P3111201 - Guión e Produción (Módulo II: Itinerario Audiovisual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFamiliarizar o alumno coas técnicas, procedementos e documentos de traballo (tratamentos, escaletas, biblias, guións) utilizados na elaboración de guións e proxectos de ficción audiovisuais. Profundar nas últimas tendencias estéticas e narrativas da ficción audiovisual, dando conta dos formatos e xéneros, a súa descrición, dinámica de traballo e peculiaridades. Explicar os fluxos de traballo e cronogramas máis habitualmente utilizados, desde o guión á gravación ou rodaxe. Formar o criterio na análise e valoración dos materiais previos á obra audiovisual (guións e proxectos).
ContidosUn descritor da Materia resumiría as intencións desta con respecto aos coñecementos e habilidades que o alumno deberá desenvolver, sería así: escribir para cine dixital. Explorar a tecnoloxía. Novos formatos e novas técnicas para a industria. A produción do guión: aplicacións da nova economía, recursos e utilidades no cine e nos contornos dixital e virtual. A Materia aborda o desenvolvemento de coñecementos relativos ao guión e á produción, contidos para o cine e os produtos audiovisuais para multiplataforma de medios (TDT, IPTV, Tv móbil, HD, webTv, cable e satélite), así como os novos campos de contidos (patrimonio, educativo, corporativo, imaxe urbana…). No apartado de guión analizaranse as variables da narrativa cinematográfica e audiovisual e, sobre todo, no que se refire ao contorno dixital e virtual (con especial énfase na relación interactiva), atendendo aos antecedentes e á innovación que xera a idea de estética de superficies, é dicir, o criterio de espectáculo, posta en escena, discurso e realización de documentos gráficos visuais (cómic, board, animatic,…). Atenderase tamén ao deseño propio do guión para cine e multiplataforma ou guión total segundo os criterios de uniformidade industrial e diversidade produtiva, analizando os elementos e estratexias segundo xénero, formato e plataforma de aplicación. Da mesma forma, os alumnos obterán coñecementos básicos das utilidades de programación específicas para a realización de guións como o Celtx, Scriptum, Screenwriter, Dramatica Prol ou Final Draft. No apartado dedicado á produción os alumnos do posgrao obterán coñecementos avanzados sobre o detalle de produción especialmente aplicado ao cine e a outros medios e contornos dixital e virtual. Ademais, de forma práctica, aprenderán a recoñecer os efectos da economía dixital na produción do audiovisual sobre modelos básicos de fileiras e redes de produción existentes, empregando estratexias e utilidades para a resolución do financiamento, a promoción (Onedotzero) e a circulación do cine (disco duro, dvd, proxección dixital, satélite…) e os produtos dixitais e virtuais. Por último, iniciaranse nas utilidades básicas para a programación de produción como as que se empregan, por exemplo, no paquete Movie Magic. Tematicamente abordaríanse os seguintes apartados: As variables da narrativa audiovisual para o cine e o contorno dixital e virtual. A estética de superficies (antecedentes e innovación): espectáculo, posta en escena, discurso e documento gráfico visual (cómic, board, animatic…). O deseño do guión multiplataforma: uniformidade industrial e diversificación produtiva. Elementos e estratexias variables segundo xénero, formato e plataforma. Utilidades e avaliacións básicas para a escritura: Celtx, Scriptum, Final Draft, Screenwriter, Dramatica Prol. O detalle da produción no cine e no contorno dixital e virtual. Os efectos da economía dixital na produción audiovisual. Modelos básicos de fileiras e redes de produción. Estratexias e utilidades de financiamento, promoción, circulación e recursos para a produción audiovisual, dixital e virtual. Utilidades e avaliacións básicas para a produción: a programación da produción en Movie Magic.
Bibliografía básica e complementariaALVAREZ BERCIANO, R. (1999) La comedia enlatada. De Lucille Ball a Los Simpson. Gedisa. Barcelona.
ARNANZ, C.M. (2002) Negocios de televisión. Transformación del valor en el modelo digital. Gedisa. Barcelona.
BALLO, J & PEREZ, X. (1997) La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine. Anagrama, colección argumentos. Barcelona.
BLUM, R. A. & LINDHEIM, R. D. (1989) Programación de las cadenas de televisión en horario de máxima audiencia. IORTV. Madrid.
BOU BOUZA, G. (1997) El guión multimedia. Anaya Multimedia / Universidad Autónoma de Barcelona. Madrid.
BRENNER, A. (1992) TV scriptwriter’s handbook. Dramatic writing for television and films. Silman-James Press. Los Angeles.
BUONANO, M. (1999) El drama televisivo. Gedisa. Barcelona.
BYRNE, J. (2005) Writing comedy. Tercera Edición. A & C Black. Londres.
CANO, P.L. (1999) De Aristóteles a Woody Allen; Poética y retórica para cine y TV. Gedisa. Barcelona.
CHION, M. (2000) Cómo se escribe un guión. Cátedra (signo e imagen). Madrid.
DIEZ PUERTAS, E. (2003) Narrativa audiovisual. La escritura radiofónica y televisiva. Universidad Camilo José Cela. Madrid.
FIELD, S. (1997) Prácticas con cuatro guiones. Plot. Madrid.
GARCIA MARQUEZ, G. (1995) Cómo se cuenta un cuento (Taller de guión de Gabriel García Márquez). EICTV / Ollero & Ramos, Editores. Madrid.
GARDNER, J. (1985) The art of fiction. Notes on craft for young writers. Vintage Books. New York.
GOMEZ MARTÍNEZ. P.J. (2002) Nuevas técnicas creativas en la elaboración de guiones. Introducción al estudio del ritmo en la ficción audiovisual. Universidad Complutense. Madrid.
HICKS, N.D. (1999) Screenwriting 101. The essential craft of feature film writing. Michael Wiese Productions. Michigan.
HUNTER, L. (1993) Screenwriting 434. Perigee Books. New York.
MARTIN FLINN, D. (1999) How not to write a screenplay. 101 common mistakes most screenwriters make. Lone eagle. Los Angeles.
MCKEE, R. (1997) Story. Substance, structure, style and the principles of creenwriting. Regan Books. New York.
MCKEE, R. (2002) El guión. Substancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones. Alba Editorial. Barcelona.
MORAL del, I. (2008) Guiones para TV. Edición de Emeterio Díez. Fragua. Madrid.
TOBIAS, RONAL B.(1999). El guión y la trama. Fundamentos de la escritura dramática audiovisual. Ediciones Internacionales Universitarias. Madrid.
TRUBY, J. (2009) Anatomía del guión. El arte de narrar en 22 pasos. Alba. Barcelona.
VORHAUS, J. (1994) Cómo orquestar una comedia. Los recursos más serios para crear los gags, monólogos y narraciones cómicas más desternillantes. Arco Editorial. Barcelona.
CompetenciasA Materia está deseñada para cumprir os obxectivos de proporcionar ao alumno de posgrao coñecementos e habilidades avanzadas de guión e de produción respecto aos contornos estratéxicos dixital e virtual, como novos campos en desenvolvemento para o futuro. Esta materia constitúese como contido fundamental do itinerario, en tanto que resolve coñecementos e aplicacións sen as que sería imposible o deseño creativo que, por exemplo, promove a produción dun produto para o cine, a multiplataforma e os novos mercados. Prepara, ademais, aos alumnos do posgrao nas ferramentas teóricas, de deseño e planeamento, así como nas utilidades e recursos básicos para o desenvolvemento efectivo do traballo Fin de Máster, contemplado como finalización do itinerario audiovisual. Os alumnos da materia xa veñen cos coñecementos desenvolvidos no Grao, especialmente orientados aos labores de deseño e execución de contidos informativos, de entretemento e ficción nos medios audiovisuais tradicionais. Esta nova Materia do Máster habilita para o desenvolvemento de aplicacións e coñecementos avanzados para a capacitación profesional dos alumnos nos ámbitos cinematográfico e do dixital e virtual, para que desenvolvan as súas habilidades creativas no deseño e execución de producións.
Competencias específicas:
Competencias:
- Competencia en I+D+I para a indagación de novas solucións no ámbito dos contidos para a televisión, Internet e prlataformas interactivas.
- Competencia necesaria para estar en condicións de valorar con fuamento e rigor metdolóxicos a complexidade e calidade dun proxecto a partires dos seus materiais fundacionais (guión, proxecto...) e de informar ao respecto das mesmas, como pas previo á súa aprobación e/ou ao deseño do correspondente plan de producción.
- Competencia para entender os procesos de elaboración do guión, a súa importanci e o seu lugar na cadea productiva.
- Competencia no uso de ferramentas informáticas máis eficaces para a elaboración guións.
Metodoloxía da ensinanza A Materia divídese en dous bloques continuados de coñecemento relacionados: Guión e Produción. Ambos os dous bloques dispóñense en igual número de horas. Á parte de teoría exponse en clases maxistrais e de debate sobre modelos e unidades didácticas (estas últimas de carácter non presencial). A esta parte correspóndelle un 38,6 por cen da materia (38 horas), mentres que á aprendizaxe básica e avanzada desenvolvida no laboratorio corresponderíalle un 54,6 por cen (82 horas). Finalmente a exposición dos traballos e análise de resultados cubriría un 6,6 por cen da materia (10 horas). A materia sostense no plano e preparación profesional, incorporando a análise e o desenvolvemento teórico das últimas investigacións sobre a deriva narratolóxica e do estudo das novas rutinas do deseño e execución da produción.
Sistema de evaluaciónA avaliación da Materia realizarase atendendo ao criterio de equidade entre os contidos dos dous bloques nos que se divide a materia: Guión e Produción. A razón dun 50 por cento da nota cada un. Respecto da avaliación do apartado de Guión realizaríase coa presentación dun traballo-memoria sobre o proceso de guionización dunha determinada idea ben para cine ou dirixido a outros produtos da multiplataforma ou do mercado dixital ou virtual. Do mesmo modo os resultados do apartado de Produción realizaranse a partir da presentación doutra memoria de Produción que presentarán os alumnos e que terá que ver coa idea deseñada na Memoria de Guión. As prácticas de laboratorio e as análises e debates só terán carácter de aprendizaxe para profundar nos procedementos que logo se resolverán nas citadas Memorias que se deben presentar.
Todo o anterior comporta, necesariamente, que os alumnos/as asistan cando menos ao 80% das clases programadas. De non acadar esa porcentaxe, non serían avaliados.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas