Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041443 - Documental contemporáneo (Teoría e Historia dos medios audiovisuais e multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LEDO ANDION, MARGARITA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento das posicións que definen o pensamento documental contemporáneo e achegamentos aos seus aspectos seminais, entendidos como aqueles sobre os que se pode evolucionar cara ás figuras que identifican o cinema do real. A análise de autores e de obras representativas proponse como ámbito de discusión dos contidos teóricos do Programa e como preparación para a abordaxe da práctica.

    Contidos
    Análise de tendencias e liñas de autor no documental. Principais modelos de dirección documental de creación

    1. O documental na cultura contemporánea. O pensamento documental: a consciencia da cámara, a consciencia do mundo. Documental e vangarda. As propostas documentais.

    2. O documental e o cinema moderno. As leccións do Free Cinema:o cotián como materia creativa, a expresión como resistencia, a provocación como emblema. Do directo ao observacional.

    3. Do filme ao espectador: a construción de novas convencións. O confronto de dous imaxinarios. Os filmes de familia.

    4. Do suxeito ao obxecto: o ensaio fílmico. Do "eu filmo" ao cinema sen cámera.
    O autor como actor: o documental performativo. A ficción documental.

    5. Novas prácticas no documental contemporáneo: a experiencia da filmación, a consciencia do outro, a exploración do real. A reutilización de materiais.

    6. Mulleres e documental: o personal é político. O corpo como material, o documento como documento, o cine como territorio independente.
    .
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    Breschand, Jean.- El documental, la otra cara del cine, Paidós, Barcelona, 2004
    Català, Cerdán, Torreiro (comp.).- Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en españa, Ocho y Medio, Madrid, 2001
    Cerdán, J. y Torreiro, C. (comp.).- Documental y Vanguardia, Cátedra, Madrid, 2005
    Comolli, J.L.- Filmar para ver, Buenos Aires, 2001
    Ledo Andión, Margarita.- Del Cine-Ojo a Dogma95, Paidós, Barcelona, 2004
    ------------------------------- Cine de Fotógrafos, GG, Barcelona, 2005

    Complementaria:

    Balázs, Bela.- El Film.Evolución y esencia de un arte nuevo, Gustavo Gili, Barcelona, 1978
    Baqué, Dominique.- Pour un nouvel art politique, Flammarion, parís, 2004
    Bruzzi, Stella.- New Documentary: a critical introduction, Routledge, Londres, 2000
    Chris Marker, retorno a la inmemoria del cineasta, La Mirada, Barcelona, 1999
    Collas, Gérald.- Le défi de la réalité, Festival Tous Courts, Aix-en-Provence, 1997 (trad. cast. El desafío de la realidad, Semana Internacional de Cine de Valladolid, 1997)
    Heredero, Carlos F. y Monterde, José Enrique (comp.).- En torno al Free Cinema, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2001
    ------------------------------------------------------------------------ En torno a la Nouvelle Vague, Institut Valencià de Cinematografia, València, 2002
    Hill, John.- Sex, Class and Realism, BFI, Londres, 1986
    Hispano, A. y Sanchez-Navarro, J. (comp.).- Imágenes para la sospecha. Falsos documentales y otras piruetas de la no-ficción,Glénat, Barcelona, 2001
    Niney, François.- L’Epreuve du Réel à l’Écran, De Boeck, Bruxelas, 2000
    Weinrichter, Antonio.- Desvíos de lo real, T&B, Madrid, 2004
    Winston, Brian.- Lies, Damn Lies and Documentaries ,BFI, Londres, 2000

    Competencias
    Posta en relación dos aspectos teóricos que forman parte da cultura do documental e, en particular, do que permite identificar unha nova corrente que se denomina “contemporáneo” para pasar a súa aplicación práctica dende diferentes modelos. Relación entre o dispositivo, a época, o espectador e o autor. Condicións de produción e de exhibición.
    Metodoloxía da ensinanza
    Impartiranse os contidos teóricos de cadanseu tema con exemplos e fragmentos de películas que poñan en imaxe os diferentes aspectos tratados e con apoios textuais –artigos, críticas, reflexións– que sirvan para ponderar o seu sentido en cada momento. Cada dúas semanas farase a análise en profundidade dunha obra e entre a semana número 7 e a 10 abordarase o proceso completo (idea, sinopse, investigación, guión, localizacións, rodaxe, edición e posprodución) dun filme documental que se defenderá e debatira nas aulas.

    Sistema de evaluación
    Haberá unha proba final de coñecemento teórico (que representa o 50 por cento da cualificación numérica) e de análise, ponderada con tres exercicios de aula de análise de filmes (un 15 por cento) e coa avaliación dos traballos desenvolvidos na realización dun filme documental (o 35 por cento). Cada un dos aspectos está en relación cos outros, de xeito que non se poderá superar a teoría sen ter aprobado tanto os exercicios de análise como a práctica.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    6 créditos ECTS = 150 horas. Delas, 48 son presenciais e as restantes (102) son de traballo individual do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Cómpre achegarse primeiro ás teorías e mais ao pensamento documental para, con esta bagaxe, ver os filmes e analizar os aspectos de interese conforme os epígrafes do Programa. Vixiar o gusto persoal e as apreciacións impresionistas, así como someterse ao que cada autor e autora propón coa súa obra é, tal vez, a condición per se do estudo do documental contemporáneo.