Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111101 - Comunicación e Cultura (Módulo I: Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 42.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Departamento Externo
  • Áreas: Xornalismo, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ POUSA, LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Conceptualización e contextualización da cultura como produto da comunicación.
    Identificación das industrias culturais na súa proxección histórica (desde a chamada Galaxia Gutemberg ata os nosos días), contempladas no mapa simbólico que as identifica: o libro, a prensa, a radio, o cine e a fotografía, a televisión, os produtos multimedia, Internet, as redes?
    As novas tecnoloxías transforman a cartografía xeral das industrias culturais e achéganlles unha nova dimensión, consonante coa chamada Sociedade da Información e o Coñecemento.
    Comprensión dos procesos de transmisión cultural nos individuos e nos grupos humanos (memética). Socialización a través dás redes de relación social (epidemiología social) e dos medios de comunicación de masas como factores devisivos da construción dos imaxinarios colectivos (culturais) na sociedade de masas.
    Identificación e comprensión das novas formas de produción do discurso da cultura, tanto no mercado como nas políticas culturais (de organización, de poder), no marco contemporáneo da globalización.
    Discusión crítica entre o local e o global, o que significa: identidades locais fronte a identidades cada vez máis amplas e máis abertas.
    - Poñer en valor o estudo das condicións sociais, económicas e políticas para o desenvolvemento da cultura e a comunicación
    - Contextualizar os cambios e paradigmas culturais e comunicativos e que non son alleos ao resto dos cambios xeopolíticos, tecnolóxicos e económicos dun mundo global
    - Situar neses marcos as culturais reais –nacionais e locais- e o seu esforzo de adaptación para responder as súas finalidades consubstanciais.
    - Ensaiar un estatuto e definición de trazos dunha rama da economía que abarque o conxunto da cultura e da comunicación
    - Apuntar as tendencias históricas e actuais das políticas culturais, describir as súas ferramentas tradicionais e propoñer novas formas de intervención xa sexan específicas ou adaptadas doutros campos.
    - Propoñer un debate sobre a axenda de prioridades a abordar en cultura e comunicación en España e nas Comunidades Autónomas
    - Expoñer a problemática da reforma e contrarreforma en curso do sistema RTV e o lugar dunha institución reguladora como son os Consellos do Audiovisual.

    Contidos
    Teoría da comunicación e da cultura. Xenealoxía da sociedade da información, da comunicación, do coñecemento e a converxencia dixital. Políticas culturais e industrias creativas. Economía da comunicación e das redes. Cartografía xeral da cultura e da comunicación. Estatística das industrias culturais, creativas e da comunicación. Dereitos básicos da comunicación, propiedade industrial (marcas e patentes) aplicada á comunicación, propiedade intelectual, de autor, de produción e as súas novas formas de regulación. Sistemas e órganos de regulación. Conceptualizacións de cultura, información, comunicación e coñecemento. Concepción das industrias culturais, creativas e da comunicación. Caracterización da industria dos contidos. Xenealoxía da sociedade da información, da comunicación e o coñecemento. A converxencia dixital. Economía da cultura, da comunicación e as redes. Economía do tempo, da atención, da colaboración e da afiliación. Clasificación das industrias culturais, creativas e da comunicación. Estatísticas aplicadas ás industrias culturais e da comunicación. Políticas culturais, da comunicación e novo goberno. A emerxencia dos ciberdereitos, valores cívicos e responsabilidade social. Propiedade intelectual, dereitos da comunicación, de autor e produción: do marco tradicional ás novas formas de organización e xestión (Creative Commons).
    A cultura é un produto da comunicación. Os fenómenos culturais son marcas de identidade, símbolos, linguaxes, conxuntos de formas, hábitos e discursos compartidos que conforman o mundo, un xeito específico de entender a realidade. A cultura é un modelo de relación con que os individuos se socializan e no que se recoñecen: un diálogo que se establece co pasado e que se proxecta cara ao futuro, a capacidade que os grupos humanos teñen para dar resposta ás necesidades do tempo presente dialogando (críticamente) coa memoria (a tradición) e tendo presente o futuro.

    A cultura é tamén un espazo de comunicación. Relacionámonos e compartimos unha visión do mundo, que construímos cada día, a través dos procesos de comunicación. A cultura é un sistema de comunicación, constituído, á súa vez, por distintos subsistemas que se complementan.

    Nas sociedades tradicionais, caracterizadas polas distancias curtas, a cultura (e a socialización) afírmase e reproduce a través da familia, fundamentalmente. A familia é a primeira célula de socialización. O sistema educativo e a administración (o Estado) configuran unha segunda fase histórica: a sociedade urbana e burguesa. Os medios de comunicación de masas, no entanto, son a isntitución de socialización característica das sociedades contemporáneas, hoxe instaladas na cultura da globalización; e as industrias da cultura (o lecer, da comunicación, do coñecemento) constitúen os principais mecanismos transmisores de contidos culturais e, xa que logo, de contidos de socialización.
    Estudar e comprender críticamente as industrias da cultura, da información e do coñecemento significa comprender os mecanismos de socialización do noso tempo. Fronte aos modelos tradicionais, onde a riqueza residía na posesión e explotación da terra, ou fronte aos modelos históricos da urbanización e a primeira industrialización, onde a riqueza reside na xestión e dispoñibilidade de capital (diñeiro), a sociedade postindustrial, fundaméntase na capacidade de xestión da información e o coñecemento.

    Sociedade e cultura. Produtos culturais que actúan no mercado. O mercado como espazo de relación e transacción social. O valor do produto cultural mostra unha dobre dimensión: é un valor económico e un valor simbólico, construído sobre elementos intangibles, que conforman valor engadido sobre os produtos tradicionais e configuran á súa vez novos produtos (que son, así mesmo, novas formas de relación).

    Esta nova realidade, que debemos entender desde a multiculturalidad e desde os espazos da globalización, propón igualmente novas formas de organización, novas linguaxes, novos hábitos de consumo, novos produtos culturais (de lecer, de formación, de información, de coñecemento). A transnacionalización dos discursos e as novas formas de produción e de concentración das empresas que os producen (grupos de comunicación ou corporacións) definen esta nova realidade.

    1. Cultura e identidade. Significación da cultura. A cultura como espazo de comunicación. Concepto. Medios e formas de expresión cultural.
    2. As industrias da cultura. Industrias creativas ou do coñecemento. Concepto.
    3. Mapa ou cartografía xeral das industrias da cultura e do coñecemento. Clasificación. Desenvolvimiento histórico das mesmas. Do libro (a revolución tecnolóxica de Gutenberg) ás redes (Internet, a cultura dixital).
    4. Industrias culturais e modelos sociais. As industrias da cultura como factores de socialización. A construción do imaxinario social.
    5. Industrias culturais e Sociedade da Información e o Coñecemento. Concepto. Sociead local e sociedade global. A industria da cultura e as novas tecnoloxías da comunicación.
    6. Valor económico e valor simbólico das industrias da cultura.

    Bibliografía básica e complementaria
    AGENDA 21 de la Cultur . www.barcelona2004.org
    Alvarez Monzoncillo J.M. y Zallo R. “Las políticas culturales y de comunicación para el desarrollo de los mercados digitales: un debate necesario”. Zer nº 13. Nov 2002.
    BELL, D. El advenimiento de la sociedad postindustrial. Madrid. Alianza. 2006
    BUSTAMANTE E. (2002) (coord) Comunicación y cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona. Gedisa.
    BUSTAMANTE E. y ZALLO R., (2007) “Conclusiones y propuestas en políticas culturales” en E. Bustamante (ed) Comunicación y cultura en España y en las Comunidades Autónomas. Industrias y políticas culturales en la era digital y global. Cabildo Tenerife
    CASTELLS, M. La sociedad red. Alianza. Madrid. 2006
    CONSEJO VASCO DE LA CULTURA y DEPARTAMENTO DE CULTURA (2004), Plan Vasco de la Cultura. Servicio de publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria-Gasteiz, y www.kultura.ejgv.euskadi.net
    KEA European Affairs “La economía de la cultura en Europa”, la Dirección General de Educación y Cultura de la Comisión Europea. Octubre 2006

    BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
    Álvarez Pousa, L. A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na sociedade da información. Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 1999.
    Ariño A., (1997), Socioloxía da cultura. A constitución simbólica da sociedade. Barcelona. Ariel. Bonet LL., Grenier E., (2002) Bustamante E. -(2002) (coord) Comunicación e cultura na era dixital. Industrias, mercados e diversidade en España. Barcelona. Gedisa. -(2003)
    Castells, M. La era de la información. Economía, sociedad y cultura. 3 vol. Madrid. Alianza. 1997-1999.
    Dawkins, Richard. El gen egoísta. Las bases biológicas de nuestra conducta. Barcelona. Salvat. 2002 (4ª edición).
    Dormido Bencomo, S; Morales Navarro, J; Abad Márquez, L.V. Sociedad y nuevas tecnologías. Perspectiva del desarrollo industrial. Madrid. Trotta. 1990
    Escarpit, R. Teoría general de la comunicación. Barcelona. Icaria.
    Freixanes, V. e Meixide, A. O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 2010.
    Gladwell, Malcolm. La frontera del éxito. Madrid. Espasa Calpe. 2001.
    Hofstede, Geert. Culturas y organizaciones. El software mental. Alianza. Madrid. 1999.
    Miguel, J.C. Los grupos multimedia. Barcelona. Bosch. 1993.
    Picó, J. Cultura y modernidad. Seducciones y desengaños de la cultura moderna. Madrid. Alianza. 1999
    Postman, N. Technopoly. Madrid. Galaxia Gutemberg. Círculo de Lectores. 1994
    Quirós Fernández, F; Sierra Caballero, F. Comunicación, Globalización y Democracia. Sevilla. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones. 2001
    Ramonet, I; Chao, R; Wòzniak. Abecedario (subjetivo) de la globalización. Barcelona. Seix Barral. 2004.
    Ranz Abad, J. Breve historia de Internet. Madrid. Anaya Multimedia. 1997.
    VV.AA. Las industrias culturales en la era digital. Madrid. Fundación Alternativas. 2003
    VV.AA. Globalización e cambio de milenio. Vigo, Edicións Xerais de Galicia,2001.
    Wolf R. Eric, Benedict, Burton et al. Antropología social de las sociedades complejas. Alianza. Madrid. 1999
    Zallo, Ramón. Economía de la Comunicación y la Cultura, Madrid. Akal. 1988
    Zallo R.(director). Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU. 1995.

    Competencias
    1.- Os alumnos deberán profundar na capacitación teórica, superior ao grao que anteriormente realicen, para comprender a aproximación e transversalidade dos conceptos de industria cultural, creativa e de comunicación
    2.- Os alumnos profundarán no coñecemento da xénese e desenvolvemento histórico da sociedade da información, da comunicación, o coñecemento e a converxencia dixital
    3.- Os alumnos deben profundar no estudo da clasificación e características significativas das industrias culturais, creativas e da comunicación
    4.- Os alumnos deberán profundar no concepto, xenealoxía e procesos de converxencia dixital que están afectando ás industrias culturais, creativas e da comunicación
    5.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento dos conceptos e características da economía da cultura, da comunicación, das redes, do tempo, da atención, da colaboración e da afiliación.
    6.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento e manexo das ferramentas da estatística cultural e da industria da comunicación
    7.- Os alumnos deberán ampliar o coñecemento das características das políticas de comunicación e novo goberno
    8.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento dos dereitos básicos da comunicación, propiedade industrial aplicada á comunicación e as industrias creativas, propiedade intelectual, dereitos de autor e da produción, así como a emerxencia dos ciberdereitos e as formas ou modelos de xestión.
    9.- Os alumnos deben coñecer os distintos sistemas e órganos de regulación
    Metodoloxía da ensinanza
    O 50 por cento da formación serán leccións maxistrais, 30 por cento traballo práctico dos alumnos tutelados e 20 por cento restante actividades complementarias de práctica (busca e documentación) e participación en actos e/ou conferencias relacionadas cos temas da materia.
    Sistema de evaluación
    Consistirá na realización dun traballo de grupo, que terán que defender publicamente (un 50%). Tamén contará para a nota definitiva a asistencia e participación nas clases (o outro 50%).
    Todo o anterior comporta, necesariamente, que os alumnos/as asistan cando menos ao 80% das clases programadas. De non acadar esa porcentaxe, non serían avaliados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas