Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

G3041447 - Deseño e animación (Técnicas e procesos creativos de producción, realización e postprodución) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SPENCER DE ALBUQUERQUE, RICARDO.NON
Vaz Guerrero, Francisco Javier.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Expositivo 1OrdinarioClase ExpositivaSISI
Laboratorio 1OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Laboratorio 2OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Titorizado 1OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 2OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Titorizado 3OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia son proporcionar aos alumnos coñecemento dos principios,
    fundamentos e procesos vinculados co deseño e coa animación, dende o concepto, a
    preparación e as técnicas utilizadas no desarrolllo da produción.
    Exploración e análise dos estilos, a narrativa, a creatividade, a estética e a evolución da cultura
    da animación.
    Tamén a capacitación para a construción de personaxes e ámbitos animados e inserilos nunha
    película ou nunha presentación utilizando programas de fácil acceso, o que permitirá ao
    alumno crear as súas propias personaxes dentro dun contexto narrativo.

    Contidos
    TEMA 1
    -Conceptualización e creación de produtos gráficos audiovisuais xerados por ordenador.
    TEMA 2
    - Características dos programas axeitados ao deseño e animación 2D e 3D.
    TEMA 3
    -Concepto, historia, técnicas e estilos do proceso creativo no ámbito da animación. A obra de
    animación e a cultura visual.
    TEMA 4
    -A animación audiovisual e os efectos especiais: principios e técnicas de realización.
    TEMA 5
    -Técnicas de edición, composición visual e animación en materiais en dous e tres dimensións.
    TEMA 6
    -Os efectos especiais dixitais.

    Bibliografía básica e complementaria
    . Bibliografía básica.
    -GÓMEZ,Nana: El Gran Libro de Arte&Diseño 3D, Axel Springer, 2012.
    - PINTEAU, Pascal: Special effects, Abrams, 2004
    - CONTRERAS, F. R.; SAN NICOLÁS, C.: (2001) Diseño gráfico, creatividad y comunicación. Blur Ediciones, S.L.
    - FAULKNER, A.; DENNIS, A..: (2006) Adobe After Effects 7.0.El libro oficial. Anaya
    - HARTWIG, ROBERT L.: (2005) Basic TV Technology. Digital and Analog. (4ª ed)Focal Press Ed.
    - MUSBURGER, ROBERT B.; KINDEM, G.: (2004) Introduction to Media Production.
    The Path to Digital Media Production.(3ª Ed.) Focal Press Ed.
    - WRIGHT, STEVE: Efectos Digitales en cine y vídeo. Ed. Escuela de cine y vídeo.

    .Bibliografía complementaria
    - BORDWELL, David y THOMPSON, Kristin: El arte cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1995.
    - BEANE, Beane:3D Animation Essentials,Wiley,2012.
    - Maestri, George :Creación digital de personajes animados, Ed. Anaya Multimedia. 1997.
    - MARIN, Marcel: El lenguaje del cine, Barcelona, Gedisa, 1996.
    - MARTIN, Marcel y SCHNITZER, Jean: El cine soviético visto por sus creadores, Salamanca, Ediciones Sígueme, 1975.
    - METZ, Christian: Lenguaje y Cine, Barcelona, Planeta, 1973.

    Competencias
    - Coñecemento dos principios, fundamentos e procesos vinculados co deseño e coa animación,
    dende o concepto, a preparación e as técnicas utilizadas no desenvolvemento da produción.
    - Exploración e análise dos estilos, a narrativa, a creatividade, a estética e a evolución da
    cultura da animación.
    - Capacitación para a construción de personaxes e ámbitos animados e inserilos nunha película
    ou nunha presentación.

    Metodoloxía da ensinanza
    O programa da asignatura de Deseño e animación 3D conta cunha metodoloxía didáctica específica, na que se diferencian catro bloques principais:

    - Linguaxe audiovisual.
    - Técnicas creativas.
    -Coñecemento de programas de deseño e animación.
    - Proxecto de creación de personaxes 3D
    Á súa vez, incorporase un bloque transversal, de carácter excepcional e multidisciplinar, que integra conferencias e clases maxistrais , entre outros métodos formativos. Deste xeito, o alumno vivirá unha experiencia formativa completa, fomentando a relación con outras disciplinas, aproveitando o intercambio de coñecementos, ideas, opinións e experiencias como parte dunha formación estimulante e enriquecedora para a súa posterior proxección profesional. A materia central, Deseño e animación 3D, presenta unha actividade práctica e irá recollendo os coñecementos adquiridos no resto de materias do programa. Está dividida en varios exercicios que incrementarán progresivamente a súa complexidade, facilitando así ao alumno a súa incorporación no mundo da creación dixital. Perseguirase en todo momento un ensino baseado principalmente na participación directa do estudante. Os obxectivos do estudante deberán identificarse plenamente cos do profesor.

    As clases teóricas estruturaranse en función do seguinte esquema:
    - Introdución. Presentación a modo de guión-resume e relación, se a houbese, con outros temas.
    - Desenvolvemento. Contido informativo do tema.
    - Visionados. Referencias profesionáis dos temas abordados.
    - Conclusións. Reforzo das principais ideas teóricas e a súa relación coas sesións prácticas de aula ou laboratorio.

    Analizaranse distintos traballos de creación de personaxes e curtas de animación de diversos autores, provocando o debate e a participación do alumnado.
    As clases prácticas de laboratorio centraranse exclusivamente en coñecer e practicar as técnicas de deseño e animación 3D.
    - Clases de teoría: 15% (0,6 ECTS)
    - Clases prácticas: 40% (2,4 ECTS)
    - Traballo persoal do alumno: 40% (2,4 ECTS)
    - Evaluación: 5% (0,3 ECTS)



    Sistema de evaluación
    Convocatoria Ordinaria:
    Asistencia e participación na clase: 10%.
    Actividades académicas dirixidas (traballos escritos): 25 %
    Proba parcial: 15%
    Proba final: 50 %
    Todos os traballos escritos deberán entregarse na data indicada. Non se admitirán traballos
    fóra de prazo.

    OBS.. Convocatoria Extraordinaria:
    Asistencia e participación na clase: 10%.
    Actividades académicas dirixidas (traballos escritos): 25 %
    Proba final: 65 %
    O 10% en asistencia e participación pérdese en convocatoria extraordinaria.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total 150 horas. 48 horas de traballo presencial do alumno e 102 horas traballo persoal do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Algún coñecemento de programas como Photoshop, After effects , Blender, etc.
    Observacións
    O programa usado para as clases prácticas será o Blender v.2.49.