P3111205 - Estrutura de Produtos Culturais para a Rede (Módulo III: Itinerario Multimedia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 42.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación
- Áreas: Xornalismo
- Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLE_01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA producción de contidos audiovisuais nas industrias culturais atópase nun proceso de transformación, como consecuencia da emerxencia das tecnoloxías e plataformas que posibilitan novos accesos e consumos.
Os xeradores de contidos deben considerar as enormes posibilidades dos instrumentos dispoñibles ao seu alcance, nas distintas as fases de ideación, produción, postproducción, almacenado, distribución e recepción. Ao mesmo tempo, deben axustar o seu traballo á organización e cultura empresarial para aproveitar os fluxos e as sinerxías no seo das empresas ou organizacións. Unhas dinámicas que permitan crear produtos de calidade pensados para consumos personalizados e cros media. Na materia analizaranse os modelos de organización e produción en medios de comunicación destinados á xeración de produtos cros media e observaranse os parámetros de calidade das producións.
Coa dixitalización, o hipersector da comunicación viuse sometido nos últimos anos a numerosos cambios. Un dos máis relevantes é a multiplicación de formatos e cabeceiras propiciadas polo abaratamento de custos e a facilidade para a innovación que propicia a dixitalización. Desta forma, na actualidade, o profesional dos contidos pode escoller entre unha gran diversidade de formatos con estruturas variables pero, na súa maior parte, organizadas arredor dese novo tipo de organización de contido que é o hipertexto. Podemos falar de modelos e formatos consolidados, como os cibermedios ou incluso os videoxogos, e outros formatos emerxentes derivados de que a estrutura de innovación xa non é patrimonio único dos departamentos tecnolóxicos das organizacións de medios. Esta materia sistematiza a metodoloxía industrial de produción de contido dixital, ensinando os procesos de construción de contido para a rede e contidos en liña, tanto no proceso humano de construción do contido e na estimación de recursos económico-técnicos como na decisión en canto a formatos, estratexias narrativas e ubicación nun contexto rico como é a rede.
ContidosTema 1: Concepción e desenvolvemento de produtos culturais en internet.
Tema 2.-Guión multimedia.
Tema 3.-Organización e planificación da produción cultural para internet.
Tema 4.- Xéneros e produción cultural para cibermedios e redes sociais
Tema 5.-Tipoloxías e modelos de produto: produtos informativos, produtos divulgativos, produtos de entretemento. Narrativas lúdicas: os videoxogos. Adaptación a soportes: telefonía móbil e tablets.
Tema 6.- Arquitecturas da participación e xestión da intelixencia colectiva
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
ARONOWITZ, S.; MARTINSONS, B. e MENSER, M. -comp.- (1998). Tecnociencia y cibercultura. La interrelación entre cultura, tecnología y ciencia. Barcelona: Paidós.
BUSTAMANTE, E./FRANQUET,R./GARCÍA LEYMA, T./LÓPEZ, X./PEREIRA,X. (2008). Alternativas en los medios de comunicación digitales. Televisión, radio, prensa, revistas culturales y calidad de la democracia. Barcelona: Gedisa.
BOU BAUZÁ, Guillem (2003). El guión multimedia. Madrid: Anaya.
DERY, Mark (1998). Velocidad de escape. La cibercultura en el final de siglo. Madrid: Siruela: Madrid.
HANDLER MILLER, C. (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment. Boston: Focal Press.
DÍAZ NOCI, Javier e SALAVERRÍA ALIAGA, Ramón (2003). Manual de redacción ciberperiodística. Barcelona: Ariel.
LÓPEZ GARCÍA et al. (2006). Sistemas digitales de información. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Bibliografía complementaria
BUSTAMANTE, E. –coordinador- (2002). Comunicación y Cultura en la era digital. Industrias, mercados y diversidad en España. Barcelona:Gedisa.
HART, J. (2001). La técnica del Storyboard. Madrid: IORTV.
MURRAY, J. (1999). Hamlet en la holocubierta. El futuro de la narrativa en el ciberespacio. Barcelona: Paidós multimedia.
CompetenciasO alumno estará capacitado para liderar proxectos de creación ou adaptación de contidos a contornos multimedia, coordinando equipos multidisciplinares de contidos e novas tecnoloxías (obxectos multimedia e programación). Ademais, o estudante poderá comprender a estrutura e as relacións entre os diferentes modelos de servizo de contido da rede, obtendo unha visión analítica e crítica sobre os diferentes modelos de negocio e de servizos que se ofrecen na actualidade. Os resultados desta aprendizaxe serán, fundamentalmente, a elaboración de informes de análise e explotación de diferentes subsectores de internet, que buscan coñecer o grao de comprensión crítica do alumno sobre o sector sobre o que está aprendendo e as súas diferentes posibilidades e permiten ao profesor comprender con facilidade o grao de comprensión que ten o alumno do sector. Xunto a iso, as lecturas e análises críticas baseadas en materiais textuais de reputados expertos e investigadores sobre a xestión das rutinas de produción, estas lecturas ofrecen ao alumno modelos de reflexión teórica sobre a produción e exemplo de desenvolvemento metodolóxico de investigación crítica sobre o nova contorna e permiten ao profesor comprender a evolución da capacidade analítica do alumno.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas que se establecen na materia divídense entre unha parte teórica e outra teórico-práctica. No apartado teórico a metodoloxía docente fundamentarase nas clases maxistrais (10%), análise de textos e a súa posterior reflexión pública (40%). No apartado teórico-práctico establecerase a metodoloxía do estudo de caso (25%) e a elaboración dunha proposta de deseño dun sistema de produción (25%). Con esta metodoloxía lograrase acadar as competencias propostas, xa que o alumno aprenderá a deseñar modelos de produción, ademais de aprender a analizar as estruturas existentes en modelos de éxito ou fracaso. Para iso utilizaranse as ferramentas de apoio á docencia que sexan necesarias en cada momento, desde o apoio informático ata a visita de profesionais que conten a súa experiencia no sector.
Sistema de evaluaciónAsistencia e participación:
- Participación activa nas aulas
- Participación en debates
- Achegas libres dos estudantes
- Lectura das informacións diarias relacionadas co sector multimedia
Instrumentos: Observación e notas do profesor
Importancia na nota final: 10%
Conceptos da materia
- Dominio dos coñecementos teóricos
Instrumentos: Análises conceptuais da bibliografía proposta
Importancia da nota final: 45%
Realización dun deseño e exposicións orais
- Entrega dos problemas propostos polo profesor ben resoltos
- No traballo analizarase a estrutura do traballo, calidade da documentación, redacción e conclusións
Instrumentos: Deseño dun sistema de produción dun produto multimedia
Importancia da nota final: 45%
Para superar a materia é obrigatoria a asistencia ao 80% das clases presenciais.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaOs eixes básicos para superar a materia fundaméntanse na participación activa nas clases expositivas, a realización dos traballos propostos nas clases interactivas e a lectura dos materiais achegados.