Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias da Comunicación  »  Información da Materia

P3111206 - Edición de Produtos Multimedia (Módulo III: Itinerario Multimedia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias da Comunicación
  • Áreas: Xornalismo
  • Centro: Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GAGO MARIÑO, MANUEL.SI
LOPEZ GARCIA, XOSE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia pretende detallar ao alumno as técnicas de edición multimedia e as particularidades narrativas dos diferentes formatos xurdidos de forma específica para o contexto dixital e a rede.
    Contidos
    O creador de contidos multimedia dispón na actualidade dun gran número de formatos cos que poder relatar un contido; superadas determinadas barreiras na velocidade de acceso ou no dispositivo do visionado, a elección do formato multimedia depende da estratexia, a decisión, a capacidade de investimento e das habilidades das editores dese contido.

    Os temas abordados serán:
    1. Narrativa hipertextual
    2. Slideshows
    3. Infografía e vídeo interactivo
    4. Modelización e obxectos
    5. Módulos de contornos virtuais
    6. Narrativas xeográficas
    7. Obxectos de 360º
    8. Obxectos de participación do usuario
    9. Obxectos integradores de fluxos de contido externo.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    ASTRO GIL, Manuel Alonso (2002): Diseño y desarrollo multimedia : Sistemas, imagen, sonido y video. Madrid : Ra-Ma.
    Garrand, Timothy (2008): Escribir para multimedia y la web : una guia práctica para el desarrollo de contenido en los medios interactivos. Andoain : Escuela de Cine y Vídeo .
    Handler Miller, Carolyn (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment.
    Larrondo, A.; Serrano, A. (eds.) (2007). Diseño periodístico en internet. Leioa: Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco.

    Bibliografía recomendada

    CASTRO GIL, Manuel Alonso (2002): Diseño y desarrollo multimedia : Sistemas, imagen, sonido y video. Madrid : Ra-Ma.
    Cebrián Herreros, Mariano (2005): Información multimedia : soportes, lenguaje y aplicaciones empresariales. Madrid : Pearson Educación, D.L.
    COLMENAR SANTOS, Antonio et al. (2005): Diseño y desarrollo multimedia : herramientas de autor. Paracuellos de Jarama (Madrid) : RA-Ma, D.L.
    Counts, Edward L. (2004): Multimedia design and production for students and teachers. Boston : Pearson/Allyn and Bacon.
    ESCUELA DE CINE Y VÍDEO (Guipúzcoa), ed. (2002): Realización en multimedia. Andoain : Escuela de Cine y Vídeo.
    Fontán Maquieira, Olga (2002): “A Producción multimedia”. En: Técnicas de escrita de guións audiovisuais, Santiago de Compostela : Tórculo, Asociación Galega de Guionistas, pp. 111-119.
    Gallego, Domingo J.; Alonso , Catalina M. (eds.) (1999): Multimedia en la web. Madrid : Dykinson.
    Handler Miller, Carolyn (2008). Digital storytelling. A creator’s guide to interactive entertainment.
    López García, Xosé (2008): “Nuevos lenguajes y formatos multimedia”. En: Un enfoque múltiple de la economía española : principios y valores : 175 opiniones de los principales investigadores de España, Madrid : Ecobook, D.L. , pp: 293-295.
    Magal Royo, Teresa; Tortajada Montañana, Ignacio; Morillas Gómez, Samuel (2006): Preproducción multimedia. Valencia : UPV, Departamento de Expresión Gráfica en la Ingeniería, D.L.
    Miguel de Bustos, Juan Carlos (1993): Los Grupos multimedia : estructuras y estrategias en los medios europeos. Barcelona : Bosch.
    OBZ Management Consulting ed. (2004): Producción multimedia. Santiago de Compostela : BIC GALICIA, D.L.
    Ortega Santamaría, Sergio (2004): Multimedia, hipermedia y aprendizaje : construcción de espacios interactivos. Salamanca : Universidad Pontificia.
    Pérez Huertas, Francisco José (1998): Introducción a la multimedia : realización y producción de programas. Madrid : Instituto Oficial de Radio Televisión Española.
    Poole, Curtis (2005): Manual del profesional de los medios digitales : nuevas herramientas, nuevos métodos, Andoaín : Escuela de Cine y Vídeo.
    Rummel, Manuel. Producción de vídeo digital para multimedia. Madrid : Paraninfo, D.L.
    Urretavizcaya Hidalgo, Miguel (2008): La nueva televisión digital en el universo multimedia.
    San Sebastián : Universidad de Deusto.
    Villamil-Casanova, John (1997): Multimedia : production, planning and delivery. Indianapolis : Que Education & Training.

    Competencias
    O estudante estará capacitado para comprender e crear os fluxos de información da súa organización de contido e será capaz de reorganizala e inserila de modo eficiente nun sistema de produción de contido multimedia. O estudante estará capacitado para concibir e guionizar modelos de produción multimedia creados desde o principio ou adaptando contidos creados inicialmente para outros soportes. Ademais, o estudante poderá coñecer os sistemas de conexións entre diferentes produtos para lograr crear unha narrativa complexa dun produto multimedia. Os resultados desta aprendizaxe serán, fundamentalmente, a elaboración de informes de análise e explotación de diferentes modelos narrativos en internet, que buscan coñecer o grao de comprensión crítica do alumno a participación da audiencia e as formas de distribuír os contidos. Outro dos resultados fundamentais será o coñecemento das distintas teorías a través das lecturas e análises críticas de materiais textuais de reputados expertos e investigadores sobre a narrativa multimedia. Estas lecturas ofrecen ao alumno modelos de reflexión teórica sobre a narrativa dixital e exemplo de desenvolvemento metodolóxico de investigación crítica sobre o novo contorno e permiten ao profesor comprender a evolución da capacidade analítica do alumno.
    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades formativas que se establecen na materia divídense entre unha parte teórica e outra teórico-práctica. No apartado teórico a metodoloxía docente fundamentarase nas clases maxistrais (10%), análise de textos e a súa posterior reflexión pública (40%). No apartado teórico-práctico establecerase a metodoloxía do estudo de caso (10%) e na elaboración de produto no que se contemple un modelo narrativo dos estudados (40%). Con esta metodoloxía lograrase acadar as competencias propostas, xa que o alumno aprenderá a deseñar modelos narrativos para cada produto, ademais de aprender a analizar as estruturas existentes en modelos de éxito ou fracaso, así como adquirir as destrezas no manexo de ferramentas concretas que permitan a creación de produtos. Para iso utilizaranse as ferramentas de apoio á docencia que sexan necesarias en cada momento, desde o apoio informático ata a visita de profesionais que conten a súa experiencia no sector.
    Sistema de evaluación
    Para superar a materia é obligatorio asistir ó 80 por cento das clases presenciais. Este requisito non impide que o profesor poida facer outro sistema de avaliación complementario, como un exame ou un traballo, entre outros.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo para esta materia, entre as clases presenciais e a adicación persoal do alumno á consulta da documentación e elaboración de actividades propostas polo docente, será de 150 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Os eixes básicos para superar a materia fundaméntanse na participación activa nas clases expositivas, a realización do traballo proposto nas clases interactivas e a lectura dos materiais achegados.