Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111105 - Traballo Fin de Máster ( Módulo V: Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 126.00
  • Horas de Titorías: 432.00
  • Total: 558.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Departamento Externo
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os alumnos da materia xa veñen cos coñecementos desenvolvidos no Grao e nas materias obrigatorias e optativas do Máster. O obxectivo do traballo de Fin de Máster é coñecer empiricamente as técnicas de investigación que deben ser empregadas para o traballo en profundidade sobre un determinado aspecto das temáticas propostas no Máster.
    Contidos
    O traballo consistirá na elaboración dun documento escrito, audiovisual ou sonoro a partir das directrices propostas polo profesor-titor e o estudante. O traballo final deberá atender unha metodoloxía de traballo previamente analizada e un mecanismos de produción que serán debatidos entre o profesor e o estudante.
    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía é variable dependendo da temática abordada no Traballo de Fin de Máster.
    Competencias
    O alumno/a adquirirá as competencias propias derivadas do traballo profesional en profundidade, en especial, as referidas á produción e realización de contidos especializados. Ademais das diferentes metodoloxías que se poidan considerar, os estudantes poderán coñecer empiricamente todas as posibilidades e oportunidade que supón a elaboración dun produto final.
    Metodoloxía da ensinanza
    A través de titorías personalizas, o profesor e o alumno debaterán en períodos de tempo determinados as evolucións do traballo. O proceso de ensino partirá de reunións preparatorias ata reunións de control sobre a calidade das distintas fases deseñadas para a realización do produto.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación consistirá na superación dunha proba oral en que o estudante deberá expoñer os resultados finais do traballo, así como a valoración positiva do documento (escrito, audiovisual ou sonoro) presentado.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e de traballo persoal para esta materia, que será repartido de modo personalizado entre o profesor-titor e o estudante, estímase en 375 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non son necesarias para esta materia.