P3111203 - Postproducción e Efectos Visuais (Módulo II: Itinerario Audiovisual) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os pormenores do proceso de posprodución nunha película, incluídas todas as fases que interveñen na filmación: rodaxe, montaxe da imaxe e de son, sincronización, efectos especiais, mesturas, posprodución de son e de imaxe, tanto no cine clásico coma no dixital.
ContidosOs contidos desta Materia refírense aos procedementos e técnicas de tratamento e síntese de elementos de imaxe para a integración discursiva e estética a través da súa xustaposición, composición e a incorporación de efectos e animacións. Imaxes fixas ou en movemento, reais ou virtuais, rótulos, gráficos, 2D e 3D. É contido desta Materia identificar as características do proxecto audiovisual (cine e outros produtos audiovisuais) para optimizar o proceso de montaxe e acabado. Determinar as necesidades de equipos e instalacións técnicas, así como a metodoloxía de aplicación e o plan de traballo. Manipulación do material visual mediante a corrección, disposición, fragmentación e combinación nun contorno dixital multicapas e de edición non-linear, de acordo cos códigos da linguaxe audiovisual. Preparación do produto para a converxencia coa posprodución de son. Consecución dun máster co produto final, susceptible de ser rexistrado, adaptado a calquera norma de copiado, descrición, intercambio ou almacenado.
Bibliografía básica e complementariaCase, Dominic. Film Technology in Postproducción. 2nd. ed. Oxford.
Focal Press, 2001.
Lara, Antonio. El cine ha muerto. Larga vida al cine. pasado, presente
y futuro de la postproducción. Ed. T&B Editores. Madrid, 2005.
Reisz, Karel. Técnica del montaje cinematográfico. Taurus. Madrid, 1980.
Sánchez Biosca, V. Teoría del montaje cinematográfico. Filmoteca de
Valencia. Valencia, 1991.
Wheller, Paul. Digital Cinematography. Focal Press. Oxford, 2001.
CompetenciasEsta Materia do Máster habilita ao alumno na tecnoloxía, deseño e organización da posprodución atendendo principalmente ás fontes de imaxe e ás compoñentes visuais para o cine e outros produtos dixitais. Os alumnos veñen do Grao con competencias nos criterios de montaxe e edición non linear, sobre todo para o seu desenvolvemento na televisión tradicional. No Máster preténdese profundar no coñecemento das técnicas e ferramentas de traballo para a elaboración narrativa dun produto audiovisual, con especial dominio das ferramentas informáticas para o remate de produtos para o mercado dixital, e especialmente no denominado, cine dixital. Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensino-aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe adquirir o/a estudante. A análise teórica sobre xestión e deseño do equipo de posprodución será completado co desenvolvemento de procesos sobre modelos e creación de produtos nos laboratorios. Iso significa que para a análise teórica e a execución do deseño de posprodución contémplase un total de 50 horas, a repartir entre as clases presenciais e as unidades didácticas que desenvolverá o alumno sobre o material proporcionado polo profesor. En tanto o desenvolvemento de procesos sobre modelos e a creación de produtos no laboratorio contémplase un total de 100 horas, visto o compoñente práctico da materia.
Metodoloxía da ensinanza O 50 por cento da formación serán leccións maxistrais, 30 por cento traballo práctico dos alumnos tutelados e 20 por cento restante actividades complementarias de práctica e participación en actos e/ou conferencias relacionadas cos temas da materia.
Sistema de evaluaciónA adquisición de competencias na Materia vén dada polo deseño e desenvolvemento da xestión do equipamento tecnolóxico sobre un produto ideado polos alumnos. Posteriormente, no laboratorio realizaranse as prácticas correspondentes a resolver a imaxe do produto escollido e a consolidar a integración de efectos dixitais axeitados á idea de produción. No primeiro caso realizarase unha Memoria de deseño final que terá un valor sobre a nota final dun 30 por cento da nota total, mentres que o resultado da posprodución do produto observará un 70 por cento do total da nota final.
Todo o anterior comporta, necesariamente, que os alumnos/as asistan cando menos ao 80% das clases programadas. De non acadar esa porcentaxe, non serían avaliados.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas