G3041446 - Promoción e difusión da obra audiovisual (Organización e producción audiovisual e multimedia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Expositivo 1 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Seminario 1 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | SI | SI |
| Titorizado 1 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento da tipoloxía de produtos e formatos audiovisuais, e a súa adaptación aos mercados. Estudo e análise dos marcos de comercialización e das técnicas de mercado dos produtos audiovisuais. Elaboración de planos de promoción e difusión dos produtos audiovisuais consonte a eses mercados. Capacitación dos alumnos na presentación de obras audiovisuais diante dos decission-makers.
ContidosAnálise dos circuítos de difusión e dos mercados de comercialización das obras audiovisuais. Técnicas de presentación oral e gráfica dos produtos audiovisuais ante os decission makers. Estudo sobre os distintos modelos de promoción, venda e comercialización de produtos audiovisuais en diferentes mercados en función da tipoloxía do produto, o formato, así como da súa capacidade de adaptación a outros espazos e circuítos comerciais
2.1.- Contidos teóricos.
1.- A Obra Audiovisual.
Definicións e terminoloxía básica- Roles e funcións profesionais na obra audiovisual- A fase finalista da distribución/difusión/exhibición-Primeiros criterios de promoción.
2.- O planeamento estratéxico no audiovisual.
Fundamentos: creatividade e talento, valor e custe, promoción e traballo de difusión en equipo- Sector e axentes en negociación: produtoras, distribuidoras, axentes de vendas, exhibidores, televisións, multimedia- Papel dos organismos públicos e profesionais de promoción audiovisual.-Arquivos e materiais: posta en valor e rendemento- Galicia: dinámicas de promoción e difusión da obra audiovisual.
3.- Produtos e mercados.
Produtos e formatos, características e mudanzas nos mercados- Tipoloxía das obras audiovisuais e os seus mercados-Os formatos e as súas adaptacións comerciais-Posicionamento, comercialidade e representatividade- Mercados audiovisuais: principais mercados (análise), eventos de negociación e dinámicas dos festivais e feiras. Premios.
4.- Os lanzamentos no cinema, na televisión e noutos soportes.
Lanzamento do produto cinematográfico: estratexias (masiva, media e independentes), públicos e posicionamento, sobre orzamentos-Lanzamento do produto televisivo: descrición e función, posicionamentos nas programacións, identidades visuais (autopromos)-Produtos multimedia e virtuais: adaptacións do audiovisual, promoción e difusión /distribución.
5.- Técnicas e medios para a promoción e difusión.
Técnicas de mercado e ferramentas aplicadas: trailers e espots, créditos, cartaces, making of e relacións cos medios (publicity masiva e especializada)- Webs, blogs, promoción e difusión por internet e noutras plataformas.
6.- Presentacións e modelos.
Presentacións para a promoción e difusión da obra audiovisual: package- Modelos escrito-gráficos e audiovisuais de valoración e de proxecto promocional: memorias de produción-promoción- Presentacións persoalizadas: pitching- Os decission-makers: roles e axentes cualificadores.
2.2.- Contidos prácticos.
2.2.1.- Elaboración de plano de promoción e difusión dun produto audiovisual.
2.2.2.- Presentación da estratexia de promoción e difusión do produto audiovisual.
Bibliografía básica e complementaria3.1.- Bibliografía básica:
Baraybar, A. (2006) Marketing en televisión. Madrid: Fragua.
Bustamante, E. (coord.) (2002) Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España, Barcelona: Gedisa.
Linares, R. (2009) La promoción cinematográfica, Madrid: Fragua.
Redondo, I. (2000) Marketing en el cine, Madrid: Pirámide.
3.2.- Bibliografía complementaria.
Acland, C. (2003) Screen traffic. Movies, multiplexes and global culture, EUA: Duke University Press
Alonso García, L (coord.) (2003) Once miradas sobre la crisis y el cine español, Madrid: Ocho y medio.
Augros, J. (2000) El dinero de Hollywood: financiación, producción, distribución y nuevos mercados, Barcelona: Paidós.
Bosko, M. (2003) The complete independent movie marketing handbook. Promote, distribute and sell your film or video, EUA: Michael Wiase Pub.
Buquet, G. (2005) El poder de Hollywood. Un análisis económico del mercado audiovisual en Europa y Estados Unidos. Madrid: Fundación Autor.
Bustamante, E. (2001) La televisión económica. Financiación, estrategias y mercados. Barcelona: Gedisa.
Calvo, C. (2008) Distribución y lanzamiento de una película, Jaén: Zumaque.
Durie, J., Pham, A. e N. Watson (2000) Marketing and selling you film around the world. A guide for independent filmmakers, L.A., EUA: Silman-James Press.
Écija, H. (2000) Cómo producir, distribuir y financiar una obra audiovisual. Libro Blanco del Audiovisual, Madrid: Exportfilm.
Fernández Blanco, V. (2002) Cinéfilos, videoadictos y telespectadores: los perfiles de los consumidores de productos audiovisuales en España, Madrid: Fundación Autor.
Gournay, B. (2004) Contra Hollywood. Estategias europeas del mercado cinematográfico y audiovisual, Barcelona: La biblioteca del ciudadano.
Guallarte, L. e J. Grange (coord.) (2006) "La industria de contenidos digitales", Telos, núm. 69, oct.-dec. Madrid: Fundación Telefónica de España.
Lipovetsky, G. (2007) La felicidad paradójica. Ensayo sobre la sociedad del hiperconsumo, Barcelona: Anagrama.
Mahr, M. (ed.) (2000) Media Business file. Exploiting European films in Latin America, Madrid: Media Business School.
Martínez Iñiguez, J. (2006) El mercado del cine en EUA. Estudios de mercado. Oficina Económica y Comercial de la Embajada de España en L.A., ICEX.
Martínez Hermida, M. (dir.) (2003) Las Comisiones Fílmicas. Un nuevo dispositivo para la promoción audiovisual, Sevilla: Comunicación Social E.P.
Méndiz, A. (2004) "Vender la película antes de hacerla. Cómo se fabrica un éxito de taquilla: el marketing cinematográfico (I)" en Filasiete, www.filasiete.com/venderpeli.html
Miller, T., Govil, N., McMurria, J. e R. Maxwell (2005) El nuevo Hollywood. Del imperialismo cultural a las leyes del marketing, Barcelona: Paidós
Pardo, A. (2003) El oficio de producir películas: el estilo Puttnam, Barcelona: Ariel.
Pérez, J.(coord.) (2006) Contenidos digitales. Nuevos modelos de distribución on line. GAPST, Red.es
Rouston, J. (2003) "Pitching Ideas Hollywood Style" Standford University, en www.gsb.standford.edu
Sánchez Tabernero, A. et alii (1997) Estrategias de marketing de las empresas de televisión en España, Pamplona: Eunsa.
Squire, J. (2006) El juego de Hollywood, Madrid: T&B Editores.
Wasco, J. (2003) How Hollywood Works, Londres: Sage.
Anuarios e Revistas recomendadas:
Academia. Revista del cine español.
Anuario estadístico del cine europeo. Media Salles.
Media Business School. Informes.
FAPAE. Memoria Anual.
Focus. World F
Competencias- Coñecemento da traxectoria pública dos produtos audiovisuais e comprensión dos procesos de comercialización e técnicas de mercado da obra audiovisual.
- Capacitar no deseño de planos de promoción e difusión en función dos mercados.
- Coñecemento dos tipos de produtos e formatos, da súa adapatación aos mercados.
- Competencia na presentación dos produtos audiovisuais diante de axentes cualificadores e decisores.
Metodoloxía da ensinanza Aulas expositivas do profesor e conferencias-debate con profesionais da promoción e difusión de obras audiovisuais.
- Lectura de textos audiovisuais e escritos, proporcionados polo profesor, para realizar estudos de caso e obter nocións básicas sobre a promoción e difusión da obra audiovisual.
- Preparación titelada da exposición dos alumnos na aula sobre traballo práctico en grupo: elaboración dun plano de promoción e difusión dun determinado produto e pitching.
Sistema de evaluaciónA avaliación é continua e suxeita ás fases da práctica no caso da preparación en grupo e exposición dun plano de promoción e difusión e do seu pitching. O traballo contará un 50% da nota final.
A materia teórica, basada nas aulas expositivas, as conferencias e as lecturas, será obxeto dunha proba escrita que contará un 40% da nota final.
A asistencia as aulas contará un 10% da nota e haberá penalizacións sobre a nota final pola non asistencia sen xustificar. Tres faltas sen xustificar abocan ao alumno a unha proba final escrita ou oral de toda a materia, dependendo do número de alumnos.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia require dun total de 51 horas presenciais para o alumno. No caso da preparación de material, análise e realización dos traballos, a maiores das aulas, estímanse un total de 99 horas de traballo persoal e grupal.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguir os consellos do docente en canto a asistencia ás aulas expositivas e conferencias. Facer un cronograma das actividades grupais e das tarefas persoais concernentes a aula. Atender ás lecturas recomendadas polo profesor. Debater e participar nas conferencias e nos traballos en grupo.