate e a participación do alumnado.
As clases prácticas de laboratorio centraranse exclusivamente en coñecer e practicar as técnicas de construción e fabricacción de material escénico e a súa mecánica de aplicación.
• Clases de teoría: 25% (0,6 ECTS)
• Clases prácticas: 30% (2,4 ECTS)
• Traballo persoal do alumno: 40% (2,4 ECTS)
• Avaliación: 5% (0,3 ECTS)
Sistema de evaluaciónConvocatoria ordinaria:
Asistencia e participación en clase: 10%.
Actividades académicas dirixidas (traballos prácticos): 35 %
Proba parcial: 15%
Proba final: 40 %
Todos os traballos escritos deberán ser entregados na data indicada. Non se admitirán traballos fóra de prazo.
OBS. Convocatoria Extraordinaria:
Asistencia e participación en clase: 10%.
Actividades académicas dirixidas (traballos escritos): 25 %
Proba final: 65 %
O 10% en asistencia e en participación non se considerarán en convocatoria extraordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal 150 horas. 48 horas de trabajo presencial del alumno y 102 horas trabajo personal del alumno.
Recomendacións para o estudo da materiaTanto na entrega de textos que serven de soporte ós exercicios coma na presentación dos traballos escritos e exames teóricos prégase unha boa presentación e ortografía. Da mesma maneira, o alumno terá que responder às expectativas de claridade e bo gusto ao presentar os traballos e tamén obedecer às normas de conducta obrigatorias da Universidade.
Recomendacións de cara á recuperación
Caso de ser necesario para superar a materia, poderán ser recuperables nas convocatorias correspondentes.
Algún coñecemento de programas como photoshop.
ObservaciónsNon se especifican.