P3111104 - Xestión da Comunicación (Módulo I: Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 42.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Estudar os conceptos e a evolución da xestión das industrias culturais e dos contidos así como as súas boas prácticas
- Comprender a estrutura e xestión das institucións, organizacións culturais e empresas de contidos
- Abranguer a xestión do coñecemento e recursos humanos das organizacións culturais e de creación, produción, programación e/ou distribución de contidos
- Ensinar a xestionar as relacións, o liderazgo e a comunicación organizacional
- Coñecer e interpretar un balance de situación, así como os principais principios de valorización
- Aplicar e entender diferentes ratios contables e financeiros
- Interpretar os mecanismos de financiamento
- Entender e calcular custos directos e indirectos a unha empresa de comunicación
- Entender as características diferenciais das industriais culturais
- Capacidade de analizar un grupo de comunicación, a través do estudo da organización e identificación das súas estratexias.
- Analizar a cadea de valor dunha determinada industria
- Analizar a estratexia dun determinado grupo de comunicación
- Entender as relacións entre concentración e diversidade
ContidosTeoría e conceptualización da xestión. Xestión cultural, das industrias creativas e da comunicación. A xestión de relacións nas organizacións actuais: estrutura interna e contorno social. Da xestión da cadea ao ecosistema de valor. Organizacións e axentes: creadores, produtores, intermediarios, mediadores, agregadores, distribuidores e institucións. Os usuarios activos: receptores, participantes, intermediarios, comunidades e redes virtuais. Planificación, organización, estrutura, administración e sistemas de control. Xestión, programación e posta en valor dos contidos a través dos sistemas e redes multimedia. A calidade e a responsabilidade social como filosofía e principios da xestión. Indicadores e sistemas de medición de resultados: difusión, audiencias e resultados. Estimación de custos, orzamentos, financiamento e contabilidade analítica aplicada á comunicación, xestión cultural e industrias creativas. Sistemas de auditoría, de comprobación e control dos indicadores de xestión.
1. TEORÍA, XENEALOXÍA E PARADIGMAS DA XESTIÓN DAS INDUSTRIAS CULTURAIS E DOS CONTIDOS. Principios e boas prácticas da xestión: dereitos básicos fundamentais, calidade, credibilidade, reputación, responsabilidade social e transculturalidade. Misión, principios editoriais e planificación estratéxica. Ferramentas de xestión e cadros de mando. Xestión de procesos e tipos de produción. Da cadea de valor ao ecosistema de valor. Espazos, rutinas de produción e innovación. Sistemas de xestión da calidade e Responsabilidade Social Corporativa: de ISO 9001 a ISO 26.000, EFQM, Pacto Global e “triple bottom”.
2. ESTRUTURA, ORGANIZACIÓN Y REORGANIZACIÓN DAS INDUSTRIAS DE MEDIOS, CONTIDOS E CREATIVAS. Características e estrutura das institucións, empresas e organizacións: de natureza pública, propiedade familiar, capital corporativo ou finalidade social. Xestión do coñecemento e recursos humanos: competencias profesionais, perfís, selección, contratación (laboral e artística), motivación e retribución. Organización formal e informal, organigramas e novos modelos organizativos. Deseño, configuración, reorganización e xestión de organizacións en rede e virtuais.
3. ECONOMÍA DAS INDUSTRIAIS CULTURAIS. Economía da escaseza –da atención- e economía da abundancia –de símbolos-. Crecemento, diversificación e globalización. Estratexias das empresas e dos grupos de comunicación (españois, europeos, norteamericanos). Etapas. Impacto de Internet nos grupos de comunicación: complementariedade e substitución dos novos medios, novas fontes de financiamento, novas formas de distribución e novas formas de demanda. Concentración das industriais culturais e relación co pluralismo e a diversidade.
4. FINANZAS E CONTABILIDADE. A empresa de comunicación e os seus entornos. Modelos de negocio. Fontes de financiamento. Sistemas de axudas autonómicas, estatais e europeas (MEDIA). Sistemas de financiamento na rede: media model. Tipos de custos. Cálculo e xestión dos custos. Orzamentos e plans. Avaliación dos plans de inversión. Balance de situación e contas de resultados. Auditorías e sistemas de control.
5. XESTIÓN DE RELACIÓNS, LIDERAZGO E COMUNICACIÓN ORGANIZACIONAL. A xestión da organización como sistema integrado de relacións. Liderazgo. Comunicación organizacional: a comunicación como definitoria da organización, DIRCOM, estratexias e plans de comunicacións, comunicación preventiva, comunicación institucional/comercial, comunicación en/da organización: interna e externa.
6. MARKETING, IDENTIDADE CORPORATIVA E XESTIÓN DE MARCA. Marketing tradicional e de relacións. Marketing estratéxico e operativo. Plans e estratexias de marketing. Identidade e imaxe corporativa, imagotipo e logotipo, manual de identidade e identidade de marca. Xestión da identidade de marca, de Integrated Marketing Communications á Comunicación Integrada. Estratexias, técnicas e ferramentas da comunicación de marca: da integración orquestrada aos resultados das inversións efectuadas (ROI). Posicionamento externo. Marca como proxección da organización e como prolongación do consumidor.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
AEDE (2008), El Libro Blanco de la Prensa Diaria. Estudios sobre los medios de prensa escrita desde las ópticas empresariales, tecnológicas, legales, éticas y de contenidos, Asociación de Editores de Diarios Españoles, Madrid
Aguado, G., Galán, J., Fernández-Beaumont, J., García, J. L. (2008), Organización y gestión de la empresa informativa, Editorial Síntesis, Madrid
Aguer Hortal M. y otros (2004), Administración y dirección de empresas, Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid
Amat, O. (2008), Comprender la contabilidad y las finanzas, Gestión 2000, Barcelona
Caro, F. J. (2006), Gestión de empresas informativas, McGraw Hill, Madrid
Cuervo García, A. (2004), Introducción a la Administración de Empresas, Thomson, Madrid, quinta edición
Davenport, T. H., Beck, J.C. (2002), La economía de la atención, Paidós, Barcelona
Fernández Rodríguez, C.J. (2007), El discurso del management: tiempo y narración, CIS, Madrid
Fine, Ch. H. (2000), El nuevo ciclo empresarial. Ventajas competitivas en la era de la velocidad, Paidós, Barcelona
López, X., Pereira, X., Rúas, X. (2008), Medios de comunicación públicos. Modelos de organización e funcionamento na Sociedade da Información. Propostas para a súa reforma, Edicións Lea, Santiago de Compostela
Medina Laverón, M. (2005), Estructura y gestión de empresas audiovisuales, Eunsa, Pamplona
Miguel de Bustos, J.C. (1994), Estrategias de los grupos de comunicación europeos, Ed. Bosch, Barcelona.
Población, J. I. y García-Alonso, P. (1997), Organización y gestión de la empresa informativa, CIE, Madrid
Porter, M.E. (2002), Estrategia competitiva. Técnicas para el análisis de los sectores industriales y de la competencia, Cecsa, 29 reimpresión, Madrid
Rappa, M. Business model on line. En http://digitalenterprise.org/models/models.html
Sánchez-Tabernero, A. (2000), Dirección estratégica de empresas de comunicación, Cátedra, Madrid
Sánchez-Tabernero, A. (2008), Los contenidos de los medios de comunicación. Calidad, rentabilidad y competencia, Deusto, Barcelona
Túñez, M. (2012) La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social, Zamora/Sevilla.
Wren, D.A. (2008), Historia de la gestión, Ediciones de Belloch, Barcelona
Bibliografía cmplementaria
Aaaker,D., Blanco, R. (2001), Identidad, corazón y alma de la marca, Deusto en Directo, nº 12 (Fev/Mar 2001)
Andrade, H. (2005), Comunicación organizacional interna: proceso, disciplina y técnica, Netbiblo, Coruña
Artero Muñoz, J.P. (2008), El mercado de la televisión en España: oligopolio, Deusto, Barcelona
Barquero Cabrero, J. D. (2005), Comunicación estratégica. Relaciones Públicas, Publicidad y Marketing, Mc Graw Hill, Madrid
Beirao, A. F. (2004), Impacto das Promoções de Vendas no Valor da Marca, Edições IPAM, Poto
Capriotti, P. (2004). “La imagen corporativa”, en Losada Díaz, J.C. (coordinador), Gestión de la comunicación en las organizaciones, Ariel Comunicación, páginas 57-72, Barcelona
Charon, J.-M. (2003), Les médias en France, La Découverte, París
Chaves, N. (2005), La imagen corporativa. Teoría y práctica de la identificación institucional, Gustavo Gili, 3ª edición, Barcelona
Costa, J. (2004), La imagen de marca. Un fenómeno social, Paidós Fundesco, Barcelona
Deslandes, Gh.(2008), Le management des medias, La Découverte, París
Gabszewicz, J., Sonnac, N. (2006), L´industrie des médias, La Découverte, París
Galindo Rubio, F. (2004), Comunicación audiovisual corporativa. Cómo audiovisualizar la identidad de las organizaciones, Universidad Pontificia, Salamanca
González Herrero, A. (1998), Marketing preventivo: la comunicación de crisis en la empresa, Bosch, Barcelona
González Lobo, M. A., Carrero López, (2006), Manual de planificación de medios, Esic, Madrid
González Solas, J. (2002), Identidad visual corporativa. La imagen de nuestro tiempo, Editorial Síntesis, Madrid
Jaclin, F., Tailheuret, J.-B. (2006), Le média management, Maxima Laurent du Mesnil Editeur, París
Jenkins, H. (2006), Convergence Culture: Where Old and New Media Collide, New York University Press, Nueva York
Jornet, C. (2006), Gestión periodística. Herramientas para lograr un periodismo efectivo y de calidad, Prometeo Libros, Buenos Aires
Kotler, P. (2000), Dirección de Marketing, Prentice Hall, Madrid
Kotler, Ph. (1974), Fundamentos de mercadotecnia, Editorial Diana, México, 2ª ed.
Kotler, Ph., Armstrong, G. (2008), Fundamentos de marketing, Pearson Prentice Hall, México
Kotler, Ph., Trias Bes, F. (2004), Marketing lateral. Uma abordagem revolucionária para criar novas oportunidades em mercados saturados, traducción Ricardo Bastos Vieira, 3ª ed., Elsevier Editora Campus, Rio de Janeiro
Lavine, J.M., Wackman, D.B. (1992), Gestión de empresas informativas, Rialp, Madrid
Le Floch, P., Sonnac, N. (2005), Économie de la presse, La Découverte, París
Lucas Marín, A. (1997), La comunicación en la empresa y en las organizaciones, Barcelona: Bosch Comunicación.
Marín Calahorro, F. (2008), Responsabilidad social corporativa y comunicación, Fragua, Madrid
Mintzberg, H. (1991), Mintzberg y la dirección, Diaz Santos, Madrid
Montero Rodríguez, F. (2005), Marketing de periódicos y revistas, Pirámide, Madrid
Mora-Figueroa, B. (2009), El mercado global de la comunicación. Éxitos y fracasos, EUNSA, Navarra
Nieto, A., Iglesias, F. (2000), La empresa informativa, Ariel Comunicación, Barcelona
Ongallo, C. (2007), Manual de comunicación. Guía para gestionar el conocimiento, la información y las relaciones humanas en empresas y organizaciones, Dykinson, Madrid
Rojo Villada, P. A. (2008), Modelos de negocio y consumo de prensa en el contexto digital, Ediciones de la Universidad de Murcia
Saló, N. (2005), Aprender a comunicarse en las organizaciones, Paidós, Barcelona
Timoteo Alvarez, J. (2005), La construcción de la sociedad mediática (1989-2004). Gestión del poder diluido, Pearson, Madrid
Varona Madrid, F. (2005), El círculo de la comunicación, Netbiblo, Coruña
Villafañe, J. (2006), Quiero trabajar aquí. Las seis claves de la reputación interna, Pearson, Madrid
Competencias1.- Os alumnos deben abordar os conceptos de xestión cultural, da comunicación e das industrias creativas
2.- Os alumnos deberán profundar no estudo das estruturas e sistemas de organización aplicados á cultura, á comunicación e ás industrias creativas
3.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento das organizacións como sistemas de relacións internas e externas
4.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento tanto das cadeas de valor da xestión cultural, da comunicación e das industrias creativas como dos ecosistemas máis complexos xerados pola converxencia dixital
5.-Os alumnos deberán profundar no coñecemento dos sistemas de planificación, organización, administración e control aplicados no ámbito da xestión cultural, da comunicación e as industrias creativas
6.- Os alumnos deberán coñecer os sistemas e normas de control de calidade dos procesos e organizacións
7.- Os alumnos deberán coñecer os conceptos e aplicación da responsabilidade social empresarial ao ámbito das industrias culturais, creativas e da comunicación
8.- Os alumnos deberán profundar no coñecemento dos modelos de negocio, formas de financiamento, estimación de custos, orzamentos, contabilidade analítica e auditoría aplicados á comunicación, xestión cultural e industrias creativas.
9- Os alumnos deberán enriquecer o seu coñecemento sobre as estruturas, organización e reorganización das institucións, empresas e grupos da industria cultural e dos contidos.
10- Os alumnos deben ampliar a súa capacitación en xestión de relacións, liderazgo, comunicación organizacional e marketing.
Metodoloxía da ensinanza O 20 por cento serán leccións maxistrais, o 40 por cento actividades de carácter práctico, o 30 por cento traballo práctico dos alumnos e 10 por cento outras actividades complementarias.
Sistema de evaluaciónPara superar a materia é obligatorio asistir ó 80 por cento das clases presenciais. Este requisito non impide que o profesor poida facer outro sistema de avaliación complementario, como un exame, un traballo, etc.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas