Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111204 - O Son e a Distribución (Módulo II: Itinerario Audiovisual) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FANDIÑO ALONSO, JAIME FRANCISCO.SI
POUSA ESTEVEZ, JOSE RAMON.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Capacitar no coñecemento técnico, artístico e conceptual nos diferentes procesos dos que se compón a produción sonora profesional.
    - Analizar os roles, rutinas e competencias dos recursos humanos necesarios para a realización de producións sonoras nas industrias do cinema, televisión, discográfica e en directo, así como nos novos medios e soportes audiovisuais.
    - Afondar nos procesos loxísticos para o efectivo deseño sonoro de producións con diferentes tipoloxías.
    - Revisar os coñecementos tecnolóxicos relacionados coa utilización do equipamento operativo tanto no estudio como en exteriores.
    - Coñecer as principais aplicacións informáticas e recursos destinados á produción, posprodución e masterización do son.
    - Realizar a sonorización, rexistro, edición e mestura de produtos sonoros de diferentes tipoloxías para distintos medios e soportes.
    - Analizar as características do produto sonoro desde os puntos de vista: filosófico, artístico e conceptual.
    - Conceptualizar os procesos relacionados coa distribución e consumo do producto sonoro para os escenarios das industrias: discográfica, audiovisual, multimedia e os novos medios e soportes.


    Contidos
    A Materia está orientada á edición de son para produtos audiovisuais no cine e a multiplataforma dixital. Analízanse os elementos, converxencia e procedementos para a realización do produto final audiovisual (máster). Os alumnos da Materia aprenderán como identificar as características do proxecto para optimizar o proceso de montaxe e acabado, así como a determinar as necesidades de equipos e instalacións técnicas e a metodoloxía de aplicación e plan de traballo.
    Tamén a manipular o material sonoro mediante a corrección, disposición, fragmentación e combinación nun contorno dixital de edición non-linear, de acordo cos códigos da linguaxe audiovisual. A preparar o produto para a postproducción de son e a conseguir un máster co produto final susceptible de ser rexistrado, adaptado a calquera norma, copiado, descrito, intercambiado e almacenado.

    CONTIDOS TEÓRICOS

    - 1 OVERVIEW – O UNIVERSO DO SON
    o O SON E A INDUSTRIA DISCOGRÁFICA
    Do Tim Pan Alley ó MTV
    o O SON E A INDUSTRIA DA MÚSICA EN DIRECTO
    Do Megáfono ó Public Address
    o O SON E A INDUSTRIA AUDIOVISUAL
    Do cine mudo ó son envolvente

    - 2 PROCESOS DE PRODUCIÓN SONORA - DA IDEA Ó PRODUCTO
    o Creación
    o Rexistro
    o Mezcla e procesamento
    o Masterización e conformación

    - 3 TECNOLOXÍA SONORA – DE ANALOXIA A DIXITALIA
    o Fontes
    o Procesadores
    o Mezcladores e controladoras
    o Work Stations
    o Software e Plug-ins
    o Recursos: Library de ambientes, efectos, músicas…

    - 4 DISTRIBUCIÓN E CONSUMO – PECULIARIDADES DA INDUSTRIA DA PRODUCIÓN SONORA
    o En soportes físicos
    Discográfica
    Audiovisual
    o De corpo presente
    - Performances – Actuacións

    CONTIDOS PRÁCTICOS
    1 Gravación en Exteriores de son: ambiente e diálogos
    o Equipamento: Grabadora FOSTEX – Tarxeta de son: M-Box
    2 Estudio de Dobraxe e Foley - Realización de tomas de son microfónico
    o Voz e off – Dramatización – Foley - Ambientes
    o Equipamento: Controladora Digi-002 – Protools – Microfonía
    3 Estudio de Produción Musical – Realización de rexistro e mezclas dun grupo
    o Equipamento: Mezclador Analóxico Soundcraft – Protools HD
    4 Estudio de Produción Cinematográfica 5.1 – Sonorización dunha peza audiovisual
    O Equipamento: Controladora Digidesign C-24 – Protools HD

    Bibliografía básica e complementaria
    Alten, Stanley R. El sonido en los medios audiovisuales. Andoáin: Escuela de Cine y Vídeo, 2008.
    Avalon´s, Moses. Confessions of a record producer. Backbeat Books: California 2006
    Bartlett, Bruce y Jenny. Grabando música en vivo. Andoáin: Escuela de Cine y Video 2007
    Borwick, John. Micrófonos. Andoáin: Escuela de Cine y Televisión, 1996
    Fraser, Pete. Teaching music video. British Film Institute: London 2009
    Huber, David Miles y Robert E. Runstein. Técnicas de grabación modernas. Barcelona: Omega, 2007
    Katz, Bob. La masterización de audio. Andoáin: Escuela de Cine y Video 2003
    Labrada, Jerónimo. El Sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Barcelona: Alba, 2009
    Martínez Ruiz, Jesús. Límites jurídicos de las grabaciones de la imagen y el sonido. Barcelona: Bosch, 2004
    Moosy, James L. Concert lighting: techniques, art and business. Focal Press: Boston 2010
    Purcell, John. Dialogue Editing for Motion Pictures: A Guide to the Invisible Art. Oxford: Focal Press, 2007
    Romero, Josep María. Todo lo que hay que saber sobre el negocio musical. Alba: Barcelona 2006
    Rose, Jay. Producing Great Sound for Film and Video. Oxford: Focal Press, 2008
    Rumsey, Francis. Sonido y grabación : introducción a las técnicas sonoras. Barcelona: Omega, 2008.
    Torres Alberich, Pascual. Micrófonos: mirando al sonido. Universitas: Castelló de la Plana 2009
    Vernallis, Carol. Experiencing music video: aesthetics and cultural context. Columnbia: Univesity Press. NY 2004
    Watkinson, John. Introducción al audio digital. Andoáin: Escuela de Cine y Televisión, 2003
    Wyatt, Hilary y Amyes, Tim. Postproducción de Audio para TV. y CINE. Andoáin: Escuela de Cine y Televisión, 2006
    Yewdall, David Lewis. Uso práctico del sonido en el cine. Andoáin: Escuela de cine y video, 2008
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Avalon´s, Moses. Million dollars mistakes. Backbeat Books: California 2006
    Avalon´s, Moses. Secrets of negotiating a recording contract. Backbeat Books: California 2006
    Beltrán Moner, Rafael. La Ambientación musical en radio y televisión: selección, montaje y sonorización. Madrid: Instituto Oficial de Radio y Televisión, 2006
    Bennett, Roy. Investigando los estilos musicales. Madrid: Akal, 2001
    Bianciotto, Jordi. Guía universal del rock : de 1990 hasta hoy. Barcelona: Ma non troppo, 2008
    Chion, Michel. La Música en el cine. Barcelona: Paidós, 1997.
    Dearing. James. Making Money making music. Ohio: Mark Garvey, 1990
    Fouce, Héctor. La música pop y rock. Barcelona: UOC, 2007
    Frith ,Simon y Straw, Will y Street, John. La Otra historia del rock : aspectos clave del desarrollo de la música popular : desde las nuevas tecnologías hata la política y la globalización. Barcelona: Ma non troppo, 2006
    Gillett, Charlie. Historia del rock : el sonido de la ciudad. Barcelona: Ma Non Troppo, 2003
    Rodríguez Bravo, Angel. La Dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós, 2001.
    Schwartz, Lara. Making Music Videos. NewYork: Billboard, 2007
    Wyatt, Hilary. Audio postproduction for television and film: an introduction to technology and techniques. Oxford: Focal Press, 2005.


    Competencias
    Unha das graves carencias da formación audiovisual é a aprendizaxe da produción sonora referida a distintos ámbitos. Habitualmente o son aparece tímidamente nos programas de grao nas facultades de comunicación Con esta asignatura trátase de paliar nalgún senso esta carencia estructural do mundo sonoro nos estudios de comunicación A materia encárgase de resolver o proceso e os procedementos fundamentais no que atinxe ao deseño do material sonoro como parte importante do resultado final dun produto discográfico, cinematográfico, televisivo ou realcionado coas performances e as presentaciónes en directo.
    As competencias que adquirirán os alumnos do master concentraranse en aspectos tales como a produción e posprodución do son en toda súa amplitude, que vai desde o deseño dos recursos e fontes sonoras ata o remate do produto, incluido o propio mercado e a distribución.
    COÑECEMENTOS E HABILIDADES
    Coñecemento das rutinas de creación, produción e distribución dos producutos sonoros destinados a calquera ventana de difusión.
    Capacitación para a utilización das aplicacións informáticas destinadas á creación, produción, xestión e loxística da produción sonora
    Competencia para a conformación de propostas relacionadas coa produción e distribución de productos sonoros no mercado.
    Capacidade de integración efectiva en diferentes postos de traballo relacionados coa produción sonora: discográfica, audiovisual e en directo.
    Actitude crítica e analítica para abordar con éxito a produción e distribución de productos sonoros de calquera índole.
    Capacidade de liderazgo nas relacións humanas e profesionais dentro a industria do son.
    VALORES E ACTITUDES
    Fomento do traballo en grupo á vez que se desenvolven as capacidades personais e de liderazgo
    Promover as relacións éticas solidarias cos compañeiros, sexa cal sexa o nivel xerárquico da cadea productiva na que se atopen.
    Actitude positiva e proactiva para fomentar unha dinámica de traballo tanto nas leccións de contido teórico, como nas prácticas e na vida profesional
    Respeto ó traballo de cada un dos membros do equipo involucrado na produción
    Trato exquisito ós colaboradores, participantes e invitados.
    Capacidade crítica e analítica e respeto ás opinións diferentes
    Cortesía, tino e templanza nos momentos máis complicados durante a relación de laboral
    Valorar a responsabilidade frente a terceiros cando se toman decisións clave que afectan a distintos niveis da produción ou distribución.
    Prevención de riscos e problemas inherentes á produción sonora tanto no referente ós recursos humanos como ós técnicos ou os derivados da propia loxística do producto ou evento.

    Metodoloxía da ensinanza
    TEORÍA
    Clases expositivas con intensivo uso de materiais TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, podcast, visionados e traballo con elementos específicos da produción sonora.
    Utilización de aplicacións informáticas relacionadas coa loxística da produción sonora
    Conformación de grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico da articulación de proxectos.
    Fomento da discusión crítica e conformación dos puntos de vista repecto dos temas a tratar.
    Utilización da plataforma virtual da USC como instrumento central de soporte textual para os alumnos (textos, vídeos, documentos sonoros, gráficos, podcast…), onde se insetarán os contidos teóricos e prácticos da materia así como a presentación dos traballos e proxectos propostos.
    Seguimento constante do alumno mediante titorías personalizadas por medio da plataforma virtual sumado as titorías físicas e presenciais no despacho do profesor.

    PRÁCTICAS
    Conformación de grupos de traballo en función dos alumnos matriculados co fin de acometer a realización das actividades prácticas relacionadas cos seguintes procesos:
    Utilización das aplicacións informáticas específicas da produción sonora.
    Elaboración de todas as rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa produción sonora en calquera ámbito de aplicación.
    Utilización dos equipos tecnolóxicos da produción sonora en estudio así como en exteriores mediante a realización dunha serie de productos relacionados coa gravación, rexistro e masterización.
    Conformación de proxectos desde a fase de creación e pitching das ideas, ata a presentación dun dossier completo con tódolos elementos que fan referencia a un proxecto
    Os traballos prácticos quedan resumidos en:
    o 1 – Conformación total dun proxecto de produción sonora, desde o dossier a súa presentación pública.
    o 2 - Produción de materiais sonoros en estudio así como en interiores e exteriores naturais
    o 3 – Posprodución sonora dun producto audiovisual

    Sistema de evaluación
    A metodoloxía da materia enténdese a partir dos materiais que sobre a tecnoloxía instrumental e sobre criterios estéticos achega o profesor, para inmediatamente aplicalos sobre deseños elaborados polos propios alumnos nos estudios e laboratorios.
    A avaliación final terá en conta de forma positiva ou negativa, demais dos resultados dos traballos realizados, as actitudes e compromiso presentado por cada alumno tanto nas clases interactivas como nas de carácter expositivo.
    O sistema de avaliación da materia comprende
    o 30% Presentación o Concepto-Proposta dun deseño dunha produción sonora de calquera tipo, para calquera mercado.
    o 30% Rexistro, produción e postprodución dun produto musical en estudio.
    o 30% Sonorización dun producto audiovisual utilizando software e recursos específicos.
    o 10% Actitude proactiva, participación do alumno nas clases expositvas e interacitvas, integración e colaboración no grupo de traballo asignado.
    No primeiro traballo o alumno deberá demostrar sobre papel a capacidade de deseñar a conceptualización dun proxecto sonoro.
    Os segundo e terceriro traballos son emienentemente prácticos e están deseñados para capacitar ó alumno no rexistro e acabado dun produto sonoro tanto discográfico como cinematográfico, atendendo ás fases de selección de recursos e fontes, a mezcla e a postprodución.
    Todos exercicios serán realizados e avaliados ó final de cada unha das prácticas programadas tendo en conta parámetros tales como: a programación previa, o desenvolvemento e preparación, a súa execución e o seu resultado.
    Todo lo anterior conlleva, necesariamente, que los alumnos/as asistan cuando menos al 80% de las clases programadas. De no alcanzar ese porcentaje, no serían evaluados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Materia con 3 créditos ECTS.
    Total da Materia 24 horas repartidas del siguiente modo:
    Expositivas 9 horas
    Interactivas: 12 horas
    Titorías: 3 horas

    O 37,5 por cento da formación serán leccións expositivas e o 50 por cento traballo tutelado interactivo e de laboratorio incluidas actividades complementarias de salida de campo e participación en actos e conferencias relacionadas cos temas da materia.
    O tempo restante 12,5 por cento está destinado a titorias personalizadas.
    Os alumnos realizarán os traballos propostos dentro das horas regladas tanto expositivas como interactivas.

    O tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno será de 75 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que a avaliación de coñecementos da materia se efectuará de xeito progresivo os alumnos necesitan levar unha preparación sistemática para abordar con éxito cada unha destas probas.
    Este nivel progresivo permitirá que o alumno vaia comprendendo a materia á vez que recibe a formación teórica e práctica, non tendo que deixar para o final a fixación dos coñecementos adquiridos.
    Neste senso recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas necesarias que atopa en cada tema co fin de non acumular as dúbidas para o final xa que esta actitude provoca unha negativa fixación de coñecementos.
    A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula, serán o apoio fundamental sobre o que se basarán os contidos teóricos, así mesmo, todos os procesos realizados durante as clases prácticas son coñecementos que poderán seren avaliados.
    Cada tema tratado terá unas lecturas complementarias coa intención de dar, se cabe, mayor profundidade ós conceptos explicados.


    Observacións
    A asistencia as clases prácticas é obrigatoria
    Só está permitida a falta ó 20% das clases prácticas durante o curso.
    Para superar a materia é obligatorio asistir ó 80 por cento das clases presenciais. Este requisito non impide que o profesor poida facer outro sistema de avaliación complementario, como un exame, un traballo, etc.
    O profesor facilitará un lugar na plataforma virtual da USC para desenvolver todo o intercambio de materiais co alumnado de forma interactiva.
    Neste lugar haberá todo tipo de documentos: textuais, gráficos, sonoros, videográficos…
    O intercambio de traballos dos alumnos farase sempre a través da platarforma virtual.
    A dirección electrónica do profesor e: xaime.fandino@usc.es